21 X | Día Europeo da Música

Día Europeo de la Música_vigo_noticiasvigo.es_ilcanallarubens_01_Vigo

A vida sen música non é vida, a música dá vida senón escoita o corazón e escoitaras música.

O Día Europeo da Música ten a súa orixe no ano 1982, cando o entón Ministro de Cultura francés, Jack Lang, instaurou a Festa da música no seu país. Pero non foi ata o ano 1985 cando se instituyó como festa europea co fin de promover o intercambio cultural entre os distintos países a través da música. É celebrado cada solsticio de verán, o 21 de xuño.

Trátase dunha xornada cultural que fomenta a diversidade e está aberta a todo tipo de músicas e músicos, tanto profesionais como afeccionados.

En España, as institucións públicas e privadas participan neste gran evento organizando actividades para todos os públicos en distintos lugares e escenarios urbanos. Durante este día, nas principais cidades españolas realízanse, por exemplo, concertos sinfónicos ao aire libre, festivais e maratóns musicais, espectáculos de ópera gratuítos, sesións de DJ na rúa, concursos de maquetas, recitais de estudantes, etc…

A Música

Pódese definir á música como a arte que consiste en dotar aos sons e os silencios dunha certa organización. O resultado desta orde resulta lóxico, coherente e agradable ao oído.

A característica fundamental da música é que non está rifada nin en xénero, idade, condición social, sexual, ideolóxica ou relixiosa; pertence ao ser humano desde case sempre e serviu e serve para trasladar coñecemento, revindicar situacións sociais e xerar sensacións, entre outras.

Coa música móvense os sentimentos, as emocións; coa música é capaz de trasladarte a outro lugar, de sentir e vivir, de coñecer e compartir, es capaz de empatizar cos teus iguais e co doutra especie. Coa música comunícaste, é outra linguaxe compartida por todos.

E como diría Friedrich Nietzsche…“Sen música a vida sería un erro”.

Comments are closed.

A %d blogueros les gusta esto: