Vigueses e viguesas sairon as rúas reivindicando que teñen dereito a auga, luz, gas e teito!

ilcanallarubens_a-pobreza-enerxetica-mata_manifestacion-21d_2016-758x426

A mobilización, convocada pola plataforma Stop Desafiuzamentos co apoio de distintas organizacións sindicais, políticas e sociais, a manifestación secundada por centos e centos de persoas que partiron desde a rúa de Vía Norte pasadas ás 20.00 horas e a marcha rematou no Marco coa lectura dun manifesto por parte do xornalista e escritor Gustavo Luca de Tena.

Entre as principais reclamacións dos colectivos promotores da marcha salientan a prohibición legal de todos os cortes de suministros básicos a familias con problemas económicos; a fin aos abusos tarifarios; a creación dunha auténtica tarifa social; o recoñecemento e devolución por parte das grandes eléctricas dos 3500 millóns de euros cobrados indebidamente; a realización dunha auditoría do sistema eléctrico; e a aplicación do tipo de IVE superreducido aos suministros básicos.

Ademais, coincidindo coa protesta solicitan a solidariedade da veciñanza e dos comerciantes cos centos de persoas e familias que están sufrir a pobreza enerxética. Onte, apagaron entre as 20.15 e as 20.30 horas as luces en alguns dos establecementos da cidade e dos fogares en un acto protesta.

Estas son as seis reivindicacións do manifesto que se deu lectura

1. Prohibición legal de todos os cortes de luz a familias con problemas económicos. As eléctricas deberán dirixirse á administración para comprobar a situación das familias que non abonen os seus recibos. Se sofren vulnerabilidade económica, non poderán cortarlles a subministración e o custo será asumido polas compañías.

2. Fin aos abusos tarifarios. Aprobación dunha tarifa alcanzable, regulada polo Goberno, á que poderán acollerse todos os consumidores domésticos na súa primeira residencia.

3. Creación dunha auténtica tarifa social. Substitución do actual bono social por unha tarifa de reducida contía dirixida ás familias con baixos niveis de renda, sufragada polas eléctricas.

4. Recoñecemento e devolución por parte das grandes eléctricas dos 3.500 millóns de euros que cobraron indebidamente en conceptos de Custos de Transición á Competencia (CTCs).

5. Auditoría ao sistema eléctrico. Realización dunha análise dos custos do sistema desde que se puxo en marcha a liberalización do sector, co obxectivo de determinar o prezo real das tarifas eléctricas.

6. Aplicación do tipo de IVE superreducido á electricidade, pasando do 21% actual ao 4% por ser considerado un servizo esencial para a cidadanía.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: