O Consulado Xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo difundiu un manifesto de apoio ao Goberno venezolano ante as “agresións externas en contra do proceso revolucionario”

Movementos sociais e de partidos políticos denuncian as “agresións externas” nun comunicado difundido polo Consulado Xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo.

O Consulado Xeral da República Bolivariana de Venezuela en Vigo difundiu un manifesto de apoio ao Goberno venezolano ante o que consideran “agresións externas en contra do proceso revolucionario”. O texto secúndano “movementos sociais e organizacións polítcas galegas que fan vida na localidade (en referencia á cidade olívica)”.

Representantes destas organizacións fixéronlle entrega do manifesto este mércores  a cónsul Mónica Sánchez, quen en nome do Goberno venezolano agradeceulles “o seu apoio constante”.

Comunicado completo

“ABRIL VITORIOSO

NÓS, colectivos e organizacións asinantes, proclamamos a nosa adhesión ao proceso revolucionario bolivariano.

Nun escenario de intensificación das agresións externas e internas en contra do proceso transformador da revolución bolivariana, saudamos ao bravo Pobo Bolivariano e Chavista e reafirmamos o noso compromiso solidario.

Tras 18 anos de ataques continuados, é admirable a capacidade de resistencia e avance dun Pobo capaz de conquistar a súa soberanía e cotas de progreso e liberdade nunca antes alcanzadas para tantos millóns de venezolanos.

Somos conscientes das enormes dificultades que tedes que afrontar a diario, mais tamén somos conscientes da vosa enorme capacidade de loita. Como aquel 11-12 e 13 de abril de 2002, cando, grazas á vosa determinación e unidade cívico-militar, restituístes, no seu posto de presidente, ao eterno comandante Hugo Chávez, despois do golpe de estado da alianza fascio-oligárquica. Pouco despois o Comandante proclamou a vía ao socialismo como o camiño para conseguir a verdadeira liberación humana, Socialismo Humanista Bolivariano e Latinoamericano

ABRIL VITORIOSO – ABRIL RESISTENTE – ABRIL DE UNIDADE – CHÁVEZ VIVE A LOITA SEGUE

Organizacións asinantes: Asociación Galego Bolivariana AGABO Hugo Chávez, Asociación de Amizade Galego-Cubana Francisco Villamil, Colectivo Nacionalista de Marín, CONFEDERACION INTERSINDICAL GALEGA (CIG), ISCA!, BNG (BLOQUE NACIONALISTA GALEGO), FPG (FRONTE POPULAR GALEGA), CUT (CENTRAL UNITARIA DE TRABALLADORES), ANOVA-IN, EU (ESQUERDA UNIDA), PCPG (PARTIDO COMUNISTA DO POBO GALEGO), MOVEMENTO GALEGO AO SOCIALISMO, MAR DE LUMES, PCG (PARTIDO COMUNISTA DE GALICIA) e XC (XUVENTUDE COMUNISTA)”.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: