A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 13

Foto do Vigo 29 outubro de 2017 | Rúa X – Vigo

Gústame andar por lugares abandonados e iso é publico e notorio, gústame gravar e fotografar eses lugares abandonados a iso se chama Urbex, o urbex é un dos subtipos de exploración que habitualmente se practican e que pode incluír a visita a lugares abandonados ou non. Normalmente trátase da exploración de zonas afastadas dos núcleos urbanos, zonas industriais, ou abandonadas. A exploración urbana é tamén coñecida comunmente como infiltración, aínda que algúns consideran que a infiltración está máis estreitamente asociada coa exploración de zonas activas ou sitios habitados. Para realizar esta práctica, os exploradores accederán aos devanditos lugares impensables para a maioría, como por exemplo, pola rede de sumidoiros ou por xanelas situadas a tres metros de altura.

Nós os exploradores urbanos, sempre imos ben equipados, e expoñémonos tamén a riscos comúns en lugares con claros signos de decadencia. A natureza desta actividade presenta diversos riscos, incluídos os riscos físicos e a posibilidade da detención e castigo. Moitas, pero non todas, as actividades relacionadas coa exploración urbana poden ser consideradas violación ou violacións das leis locais ou rexionais.

Por parte física, corremos o risco de sufrir accidentes. Outro risco común, poden ser as persoas sen teito póñanse agresivas por ver que estamos a invadir o seu lugar de vida pero en moi poucas ocasións pasa isto xa que pois sempre se mostran colaborativas e fanche de guia pero o mais perigoso son os desprendementos nas edificacións e para iso sempre se ten que ter coñecementos e sempre recomendamos as persoas que non teñen ese coñecemento que non o fagan, coma tamén cando facemos urbex deixamos todo tal como esta non roubamos nin destrozamos o destrozo que xa hai, sempre deixando o lugar tal como o atopamos.

No último que estiven volvín atoparme con outro lugar que a pesar que esta abandonado alberga vida dunha forma moi insalubre.

A pobreza non se ve porque hai institucións que as tenta esconder para non dar unha mala imaxe dunha cidade cara ao turista e iso fala da hipocrisía que existe nesta cidade onde resido que é esa que dicían que era a cidade amigo esa chamada Vigo.

A pobreza non se esconde se combate, se combate con políticas sociais reais non de espellismo… con programas de inserción reais, con vivenda en réxime de aluguer social, con obradoiros de emprego, con emprego… e un longo etc…

Os choupanos non tendrían que existir en lestes tempos, como tampouco as regras ruines e mezquinas dos albergues da cidade, albergues que volvo lembrar que tan só pódense pernoitar 10 días seguidos, dez no albergue da rúa Marques de Valterra e dez no albergue da rúa de Galicia e un mes ten 30 días polo cal pasan 10 ao raso… con ese regulamento moitos deciden non volver porque senten aves migratorias que teñen que ir dun lado ao outro e sintense vilipendiadas.

E volvo decir Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: