A miña solidariedade cos CSO de esquerdas e a miña condena ás cargas policiais

 

O que defende as cargas policiais, a que defenda as cargas policiais, cargas sen sentido, cargas contra persoas, defende a represión.

Facendo un balance das últimas cargas policiais como as do Rodea ao Congreso, Rotonda de Coia, Contra a Plataforma Afectados pola Hipoteca, CSOA Escarnio e Maldizer, 1O, CSO A Insumisa e as que virán xa que isto non terán fin xa que aí segue a lei MORDAZA.

O que defende a integridade dun inmoble ATACADO, a que defende a integridade dun inmoble ATACADO, integridade material, cousa que non defendo ataques a sucursais partidarias con violencia, esta defendendo ao capital.

Os CSO ou movementos sociais son persoas, persoas que loitan polos dereitos, dereitos que hoxe en día cada vez quedan menos, a esas persoas que integran espazos como CSO A quinta dá Carminha e CSO Escarnio e Maldizer e CSO A Insumisa e CSO RSP Vigo estes tres xa desaparecidos, os seus labores para coa sociedade son fundamentais, espazos horizontais, espazos asemblearios 101%, loitan polos dereitos.

Hai certas persoas integrantes de partidos de esquerdas que se declaran anticapitalistas agora solidarízanse por un local que foi atacado, se, un local atacado, unha acción que non apoio tanto o ataque ao local como a defensa ao local, pero esas persoas deben de poñerse na pel dos que foron agredidos fisicamente, esas persoas que se que loitan pola maioría social agredida… cargas policiais antes da data estipulada para o abandono do recinto, por iso falo cargas policiais sen sentido, considérome un activista e como activista vin cousas, sentin cousas que esas persoas integrantes de partidos xamáis sentirán xa que son activistas de sofá ou expertos en escritura ou futuros premios literarios estes últimos que fan charlas sobre o mundo AUTOXESTIONADO e LIBERAR ESPAZOS e logo non levan a practica.

Alén da simpatía de cada quen coa dirección de cada proxecto, a formulación de Centros Sociais co carácter de Okupados (os coñecidos como CSO) desafiaron dende o principio a lóxica única do capitalismo e a súa máquina especuladora, en canto levan anos poñendo en cuestión a existencia da mesma propiedade privada. Pareme esencial que dende diferentes frontes se poñan en marcha proxectos de combate que lle fagan fronte a un sistema patriarcal e capitalista que nos quere pequenas e manexables. Cada un dos proxectos son piar da unidade popular tan necesaria e que hoxe é quen a ten máis longa.

En fin son un activista pacifista facendo revolución desde abaixo e sempre condenar as cargas policiais sen sentido xa que como din por aí as cargas policiais son un fracaso do quen ordena o ataque.

CondenO a brutalidade policial, as porras extensibles (prohibidas), ás responsables deste ataque ao movimento social e a todo intento de someter ás persoas que traballan día a día pola transformación social e os espazos comunitarios.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

» Cargas no Rodea o Congreso https://www.youtube.com/watch?v=U4RacmFg8eI
» Cargas na Rotonda Coia https://www.youtube.com/watch?v=dD1_mEskpbg
» Cargas no CSO A Insumisa https://www.youtube.com/watch?v=x8mEwww7fPA
» Cargas no CSOA Escarnio e Maldizer https://www.youtube.com/watch?v=Kum-CObJHxw

Anuncios

Hipocrisía polo goberno de Vigo por Rande

 

 

A foto do 30/12/2017 foi cando se inauguraba a ampliación da ponte de Rande.
A foto do 20/05/2018 é da protesta dos concellos do Morrazo contra as molestias que estan acarrear aos seus veciños e veciñas pola culpa da ampliación da ponte de Rande.

Na foto do 30/12/2017 nun circulo aparece o Concelleiro delegado de Área, membro dá Xunta de Goberno Local e 2º Tenente de Alcalde de Vigo, David Regades.
Na foto do 20/05/2018 nun circulo aparece o Concelleiro delegado de Área, membro dá Xunta de Goberno Local e 2º Tenente de Alcalde de Vigo, David Regades.

Se sabia en se dende o principio que a ampliación da ponte de Rande tería problemas, o concello de Vigo mostrábase contento polas obras da ponte e a súa ampliación. Esta semana pasada o concello de Vigo poñía os servizos xurídicos a disposición das persoas que quedaran atrapadas na ponte por un atasco, o alcalde de Vigo non alentou aos seus seareiros que fosen manifestarse pola gran chapuza dos últimos tempos xunto ao porto exterior da Coruña en Galiza na inauguración, mentres 9 valentes persoas concentráronse na inauguración e foron sancionadas con 100€ durante a inauguración da ampliación, e o concello de Vigo tampouco fixo un chamamento aos seus seareiros para solidarizarse co Morrazo na protesta do día 20.

Saquen vosas conclusións as miñas téñoas claras.
E resumo o papel de Vigo como HIPÓCRITA.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Video protesta 20 de maio de 2018

Unha alternativa ao PROXECTO CINTAS MECÁNICAS da Gran Vía

 

Unha alternativa para a “Pasarela mecánica da Gran Vía” a cal Abel Ramón Caballero non pensou. Por sentido común, coherencia e viabilidade medioambiental, a Rúa VAZQUEZ VARELA sería a idónea para facer a pasarela mecánica, tanto pola conexión ca estación do “futuro” AVE (falso AVE) e autobuses, a vía verde da antiga vía do tren e como pola comunicación directa ca futura cidade da xustiza… evitando así o impacto medioambental e con elo a talla das árbores na Gran Vía.

»Requisitos

ESO SÍ, a pasarela tería que ser con baixo consumo catalogada como A+++, tería que contar tamén cun equipo auxiliar en caso de fallo de enerxía, tería que contratar o concello de Vigo a xente especializada en manipulación en cadeiras de rodas e cocheciños de bebe para que estas podan ser empregadas por ese sector da cidadanía, instalación de máis árbores e plantas e unha pequena praza do número 1 ao 9, esta praza seria para o disfrute dos veciños e veciñas como os futuros maiores da futura residencia de anciáns e o novo hotel da zona.

»Hemeroteca Recente

NoticiasVigo.es sacaba o día 10 de Maio de 2018: Novo pau a Abel Caballero, a obra de Gran Vía

• A Cadena Ser informaba o día 11 de Maio de 2018: Segundo o informe dos técnicos de patrimonio da Xunta, o proxecto non respecta a contorna da rúa Gran Vía, nin a harmonía do espazo, ao non respectar o valor do conxunto urbano. Os 15 millóns de financiamento europeo quedan agora no aire.

•La Voz de Galicia sacaba o día 12 de Maio de 2018: Caballero busca unha saída para non perder os fondos europeos da Gran Vía

Tras o pau da Xunta, obrigando ao goberno municipal a cambiar o proxecto de reforma da Gran Vía, o alcalde, Abel Caballero, busca unha solución para non perder os fondos europeos cos que ía financiarse a obra, enmarcada no plan Edusi. «Non podo dicir si están en perigo ou non. Hai un proxecto presentado e hai que gastar os fondos», sinalou o rexedor. Europa concedeu a Vigo 15 millóns para fomentar a mobilidade e a accesibilidade dentro do denominado Vigo Vertical. Dese montante, 9 millóns son para remodelar a Gran Vía.

Patrimonio dá un prazo de quince días ao goberno local para que formule as súas alegacións e propostas porque considera que o actual proxecto non é compatible coa contorna.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, manifestouse onte sobre o particular: «Ningún político pode modificar unha decisión técnica da Dirección Xeral de Patrimonio. Polo tanto, correspóndelle ao Concello. E eu espero que adecúe o proxecto ás prescricións dos técnicos da dirección xeral. Non podo dicir outra cousa porque sería non actuar conforme a dereito».

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, non puido aclarar si o novo proxecto que lle esixe a Xunta para Gran Vía estará redactado e aprobado no curto prazo de semanas. «En quince días faremos moitas cousas» dixo Caballero, que non as concretou.

Desde a Xunta sinalaron que o Concello pode enviar un escrito solicitando un prazo máis amplo para redactar un novo proxecto. En calquera caso ten que haber comunicación oficial antes de tres meses porque en caso contrario, a Administración autonómica arquivará o expediente da obra e haberá que reinicialo máis adiante, dilatando máis o proceso, co consecuente risco de non ter financiamento.

Segundo o rexedor, a arquitecta da Xunta que informou o proxecto «en ningún momento» recomenda paralo, polo que cre que a decisión partiu desde instancias superiores á funcionaria por motivos «políticos» co fin suposto de que a obra non estea concluída para as próximas municipais. O alcalde sostén que a parte técnica do informe de Patrimonio da Xunta que ordena paralizar o proxecto de Gran Vía «non di unha soa palabra sobre parar a obra e non menciona incompatibilidade algún co contorno». A técnica di literalmente: «Ou conxunto urbano do que forma parte a Gran Vía non que cabe identificar valores socias e culturais (…) debe ser preservado facendo compatibles a conservación deste patrimonio urbano co súa transformación, integrando harmónicamente as intervencións»

Na reunión na que Patrimonio analizou o proxecto de Gran Vía, tamén se informou sobre Porta do Sol e o palco de Bouzas, pero estas dúas últimas resolucións aínda non chegaron ao Concello, polo que Caballero considerou «sorprendente» a rapidez en enviar o informe do bulevar.

O rexedor deu conta dun nutrido número de expedientes municipais que levan moitos meses en Patrimonio e están sen resposta mentres que o da rampla emitiuse cunha «présa desmesurada». Trátase dun «escándalo sen precedentes, unha decisión política, sen aval ou sustento técnico algún», opinou.

O proxecto de Gran Vía aprobouse o 21 de decembro e foi notificado á Xunta o 8 de xaneiro. O 27 de marzo, a Administración autonómica enviou un escrito explicando que «dado que é un espazo singular, parece que o instrumento urbanístico non dáa cobertura» e, a continuación, desde Patrimonio Histórico reclamárono telefonicamente. O Concello enviouno o 11 de abril e «a partir de aí comeza a mobilización política», segundo Caballero. Vinte días despois, en tempo marca» chega esta decisión política, rematou o rexedor.

Prema

A oposición urxiu ao alcalde a presentar« canto antes» un novo proxecto para a Gran Vía que sexa acorde co conxunto arquitectónico con moitos edificios catalogados pola Xunta, segundo dixo a portavoz do PP, Elena Muñoz. A concelleira confía en que non se perdan os fondos europeos si tramítase un novo proxecto. E subliñou que o Concello sabía que o informe de Patrimonio era obrigatorio.

Marea de Vigo insistiu en que en lugar da rampla hai que volver instalar un tranvía circular que percorra a avenida. Para o portavoz Rubén Pérez, «a reforma non debe implicar a talla de árbores nin unha rampla no medio».

»Recado de Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Pois a alternativa para a “Pasarela mecánica da Gran Vía” a cal Abel Ramón Caballero non pensou acábolla de dar eu, espero que bueno que pense e recapacite.

 

ICR-Photographer©

ICR-Photographer©

A bipolaridade da xente Viguesa e a do Alcalde

 

Para esta entrada elixín un bo titulo como tamén unha boa imaxe que é a mostra de que o medio ambiente aos cidadáns e cidadás de Vigo como á institución que representa tal cidade impórtalles ben pouco como dicir nada o MEDIO AMBIENTE. Esta é unha editorial/artigo na que fío palabras e feitos reais.

 

Despois da introdución imos á cuestion

 

A bipolaridade da xente Viguesa e a do Alcalde

A cidadanía viguesa é un tanto rara ao que é coidar o medio ambiente xa que consigo arrastan a denominada síndrome anos 70, esa síndrome que é o de construír unha cidade sen orde con tal de construír sen importar o que leve por diante xa que o que importa é poñer formigón e ladrillo, así é cidadanía rara por dicilo de forma branda con ese sindrome.

A ciudadania viguesa é esa que se acorda da importancia do medio ambiente cando as súas costas sofren un atentado ou cando os seus bosques son invadidos por eucaliptos cando arden xa que devanditos arboles son os mistos para os bosques.

O curioso disto que mencione anteriormente é ver cando esta cidadanía concienciada cando pasan eses desastres é a capacidade de mutación que ten pasadas unhas semanas, porque digo iso de pasadas unhas semanas? porque pasadas unhas semanas esa cidadanía posiciónanse a favor de botar formigón en bosques… posiciónanse a favor de destruír bosques para construír centros comerciais como “PORTO CABRAL” e ” Recare” este ultimo foi clave para que o PXOM aprobado polo actual alcalde e a concelleira de urbanismo cando o bipartito da Xunta fósese abaixo por non respectar o medio ambiente.

Esas mesmas persoas que se posicionan a favor deses centros comerciais abalados polo alcalde o cal quixo facerse o heroe nos pasados incendios forestais sucedidos en Vigo o pasado ano no mes de outubro, ese alcalde que é un experto en que os cidadáns repitan os seus mantras esquecendo o pasado recente dos seus mantras.

Ese alcalde que pasado uns meses da catástrofe mais recente de Vigo vénselle á cabeza a idea de facer un anel contra lumes natural é o mesmo que dixo aquilo “MENTRES NON HAXA PXOM NON HABRA PORTO CABRAL!”, afirmación totalmente incompatible coa creacion dese anel que prometio que brindara a seguridade da cidadanía xa que realmente Vigo dispón dunha coroa a cal brinda de saúde aos e as viguesas a cal nun dos seus eixos sitúase onde queren construír dito macro proxecto do centro comercial e lecer PORTO CABRAL, proxecto que seria no parque forestal de Cabral- Liñeiriños parque fundamental nesa coroa saudabel… polo cal se cumpre iso de que dito alcalde acórdase da importancia do medio ambiente cando o ve en perigo pero logo tal como di o refraneiro “se che e visto non me acordo”.

O alcalde que temos en Vigo é fanático de “HUMANIZAR” as rúas para mostrarlle ao mundo unha nova imaxe da cidade ao exterior pero eso si humanizar sen integrar os bens naturais que xa hai xa que máis de 4.000 árbores segundo el se puxeron onde xa habia polo cal 4.000 tallas “baixo a escusa de estar enfermos” árbores que se poden salvar pero eso e custoso e segundo el ás árbores son “adornos“, cousa que non esta nada mal pero bueno sigo fiando fino, humanizacións que van cos seus correspondentes xardineiras e as súas respectivas árbores escobillas así é como lles denomino eu aos que poñen para substituír aqueles árbores que levan décadas e centenares de anos na cidade, arboles sans, arboles grandes que en se teñen a súa gran importancia, a cal desenvolverei mais tarde pero isto agora no momento fiando fino, humanizacións que fai pero logo ditas humanizacións non se manteñen xa que hai moitas delas co granito totalmente roto e xardineiras con ervas salvaxes e algunhas sen nada e outras esnquizadas… bueno iso non che ten moita importancia xa que o que máis importancia ten é que este alcalde que temos é tamén fanático de tallar arboles grandes, de onde vén iso de tallar as árbores grandes? pois vén desgraciadamente cando Vigo foi prexudicado por un temporal, cando un deses arboles caiu na Avenida de Castelao enrriba dun coche dun amigo do alcalde e empresario (así o dixo no seu programa Vigo de Cerca da canle localia televigo), pasado o temporal daquel suceso onde só houbo danos materiais empeza a talla indiscriminada de CHOPOS da Avenida de Castelao e logo progresivamente foi tallando outras partes da cidade na que dicía que moitos das árboles estaban enfermos mentres que enxeñeiros e expertos forestais que colaboran en movementos cidadáns e en organizacións non gobernamentais concienciadas co medio ambiente contradicían ao alcalde polas súas decisións de talla de arboles baixo supostamente que estaban enfermos.

O máis recente ao tema de talla de árbores e que as 128 árbores plantados no tramo da Gran Vía comprendido entre Urzaiz e a praza de España desaparecerán coa transformación que planea o Concello para dotar de ramplas mecánicas a esta rúa.

Sen voz o noso verde Gran Vía pende dunha motoserra que borre todos os castiñeiros de indias, non tan indios, nin castiñeiros, pero moi queridos polos vigueses que colleitabamos como o maior dos tesouros as súas castañas dás bruxas. Comentarvos que non se se axudará moito esta curiosidade para salvalos pero aos cabalos (non os pétreos de praza España) resúltanlles especialmente agradables estas castañas, tanto que coñecen esta árbore por media Europa como horse chestnut ou castaña de cabalo.

Aquí líbrase unha batalla contra outras moitas cousas, afirma o grupo creado en Facebook “Salvemos a Gran Vía de Vigo”: o que non nos deixen sen forzudos rederos e que non nos pinten tan de gris o progreso.

No proxecto da obra recolle que quedaremos sen 45 camelios e 29 naranxos do bulevar e sufriremos vendo como os 41 castiñeiros das Indias e os 13 tilos das beirarrúas laterais tállanse, e o alcalde di que poñeran no seu lugar 300 árbores novos “arbores escobilla”.

O futuro da nosa cidade ha de ser para nós verde esperanza. O proxecto contempla o traslado dos 74 camelios e naranxos e a talla doutros 54.

Non saben se conseguirán parar ao xigante de ferro, o que si está claro que ata os Dinosetos indígnanse ante tan pouco sentimento que non é outro que o de sacar para poñer outros miniárbores máis substanciosos, aínda que non para nós, o palmatum, cornus florida, magnolia loebneril ou cotinus coggygria, o ginkgo biloba ou algunhas magnolia kobus, onde vai parar, nada que ver cos nosos queridos aesculus hippocastanum pertencentes á robusta familia dos arces.

O futuro sempre estará nas mans dos que ven máis aló aínda que sempre teñen ese peso do que dita unha sentenza en beneficio, non dicimos nin propio nin impropio porque agora sae á luz co proxecto un “as árbores están malitos e por se caen cortámolos moito antes” e ante isto, confiar na boa fé do que fai o estudo, é o que nos queda para que a talla de 128 árbores de Gran Vía sexa menos dolorosa e en conciencia limpa, veremos o que pasa porque xa vos van avisando que estas escaleiras traerannos á parte de comodidade gastos e contaminación aí van os datos que se manexan, que asustan, e moito.

A cifra final da emisión de CO2 traduciríase en 30 toneladas ao ano. Case ná.

As árbores no medio ambiente urbano

As árbores son moi beneficiosos para o medio ambiente urbano. Cumpren varias funcións que favorecen á cidade e, polo tanto, aos seus habitantes. En primeiro lugar, melloran a calidade do aire pois son axentes activos que reducen a contaminación atmosférica. Se nas grandes cidades non houbese árbores, o tráfico faría case imposible vivir nelas.

As árbores xeran osíxeno, absorben dióxido de carbono e reteñen os pos e partículas que se manteñen no ambiente. Pero, ademais, tamén reducen o molesto ruído que se produce na maioría das grandes cidades, tráfico, cláxones, sirenas, berros, obras, todos estes molestos sons resultan atenuados polas follaxes das árbores, que fan un labor de barreiras antisonido, de illantes acústicos, atrasando ou, mesmo, detendo as ondas sonoras.

Ademais, regulan e actúan sobre o clima, xa que aumentan a humidade do ambiente e diminúen a temperatura no verán e auméntana no inverno, ademais de xerar correntes de aire e constituír pantallas contra o vento, a choiva, a neve, a saraiba ou os raios solares. Así mesmo, as árbores que non están rodeados de formigón e cemento, purifican as augas que se filtran polo chan, pois as súas raíces actúan como descontaminantes, retendo nutrientes e axentes patógenos. Tamén hai que pensar que as árbores serven como morada de aves, que alegran a cidade coa súa presenza e cantos.

A importancia das árbores

1.Unha árbore grande pode absorber ata 150 kg de CO2 ao ano, por tanto son de gran importancia nunha cidade onde a contaminación adoita ser unha problemática importante. As árbores poden mellorar a calidade do aire, facendo das cidades lugares máis saudables para vivir.

2.Ademais, i na mesma liña que no punto 1, as árbores grandes son excelentes filtros para contaminantes urbanos e partículas finas. Absorben gases contaminantes como monóxido de carbono, óxidos de nitróxeno, ozono e óxidos de sulfuro. Tamén filtran partículas finas como po, sucidade ou fume do aire atrapándoos sobre as follas e a cortiza.

3.As árbores xogan un papel importante no aumento da biodiversidade urbana, proporcionando ás plantas e animais un hábitat, alimento e protección.

4.A localización estratéxica das árbores nas cidades pode axudar a arrefriar o aire entre 2 e 8 graos Celsius, reducindo así o efecto de “illa de calor” urbana, unha acumulación de calor polo inmensa mole de formigón, e demais materiais absorbentes de calor.

5.As investigacións demostran que vivir preto dos espazos verdes urbanos e ter acceso a eles pode mellorar a saúde física e mental, por exemplo diminuíndo a tensión arterial alta e a tensión. Isto, á súa vez, contribúe ao benestar das comunidades urbanas.

6.As árbores maduras regulan o fluxo da auga e desempeñan un papel crave na prevención de inundacións e na redución de riscos de desastres naturais. Un perennifolio ou árbore madura de folla verde permanente, por exemplo, pode interceptar máis de 15 000 litros de auga ao ano.

7.A colocación correcta das árbores ao redor dos edificios pode reducir a necesidade de aire acondicionado nun 30 por cento e reducir as facturas de calefacción no inverno entre un 20 e 50 por cento.

8.As árbores poden contribuír ao aumento da seguridade alimentaria e nutricional local, proporcionando alimentos como froitas, froitos secos e follas tanto para o consumo humano como para a forraxe. A súa madeira, á súa vez, pódese utilizar para cociñar e quentar.

9.A planificación de paisaxes urbanas con árbores pode aumentar o valor dunha propiedade nun 20 por cento.

A verdade é que as árbores e o medio ambiente terían que ser tan respectados nas grandes cidades como as propias persoas.

Non descarto en facer a segunda parte desta editorial/artigo xa que da para moito o asunto do MALTRATADO MEDIO AMBIENTE EN VIGO e MENOS PREZADO polo habitante da cidade xa que ten esa bipolaridade reflectida neste humilde blogue da DETORIT VIGUESA e deste home chamado Rubens Rocha.

 

 

Algunas das fontes

La Vanguardia | Ecologia verde | Hemeroteca FdV

A antiga estación de tren de Vigo cumpriría 140 anos este ano

Declarada monumento a conservar, foi desmantelada e enviada a Redondela onde as súas pedras xacen sen protección algunha

O primeiro pirata, o que teño máis preto de casa chámase Administrador de Infraestruturas Ferroviarias, máis coñecido polo seu acrónimo Adif, herdeiro doutro pirata e outro acrónimo que se chamaba Renfe. Entre eses dous piratas, cuxa obrigación social é administrar e conservar o patrimonio ferroviario, o segundo ademais ten por obrigación transportar viaxeiros e mercadorías por ferrocarril, usurparon ao pobo de Vigo uno dos seus máis prezados bens de interese cultural: a antiga estación, inaugurada en 1881 e declarada Ben de Interese Cultural en 1990, mes arriba, mes abaixo. Recordo que por aqueles anos había un grupo de vigueses de prol entre os que se atopaban o arquitecto Jaime Garrido, o escultor Eiravella e Xosé Luís Méndez Ferrín, defendendo a integridade ameazada de dúas iconas da cidade: o Palacio de Xustiza, que querían demoler para instalar alí unha praza deseñada e xa paga a un arquitecto entón de fama chamado Bofill, e a estación do ferrocarril, substituída desde 1987 por unha bastante anodina que non chegou nin a cumprir as súas vodas de prata posto que foi demolida en 2011.

Na parte que me foi posible, tentei recoller todos os argumentos en defensa daqueles dous inmobles que, por fin, foron declarados bens de interese cultural e por tanto, supostamente, indestructibles. O palacio de xustiza e antigo cárcere foi desmontado e volto restaurar convertido en Museo de Arte Contemporánea.

A estación tamén foi desmontada no 1999 pero nunca chegou a rehabilitarse. Onde están as pedras da estación? A maioría foron roubadas do lugar no que de maneira moi neglixente foron almacenadas pola entón responsable da súa conservación e custodia que era Renfe.

Apiñadas en cheas nun lateral da estación de Redondela, esas pedras foron desaparecendo. Chegou Adif cos seus plans de converter as estacións en multinegocios e seguiu facendo a vista gorda mentres as pedras da estación de Vigo van desaparecendo e as súas cheas apilados en Redondela ban minguando de maneira considerable.

No 2015 Elena Muñoz, portavoz do PP, consideraba «urxente» que se recuperase a vella estación e consideraba que «sería un bo uso trasladala á área de Vigo que se decida para convertela nun centro social». A modo de suxestión, planteba que o tema se debatese na xunta de portavoces do Concello para buscar unha solución de consenso.

Desde a Marea de Vigo, Rubén Pérez cara a unha suxestión moi similar. «Se se consegue que Adif cédalla ao Concello barallamos a súa conversión nun centro cívico de barrio. Decian que o goberno local non tería problemas económicos para culminar o proceso á vista dos fondos que destina a novas humanizacións». Pérez non quixo por aquel entón propoñer unha localización concreta. Limitar a dicir que habería que estudar aqueles barrios nos que non exista un centro deste tipo e por tanto maior necesidade.

Quen vai devolvernos a estación? Quen vai esixir as responsabilidades penais e civís por esa dolosa neglixencia na custodia dun patrimonio que era de todos nós? E o que é máis importante: ante a dubidosa e difícil posibilidade de que alguén esixa esas responsabilidades? quen as vai a pagar?

Eu quero a miña estación. A miña estación centenaria, a estación onde crecín e aprendín, austera, modesta, como correspondía a unha cidade que non malgastaba en fastos nin en faraonismos, ata que os piratas comezaron a roubarlle o seu patrimonio mentres os megalómanos entretíñanse encargando proxectos que non temos diñeiro para pagar xa que o AVE tan só é para petos xenerosos.

As pedras seguen deteriorándose no patio da estación de Redondela, rodeadas de lixo e restos de todo tipo, mentres ao seu ao redor crecen matogueiras. O máis grave é que ninguén as vixía e ao estar nun patio aberto (a porta hai anos que rompeu, sen que fose reparada) é imposible saber se están todas as pedras que chegaron.

A antiga estación de tren de Redondela perdeu gran parte do tráfico coa entrada en servizo do eixo atlántico que discorre por outro trazado, e o escaso persoal que ten durante o día, nunca de noite, limítase a controlar o paso dos trens.

 

Aos que lle dades a razón ao alcalde coa PASSVigo

 

A todos os que lle dades a razón ao alcalde con limitar os descontos aos empadroados a propósito de que xente non empadroada paga impostos porque ao estar a vivir de aluguer pagan lixo, auga , o IBI porrateado (cousa que debe pagar a persoa propietaria da propiedade), ao ter negocios aquí pagan impostos como IBI, IAE, auga , lixo etc.

Espero que cando saiades de Viaxe teñades tamén en conta isto e non vos aproveitedes de descontos que todas as cidades teñen sen distinguir empadroados de non empadroados.

Abel copiou o nome da tarxeta de Londres pero en Londres non hai distinción entre empadroados e non empadroados.

Ler isto e xa me diredes

Que só os de Vigo poidan acceder a tarifas reducidas no transporte urbano corresponde a unha visión do mundo bastante estreita, a dos vigueses que cren que o planeta se acaba no alto de Puxeiros e se dás un paso máis caes ao baleiro. En calquera metrópole, ou gran cidade, que é o mesmo, os organismos que as rexen tratan de facilitar o tránsito de viaxeiros nos servizos de transporte público. Sobre todo, porque unha das grandes preocupacións que teñen os gobernantes é a contaminación e a conservación do medio ambiente. Pero aquí parece que o tema é outro. Estar empadroado dálles acceso a maiores descontos, pero non impiden o acceso a outras rebaixas menores aos visitantes.

Debe ser que ningún deses vigueses que defenden a posición do alcalde e alagan as redes coas súas opinións, merecen descontos no bus ou o metro cando van a Madrid e Barcelona. Nunca compran o bono de dez viaxes nin billetes de dous días. Prefiren o individual porque saben que non teñen dereito a rebaixa onde non pagan impostos. Tampouco, aínda que traballen na capital, sácanse o cartón mensual Porque non poden? Non, porque saben que non deben. En París tamén renuncian á París Pass por non ser abusones. Mesmo se lles deu por irse alí uns meses. Pagan sempre a tarifa máis cara. E cando cruzan o charco ata Nova York, ignoran a New York Pass. Nas súas incursións a Londres, fanlle noxos á o Oyster Card e a Travel Card. Así, un jicho de Redondela pode viaxar con desconto desde Heatrow á estación de metro de Southwark. Sadiq Khan non lles poñerá pegas.

Curiosidade

Pareceme curioso que poñan o requisito do PADRÓN cando pois so me ven a cabeza a sencilla razón que dito alcalde botou da cidade a xente que foi despexada das suas vivendas, si, asi é… a xente despexada das suas casas por problemas económicos, o concello de Vigo non ten alternativa habitacional para os seus habitantes… os habitantes que foron despexados das suas vivendas foron  expatriadas a concellos da contorna de Vigo, si foron obrigados a deixar Vigo e as suas amizades e familiares para ter teito…. cantos habitantes perdeu Vigo nestes últimos anos? moitos e iso non ten nada que ver Feijóo senon o concello de Vigo que vendeu as vivendas para emerxencias sociais escudado no eido de mercar os terreos da cidade da xustiza cando pois xa se sabia que ia para o antigo xeral… en fin, por favor mirade mais alo do discurso que os creedes dun tipo que minte.

Posdata

Por certo botou xente da cidade ou sexa perdeu habitantes e non so habitantes senon cartiños que o estado da por X habitantes e os CARTIÑOS dos propios habitantes.

Nota

Ao fin e ao cabo, non se trata de promover o uso do transporte público e diminuír o uso dos coches particulares na cidade? Pois iso. Tarxeta bus para todo o mundo.

Exclusiva

O que supura aquí é que en 2019 Vitrasa remata concesión e quere seguir tendo un sistema tarifario IMPRESENTABLE que obriga a compensar sempre con recursos públicos con cada mellora do servizo. Os novos buses innecesarios polo tempo de rodaxe dos anteriores e o feito de que paguen eles os envíos masivos da PASSVigo son accións encaminadas a “seguir coa mangantada”.

No ano 2012, Abel Caballero aseguraba que “non se prorrogaría a concesión a Vitrasa mentres el fose o alcalde”, mais, co remate da concesión no 2019, a inexistencia dos pregos para o novo contrato, a inversión que está realizando a concesionaria actual co envío das Pass Vigo, e o adianto da renovación de 12 autobuses no 2017, o grupo municipal da Marea de Vigo non pode senón cuestionarse a existencia dalgún acordo cara a unha prórroga. “Que sentido ten que Vitrasa no último ano de concesión estea investindo miles de euros nunha campaña como a da Pass Vigo” matiza Rubén Pérez.

 

 

A letra pequena das futuras “cintas mecanicas” da Gran Vía de Vigo

Unhas cintas como a desta fotografia van a instalar na Gran Vía de Vigo, unhas cintas nas que o alcalde vende que sera boas para todas as persoas xa que é salvagardar a pendente do 9% da costa que ten a Gran Vía no proxecto Vigo Vertical, non so así vende as cintas mecanicas e para mostra este argumentario.

Argumentario:
»As cintas instalaranse entre Urzáiz e Praza de España para salvar esta pendente do 9% en pouco máis de dous minutos.
»Na actualidade, a paso normal, requírense máis de 10 minutos. Serán catro tramos de ramplas mecánicas cubertas por unha estrutura composta por sucesivos e irregulares pentágonos de cores unidas por cristal.
»O proxecto inclúe unha gran praza pública á altura do Corte Inglés, onde se creará un gran paso de peóns de practicamente 60 metros de ancho entre as rúas Ecuador e Venezuela.
»Este novo espazo estará elevado con respecto á calzada actual.
»A intervención obrigará a trasladar a icónica escultura dos Rederos que preside agora a parte baixa da Gran Vía.
»Abel Caballero asegurou que se colocará en “un emprazamento nobre e visible como se merece”.
»A finais de 2018 poderase percorrer os 650 metros deste tramo da Gran Vía mediante a mecanizada solución.
»O inicio das obras está programado para este o ano 2017.

Eu pregunto; serán para todas as persoas estas cintas mecánicas? tan só encontro nos fabricantes das ditas cintas mecánicas nos seus manuais o seguinte:

Cousas prohibidas:
»Prohibido carriños de bebe.
»Prohibido cadeiras de rodas.
»Prohibido carriños de compra / portamaletas.
»Prohibido sentar na varanda.
»Prohibido meter a man na cinta.

Agora ven o #VigoVerdade, cousas que son certas do Vigo mecánizado

As escaleiras mecánicas da Porta do sol non son para todos os públicos xa que pois quedan fóra a pais e nais cos carriños de bebe, a xente que usa cadeira de rodas, non teñen dispositivo para xente invidente, non ten sistema de emerxencia en caso que falte a enerxía.

O elevador da rúa de Camelias é un elevador para toda clase de cidadán e cidadá, ten dispositivo para xente invidente pero carece dun dispositivo de emerxencia en caso que falte enerxía, devandito elevador pasa períodos longos de avarías, avarías das cales se queixan os veciños da zona, avarías que constan na empresa do mantemento do mesmo elevador.

As escaleiras mecánicas e elevador do parque Pizarro-Ribadavia, as escaleiras non son para todos os públicos xa que pois quedan fóra a pais e nais cos carriños de bebe, a xente que usa cadeira de rodas, non teñen dispositivo para xente invidente, non ten sistema de emerxencia en caso que falte a enerxía mentres que o elevador é un elevador para toda clase de cidadán e cidadá, ten dispositivo para xente invidente pero carece dun dispositivo de emerxencia en caso que falte enerxía. A diferencia das escaleiras mecánicas da Porta do Sol e o elevador da rúa Camelias estes mecanismos electricos estan en funcionamento todo o día mentes que os dito anteriormente estan programados para activarse nunha hora e desactivarse noutra.

Volvo ás cintas futuras de Gran Via, moitas persoas que as empregan Alcampo ou Carrefour para facer as súas compras din ver a pais e nais co carriño de bebe e tamén miran a xente en cadeira de rodas usándoas pero estas persoas no caso de que tales cintas tivesen un fallo e sufrisen un accidente pois o centro comercial non se farían cargo do accidente xa que para eses sectores cidadáns están os ascensores e en caso remoto de non ter a correspondente pegatina que vai na caixa das cintas posta o responsabel e o centro comercial, as cintas só están para os carriños da compra e as persoas que acompañan a estes, ditos carriños están adaptados para poder ser utilizados na devandita plataforma xa que na parte das rodas teñen dita adaptación e as rodas mesmas tamén.

A xente cre que a pendente que ten os Alcampos e os Carrefour é igual á que hai en Gran Vía cosa que non é certa hai mais pendente na Gran Vía que nas áreas mencionadas.

En fin, para que se pon unhas cintas mecanicas na Gran Vía de Vigo?? pensen e saberán eu tan só deixo estes datos e vosas son as conclusións á miña opinión só para veneficiar a unha gran área comercial como é o Corte Ínguas e non pensar nos pequenos e medianos negocios que hai nos laterais da Gran Vía.

Por certo nas infografías  o argumentado pola miña banda o deixan tamén claro para que tipo de xente se fara ditas cintas, toda xente “normal” e nova.

 

Tema árbores

As 128 árbores plantados no tramo da Gran Vía comprendido entre Urzaiz e a praza de España desaparecerán coa transformación que planea o Concello para dotar de ramplas mecánicas a esta rúa. No proxecto da obra recóllese que os 45 camelios e 29 naranjos amargos do bulevar deben ser trasplantados, mentres que os 41 castiñeiros das Indias e os 13 tilos das beirarrúas laterais deben ser tallados.

Rubéns Rocha [@IlCanallaRubens]

Infografías do proxecto

 

 

Vigo flashback: A ponte de Toralla recuperada

O 25 de outubro de 1997 os vigueses coñecían que a xustiza lles había dado a razón no preito que mantiñan cos propietarios da illa de Toralla polo uso da ponte. Despois dun itinerario xudicial de dez anos, o Tribunal Supremo rexeitaba o último recurso interposto polos insulars, que reclamaban en exclusividade o uso e goce a ponte e das praias. Deste xeito, se liberalizaba o paso pola ponte, sen que para chegar á illa, fose necesario acceder en barco ou a nado. Ademais, a Lei de Costas tamén establecía que os propietarios da illa deberían ceder para dominio público seis metros de terreo a partir da máxima pleamar rexistrada.

Outros aspectos recolleitos na sentenza eran o mantemento da prohibición da entrada de vehículos alleos aos residentes da illa. Así mesmo, non se establecían indemnizacións para o grupo formado polas comunidades de propietarios Torre de Toralla e Castro de Toralla e pola entidade Toralla S.A..

Os propietarios obtiveron unha concesión por 99 anos condicionada ás necesidades do dominio público e decidiron construír a ponte cos seus propios recursos. A entrada en vigor da Lei de Costas de 1989 estableceu que as concesións outorgadas para construír accesos a illas de propiedade privada serían revisadas para que quedasen abertas a uso público en idénticas condicións de utilización que as particulares.

Traducción por Rubens Rocha

Artigo da Voz de Galicia

Vigo flashback: Proxecto Toralla 1978

O 29 de maio de 1978, o Tribunal Supremo sentenciaba a negativa para construír na mencionada insua un edificio de considerable lonxitude e nove plantas de altura. Unha especie de pantalla que viña complementar á xa construída torre.A sentenza viña dar a razón ao Concello de Vigo que nos primeiros anos setenta vetou o proxecto da sociedade Toralla. Os propietarios dos terreos lograran que a comisión provincial de urbanismo aprobase o proxecto en outubro de 1968.
«Vai contra toda idea non só paisaxística senón que ata teño medo de que se afunda a illa», chegou a dicir durante a sesión plenaria do 1 de agosto de 1975 o alcalde Joaquín García Picher, que impediu a ampliación do proxecto. Para iso, aludiu á entrada en vigor provisional do plan xeral do ano 1970. A xogada permitiulle paralizar momentaneamente. Só de momento porque a Audiencia da Coruña anulou o acordo municipal para permitir o desenvolvemento daquel proxecto urbanístico.

O Concello de Vigo recorreu ao Supremo, obtendo finalmente o resultado buscado. Nesta sentenza, o alto tribunal recoñecía á empresa o dereito para construír respecto ao plan xeral, o que consentiría unha ocupación máxima do 33 por cento das parcelas edificables. Isto traducíase nun edificio dun baixo e dúas plantas, pero non aquela pantalla de vivendas.

O alcalde Manuel Soto representou a alegría da maior parte dos habitantes de Vigo, e resaltou o feito de que se trataba da primeira sentenza que estimaba a defensa da paisaxe e a contorna ecolóxica. Na sentenza facíase alusión a esa circunstancia. Nun alarde de gran enxeño, os autores do proxecto bautizara este segundo edificio como Parque. A illa fora comprada aos herdeiros de Martín Echegaray en 1965. A orixinal empresa Toralla S.A. obtivo permisos para construír a ponte, varias defensas contra o mar e a actual torre, así como as 34 parcelas que agora ocupan os chalés.

No proxecto inicial contemplábase tamén un edificio pantalla de nove alturas e 120 metros de lonxitude, que debería achegar 85 vivendas máis. Por certo que tamén se opuxeron aquela mole os propietarios dos pisos da torre e tamén das vivendas unifamiliares.

Traducción Rubens Rocha
Artigo da Voz de Galicia

Unha vela da cabeza de Trump acéndese para unha causa moi nobre

Un colectivo de creativos en Los Ángeles, California, deseñou unha vela que se acende para apoiar causas que ao presidente de EE. UU. non parecen importarlle. Canto tempo pode durar Donald Trump como presidente de EE. UU? Esa é a pregunta detrás de The Trump Candle (a vela de Trump), un proxecto que aborda con humor (e algo de esperanza) algo que millóns de persoas pregúntanse cada día.

“Creamos esta veladora para pedir ao universo que Trump deixe a presidencia e regrese á súa vida de mansións extravagantes e campos de golf […] é só cuestión de tempo”, di a proposta orixinal de The Trump Candle, un proxecto do arxentino Juan Pablo Oubiña e o español Curro Chozas, fundadores de o-1 Agency, unha axencia publicitaria en Los Ángeles, California.

O obxectivo? Crear un movemento que provoque un efecto tipo facho olímpico, convidando á xente para acender a vela, xa sexa virtualmente – compartindo este vídeo a través das redes sociais– ou comprando unha para acendela na súa casa ou negocio.

Oubiña di que el e o seu socio doarán o 30 por cento dos ingresos derivados da venda destas velas a organizacións sen fins de lucro que apoian causas como dereitos dos inmigrantes, as mulleres, os grupos LGTB e a protección ao medio ambiente.

No vídeo aquí abaixo podes facer un rápido percorrido por algunhas das “barbaridades” que nos regalou o presidente de EE. UU., incluíndo a súa famosa diatriba contra os mexicanos e mofanándose de como un home poderoso pode facer o que queira coas mulleres.

 

E así, coa esperanza de desatar un movemento global –e pedir por un milagre colectivo– a vela de Trump está a botar man do poder dos medios sociais, creando unha páxina especial en YouTube e contas dedicadas en Facebook, Instagram e Twitter.

E vostedes, que din? Apagarase a presidencia de Donald Trump tan rápido como esta vela?