Nova protesta de ex traballadoras/es de GEA para reclamar o pago dos terreos da fábrica

ilcanallarubens_protesta-de-ex-traballadorases-de-gea_concentracion-20d_2016-758x426

Ex traballadoras/es do Grupo de Empresas Álvarez (GEA) desenvolveron na mañá de onte unha nova protesta, esta vez xunto á farola de Urzaiz en Vigo, para reclamar o pago dos terreos que ocupaba a fábrica.

Segundo os cálculos da CIG, a inmobiliaria Subel, propietaria dos terreros, aínda ten pendente de pagar uns dous millóns de euros a un colectivo formado por máis de 200 persoas. Unha cantidade, apunta o secretario comarcal da CIG de Pontevedra, Marcos Conde, que a inmobiliaria pode afrontar “sen problemas”.

Un conflito que se prolonga dende hai 15 anos

Hai que lembrar que Inversiones Subel adquiriu, hai xa máis de unha década, a parte dos terreos que ocupaban as instalacións de GEA en Cabral e Coruxo (Vigo). Estas parcelas correspóndense co 25% dos terreos que lle tocou xestionar á CIG logo de que o Grupo de Empresas Álvarez péchase no ano 2001, sen pagar os salarios e as  indemnizacións ao seu persoal.

Para facer fronte ás débedas, o patrimonio de Álvarez foi embargado e adquirido en poxa xudicial polo colectivo de traballadores/as (arredor dunhas 1.000 persoas). Neste proceso, á CIG tocoulle xestionar os terreos que ocupaba GEA en Cabral e Coruxo, que foron vendidos en exclusiva a Inversiones Subel.

Naquel momento, Subel pagou unha parte do valor industrial, pero ás afectadas/os aínda lles resta por percibir a diferenza até o valor total que adquiriron os terreos unha vez recualificados como urbanos, tal e como se pactara entre ambas partes.

Porén, á lentitude do proceso, sumouse o conflito aberto entre Subel e o Concello de Vigo pola recualificación dos terreos, xa que a inmobiliaria consideraba que o estabelecido no PXOM (agora derogado) minguaba a súa marxe de beneficios, iniciando un periplo xudicial que chegou mesmo ao Tribunal Supremo.

“Esta non é unha empresa pobre”

“Na práctica, o que pasou foi que cando chegou o momento de pagar non o fixeron, obrigándonos a ir a unha demanda civil, que aínda dilatará máis a resolución do conflito. O resultado final é que a este colectivo de traballadoras/es, Inversiones Subel aínda lle debe pola compra dos terreos máis de 2 millóns de euros”, subliñaba Conde. “Por iso volvemos hoxe aquí a reclamar que paguen. E sabemos que esta non é unha casa pobre, non pagan porque non queren”, denunciou.

Neste senso, o Secretario Comarcal da CIG de Pontevedra aclarou que, de media, cada traballador/a ten pendente de recibir uns 30.000 ou 40.000 euros, xa que da débeda contraída por GEA só percibiron as cantidades do FOGASA.

A este respecto, o responsábel sindical explicou que a maioría das persoas afectadas son mulleres que pasaron máis de 30 anos nas empresas de Álvarez, nas plantas da Pontesa (Pontesampaio-Arcade), Royal China ou Santa Clara en Cabral, e que agora se atopan nunha situación complicada, xa que moitas delas tivéronse que acoller a unha prexubilación, cobrando as tres cuartas partes do salario mínimo até cumprir os 65 anos, momento no que –de non atopar antes outro traballo- accederán a unha pensión de mínimos.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: