Hoxe 21 de Marzo no día Internacional dos Bosques

Os bosques e a enerxía

Este día de celebración mundial dos bosques bríndanos a oportunidade de concienciarnos sobre a importancia de todos os tipos de ecosistemas boscosos e árbores, e de celebrar as diferentes maneiras nas que os bosques nos manteñen e protexen. Este ano subliñamos como a dendroenergía (aquela que provén das árbores) contribúe de maneira significativa a mellorar a vida das persoas, fomentar o desenvolvemento sustentable e mitigar o cambio climático.

A madeira é unha importante fonte de enerxía renovable – A madeira proporciona máis enerxía que a xerada polo sol, a auga ou o vento. Actualmente, representa aproximadamente o 45 % da subministración de enerxía renovable no mundo (27% en África, 13% en Latino América e o Caribe e 5% en Asia e Oceanía). Desempeña un papel importante tanto nos países en desenvolvemento como nalgúns industrializados. Ao redor da metade da produción mundial de madeira (uns 1860 millóns de metros cúbicos) utilízase como fonte de enerxía para cociñar, quentarse e xerar electricidade. Iso significa que, grazas aos combustibles provenientes das masas boscosas (ou dendrocombustibles), 2400 millóns de persoas poden cociñar, ferver auga e quentar os seus fogares.

A dendroenergía é un motor do desenvolvemento económico – Case 900 millóns de persoas, principalmente nos países en desenvolvemento, dedícanse ao sector de enerxía de orixe forestal a tempo completo ou parcial. A modernización deste sector enerxético pode axudar a revitalizar as economías rurais e estimular o desenvolvemento empresarial: un aumento dos investimentos na produción de dendroenergía e dendrocombustibles avanzados pode proporcionar ingresos para financiar unha mellor xestión forestal, máis bosques en crecemento e máis postos de traballo.

As árbores contribúen a unha maior calidade de vida e ao aforro enerxético nas zonas urbanas – A colocación estratéxica de árbores nas zonas urbanas pode arrefriar o aire entre 2 e 8º C.

A dendroenergía mitiga o cambio climático e fomenta o desenvolvemento sustentable – Os bosques do planeta conteñen dez veces máis enerxía que a que se consome anualmente a nivel mundial. A dendroenergía é, por tanto, un recurso renovable de enorme potencial para satisfacer a demanda enerxética do globo. As masas boscosas proporcionan, ademais, aire limpo, auga e enerxía renovable con efecto neto neutros en canto ás emisións de dióxido de carbono. A xestión sustentable dos bosques condúcenos a un futuro máis ecolóxico.

Os bosques son fonte de enerxía, agora e nunha futura economía verde mundial – Un maior investimento en innovación tecnolóxica e na xestión sustentable dos bosques é a clave para aumentar o papel destes ecosistemas como fonte principal de enerxía renovable. Desta forma investimos no noso futuro sustentable, no cumprimento de varios Obxectivos de Desenvolvemento Sustentable e no fomento dunha economía verde. Un aumento da superficie de arboledas sustentables, familiares e comunitarias, e o uso de cociñas de leña non contaminantes e eficientes poden facilitar o acceso de millóns de persoas máis dos países en desenvolvemento a enerxía barata, fiable e renovable.

 

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: