A PAH reclamará masivamente a devolución do diñeiro cobrado polas cláusulas chan

clausulas-suelo_2016-758x426

Finalmente o Tribunal de Xustiza da Unión Europea dá a razón ás estafadas pola Banca.

A sentenza feita pública a semana pasada polo Tribunal de xustiza da Unión Europa supón o enésimo pau histórico á estafa bancaria española, aos Gobernos que a permitiron e aos tribunais nacionais que a suavizaron para protexer á banca. Nova demostración incontestable de que hai que cambiar as leis criminais españolas para protexer os dereitos fundamentais, en especial: o dereito á vivenda.

A sentenza deixa en evidencia a doutrina antixurídica do Tribunal Supremo Español, que ante a primeira sentenza do TXUE afirmou categoricamente e fóra de toda lóxica xurídica, que a devolución do estafado pola clausula chan sería só desde 2013. Hoxe o TJUE dá a razón ás estafadas, afirmando que a devolución do roubado con estas cláusulas debe de ser desde a firma do contrato, é dicir, a Banca ha de devolver todo o roubado coa cláusula adoito, e non só un pouco como querían unha vez máis, as institucións españolas que se dedican a protexer os beneficios da banca.

Non é a primeira vez que os tribunais europeos chaman a atención á xustiza e ao Goberno Español polo noso anómalo sistema hipotecario, que ameaza con débedas para sempre e coa perda de vivenda a máis de 700.000 fogares. Esta sangría produciu gravísimas consecuencias sociais e psicolóxicas para os afectados, e é a evidencia dun sistema hipotecario e de modelo de acceso á vivenda completamente deseñados para producir beneficios á banca e sufrimento ás familias.

A PAH esixirá o cumprimento desta sentenza á vez que imos seguir esixindo que o Congreso aprobe as 5 da PAH de forma urxente e inmediata. Tamén advertimos contra posibles intentos, por parte do todopoderoso sector financeiro, de obter contrapartidas a cambio da aplicación obrigatoria da sentenza europea. Calquera contraprestación, sexa en forma dun novo rescate ou de vantaxes legais ou contables, será un novo episodio nunha larguísima lista de favores do actual Goberno do PP á banca.

Nos próximos días desde a PAH, lanzaremos unha campaña para esixir á banca a devolución de todo o roubado coas clausulas chan. Para iso, imos elaborar e facer públicos uns documentos xurídicos para esixir o cumprimento da sentenza do TXUE.

Non só esixiremos a devolución de todo o roubado coas cláusulas chan, senón que imos esixir a reparación para as familias xa desafiuzadas, en moitas ocasións esta clausula foi o determinante á hora de deixar de pagar, por tanto ten que haber unha reparación.

E denunciaremos prácticas como os contratos que fixo asinar a banca a debedores a cambio de eliminarlles a cláusula chan, contratos onde facían renunciar a poder reclamar todo o estafado se había futuras sentenzas.

Unha vez máis teñen por diante a posibilidade de facer posible o que nos decian que era imposible: imos forzar á banca para cumprir coa sentenza do TXUE.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: