Archivos en la Categoría: A miseria da cidade fermosa

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 16

Nalgunhas grandes concentracións urbanas do conxunto do planeta existen núcleos de poboación de extrema pobreza e marxinalidade, Vigo ten numerosos nucleos dos cales se desatende o concello no canto de combater a pobreza escóndea. Normalmente son terreos orixinariamente ilegais que lentamente se foron poboando de maneira caótica e desordenada e onde as condicións de vida son moi precarias, na cidade Viguesa empregan numeros inmobles abandonados como o vello asilo de Hermanitas dos Anciáns Desamparados, a zona de Marques de Valterra, Barrio do Cura e Beiramar tamén se poden atopar estes asentamentos coñecidos como choupanos en foma de chabolas no barrio da Salgueira, Cabral, Pontenovo, Barrio de Ribadavia…

En canto ao termo, provén do portugués que se fala en Brasil e alude a unha planta moi resistente, a faveila, que foi utilizada no século XlX para construír os fogares dos primeiros residentes deste tipo de suburbios nalgunhas cidades de Brasil. Aínda que este fenómeno está asociado ás grandes urbes de Brasil e de América Latina, é unha realidade global que aparece en grandes cidades de África, Asia ou en países como España (en España emprégase a palabra chabola para designar as infravivendas destas zonas urbanas). Desde un punto de vista urbanístico, os choupanos carecen dos servizos básicos (abastecemento de auga potable, electricidade e servizos á comunidade). Hai que ter en conta que en Vigo son zonas que se desenvolveron xentrificación ou especulación urbanística ou esperan facer un pelotazo urbanistico.

Desde un punto de vista social, os choupanos son un foco de pobreza, marxinación. Teñen unha densidade de poboación moi elevada aínda que para o ollo do vigues e viguesa créase os eslóganes do concello dicindo que “non hai xente sen teito” e que “ninguén dorme na rúa”, Vigo é a cidade de toda Galiza que ten a taxa mais grande de desemprego.

Os problemas sociais asociados coas persoas que son abocadas a vivir en choupanos na cidade de Vigo son: fracasos sentimentais, despedimentos, desafiuzamentos, fracasos empresariais; todo isto na cidade de Vigo as persoas que sofren ese revés na vida algunhas persoas acaban desnutridas, alcohólicas, tocadas emocionalmente e psicologicamente.

A sociedade Viguesa nestes últimos tempos han caido na ‘ aporofobia’, un termo acuñado por a catedrática de Ética e Filosofía Política da Universidade de Valencia, Adela Cortina que hai máis de 20 anos, fai referencia, tal e como se recolle no seu libro, “ao rexeitamento, aversión, temor e desprezo cara ao pobre, cara ao desamparado que, polo menos en aparencia, non pode devolver nada bo a cambio”. A posibilidade de que as persoas poidan saír da situación de pobreza e abandonar a exclusión social ten un efecto de culpabilización individual das persoas da súa situación de pobreza, xa que non se teñen en conta as circunstancias sociais, políticas e/ou económicas que inflúen nos procesos de exclusión. As crenzas e mitos xerados neste proceso de culpabilización son as ideas que subxacen á aporofobia (“están na rúa porque queren”, “terían que poñerse a traballar”, “son uns vagos”, etc.)

O choupano non é o único foco de espazo urbano marxinal. De feito, cando as cidades europeas empezaron a crecer descontroladamente na Idade Media, desenvolvéronse espazos urbanos asociados ás clases máis humildes, os arrabaldes. Na maioría de cidades actuais existen os coñecidos suburbios, barrios marxinais e degradados.

Un exemplo de suburbio moi particular é o dalgunhas cidades de Francia. Este fenómeno é coñecido coa palabra banlieue, barrios da periferia nos que hai unha tensión social permanente.

A exclusión social no espazo urbano ten nomes diversos: favela, suburbio, arrabalde, banlieu ou guetto. Independentemente da palabra que empreguemos, as persoas que viven neles atópanse unha especie de apartheid no que as institucións non lles dan ningunha solución e en Vigo os dous albergues xa que moitas persoas senteito “REXEITAN” acudir ao albergue segundo declaracións do alcalde, desistiron de achegarse ao quedarse fóra noutras ocasións (como a mesma noite de fin de ano do pasado ano), xa que só hai 38 prazas. Noutros casos, ao só poder permanecer dez días prefiren ocupar outro espazo onde poidan continuar o resto do mes xa que se non, atópanllo ocupado ao volver verse na rúa.

E como solo decir “Vivimos nunha cidade envoltorio onde a xente no canto de ver para a xente ve para o envoltorio o cal deixa ás persoas aparvadas polo envoltorio e polo personaxe que pon ditos envoltorios que pregoa que non hai xente durmindo nas rúas”.

E volvo decir ““Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Anuncios

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 15

Ola de novo xente marabillosa, hoxe nesta nova entrada na serie “A miseria dá cidade fermosa” veño falar de algo que me esta preocupando na sociedade da Detroit Viguesa, cal e? pos nin máis nin menos que esa infección que esta mais que propagada, esa chamada aporofobia.

A catedrática de Ética e Filosofía Política da Universidade de Valencia, Adela Cortina, defende no seu libro aporofobia, ‘ Aporofobia, o rexeitamento ao pobre. Un desafío para a democracia’ (Editorial Paidós) que non todos os estranxeiros son tratados por igual xa que se recibe “con alegría” a chegada de turistas pero “parece que molestan os refuxiados e inmigrantes”. Un discurso que “desgraciadamente” foi utilizado por algúns políticos como Donald Trump ou Marien Lle Pen para conseguir votos e quen, segundo Cortina, atacan só a “os estranxeiros que son pobres”.

O termo ‘ aporofobia’, acuñado por Cortina hai máis de 20 anos, fai referencia, tal e como se recolle no seu libro, “ao rexeitamento, aversión, temor e desprezo cara ao pobre, cara ao desamparado que, polo menos en aparencia, non pode devolver nada bo a cambio”.

Na wikipedia

A aporofobia (do grego άπορος ( á-poros), sen recursos, indixente, pobre; e φόβος, ( fobos), medo)refírese ao medo cara á pobreza e cara ás persoas pobres. É a repugnancia e hostilidade ante as persoas pobres, sen recursos ou desamparadas.

É un neoloxismo incluído no Dicionario da Real Academia Española, considerado “neoloxismo válido” pola Fundación do Español Urxente​ e pouco usado por medios de comunicación e si polos profesionais.

O concepto de aporofobia foi acuñado pola filósofa Adela Cortina nos anos 1990​ para diferenciar esta actitude da xenofobia, que só se refire ao rexeitamento ao estranxeiro e do racismo, que é a discriminación por grupos étnicos. A diferenza entre aporofobia e xenofobia ou racismo é que socialmente non se discrimina nin marxina a persoas inmigrantes ou a membros doutras etnias cando estas persoas teñen patrimonio, recursos económicos e/ou relevancia social e mediática.

A aporofobia é o odio, medo e rexeitamento ás persoas pobres. A pobreza é unha característica circunstancial na vida dos seres humanos e en ningún caso forma parte da identidade. A pobreza non é unha condición permanente das persoas, senón unha situación indesexable e inxusta, pero superable.

A posibilidade de que as persoas poidan saír da situación de pobreza e abandonar a exclusión social ten un efecto de culpabilización individual das persoas da súa situación de pobreza, xa que non se teñen en conta as circunstancias sociais, políticas e/ou económicas que inflúen nos procesos de exclusión. As crenzas e mitos xerados neste proceso de culpabilización son as ideas que subxacen á aporofobia (“están na rúa porque queren”, “terían que poñerse a traballar”, “son uns vagos”, etc.).

A aporofobia transmítese a partir dunha construción social que relaciona ás persoas pobres con delincuencia, situándoas no imaxinario social como posibles delincuentes antes que como potenciais vítimas da discriminación e a violencia.

Existen políticas públicas orientadas á seguridade e á convivencia así como prácticas xornalísticas ao redor da pobreza e a exclusión social que favorecen a transmisión dunha imaxe de criminalización da pobreza. Estas prácticas políticas, sociais e mediáticas xeran representacións deshumanizadoras das persoas en situación de extrema pobreza e crean unha distancia simbólica entre “nós” e “eles”.

Deste xeito, a través de procesos de deslegitimización e exclusión moral a cidadanía non senten obrigada a aplicar as normas morais, regras sociais e consideracións de xustiza que aplicarían coa poboación que non está excluída socialmente.

Desgrazadamente

Na cidade de Vigo e cada día máis palpabel dita infección e para iso non hai máis que coller os medios de comunicación como FdV, La Voz de Galicia e outros e ver nos comentarios das suas noticias na rede social Facebook, e eu preguntome; onde foi a parar iso de que Vigo é solidaria coa xente que non ten teito e non ten traballo? onde esta a solidariedade que tanto di e presume Vigo? cada día que pasa a sociedade viguesa máis individualizada e apática, triste pero a crua verdade.

E volvo decir ““Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 14

Foto do Vigo 04 decembro de 2017 ás 9:40h | Rúa Rosalía de Castro – Vigo

Esta semana pasada deuse a coñecer as notas ás cidades con máis de 200.000 habitantes en tema de servizos sociais, pois ben, como esta sección só é de ámbito local, digamos que só Vigo, debo de dicir publicamente que a cidade de Vigo a Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais de España deulle unha nota de “PRECARIA” no que a servizos sociais refírese.

Pois ben, segundo o concello da cidade na súa voz máis autorizada, voz procedente de Abel Ramón Caballero o seu alcalde di que Vigo é a cidade que máis inviste en servizos sociais, pois digamos que iso NON se cingue á verdade xa que o Ministerio de Facenda di que a cidade de Vigo está situada no posto 2495 entre todos os concellos do Estado Español e que iso o diga o Alcade dos Alcaldes non lle deixa en bo lugar, canto inviste o concello por habitante en servizos sociais? segundo Asociación de Directores e Xerentes de Servizos Sociais de España é de 42,43€ este ano 2017, no ano 2015 era de 66,70€, pero non dicía Caballero que era o Concello de Vigo o que máis investía en servizos sociais? aí os datos vosas as conclusións.

Pola miña banda cabe e sinalar que dita voz tamén presume de que o concello ten débeda CERO non se porque baixaron entón desde o 2015 a 2017 a axuda por habitante de 24,27€, e logo dito concello se queixa como o seu partido o PSOE que non poden contratar a máis xente pola culpa da lei Montoro cando o máis normal e común é presentar nas cortes a derrogación de dita lei cousa que polo de agora NON presentaron dita derrogación.

A foto que encabeza esta pequena editorial desta humilde sección chamada “A miseria dá cidade fermosa” foi tomada o 4 Decembro ás 9:40 h, unha persoa á entrada dunha superficie de alimentación soportando unha temperatura naquel momento de 4º, seguro que moitos de vós diredes que en Vigo hai albergues, se os hai, pero lamentablemente non pode dar subministración á alta demanda que hai nestes días onde as temperaturas son xelidas, de feito o luns cando foi tomada esta foto non había prazas do Domingo a Luns, non había prazas no albergue de rúa Marqués de Valterra.

Numerosos colectivos sociais da cidade de Vigo veñen denunciando a falta de camas desde o ano 2007 no transcurso deses anos puxéronse numerosos parches que co tempo vese que ditos parches non son suficiente, e por non mencionar que hai mecanismos nos cales por emerxencias climatolóxicas pódense habilitar outros espazos onde poñer camas e comida, o concello ten a sua diposición numerosos baixos e locais que no día de hoxe estan no esquecemento e abandono.

 

E volvo decir ““Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Informe Política Social Concello de Vigo

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 13

Foto do Vigo 29 outubro de 2017 | Rúa X – Vigo

Gústame andar por lugares abandonados e iso é publico e notorio, gústame gravar e fotografar eses lugares abandonados a iso se chama Urbex, o urbex é un dos subtipos de exploración que habitualmente se practican e que pode incluír a visita a lugares abandonados ou non. Normalmente trátase da exploración de zonas afastadas dos núcleos urbanos, zonas industriais, ou abandonadas. A exploración urbana é tamén coñecida comunmente como infiltración, aínda que algúns consideran que a infiltración está máis estreitamente asociada coa exploración de zonas activas ou sitios habitados. Para realizar esta práctica, os exploradores accederán aos devanditos lugares impensables para a maioría, como por exemplo, pola rede de sumidoiros ou por xanelas situadas a tres metros de altura.

Nós os exploradores urbanos, sempre imos ben equipados, e expoñémonos tamén a riscos comúns en lugares con claros signos de decadencia. A natureza desta actividade presenta diversos riscos, incluídos os riscos físicos e a posibilidade da detención e castigo. Moitas, pero non todas, as actividades relacionadas coa exploración urbana poden ser consideradas violación ou violacións das leis locais ou rexionais.

Por parte física, corremos o risco de sufrir accidentes. Outro risco común, poden ser as persoas sen teito póñanse agresivas por ver que estamos a invadir o seu lugar de vida pero en moi poucas ocasións pasa isto xa que pois sempre se mostran colaborativas e fanche de guia pero o mais perigoso son os desprendementos nas edificacións e para iso sempre se ten que ter coñecementos e sempre recomendamos as persoas que non teñen ese coñecemento que non o fagan, coma tamén cando facemos urbex deixamos todo tal como esta non roubamos nin destrozamos o destrozo que xa hai, sempre deixando o lugar tal como o atopamos.

No último que estiven volvín atoparme con outro lugar que a pesar que esta abandonado alberga vida dunha forma moi insalubre.

A pobreza non se ve porque hai institucións que as tenta esconder para non dar unha mala imaxe dunha cidade cara ao turista e iso fala da hipocrisía que existe nesta cidade onde resido que é esa que dicían que era a cidade amigo esa chamada Vigo.

A pobreza non se esconde se combate, se combate con políticas sociais reais non de espellismo… con programas de inserción reais, con vivenda en réxime de aluguer social, con obradoiros de emprego, con emprego… e un longo etc…

Os choupanos non tendrían que existir en lestes tempos, como tampouco as regras ruines e mezquinas dos albergues da cidade, albergues que volvo lembrar que tan só pódense pernoitar 10 días seguidos, dez no albergue da rúa Marques de Valterra e dez no albergue da rúa de Galicia e un mes ten 30 días polo cal pasan 10 ao raso… con ese regulamento moitos deciden non volver porque senten aves migratorias que teñen que ir dun lado ao outro e sintense vilipendiadas.

E volvo decir Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 12

Foto do ‎27 de ‎xaneiro‎ de ‎2017 ás 03:32h | Avenida das Camelias

Hai 11 días o Concello de Vigo activaba a unidade de frío para atender ás persoas que rexeitan durmir no albergue. A nota de prensa cutre que o concello emitía por aquel día rezaba:

O rexedor avanzou esta mañá a posta en marcha do dispositivo do frío para atender ás persoas que non queren durmir no albergue.

En previsión da baixada de temperaturas, tratarase de convencer a estas persoas para que pasen estas noites no albergue municipal ou en calquera cos que ten acordos o Concello.

En todo caso, repartirase café quente e mantas, acción na que tamén se contará coa colaboración da Policía Local.

Pois ben, que decir que a crúa realidade dista moito de aquel anuncio feito polo consistorio vigues. como veredes nesta foto aquí publicada una das tantas que fixen nesta semana na que percorrin as ruas na madrugada, a persoa que esta aloxada nun caixeiro automático do BBVA da zona das Traviesesas, o unico que ten que lle cubre e unha fina chaqueta.

Como ben sabedes na cidade de Vigo hai “dous” albergues, un que di que e MUNICIPAL cando tal instalación a explota unha empresa privada cun regulamento que dista de ser un albergue, outro e un albergue baixo o rexime da igrexa.

Por aquel entón cando o alcalde comunicou iso nunha rolda de prensa que ao asunto nin lle deu máis dun minuto, moitos e moitas que sabemos da problemática real existente nesta cidade nos manifestamos decindo as cousas claras, xa vichedes nin un minuto lle presta o alcalde ao tema da pobreza xa que pois como e ben sabido que tenta agocharla como fixo o JESUS GIL na MARVELLA.

Volvo a manifestación/denuncia que alguns fixemos e cabe sinalar unha manifestación en concreto a de OS NINGUENS coa cal concordo con ela xa que sei de boas que é así porque o vivo, que decía:

A maior parte deses senteito que “REXEITAN” acudir ao albergue segundo declaracións do alcalde, desistiron de achegarse ao quedarse fóra noutras ocasións (como a mesma noite de fin de ano), xa que só hai 38 prazas. Noutros casos, ao só poder permanecer dez días prefiren ocupar outro espazo onde poidan continuar o resto do mes xa que se non, atópanllo ocupado ao volver verse na rúa.

Se as prazas fosen suficientes, o albergue privado non municipal Dignidade non estaría colapsado. quen é esa xente? son veciños que si queren entrar no albergue pero que non teñen sitio no municipal.

Hai algunha persoa en Vigo que decide libremente non acudir aos albergues? Si.

Son a maioría á que se refire o que di o alcalde, os que rexeitan ter un teito nestas noites xélidas?

Para nada. Se as condicións son precarias, algúns escollen outras opcións, POR DIGNIDADE.

Esta problemática non se arranxa poñendo á policía para repartir unhas mantas ou café dúas semanas.

NECESÍTASE UN CENSO DE PERSOAS SEN TEITO CUN SEGUIMENTO INTEGRAL

NECESÍTASE UN ALBERGUE CON PRAZAS PARA TODAS.

NECESÍTASE UN CENTRO DIARIO, NON SÓ DE PERNOITA.

Xa abonda de demagoxia e populismo e trapalladas.

Pois ben, cada venres irei publicando as fotos feitas e sempre reservando a intimidade (nomes) dos que me confían os seus padeceres e sentires que estaran baixo un alcume.

E volvo decir “”Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 11

Foto do ‎31 de marzo ‎2017 ás 01:32h | Praza Fernando Católico

Volvo mostrar novamente que Abel Caballero non di a verdade ao dicir que NINGUÉN DORME NA RÚA.

Novamente volvo mostrar outra proba que tal afirmación é falsa.

Mentres tanto hai un campamento na praza onde o concello, dito campamento leva máis de 210 días, un campamento contra a pobreza o cal Abel Caballero nin ningún dos seus concelleiros e concelleiras achegáronse a interesarse.

E volvo decir “”Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 10

Foto do ‎09 de setembro de ‎2017 ás 11:50h | Rúa Condesa de Casa de Barcena

Isto é Vigo, nun barrio céntrico, a media mañá, familias enteiras asisten a un banco de alimentos privado á espera de que lles dean as bolsas cos alimentos, esta é a pobreza no seu estado máximo e que outros din que non existe e que todo esta emendado.

E volvo decir “”Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 09

Foto do ‎15 de ‎maio‎ de ‎2017 ás 15:35h | Rúa Condesa de Casa de Barcena

A cidade que di o seu alcalde que é a que máis axudas sociais da do estado español… seica recibir axudas sociais e recibilas dun contenedor. Foto na cidade que máis axudas sociais da.

E volvo decir “”Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 08

 

Foto do ‎12‎ de ‎maio‎ de ‎2017 ás 19:40h | Praza Fernando Católico

A viva imaxe da pobreza que tanto nega o Alcalde de Vigo. Foto feita hai uns intres… unha muller collendo os restos de comida dun contenedor. Dito contenedor é visitado por númerosas persoas ao longo do día. E logo dirán que pasou a crise.

E volvo decir “”Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 07

Foto do 24 de Febreiro de 2017 ás 02:12h | Rúa Policarpo Sanz

Un sen teito con mobilidade reducida durmindo nun caixeiro, un sen teito na rúa durmindo sen o seu dereito. Mentres que no concello da cidade carece de programas de inserción bos e eficientes, mentres que no concello da cidade o seu albergue xestiónao unha empresa privada e carece de suficientes prazas para os moitos e moitas persoas que carecen do dereito a unha vivenda digna, mentres que o concello de Vigo vai presumindo que é o que máis destina a políticas sociais de toda España cando o ministerio de facenda di o contrario. En fin a cidade que desde hai 10 anos que di que é fermosa é esa cidade que esconde a pobreza e non a combate.

E volvo decir “”Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]