Barrio do Cura: cronoloxía da especulación en pleno corazón de Vigo

O pasado mércores 19 Vigo levantábase cunha sorpresa, o proxecto do Barrio do Cura resucitava ao acordar Concello e unha promotora retomar o plan de 2014.

Este humilde blogue publicara diferentes entradas ao respecto do Barrio do Cura.

1º Entrada: 30 novembro, 2011 » Barrio do Cura flashback.

2º Entrada: 28 setembro, 2013 » O Barrio do Cura.

3º Entrada: 28 xuño, 2014 » O concello de Vigo e o sua socia chamada Xentrificacion, a mostra o Barrio do Cura.

4º Entrada: 24 xulio, 2015 » Testemuño dun Vigues que reside nun inmoble en ruínas.

5º Entrada: 28 xuño, 2016 » Vigo flashback: Presentación do proxecto Barrio do Cura.

6º Entrada: 20 xuño, 2018 » O real Barrio do Cura e a sua situación.

Pois ben imos ir ao gran despois desa sorpresa, este proxecto está a piques de volver á vida despois de alcanzarse un acordo entre Concello e o fonod Autonomy Global Opportunities para reactivar un proxecto de recuperación que leva máis dunha década tratando de poñerse en marcha.

Segundo informo Carlos Prego en FdV o convenio recollerá as obrigacións de ambas as partes na recuperación do Barrio do Cura e en Urbanismo farase unha modificación puntual do PXOM de 1993 para adaptalo á lei. O trámite desta nova etapa da actuación urbanística levará un ano e a execución, catro. Un lustro que se se suma a unha historia que arrincou na principios do século XXI:

2004 » Os primeiros pasos do proxecto. En 2004, fai xa case unha década e media, Karpin lanza un ambicioso proxecto para recuperar o Barrio do Cura tras comprar a maior parte das parcelas. O investimento estimado que se facilita entón ascende a 130 millóns. Valery asóciase con Míchel Salgado e José Crespo.

2007 » Diferenzas sobre a vivenda protexida. O proxecto queda en suspenso tres anos despois de lanzarse, a finais de 2007, debido a diferenzas entre o promotor e o Concello sobre a porcentaxe de vivenda protexida. O Concello a fixa nun 29%, mentres Karpin afirma que con ese dato a operación non é viable.

2010 » Reactivación do plan con novo financiamento. O promotor logra novo financiamento co BBVA e o Santander. A firma chega mesmo a presentar o seu proxecto en sociedade na sede do Círculo Financeiro de Vigo. O desenvolvemento do Barrio do Cura volve atrasarse con todo debido a diferenzas en Patrimonio.

2012 » Acordo municipal e poxas en cernes. O Concello e o promotor da actuación asinan un protocolo para desbloquear o proxecto e elabórase un plan especial. A principios de 2013 con todo os bancos estiveron a piques de executar varias veces poxas xudiciais de bens que botarían por terra a actuación.

2014 » Novo investimento para relanzar o proxecto. Grazas a intensas negociacións, a empresa consegue aprazar as poxas. Karpin presenta un novo investidor ruso interesado en entrar na operación. A aprobación do plan preséntase entón como o paso necesario para salvar o proxecto urbanístico.

2015 » Anulación do Plan Xeral de 2008. A finais de 2015 o Tribunal Supremo estima un recurso presentado pola asociación Alternativa Veciñal contra a formulación urbanística, en vigor desde 2008, e anula o Plan Xeral de Ordenación Municipal dese ano. Retómase o PXOM de 1993.

2016 » O Superior anula o PERI do barrio. A principios de febreiro de 2016 transcende a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de anular o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) de Barrio do Cura ao excluír unha parcela da Casa da Caridade de Vigo Hogar San José.

Agora aten cabos vostedes e miraran e respiraran a esencia da Xentrificación.

 

 

 

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: