Archivos en la Categoría: A miseria da cidade fermosa

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 06

Foto do ‎12 de ‎xullo‎ de ‎2017 ás 13:50h | Rúa Condesa de Casa de Barcena

Esta moi ben poñer a cidade bonita, esta xenial poñer sebes saurias, túneles tuneados, pero de que serve todo iso se os cidadáns están a durmir na rúa, de que serve todo iso senón teñen que comer, que vestir, de que serve Sr Abel Caballero, só sérvelle a nivel persoal, a nivel político, un bo Alcalde ve primeiro polos seus cidadáns e polo cal eu non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo ata non ver persoas na busqueda do cheque social na sucursal máis cercana ou sexa nos caixóns verdes.

E volvo decir “”Non me vou a dar por vencido e denunciarei publicamente a pobreza da cidade de Vigo””

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

 

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 05

Foto do ‎14‎ de ‎xullo‎ de ‎2017 ás 21:50h | Praza Fernando Católico

Bueno seguimos denunciando a pobreza..

Esta vez noutra das sucursais de asistencia social da contorna da Praza Fernando Católico, esta fotografía foi realizada hai uns minutos onde se pode observar que unha muller vai á sucursal de asistencia social en procura de alimentación.

En fin vivimos nunha cidade que hai moita miseria non fermosa.

PD. Que tristura da que haxa familias que precisan pañais e outras os tiran no chan ao caron do contenedor.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 04

Foto do 28 de xullo de 2017 ás 23:10h | Rúa Urzaiz

Hai uns minutos me din unha volta pola zona onde vivo, o motivo era para ver ao que eu denomínolle albergues municipais onde as persoas sen teito danse acubillo ao ser rexeitadas do albergue oficial municipal (en mans privadas) ao completar o limite de estadías nel.

Vivimos nunha cidade envoltorio onde a xente no canto de ver para a xente ve para o envoltorio o cal deixa ás persoas aparvadas polo envoltorio e polo personaxe que pon ditos envoltorios que pregoa que non hai xente durmindo nas rúas.

Fago preguntas

Onde están esas brigadas supostas que teñen que estar a percorrer a cidade vendo polas persoas que viven ao raso?? onde esta iso que se chama incluír á sociedade a estas persoas?? onde están eses plans de inclusión social??

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 03

Foto do 09 de agosto de 2017 ás 23:47h | Rúa Condesa de casa de Barcena

Volvo con outra entrega de denuncias sobre a pobreza baixo o selo #VigoVerdade.

Hai uns minutos volvin ver como unha persoa acudía a inspeccionar un colector en procura de alimentación, segundo a voz da torre de Mordor di “en Vigo ninguén dorme na rúa” “en Vigo damos unha tarxeta para alimentación” pois este humilde Hobbit ten como misión mostrar como esa voz desa torre manifesta mentiras, en Vigo hai pobreza, en Vigo se se pasa fame, en Vigo se hai xente durmindo na rúa e en Vigo se botan a Vigueses/as das súas casas porque non hai un parque de vivendas en reximen de aluguer social facendo gañar poboación a outros concellos da sua contorna e facendo de Vigo para só dúas clases de poboación una a media (en case desaparición) e a clase alta.

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 02

Foto do 18‎ de ‎agosto‎ de ‎2017 ás ‏‎20:53h | Praza Isabel a Católica

Como ben sabedes esta sección e unha sección denuncia sobre a pobreza que hai na cidade de Vigo, aos capítulos denuncia os denomino #VigoVerdade.

O ‎18‎ de ‎agosto‎ de ‎2017 ás ‏‎20:53h captaba outra imaxe dunha persoa buscando alimentos nun caixon verde.

Se que hai moitas persoas que din “porque non vai a un banco de alimentos?” “porque non vai ao albergue?”, contarlles, as persoas estigmatizadas teñen unha dor no seu interior, dor realizada por persoas que non teñen ningún tipo de empatía e as vexacións do pobo polo cal non acode a ningún banco de alimentos nin a un albergue entón buscanse os alimentos pola sua banda, hei de contar que hai moitas persoas que se atopan nesas circunstancias, entre todas poderiamos axudar pero iso se sen que haxa un programa de inserción/inclusión decente por máis que se faga unha rede de axuda emocional todo volverá ser o que neste álbum denuncia.

A estigmatizan é un cancro que se pode sanar, as mentiras quedan gardadas e nunca se poderán borrar cousa que Abel Caballero pois ten un amplo currículo.

 Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A miseria da cidade fermosa | #VigoVerdade 01

Foto do 26 de agosto de 2017 ás 20:12h | Rúa do Porgreso

Na miña conta persoal de Facebook desde hai moito tempo teño unha sección de denuncia da pobreza de Vigo, baixo o selo que xa coñecedes os que sodes asiduos ao meu blogue, e, esta sección da miña facebook pasa agora ao blogue para facelo máis publico aínda.

E esta entrega empeza da seguinte maneira:

En pleno centro da cidade a ollos dos que negan a pobreza, a ollos que abanderan un mantra tóxico, ollos que nin miran nin senten.

O mantra o que a voz da torre de Mordor infectou aos seus súbitos dicindo que non hai pobreza xa que entregan tarxetas sociais, o sentir do non sentir cal é o de que hai comedores/asociacións/ong’s, o mirar miradas que marcan feamente no canto de achegar unha man real de axuda coa alma.

Un home que tipea palabras en calma e a suas gañas de mostrar a realidade decindo #VigoVerdadesen medo a ferir ao poder que ven na miseria a sua mellor arma, arma que agardo que nalgún momento se lle dispare nas mans, xa que non se pode empregar a xente indefensa, xa que non consideran darlles defensas para os seus fins capitalistas salvaxes.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]