Hoxe 22 de Marzo e o día Mundial da auga

A humanidade necesita auga

Unha pinga de auga é flexible. Unha pinga de auga é poderosa. Unha pinga de auga é máis necesaria que nunca.

A auga é un elemento esencial do desenvolvemento sustentable. Os recursos hídricos, e a gama de servizos que prestan, xogan un papel crave na redución da pobreza, o crecemento económico e a sustentabilidade ambiental. A auga propicia o benestar da poboación e o crecemento inclusivo, e ten un impacto positivo na vida de miles de millóns de persoas, ao incidir en cuestións que afectan á seguridade alimentaria e enerxética, a saúde humana e ao medio ambiente.

Na actualidade máis de 663 millóns de persoas viven sen subministración de auga potable preto de casa, o que lles obriga a pasar horas facendo cola ou trasladándose a fontes afastadas, así como a facer fronte a problemas de saúde debido ao consumo de auga contaminada.

«Por que desperdiciar auga?»

Este ano, concentrámonos no desperdicio da auga e en como reducir e reutilizar ata unha 80% da auga que malgastamos nas nosas casas, cidades, industrias e agricultura e que flúe de volta á natureza, contaminando o medio ambiente e perdendo nutrientes valiosos.

Necesitamos aumentar a recolección e tratamento das augas residuais e reciclalas dunha forma segura. Ao mesmo tempo, necesitamos reducir a cantidade de auga que contaminamos e malgastamos para axudar a protexer o medio ambiente e os recursos hídricos.

O Obxectivo de Desenvolvemento número 6 Garantir a dispoñibilidade de auga e a súa xestión sustentable e o saneamento para todos, inclúe unha meta de reducir á metade a proporción de auga dilapidada e aumentar a súa reciclaxe.

Datos destacados

  • Mundialmente, máis do 80% das augas residuais que xeramos volve aos ecosistemas sen ser tratada nin reciclada.
  • 1800 millóns de persoas usan unha fonte de auga contaminada por material fecal, poñéndoas en risco de contraer o cólera, a disentería, o tifus ou a polio. A auga non potable, e unhas pobres infraestruturas sanitarias, así como a falta de hixiene, causa ao redor de 842 000 mortes ao ano.
  • As oportunidades de explotar as augas residuais como un recurso son enormes. A auga tratada dunha forma segura é unha fonte sustentable e alcanzable de auga e enerxía, así como para obter nutrientes e outros materiais recuperables.

O Día Mundial da auga está coordinado por UN-Water, un mecanismo de colaboración da ONU para temas relacionados coa auga potable no que participan gobernos e outras entidades.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: