Cabalgata de Reis en Vigo 2017 | Vigo cambia os camellos polos dinosauros

icr_reis_2017Os nenos de todos os fogares están xa esperando que cheguen os Reis Magos desde o afastado oriente. Cunha peculiaridade este ano e é que os tradicionais camelos foron substituídos polos dinosauros, que percorrerán as rúas da nosa cidade. Por suposto o Dinoseto terá unha posto de honra na Cabalgata das súas Maxestades.
Ás 17:00 horas terá lugar a recepción oficial co Alcalde que recibirá aos Reis Magos na Porta do Sol, desde alí desprazaranse ao momento de saída, o nó de Isaac Peral.

Xunto á comitiva real desfilarán catorce carrozas, oito autobuses e vehículos, nove elementos e grupos de animación e a comitiva de cabalos e xinetes. Todos eles repartirán catro toneladas de caramelos sen glute, dos que ademais a metade serán tamén sen azucre. Como novidade, o alcalde indicou que a tradicional recepción oficial aos Reis Magos se celebrará ao remate da Cabalgata.

Desde a mañá do xoves, os Reis Magos estarán cos nenos e nenas ás 12 horas no Auditorio Municipal do Concello, onde haberá animacións sorpresa, chocolate quente con rosca e rosquillas. Igualmente farán a tradicional visita aos hospitais e centro socioasistenciais da cidade.

Abel Caballero trasladou que os delegados en Vigo dos Reis Magos serán o presidente do Club Celta Bosco, Carlos Álvarez, como Rei Melchor, o director do Colexio Montecastelo, José Manuel Rodríguez, como Rei Gaspar, e Ibrahima como Rei Baltasar. Este ano a Carteira Real nomea á presidenta do Club Maniotas, Paula García, para a súa representación en Vigo.

A “gran cabalgata” de Reis repartirá catro toneladas de caramelos

A Cabalgata de Reis deste xoves contará con 14 carrozas, 8 vehículos, 9 elementos e grupos de animación e comitiva de cabalos e xinetes, baixo a temática “O Mundo Xurásico”. Caballero, nunha visita este martes á montaxe das carrozas, revelou que case 500 persoas velarán pola seguridade.

O percorrido da Cabalgata cambiará un pouco este ano

Saíndo como é habitual ás 18:00 do nó de Isaac Peral e con destino Porta do Sol, haberá algún cambio con respecto ao tradicional percorrido da Cabalgata. Debido ás obras que temos na rúa García Barbón, as carrozas desviaranse cara á Rúa Areal desde alí subirán por rúa O Porto cara a Garcia Barbón para continuar por Policarpo Sanz ata a Porta do Sol e desde alí continuarán por Elduayen e Paseo de Alfonso.

Seguridade e tráfico

O rexedor vigués aconsellou ás familias prestar especial atención aos máis pequenos durante a Cabalgata, para evitar que se perdan. Como todos os anos, o Concello de Vigo establece dous puntos de encontro para nenos perdidos -no lateral da igrexa de Santiago de Vigo e na Porta do Sol- e un punto central de emerxencias no cruce de Colón con Urzáiz.

Preto de cincocentas persoas velarán pola seguridade na xornada do xoves. Polo percorrido, que estará totalmente valado, traballarán 85 axentes da Policía Local -algo máis do dobre dunha tarde normal-, 300 voluntarios e voluntarias e 60 efectivos de Protección Civil.

No tocante ao tráfico, o Concello acordou restrinxir o estacionamento de vehículos en todo o percorrido desde as nove horas do xoves e proceder aos cortes de tráfico ás 16 horas.

Folleto da cabalgata 2017

icr_pamfleto-concello-de-vigo_reis_2017

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: