Xa é a hora da senda verde Vigo-Redondela pola antiga vía do tren?

Xa é a hora da senda verde Vigo-Redondela pola antiga vía do tren?? facemos un repaso desde que se anuncio ata o ultimo do último.

O Concello de Vigo polo mes de Xuño do 2014 propoñía dar unha volta ao proxecto de converter nun corredor verde a vella e xa abandonada vía do tren de acceso á estación de Urzáiz e suscitaba incluír nela un carril exclusivo para o transporte público, ademais doutro para bicicletas que se sumarían ao espazo reservado previsto para o tránsito de peatones. Esta formulación recollíao xa no primeiro Plan de Movilidad Urbana Sostenible que se acaba de sacar a exposición pública como unha das propostas para potenciar no futuro o transporte colectivo e a intermodalidad. Neste caso, a Concellería de Transportes abogaba por esta alternativa para agilizar o acceso cara á futura estación do AVE dos buses interurbanos.

Mentres tanto na actualidade a antiga vía de tren amosa o que veredes no video feito no día de onte, leveime unha sorpresa ao ver que dun ano para outro van desaparecendo as travesas da vía, a semana que ven irei na procura de información ao respeto de ditas desaparicións.

Sigo co que anunciu o Concello por aquel entón, deciase que a formulación municipal pasaba por que se compaxinar o tránsito do transporte público, ciclistas e peatones sobre a antiga vía do ferrocarril desde a conexión da autopista AP-9 en Bos Aires ata Urzáiz. Serían algo máis de dous quilómetros. “Esta proposta aúna funcionalidad lúdica (paseo/bicicleta) nun corredor arbolado, coa posibilidade para os autobuses interurbanos de acceder á nova estación intermodal nas horas punta sen sufrir atrasos asociados ao tráfico da AP-9”, se argumentaba no citado estudo. En todo caso, a idea non pasaba por desviar todo o transporte público por este vial verde. “A intensidade sería suficientemente reducida como para non resultar molesto para os viandantes e ciclistas”, subliñaban os técnicos naquel entón.

Eu por aquel entón me manifestei que é incompatibel acometer o combo de paseo peonil, transporte público e carril bicicleta tan so por dimensións cabería o peonil e un carreiro de bicicletas.

Pero por aquel enton no concello decia que para conseguir esta tripla funcionalidad serían necesarios polo menos dez metros de ancho, dimensión á que non se chega en varios tramos, aínda que o informe contemplaba xa fórmulas para a súa ampliación. “No corredor actual identifícanse zonas de sección moi reducida, en especial nas inmediaciones dos pasos superiores, que se reducen ata por baixo dos 5 metros […]. Poderíase ascender ata 10 no suposto de construción de muros nalgunhas seccións”, sinalaban.

E no video veran que pois non se pode anchear nalgunhas zonas coma as pontes elevadizas do traxecto.

Segundo esta proposta, a senda quedaría distribuída ao ancho por un arcén non transitable (0,5 metros), o carril para o transporte público (4 metros), mediana (1 metro), carril bici (2,5 metros), mediana verde (1 metro) e beirarrúa (2 metros). Os técnicos contemplaban unha segunda formulación que eliminaría o espazo reservado para bicicletas en favor dos peatones.

O pouco espazo dispoñible obrigaría tamén a que houbese só un carril para o transporte público, que tería que ser reversible e estar aberto nun ou outro sentido en función das horas e as necesidades. No citado informe se recomiendaba, no entanto, que se só de entrada á cidade. “Aumenta a seguridade e facilita a súa lectura por parte dos potenciais usuarios, especialmente en caso de ser utilizado para servizos de transporte público urbano e taxis”.

Esta solución -agregaban os técnicos- sería compatible tamén coa implantación nun futuro dun metro lixeiro nos 4 metros de carril reservado para transporte público, aínda que isto eliminaría a posibilidade de que circulasen autobuses.

Nas ultimas elecións municipais, ás da do 2015, a coalición EQUOPiratas Vigo aposta, como un dos seus principais proxectos, desenvolver en colaboración con ADIF un proxecto de construción dunha vía verde polo percorrido da antiga vía do tren de discorre entre a antiga estación de Chapela e a nova estación do AVE no centro de Vigo.

A coalición decia “o proxecto que presentamos tratase dunha real via verde con prohibición de paso de vehículos a motor, soamente deberíase permitir o paso de vehículos de emerxencia sanitaria e de mantemento, e que intenta recuperar este espazo para a mobilidade individual tanto en bicicleta como a pé e incorporar instalacións que permitan o uso deportivo destes espazos, así como o aumento das zonas verdes de lecer neses barrios, tan carente de este tipo de espazos, lembremos que travesía de Vigo non posúe ningún espazo verde para disfrute e relax dos seus veciños”.

Maís información do que a coalición EQUOPiratas prometia naquelas eleccións aquí: https://www.noticiasvigo.es/proxecto-senda-verde-vigo-urzaiz-chapela/

E onte o concello de Vigo decía: O alcalde amosouse este luns satisfeito pola decisión de ADIF de desafectar os terreos, paso previo á sinatura dun convenio que permitirá ao Concello habilitar unha senda verde na antiga vía do tren desde Teis ata Urzáiz. Caballero adiantou que o goberno que preside xa traballa no deseño para os catro quilómetros.

Maís información do que foi onte noticia ao respeito da antiga e vella vía do tren: https://www.noticiasvigo.es/concello-inicia-deseno-da-nova-via-verde-vigo-desde-teis-ata-urzaiz/

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

 

Una respuesta a “Xa é a hora da senda verde Vigo-Redondela pola antiga vía do tren?

  1. Pingback:Unha alternativa ao PROXECTO CINTAS MECÁNICAS | Rubens Rocha

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: