O problema da Esquerda

O problema non é Cs nin PP nin Vox, o problema é o YUNKE, si o YUNKE, esta organización finanza esas tres formacións (datos do programa “360º” de ETB2 co titulo “La ambición de Santiago Abascal”) para facer chegar o que tanto noxo temos.

A Organización Nacional do Yunque ou simplemente O Yunque é o nome dunha organización de orixe mexicana de extrema dereita​ de alcance nacional e internacional, cuxo propósito, «é defender a relixión católica e loitar contra as forzas de Satanás», e instaurar «o reino de Deus na terra» mediante a infiltración de todos os seus membros nas máis altas esferas do poder político.

Descrita por Álvaro Delgado como un grupo «ultracatólico, anticomunista, antisemita, antiliberal e con trazos feixistas»,​ a súa primeira organización foi a chamada Fronte Universitaria Anticomunista (FUA), creado en 1955 en Puebla.​ Aínda que a existencia do Yunque foi recoñecida por membros, e existen abundantes testemuños sobre a súa existencia, o carácter reservado da organización fai que algúns aspectos sobre a súa verdadeira natureza e a súa capacidade de influencia e propósitos sexan controvertidos.

Ninguén fala desto, eu escribira polo 2015 sobre esta organización, e de cantas persoas ten afiliadas na cidade de Vigo que constan de 150 persoas, persoas que teñen distintas pequenas organizacións, xa que o Yunke traballa de forma piramidal. A día de hoxe estou traballando na procura de cantas persoas ten a cidade de Vigo.

A última vez que falei e postei sobre elo foi cando o process catalá cando foi aquel manifesto “pola unidade de españa” no paraugas Sociedad Civil Catalá onde asistiron a xentes como Abascal, Albiol, Rivera e Borrell, estes catro membros citados con un apelido bastante coñecidos pola xente do común manifestaronse, a organización Sociedad Civil Catalana que percibe cartos do Yunke.

Naquela manifestación onde se fletaron autobuses de todo España para “encher” as rúas de Barcelona ian as pequenas organizacións que son tamén coñecidas onde habia unha consigna de non mostrar a bandeira feixista, desabasteceron un portal web de bandeiras para mostrar as constitucionalistas e os bazares chineses da contorna da concentración/manifestación.

Asociación declarada polo ministerio de Interior de “utilidade pública” de ter entre os seus obxectivos a “captación de menores e novas”, así o cita Santiago Mata no seu libro, El Yunque en España. La sociedad secreta que divide a los católicos (Editorial Amanecer).

Cando España vai ilegalizar esas organizacións? hai de verdade unha lei de memoria histórica que funcine? hai interes na España de rachar co rexime do 78? se a día de hoxe hai estas organizacións e seguen saindo esta claro, non hai interese!

Organizacións de extrema dereita españolas e non ilegalizadas

Organizacións de extrema dereita españolas e non ilegalizadas

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: