Non limites o meu xogo, os xoguetes non teñen sexo

icr_no-a-la-descriminacion-por-cores_2016-758x426

Dende a Plataforma Feminista Galega (PFG) queremos facer a nosa achega á campaña de concienciación para fomentar que se agasallen xoguetes NON sexistas, así como exercer un consumo sostíbel e responsábel, fortalecendo o comercio de proximidade.

Os xogos e os xoguetes deben transmitir patróns e modelos de sociedades nas que a relación entre mulleres e homes teñan como base o respecto e a igualdade de oportunidades.

Temos que avanzar para que o mundo das crianzas non se limite a uns roles e uns determinados xogos polo simple feito de ter nacido nena ou neno, evitando que reproduza a tradicional diferenciación en función do sexo: non hai xoguetes de nenas e xoguetes de nenos. Os xoguetes como tal non son sexistas, mais son un reflexo do mundo que nos rodea, da nosa sociedade, e por iso ás veces teñen un rol excluínte.

Hai que educar ás crianzas no recoñecemento das súas potencialidades e o respecto mutuo, onde os xoguetes non coarten a súa liberdade.

Os xoguetes non teñen sexo, son ferramentas coas que as crianzas exploran, descubren e adquiren comportamentos e actitudes sociais e de relación que irán forxando a súa persoalidade, por iso teñen tanta importancia no desenrolo da súa identidade.

Xogando terían que aprender condutas de prevención e límites da violencia, de dominio, do control, do abuso de poder, das interaccións persoais e promover modelos relacionais positivos baseados na equidade, a corresponsabilidade, o respecto e o compromiso ético en todos os ámbitos da vida.

Decálogo para a adquisición de xogos e xoguetes non sexistas e non violentos

Rosa e azul: Non hai cores de nenas nin cores de nenos. As cores limitan a nosa escolla!

Somos diversas: os xogos e xoguetes deben reflexar esa diversidade, libres de prexuízos.

Promover habilidades e capacidades, tanto físicas como intelectuais sen importar o sexo, que potencien o desenrolo de sentimentos e afectos.

Xogos cooperativos: o importante é participar! Xogos non violentos: para potenciar a resolución dos conflictos de forma positiva e construtiva.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: