Hoxe día 21 de marzo e o día Mundial da Síndrome de Down

A síndrome de Down é unha combinación cromosómica natural que sempre formou parte da condición humana, existe en todas as rexións do mundo e habitualmente ten efectos variables nos estilos de aprendizaxe, as características físicas ou a saúde.

O acceso adecuado á atención da saúde, aos programas de intervención temperá e ao ensino inclusiva, así como a investigación adecuada, son vitais para o crecemento e o desenvolvemento da persoa.

En decembro de 2011, a Asemblea Xeral designou o 21 de marzo Día Mundial da Síndrome de Down (A/RES/66/149 Documento PDF).

Con esta celebración, a Asemblea Xeral quere aumentar a conciencia pública sobre a cuestión e lembrar a dignidade inherente, a valía e as valiosas contribucións das persoas con discapacidade intelectual como promotores do benestar e da diversidade das súas comunidades. Tamén quere resaltar a importancia da súa autonomía e independencia individual, en particular a liberdade de tomar as súas propias decisións.

O 21 de marzo de 2017 celébrase o 12º aniversario do Día Mundial da Síndrome de Down. O tema de 2017 é: «#MiVozMiComunidad – Habilitar ás persoas con síndrome de Down para que poidan expresarse, ser escoitados e influír na política e a acción do goberno, co fin de que se integren plenamente nas comunidades».

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: