Vigo é unha cidade de igualdade de oportunidades?

sos fotoxornalismo

Vigo é unha cidade de igualdade de oportunidades? Non.

En que che baseas para dicir iso? pois en ver que os xornais tradicionais e os portais web dependentes teñen acceso á actualidade de sucesos inmediatamente.

Porque dis iso da actualidade de sucesos? pois ben, a actualidade de sucesos en moitas ocasións son notas de prensas enviadas pola Policía Local/Nacional ou Garda Civil que polo visto son enviadas antes á prensa tradicional e a portais de información dependentes. Á prensa non tradicional ou dependente ditas notas de prensa son enviadas dous ou tres días despois do sucedido en sucesos.

Só pasa na actualidade de sucesos? non, tamén pasa na actualidade sanitaria da cidade, o complexo hospitalario de Vigo manda notas de prensa á os xornais tradicionais e a webs dependentes e en ocasións nin nos envían á prensa non tradicional e dependente ditas notas de prensa.

Só pasa iso na actualidade de sucesos ou sanitario? non, tamén pasan con formacións políticas que din ser de esquerdas ao non contar coa prensa tradicional e independente.

Pero a esquerda non fomenta a autoxesiton e a prensa libre? afirmo rotundamente que non, son os principais que fomentan á prensa tradicional, a prensa con privilexios, a prensa dependente… e se así é a crúa realidade, dígoo eu que son de esquerdas e dóeme moito esa contradición no seo da esquerda.

A prensa autoxestionada hoxe esta a pasar por unhas circunstancias moi lamentables, puntos de ser circunstancias insustentables, moitos portais de prensa dixital hoxe se esta pensando en continuar xa que cada día é imposible continuar sostendo a infraestrutura tanto a dixital como as persoas, se, a perdida de postos de traballo.

Esta prensa dixital o que mais desexamos é xerar postos de traballo pero por culpa de institucións que negan a pesar de cumprir os requisitos axudas á xeración de emprego e a fomentar o emprego e con todo de ser denegadas esas axudas que realmente nos pertencen… no outro eido certas formacións políticas de esquerdas en canto fomentar a prensa autoxesitionada ou libre dedícanse a fomentar a prensa tradicional, a que ten privilexios, a dependente.

Estas formacións están a favor dos traballadores da rtvg que levan denunciando manipulación informativa? se, claramente se, pero da prensa que somos libre, a que non manipulamos, a que nos cinguimos ao código ético do xornalismo pasan de nós aínda así nós denunciando o que os nosos compañeiros levan sufrindo e parte deses compañeiros tamén pasan de nós e moi poucos miran polo que estamos a pasar.

Esta e a crua realidade… hai cuestión duns meses posteaba o seguinte nas miñas redes sociais:

Esta mensaxe vai para os meus compañeiros de prensa pequena, prensa que o esta pasando moi mal polos ditos privilexios que teñen uns mentres acaban coa ilusión e coa futura e inmediata perda de postos de traballo.

Oxalá que algunha forza política da cidade ou sindicato deféndanos e acabe con eses privilexios (cousa que dubidamos porque eles son os que promocionan os privilexiados).

Estamos a chegar a un punto insoportable, tan só quero transmitir aos meus compañeiros e compañeiras que non se deixen vencer e que loiten mentres haxa forza, ninguén pode rematar coa nosa ilusión xa que traballamos con iso, porque nos da folgos. 

É terrible pero moi terrible o que esta pasando en Vigo, ninguén nos escoita pero debemos facer forza ante esta situación insostibel.

Con isto quería despedirme no día de hoxe.

Mensaxe en clave, os privilexios duns son perdidas para outros.

A mensaxe non foi apoiado por ninguén a pesares de ser un SOS… 

Mentres tanto ningunha forza Política ou Sindical miran para outro lado.

Agardamos que pois falen con nos e miren realmente o que estamos pasando.

Grazas pola vosa forza efimera (modo retranca on).

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens] (fotógrafo de prensa e nalgunhas ocasións redactor)

Verasme con ilusión traballando nas áreas que cubro pero cando vou de camiño a envorcar o que cubro o meu rostro é totalmente diferente, verasme a unha persoa cansa, unha persoa sen ilusión a unha persoa automotizada.

O tiña que escribir o tiña que decir e así son as cousas, eu non vou ser comprice do silencio. As miñas forzas hoxe están en reserva.

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Cerrar sesión /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión /  Cambiar )

Conectando a %s

A %d blogueros les gusta esto: