Vigo flashback: A estación intermodal de Vigo

ilcanallarubens_estacion-infografia-itermodal-vigo-urzaiz_2016

O 21 de xaneiro deste ano pasado ano 2016, a conselleira de Infraestruturas, Ethel Vázquez comprometeuse dicindo que a estación intermodal de Urzáiz farase “contra vento e marea” e será a primeira de Galicia.

“En 2016 contaremos por tanto co proxecto construtivo. É a estación intermodal que Vigo merécese, con 21 dársenas de autobuses susceptibles de ampliación e 9.000 metros cadrados”, subliñou acompañada do delegado da Xunta en Vigo, Ignacio López-Chaves, e a portavoz do grupo municipal do Partido Popular, Elena Muñoz. O orzamento do proxecto básico rolda os 350.000 euros e ten un prazo de 9 meses.

Segundo detallaron os técnicos, que onte comezaron nos terreos da estación de Urzáiz os traballos topográficos, as 21 dársenas que se construirán como mínimo estarán cubertas. Ademais, haberá un acceso a través da rúa Lepanto -como agora- e habilitarase unha saída directa para os autocares desde a estación de buses á autoestrada AP-9. Segundo explicou a conselleira, nunha primeira fase -omitió fixar datas- estará conectada co edifico provisional de viaxeiros de Adif para, posteriormente, facelo co futuro centro Vialia deseñado polo arquitecto Thom Mayne.

O proxecto inclúe a construción dunha gran glorieta na entrada e acceso directo á autoestrada AP-9. Para levar a cabo estes traballos -dixo Vázquez- é necesario derrubar unha mazá de tres edificios. Neste sentido, a conselleira de Infraestruturas anunciou onte a petición dunha reunión co Concello para abordar estes traballos. Ao seu xuízo -subliñou- tanto as expropiacións como a súa execución debe correr por conta do Concello olívico. “Tal e como indica o PXOM de 2008, que non debe ser desculpa (a súa anulación) para esquivar os diferentes compromisos das administracións. Nel había un compromiso expreso do Concello de Vigo, que executaba e expropiaba o necesario para facer os accesos”, remarcou.

Teño as miñas serias dúbidas as cales son:
A pregunta que se fai este redactor é, farase unha vez realizada a gran superficie comercial ou antes da realización da superficie? xa que como e ben sabido o AVE non chegara ata o 2020.

Cando se fara o proxecto de Thom Mayne? polo que se pode comprobar na hemeroteca sempre que se fai un concruso sempre queda baleiro.

Poderase facer dita estación co pxom vixente do 1993? non sei… moitas dubidas teño e moita falta de respostas.

Mentres tanto a estación de autobuses da cidade segue deteriorándose facendo así unha mala imaxe para os pasaxeiros e pasaxeiras que usan ese medio de chegada á cidade.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: