Unha porta de Raios no Hospital Álvaro Cunqueiro cae sobre un paciente

ilcanallarubens_accidente-porta-raios_hospital-alvaro-cunqueiro_vigo_2016-758x426

SOS Sanidade Pública denuncia que, hoxe, unha porta caeu encima da cabeza dunha paciente do Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, cando se atopaba nun box do servizo de Radioloxía. Ante este feito, o Servizo Galego de Saúde presentou unha denuncia na Policía xa que sospeita que “houbo unha manipulación” nela.

O presidente da xunta de persoal, Angel Cameselle, explica que á muller caéuselle a porta sobre a cabeza, polo que foi atendida no servizo de urxencias do hospital. Solicitaríaselle un TAC cerebral para comprobar se houbo algunha lesión. Pola súa banda, o Sergas confirma que se realizaron as probas necesarias, que a evolución da muller é favorable e xa foi dada de alta.

Técnicos do complexo hospitalario fixeron unha inspección e sospeitan que a caída da porta non se produciu por un accidente ou un fallo na estrutura senón que “parece que houbo unha manipulación”, polo que a Dirección do centro decidiu interpoñer unha denuncia ante a Policía.

Con todo, SOS Sanidade ven a decir “que este novo incidente volve mostrar as graves deficiencias na calidade do equipamento e os materiais de construción do centro, froito dos recortes introducidos no proxecto para reducir custos e maximizar as ganancias da Concesionaria, coa complicidade do SERGAS”.

A área sanitaria de Vigo sofre importantes déficit de recursos que se evidencia nos riscos que soportan os pacientes e traballadores dentro do centro (caídas de teitos ou de portas entre outros) nos problemas de acceso ao mesmo e na perpetuación dos problemas asistenciais que sofre a área desde fai ano, como son os colapsos das urxencias (reducidas á metade dos inicialmente planificadas), a pesar do que se abandonan o uso sanitario do Anexo I  do antigo hospital Xeral para utilización da Cidade da Xustiza e se infarrautilza o Hospital do Meixoeiro.

Por iso desde SOS Sanidade esixen unha auditoría da situación do centro como paso previo ao seu rescate para o sistema sanitario público.
En resposta a estas críticas, fontes do Sergas manifestaron que lamentan “moito” este posicionamento por parte de SOS Sanidade Pública, e censuraron que “desprestixia e desacredita ao hospital e os seus traballadores sen informarse“.
Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: