Archivos en la Categoría: Actualidade na Detroit Viguesa.

Non ao paso de camións, non a almacenaxe de contedores

A asemblea veciñal celebrada esta semana, acordou convocar unha manifestación para este vindeiro martes 17 de de outubro ás 19:00 horas, desde o cruzamento da rúa Santa Tegra e a avenida de Guixar ( antigas instalacións da Campsa), para esixir do Concello de Vigo, a paralización da almacenaxe de contedores nesta zona e prohibir o paso de camións de gran tonelaxe pola rúa Julian Estevez e a avenida de Guixar.

A Asociación Veciñal de Teis, calcula que diariamente (luns a venres) pasan máis de 300 camións polas rúas de Julian Estevez e a avenida de Guixar, con destino principal as instalacións denunciadas de transporte “ Crespo e Cousedo” e as antigas instalacións da Campsa. A zona de Guixar, tamén utilízana os camións que van ao porto de Vigo e os camións do lixo para a empacadora.

Isto é unha situación insoportábel debido as graves molestias provocadas a veciñanza (ruídos, po, problemas de tráfico,etc.,). Cando estes camións, teñen outros acesos ao porto e as instalacións de contedores, carecen de licenza municipal.

A Asociación Veciñal de Teis, reiteramos que o Concello de Vigo, debe precintar as instalacións de transporte “ Crespo e Cousedo” na avenida de Guixar, 12-14, ao non cumprir coa resolución de cese cautelar de actividade, ordenada pola Concellaría de Urbanismo e abrir un expediente tamén contra as instalacións da antiga Campsa,ao carecer de licenza municipal.

A paciencia da veciñanza acabouse cando a comezos de setembro a empresa transporte “ Crespo e Cousedo”, comezou a realizar traballos cunha pa escavadora para ampliar o espazo para depositar contedores, provocando danos nas vivendas da 1º Travesía de Guixar.

A veciñanza, concentrase diariamente diante das instalacións desta empresa, para pedir a paralización da ampliación e denunciar as molestias desta actividade. Ademais, hai dúas semanas concentrámonos na praza do Concello, coincidindo coa celebración do último pleno municipal.

Anuncios

A saúde ante o capital | Grazas a todas vós | #OmonteNONseVENDE #PortoCabralNON

En noticiasvigo.es publique o vídeo de Porto Cabral «Máis alá dos números» de “Porto Cabral Cara B” o día 12 de outubro, tivo unha repercusión ata as 0:48h de 3054 reproducións e 40 persoas compartírono.

No meu blogue persoal, este blogue, o ilcanallarubens,  tamén publique dito vídeo cun artigo, tivo unha repercusión ata as 0:48h de 60 visitas.

No meu perfil público de facebook tamén publique dito vídeo, tivo unha repercusión ata as 0:48h de 6682 reproducións e 260 persoas compartírono.

Un total de 9.736 persoas reproducírono e 300 persoas compartírono, grazas a todas esas persoas que compartiron o video, grazas de verdade.

A campaña deshonesta/fraudulenta/rastrera dos promotores do proxecto nun mes lograran menos de 10.000 sinaturas, fala claramente que os vigueses e viguesas non queren aniquilar unha zona verde, destruír un monte da nosa cidade fundamental para a nosa saúde, destruír emprego no comercio local e trasladar negocios do centro urbano ao monte xenerando molestias como as que ocasiona ir ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

O video finaliza cunha frase, e con esa frase pois finalizo este artigo, «LER – DOCUMENTARSE – REFLEXIONAR – DIFUNDIR + info no video»

Que hai detrás do proxecto liñeiriños «PortoCabral»

SOS MARCO de VIGO

Unha recollida de sinaturas que avalen unha loita veciñal para que o museo referencial de Vigo, o MARCO, non perda a identidade que o caracterizou. Dese fundado temor, desa ameaza inminente, xorde esta iniciativa da Agrupación de Amigos do MARCO, entidade independente, sen adscrición política e representante da sociedade civil amante da arte, que pretende aglutinar todas as voces que desexen un museo cun proxecto libre e profesionalizado.

Por que asinar este comunicado?

1_Dende a súa apertura a fins de 2002, o MARCO desenvolveu a súa programación conforme aos enunciados dos Estatutos da Fundación, que o definen como centro dedicado á investigación, exhibición e difusión da creación artística contemporánea. Esa idea esencial foise enriquecendo “cunha mirada” universal sobre a arte ao longo da súa traxectoria ata o presente.

2_Nestes 15 anos leváronse a cabo 117 exposicións cunha media de 82.000 visitantes ao ano, a grande maioría delas con produción propia, e outras en colaboración con centros, museos e institucións de Galicia, España e de ámbito internacional. As liñas de programación abrangueron dende a revisión histórica —recuperación de autores e movementos artísticos do pasado recente en Galicia— ata mostras temáticas, individuais e colectivas, cuxo obxectivo foi ofrecer e situar a cidade de Vigo, que o acolle, como un referente no mapa da arte contemporánea.

3_O devandito labor ten sido acompañado dunha intensa programación de actividades educativasademais de funcións de investigación, conservación, documentación e formación de profesionais, que fan do museo algo máis ca un simple colector ou expositor de obras. Na súa vertente máis participativa, a área de formación materializouse en cursos (pintura, escultura, fotografía, cinema, música contemporánea, arquitectura, urbanismo…), encontros, obradoiros de artistas, e estadías en prácticas para estudantes, ademais de programas e actividades en colaboración con outros centros e institucións dirixidas a centos de escolares, adultos, público infantil e familias.

4_Para realizar este proxecto foi indispensable un equipo de profesionais, elixidos por concurso público, conscientes da importancia do seu labor. Dende a súa creación, a Fundación MARCO foi a forma xurídica que permitiu un modelo de xestión e de cooperación entre institucións, así como a consolidación dun equipo técnico profesionalizado.

5_A riqueza de relacións e intercambios, de ida e volta, xerados dende o MARCO ao longo destes anos, serviu para configurar un polo de atracción na cidade de Vigo, ao igual que para difundir e proxectar o traballo dos nosos artistas e profesionais.

6_A importancia do MARCO non é só presencial, senón tamén simbólica. Vigo é unha cidade moderna, berce de movementos de vangarda que ten neste museo un faro que —xa dende a súa orixe, coa transformación en centro de arte contemporánea dun edificio tan vencellado á memoria colectiva— contribúe a potenciar unha identidade de progreso para a cidade.

Por que agora?

Dende que, en decembro de 2016, o actual director presentase a súa renuncia a renovar o seu contrato, numerosas persoas, colectivos e institucións alertaron sobre a necesidade de poñer en marcha un concurso público para a nova dirección, facilitando unha transición que permitise a continuidade do MARCO como proxecto libre e profesional.

A Agrupación de Amigos do MARCO solicitou reiteradamente reunirse con Abel Caballero, (alcalde de Vigo e presidente da Fundación MARCO), ata o momento sen éxito. Este silencio só foi roto polas súas declaracións extraoficiais a medios de comunicación nas que avanza a súa intención de reformular toda a rede museística, sen achegar información precisa sobre os criterios ou protagonistas deses cambios.

As devanditas manifestacións, na nosa opinión, cuestionan gravemente o que ata agora foi o único proxecto definido, consolidado, exitoso e independente da cidade de Vigo: o MARCO. E a isto súmase a incerteza na que se está a sumir o seu equipo humano.

Por todo iso, dende a Agrupación de Amigos do MARCO:

Demandamos información sobre os plans que afectan ao futuro do MARCO.

Esiximos que se apoie e reforce este proxecto, que se foi consolidando con éxito ao longo de 15 anos, e que pode correr serio risco de desaparecer como espazo profesional e independente dedicado á cultura e a arte contemporánea.

Para mostar o apoio tan so tedes que entrar nesta ligazón https://sosmarcodevigo.wordpress.com/2017/10/09/manifesto/

SÚMATE! VIGO E A CULTURA MERÉCENO

 

As tendas na cidade de Vigo, as árbores no monte de Vigo | O vídeo viral que desmonta o proxecto de Liñeiriños “Porto Cabral”

O vídeo foi subido á plataforma de vídeo Youtube o 11 de outubro de este mesmo ano, co titulo Porto Cabral «Mais alá dos números», o usuario ou usuaria da conta de youtube faise chamar Porto Cabral Cara B.

É un vídeo mostra un breve análise do impacto negativo do Centro Comercial Porto Cabral na zona de Vigo, dito vídeo foi publicado na nosa conta facebook para que o poidan visionar.

Cabe sinalar que durante catro meses, os promotores do macrocentro comercial Porto Cabral realizaron unha intensa campaña de recollida de sinaturas en Vigo e a súa comarca, logrando uns 30.000 apoios argumentando que crearán 4.000 postos de traballo.

Este redactor acudiu a unha desas mesas que ubicaron en Vigo para formularlle unha pregunta de interese público, a pregunta foi “Deses supostos 4.000 empregos cantos serán realmente de nova creación?” os integrantes da mesa non superon respostar a esa pregunta.

Agora e a quenda para informar, a todos aqueles que sabemos que Porto Cabral implica destruír unha zona verde, destruír un monte da nosa cidade, destruír emprego no comercio local e trasladar negocios do centro urbano ao monte xenerando molestias como as que ocasiona ir ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

O video finaliza cunha frase, e con esa frase pois finalizo este artigo, «LER – DOCUMENTARSE – REFLEXIONAR – DIFUNDIR + info no video», tamén recomendo a lectura do artigo que xa publicamos hai un tempo que poden ler aquí:

Que hai detrás do proxecto liñeiriños -PortoCabral-

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

 

 

As burbullas tóxicas

IMG-20170827-WA0032

A maior parte da xente vive nesa burbulla na que din que é un mundo xusto, unha pequena minoría vive fóra desa burbulla querendo ensinar aos da burbulla que viven nunha ilusión.

Hoxe esa minoría subiu ata Liñeiriños|Cabral a defender o parque, parque no cal desexa vender un indeseado xunto aos seus acólitos a unha empresa privada para un Centro Comercial Temático en vez de coidar do que foi encomendado e iso e coidar o monte non vendelo.

Mentres que os da maior parte desexaban estar na rúa Colon para tirarse dun tobogán despilfarrador de auga, cando hai seca declarada e “O goberno de Vigo recomenda consumo responsable de auga e optimizará o uso público!”. Quen son eles para recomendar algo?

Cando pois fan todo o contrario, como cando chove na cidade limpar as rúas con mangueiras desperdiciando a auga.

Cando pois fan todo o contrario, como cando pois as súas regas automáticas no canto de botar auga á flora bota a auga para as estradas e beirarrúas, que por certo un macetero de 60Litros non necesita estar botarlle auga mais de 30 minutos.

Cando pois fan todo o contrario, como é instalar tobogans pola cidade nos cales se desperdicia moita auga, tobogans que non teñen efecto retorno de auga tal como debería ser.

Algo que nunca chegarei entender é esa xente que se manifestou por unha sanidade pública e en contra da privatización do Hospital Álvaro Cunqueiro, esa xente que di agora SI a Porto de Cabral, esa xente do SI que antepon o CAPITAL para unha empresa á SAÚDE de todas as persoas que facemos cidade.

Algo que nunca chegarei a entender que un individuo como é o da foto se achegásese a Liñeiriños cando pois se manifestou de acordo con PORTO DE CABRAL dicindo “Porto de Cabral non se fará se non hai PXOM” e resulta QUE o día 23/08/2017 Medio Ambiente somete a consulta pública a ordenación provisional do concello de Vigo o PXOM.

Na política viguesa últimamente hai unha clara enfermidade e esa é a denominada BIPOLARIDADE cousa que é tratabel pero non consideran tratarse xa que así esa burbulla desa maioría gústalle vivir BAIXO ESE LEMA “Ollos que no ven corazón que no sente “.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
Jose Ramon Cabaleiro Rodriguez [Foto]
#Vigo
#OmonteNONseVENDE
#OmonteEdeTODOS
#OmonteEnoso
#NONaPORTOdeCABRAL

As chaves | Proxecto Liñeiriños

Esta editorial que escribirei a continuación narra unha serie de feitos comprobables, esta editorial saíume no día de onte mentres falabamos da actualidade viguesa cunha compañeira.
Nesa actualidade sacamos a relucir o tema máis noxento que existe, ese é o proxecto Liñeiriños ou como o andan a vender popularmente como o Proxecto de Porto Cabral, proxecto que interpoñen a saúde o capital e a destruccíon dun pulmón fundamental para a cidade olivica.

Empezamos coas chaves

01º A finais de Agosto e principios de Setembro do pasado ano, 2016, o grupo Eurofund aterra novamente na cidade de Vigo, en silencio. Sabemos que nunca se foi pero mantiase en silencio.
02º En decembro do pasado ano, 2016, inaugúrase un tramo novo do paseo de Lagares concretamente na altura da praza de abastos de Cabral (Mercado de Cabral), tras a inauguración hai unha reunión, pero na mesma inauguración o presidente da mancomunidade de montes Luisito dá o pistoletazo deixando caer PORTO DE CABRAL.
03º Eurofund emprega os Mass Media e medios subvencionados pola alcaldía de Vigo
04º A inicios deste ano en xaneiro, 2017, sae por todos os medios da cidade menos en noticiasvigo.es a aparición do representante do Grupo Eurofund reavivando o proxecto.
05º Marzo/Abril/Maio a aparición do representante do Grupo Eurofund é constante.
06º Logo deses feitos, a primeira formación en mover ficha e manifestándose non a Porto de Cabral é Marea de Vigo e logo o BNG Vigo e logo EU e logo En Marea e logo BNG (creo lembrar así a orde).
07º En Xuño día se e día tabién sae nos Mass Media constantemente Porto de Cabral.

08º En xullo empeza a campaña de captación de persoas para o apoio do proxecto na cal teñen que facer unha sinatura para presentar as ditas sinaturas para que a Xunta de Galicia de o permiso para facer o CCT en Liñeiriños. (Conseguiron máis de 10.000 firmas segundo os organizadores da campaña).

 

23 sept. 2013 “Porto Cabral traerá a Vigo case tres mil postos de traballo” | No 2017 prometen 4000 empregos.
10º En xullo Luisito e distintos presidentes de federacións de comerciantes da cidade asinan un convenio para impulsar Porto de Cabral, cousa que ao parecer ditos representantes non pensan no impacto que fará nos comerciantes que eles representan.
11º Desde o 1º de Agosto a ata o día de hoxe mesmo unha empresa de enquisas chama aleatoriamente a teléfonos fixos dos habitantes da cidade de Vigo facendo unha enquisa sobre Porto de Cabral, unha enquisa con tons de manipular a opinión e mente da xente.
13º Dise que en setembro ou en outubro o proxecto de Porto de Cabral será debatido no Parlamento Galego (Esta sen confirmar aínda).
14º Núñez Feijóo quere que se realice tal proxecto na cidade de Vigo. Abel Caballero quere que se realice tal proxecto na cidade de Vigo.
15º Falta nada para as eleccións municipais que están aí ao virar a esquiña, e isto Abel Caballero poderiao empregar como un redito político máis como ben sendo a tónica habitual a un ano cara as eleccións.
Estas son as 16 chaves e agora as tedes, tan fagan uso resposable de metalas onde queirades, chaves nas que se falaron na charla, charla cunha gran compañeira, temémonos que o de PORTO DE CABRAL está máis que cociñado ou sexa vaise facer se ou se a pesar do NON rotundo de nós a dito proxecto.
Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
#NonAPORTOdeCABRAL #OmonteNONseVENDE #oMONTEeNOSO

NON A PORTO CABRAL

O MONTE NON SE VENDE. TEN QUE SER XESTIONADO E DEFENDIDO POR UNHA COMUNIDADE TRANSPARENTE E DEMOCRÁTICA. SERVINDO AOS FINS DA VECIÑANZA TRABALLADORA E NON AOS FINS DOS ESPECULADORES PROVOCADORES DA MISERIA.

O VINDEIRO DOMINGO 27 DE AGOSTO,QUEREMOS CONTAR CON VOS NO MONTE DE COTOGRANDE-CABRAL-VIGO NA ROMARÍA DO PAN DE MILLO

OS VECIÑ@S QUE LEVAMOS ANOS NA DEFENSA DO MONTE VECIÑAL EN MAN COMUN, DESEXAMOS CONVIDAROS A CONCENTRACIÓN – XUNTANZA QUE IMOS TER DE 12H A 14 H CO GALLO DE DITA ROMARÍA

Que hai detrás da obsesión da venda do Parque Liñeiriños a mans privadas

A Xunta Rectora volta cun novo intento de apropiación do monte veciñal para fins diferentes dos propios da súa natureza. Porto Cabral volta sair à palestra parece ser coa finalidade de contruir un macrocentro comercial tematico, a expensas dun monte mancomunal.

Despois de case unha ducia de anos ao fronte da Comunidade de Montes de Cabral, em maio de 1999, a persoa que se puxera à fronte da Parroquia para reivindicar que os montes comunais foran propiedade dos viciños, dá por concluida a súa xestión polo que em maio dese ano , accede à presidencia o actual presidente (Luís Rodríguez),que leva xa 18 anos no cargo. Nun principio e durantRe un periodo corto de tempo foi tamén presidente da Asociación de viciños.

O interés polo monte de Cabral ven xa de antigo. A finais do ano 1999 , com tan só un ano no cargo, suscitouse o primeiro enfrontamento na CM de Cabral pola criación dunha praza de touros e propúñase como ubicación Cotogrande.

En abril do 2000, preséntase unha proposta ante a asembleia de comuneiros que consistía en desenvolver tres proxectos: o Coliseum- praza de touros que faría as funcións de multiusos; un xeriátrico e a estación de transferencias de mercancías de Liñeiriños. Tres proxectos de iniciativa privada. Nunha asembleia moi concurrida, os comuneiros votaron contra estes tres proxectos contra a opinión do presidente da xunta directiva que defendía que se tiña perdido unha grande oportunidade para o desenvolvemento da zona. Fixéronse 3 asembleias sobre este asunto nas que non houbo acordo, ata que na última se botou abaixo.

No ano 2006 comeza a política da CM de alugar o seu monte para verquidos de terra e entullosacambio de diñeiro, nessa altura comeza a se denunciar un aterramento de grandes dimensións realizado pola CM que transforma un pequeno val, cun rego de auga, nuha superficie totalmente chan que mudaba o rasante do río, todo isto sen licencia municipal. Preséntase parte da policia local informando do asunto , denuncia tamén o servizo de protección da natureza de Pontevedra. O seprona presenta tamén escrito onde explicaba a realización dos seguintes feitos:

  • depósito e movementos de terras máis explanación dos mesmos
  • depósito de escombros de obra en lugar non autorizado, misturados coas terras depositadas,
  • realización de canalización de augas procedentes dunha mina sen contar coa preceptiva autorización de Augas de Galicia.

Por este tema incoouse proceemento sancionador ordinario á CM por unha infracción administrativa grave que supón “depósito de escombros de obra en lugar non autorizado”, días máis tarde a proposta de resolución ditamina que se multe a CM de Cabral con 30050,61€. (adxúntases documentación sobre este asunto).

Posteriormente aparece o Proxecto de Parque Liñeiriños, actuación recollida no PXOM de Vigo de 2008 (que non foi aprobado polo que hoxe sigue vixente o do ano 93) e que parece redactado a medida para o encaixe deste proxecto. A nivel político o debate sobre Liñeiriños foi mínimo. Cando Corina Porro chegou á alcaldía, pisou o acelerador de liñeiriños, aínda que de maneira escura, coa burbulla inmobiliaria en fase expansiva, a promotora ING Real Estate quixo executar, na mesma zona onde se impulsaría despois Porto Cabral, un investimento moito maior. Os seus executivos aseguraban ter amarrada a compra de medio millón de metros cadrados coa CM, dentro dunha operación de 1,4 millóns de metros cadrados polo que se desembolsarían 114 millóns de euros, o obxectivo era criar un grande parque comercial onde se asentarían grandes superficies comerciais, zonas residenciais e un hotel. Naquela altura, parece ser que Abel Caballero e a súa concelleira de urbanismo Carmela Silva, foron os encargados de arrefriar o tema, cousa que contrasta coa súa defensa posterior de Porto Cabral. Esta empresa , que tamén impulsou o centro comercial Gran Vía, asinara un convenio coa alcaldía por 1.5 millóns de euros do que se executaron ao redor duns 500.00€. Este proxecto tamén se parou.

Parte do Aeroporto de Peinador está construido em terra comunal de Cabral, Cotogrande, polo que no ano 2011, a Comunidade de Montes ingresa nas súas arcas a cantidade de 7,260,000 € (sete milllóns douscentos sesenta mil euros), para non pagar o imposto de sociedades correspondentes polos ingresos da venda dos terreos a Aena, comprometeuse coa Administración Tributaria a gastar o diñeiro em catro anos e de aí todo este dispendio e sensentido.

Ao longo destes 18 anos de mandato, as Xuntas reitoras, presididas por Luis Rodríguez, non foron quen de facer nengún tipo de ordenación forestal, que unida a unha máis que cuestionable e escurantista xestión económica, fai mirar o futuro com certo pesimismo.

Coas arcas cheas, no ano 2011 (co diñeiro da venda dos terreos), a CM organiza unha mariscada, á que asisten uns 3000 comensais e entre eles o Ministro de Fomento e o Alcalde de Vigo (Isto em campaña electoral) Este acto foi para celebrar o contrato con AENA e tivo un custe de 180.000€.

No comezo do ano 2013, os viciños e comuneiros de Cabral entéranse pola prensa do proxecto Porto Cabral na zona de Parque Liñeiriños. En Febreiro deste ano, os directivos do fondo de inversión Eurofund, Ian Sandford e Salvador Arenere, reúnense co conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia e posteriormente co alcalde de Vigo Abel Caballero co obxecto de recabar apoios para PortoCabral, o macrocentro comercial que supostamente proxectan desenvolver en Liñeiriños, Vigo, ocupando uns 300.000 metros cadrados de monte comunal. A receptividade e valoración positiva tanto da Xunta como do Concello de Vigo a PortoCabral son recollidas naquela altura na prensa a pesar de que o proxecto supuña a práctica eliminación da maior parte do monte comunal na parroquia.

Segundo información de prensa naquela altura, plantexaba ocupar ¼ parte de Liñeiriños e ofrecer 187000 metros cadrados para superficie alquilable. Eurofond viña coa disculpa dun investimento de 500 millóns de euros e 3000 postos de traballo. Sinalar que a zona de Liñeiriños estaba contemplado no pxom do 2008 como un ámbito a desenvolver dentro da euro-rexión Galicia-norte de Portugal, O 65% sería de uso comercial e un 35% de uso residencial.

No mes de abril do 2013, os viciños que se tiñan enterado polos medios, fan un chamamento a todas e todos os viciños e viciñas de Cabral e especialmente a comuneiras e comuneiros alertando sobre as intencións da xunta directiva de na asembleia que se ía celebrar o día 21 de abril de vender o monte de Cabral nun proxecto totalmente especulativo, o que pretendía a xunta directiva nesta asembleia era colar un acordo soterrado entre outras cousas (entre 8 pontos) nunha asembleia ordinaria, non convocada para ese fin, e con votación a man alzada, para que se habilitase a xunta directiva para negociar con Eurofond.

Pretendíase conseguir a aprobación dos comuneiros para negociar sem lles expor proxecto nen nada. Previamente a xunta directiva tiña falado con varios colectivos da zona, comentándolles as bondades dun proxecto que ninguén coñecía. O que se pretendía ao falar con estes colectivos como os das traidas de augas, deportes, asociacións diversas de viciños era convencelos de que era bon para a zona para que apoiasen na asembleia e criasen opinión, todo isto sen que houbese exposición pública nen exposición ante os viciños dos obxectivos da CM e sem saber en que realmente consistía o proxecto.

Nesta asembleia, os viciños protestaron polo atropelo e falta de transparencia e rompeuse a asembleia xa non concebían que un asunto de tal transcendencia non se informase e se votase a man alzada.

A xunta directiva ante que o medo de que non saise adiante a súa proposta, arremeteu contra esa asembleia diciendo que fora un boicot ecoloxista o que acontecera e que eran persoas alleas á entidade as que alí participaban. Nada máis lonxe da realidade xa que eran comuneiras e comuneiros indignados.

Convocouse unha nova reunión o 26 de maio na que podemos considerar unha asembleia violenta. Nada máis chegar os comuneiros e comuneiras estaba ateigado de grilleiras da policia e o interior do recinto de guardas de seguridade que decidían quen podía entrar en quen non, e máis dun comuneiro ou comuneira quedou fora sen poder acceder ao recinto. Esta decisión non foi comunicada previamente. Tiveron que pasar tres filtros para poder acceder aon recinto nunha CM onde as asembleias sempre foran abertas. Os opositores a Porto Cabral fan chamamentos entre os viciños e comuneiros a que protesten e esixan máis información e voto en furna contra unha actuación da xunta directiva antidemocrática, de costas á parroquia e incumprindo os propios estatutos da CM. Nesta asembleia de maio, tomada pola policía, foron detidas tres persoas por presuntos insultos e agresións á policía. O obxectivo de todo isto é vender o monte para conseguir cartos e máis cartos e a pregunta é: para que máis cartos se se están a dilapidar os que hai. Naquela altura O IFEVI apareceu tomado por un grande número de policias e gardas de seguranza, a carga policial foi brutal e, o que alí pasou, foi nova na maioría de meios de comunicación, pero a asembleia foi boicoteada ao berro de “Asembleia informativa aberta a toda a parroquia”. Os viciños e viciñas de Cabral, que se opuñan ao proxecto, luitaron sem nengún tipo de complexo nunha luita desigual contra unha directiva máis própria de réximenes autoritarios, e venceron.

Despois desta asembleia de maio, descúbrese unha operación entre a xunta directiva e unha inmobiliaria, nunha operación gravosa para a CM, na que se pretende facer unha permuta de terreos de solo urbano por unhas parcelas de monte que un señor particular mercara en 2005. Esta operación comezou no ano 2006 e culminou a comezos do ano 2012 pero aínda se coñeceu a meiados do 2013. a permuta realizase co titular dunha inmobiliaria denominada Grucave SL, a CM achegou na troca 3140 metros cadrados de terreo industrial na zona de Puxeiros e recebeu a cambio 4300 metros cadrados de terreo rústico clasificado como comunal, a CM invertiu tamén 239580 € para mercar unha parcela de 714 metros cadrados e completar así a finca que lle interesaba á promotora. Todo isto se fixo con informe desfavorable da Xunta.

Fíxose denuncia ante a fiscalía, denuncia que a fiscalía atendeu e denunciou ante o xulgado. No mes de novembro a fiscalía ve indicios de delito e actúa de oficio ante as denuncias dos viciños. Isto que xa era coñecido polos viciños faise público en maio de 2014.

nesa altura sae tamén unha sentencia que da a razón a uns particulares aos que a CM lles reclamaba uns terreos para incorporar á CM, a razón é que estaban no entorno onde se construiría a nave e o que se buscaba era legalizar esa nave.

No mes de outubro de 2013 faise outra asembleia aberta informativa pero con policía. Antes desta asembleia mandóuse por parte da xunta directiva unha circular ás e aos comuneiros coa promesa de postos de traballo e inculcando o medo a que se non vendías ías perder todo porque se ía expropiar.

No mes de novembro en asembleia con votación en urna perden os que apoian porto cabral. 344 votos en contra e 297 votos a favor. O proxecto foi rexeitado a pesar dos sucesivas tentantivas da xunta reitora de levalo adiante. De saír adiante, Eurofund xustificaría a utilidade pública e faríase cos terreos, que serían expropiados.

En decembro de 2013, hai outra asembleia ordinaria de funcionamento ordinario, previamente a esta asembleia tíñanse detectado irregularidades na xestión das contas e aos comuneiros somente se lles da 1 minuto para falar e se reventa a asembleia xa que se aproban a xestión das contas coa xente abucheando, a xunta no medio de aquel caos as da por aprobadas. As irregularidades son moitas, apróbanse as contas de 21 meses (máis dun exercicio) desde o 01/01/2012 ata o 30/09/3013, apróbanse sen votación e entre os abucheos da xente. Esta asembleia está impugnada.

En xuño de 2014 faise outra asembleia ordinaria, a acta da anterior non se somete a votación porque está impugnada , hai unha querela contra o secretario e o presidente por falsificación de documento. Nesta asembleia vótanse as contas dos tres meses que quedaban pendentes do 2013, sométese a votación e perden clamorósamente pero aprobanse igual dicindo que había máis votos a favor, non se fai un 2º reconto , é escandaloso a manipulación da votación. Hai vídeos onde se ve o resultado das votacións. Vóltase impugnar esta asembleia. No segundo ponto do orde do día eran os orzamentos e se suspende a asembleia.

No 2014 fanse aterros en varios pontos da CM. A CM o que fai é alugarse como un vertedeiro para verquer en terros da CM terras que están sacando de obras e material de refugallo.

A finais do ano 2016, a vicepresidencia xeral de urbanismo, resolve contra a CM por varias infraccións urbanísticas cometidas em diversos lugares, Nesta altura as infraccións son as seguintes:

  • Solo urbanizable non programado:
    • Apertura de novos camiños com movementos de terra (excavacións, recheos e explanacións) e de muros de contención.
    • Ampliación de camiños existentes com movementos de terra.
    • Recheos e explanación de terras nunhas superfícies de 1600m2 e 5400m2.

A lei 02/2016 di claramente que non está permitida a apertura de camiños que non estexan expresamente recollidos no planeamento urbanístico ou nos instrumentos de ordeación do territorio, agás no caso dos camiños rurais contidos nos proxectos aprobados pola admón competente en materia de agricultura, minas, montes ou medio ambiente. Tamén di que debe manterse o estado natural dos terreos e as condicións de abancalamento obrigatorio e debe garantirse o mínimo impacto visual sobre a paisaxe e a mínima alteración da topografía dos terreos. A vicepresidencia xeral de urbanismo conclúe que estas obras non son legalizables.

  • Solo urbano coas condicións urbanísticas de aplicación de solo urbano non consolidado:
    • Apertura de novos camiños com movementos de terra (excavacións, recheos e explanacións) e de muros de contención.
    • Recheos e explanación de terras nunhas superfícies de 1500m2 e 13000m2.

Aquí conclúe tamén que as obras non son legalizables.

  • Solo urbano com ordenanza de zonas verdes e libres grao B :
  • Construcción dunha caseta de formigón duns 15m2 para deposito de algas. Concluindo tamén que as obras non son legalizables.

Falamos da mesma Comunidade de Montes que cando a Zona Hidrográfica Galicia-Sur publicou o anuncio somentendo a información pública a implantación dunha senda peonil no río Lagares.Comezou as obras de construcción da senda, desde Manuel Alvarez ata Valadas, sem respetar o periódo de exposición pública e sem licencia municipal. 4960 metros que custaron aproximadamente 1,5 millóns de euros que pagará a Comunidade de Montes, otorgándose uns atributos que deberían ser do Municipio, atopándonos co absurdo de que xa estaban a traballar as máquinas no mesmo periódo que nós estabamos alegando. Ante as denuncias de viciños e organizacións ambientalistas, em outubro de 2014 a Xerencia Municipal de Urbanismo, mandou paralisar as obras e a retirada de materiais e maquinaria e, indicando a súa vez que se lle daría traslado ao ministerio fiscal por posible ilicito de desobediencia regulado no artigo 556 do código penal. Indicar que un total de 129 comuneiros presentaron alegacións contra estas obras e lembraban que nen os orzamentos pasados nen actuais recollían o orzamento destas obras.

O presidente da Comunidade de Montes presentou recurso de reposición contra esta paralización das obras realizadas na marxe do río e consistentes em movementos de terra e construccións de muros de contención na ribeira do río (sem como dixemos houbese licencia municipal nin as autorizacións perceptivas) . O recurso que presentou baseabase em diversos pontos: que a CMVCM ten a misión, por imperativo legal de adoptar as medidas necesarias para a xestión e explotacióndo monte veciñal e que entre estas actuacións está a construcción da senda peonil (a resolución contestalles que essa “misión” das CMVCM non lles autoriza a realizar obras sem as autorizacións oportunas), a necesidade imperiosa de comezar as obras antes da tempada de choivas (a resolución indicalles que tampouco isso é xustificante para incumplir a lei), os perxuizos que ian ter os operarios contratados (ao que se lle contesta que isso é problema da empresa comezar unhas obras sem permisos. Dito recurso foi desestimado e nel indicouse que o proxecto presentado para a autorización de Augas de Galicia non prevé as intervencións na ribeira do Lagares detectadas polos inspectores de urbanismo e policía local e que em nengún parágrafo do informe elaborado contempla a construcción de muros de contención na ribeira do río, a realización de movementos de terra nen a derruba de muros lindantes , o documento propuña únicamente a realización dunha senda de peóns que incluía a construcción de pontes de madeira, sinalización da lonxitude percorrida , actuacións de reforestación ou acondicionamento da senda.

A resposta da Comunidade de Montes foi a de continuar coa obra seguendo a política de feitos consumados destruir totalmente a escasa vexetación de ribeira que había, deforestar e non reforestar e construir valados e paseos de formigón. Segundo a lexislación estatal de augas no se pode construir nada nos primeiros 5m a cada marxem do río salvo algunha excepción que require autorización. Como se pode comprobar, no paseo feito, había feches a menos de 3m do domínio público hidráulico. Na actualidade está comezando coa segunda parte do paseo. Debemos parar isto antes de que non haxa solución porque este paseo vai afectar a unha zona de interés natural que hai que protexer e as obras van significar a destrucción de toda a vexetación e xa pouca queda no Lagares. Non se podem facer as cousas así de calquer maneira, sem nengún tipo de control ambiental, acabando coas poucas zonas verdes que nos quedan.

A nivel administrativo, a actuación da Xunta Rectora da CM de Cabral é totalmente escura, non hai xeito de que se informe dos pasos que se están dando a nivel contable nen noutros terreos.

Estes últimos meses estamos asistindo a un novo episodio dantesco:

A Xunta Rectora volta cun novo intento de apropiación do monte veciñal para fins diferentes dos propios da súa natureza. Porto Cabral volta sair à palestra parece ser coa finalidade de contruir un macrocentro comercial, a expensas dun monte mancomunal

o que atenta contra a conservación e protección do medio natural, suporía o beneficio dunhas poucas mans privadas a costa da expropiación dun monte que é de todos, e afogaría ao comercio local. Debemos lembrar à Consellaría de Medio Rural que lle corresponde velar polo cumprimento da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común de Galicia, e en consecuencia garantir que os usos do monte son acordes á súa natureza rústica, sen cambios indebidos ou fraudulentos.

Pisotean as leis e asembleias soberanas. Os viciños xa falaron, votaron e esixiron non máis especulación co noso monte, em novembro de 2013 e dixeron ven alto:

NON A PORTO CABRAL

O MONTE NON SE VENDE. TEN QUE SER XESTIONADO E DEFENDIDO POR UNHA COMUNIDADE TRANSPARENTE E DEMOCRÁTICA. SERVINDO AOS FINS DA VECIÑANZA TRABALLADORA E NON AOS FINS DOS ESPECULADORES PROVOCADORES DA MISERIA.

OS VECIÑ@S QUE LEVAMOS ANOS NA DEFENSA DO MONTE VECIÑAL EN MAN COMUN, DESEXAMOS CONVIDAROS A CONCENTRACIÓN – XUNTANZA QUE IMOS TER DE 12H A 14 H CO GALLO DE DITA ROMARÍA

Veciños da contorna de Pizarro inician unha campaña para solicitar que se controlen as pombas e gaivotas

Un grupo de veciños da contorna da rúa Pizarro de Vigo veñen iniciar unha campaña para solicitarlle a concelleira de medio ambiente do concello de Vigo María Jesús  Lago Rey para que inicie un control do exceso de pombas e gaivotas que proliferan a zona.

Nesta campaña apoiada por veciños, comunidades de propietarios, xuntas de propietarios, propietarios individuais, e usuarios do espazo público das rúas Pizarro, Condesa Casa Bárcena, e Couto Piñeiro; con relación manifestan que a proliferación de gaivotas e pombas que se produce nesta zona de forma acusada desde os últimos dous anos causan mal estar aos veciños.

Moitos veciños da zona bótanlle a culpa que varias persoas facilitan alimentación ás devanditas aves as cales as que son da zona fan efecto chamada e a proliferación xa está a ser un gran problema.

Respecto diso debe tomarse en consideración o testemuño dos propietarios de vivendas, e comercios da zona das rúas apuntadas. Afirmacións probadas polas visibles deposiciones das ditas aves nos toldos dos comercios; como o local de Pizarro 87, na confluencia de cálelas Condesa Casa Bárcena – Pizarro; no edificio Condesa Casa Bárcena 15, o no local de Pizarro 81. Estes últimos obrigados a instalar pinchos disuasorios, para evitar que as aves se pousen provocando o problema anterior.

O descrito pode corroborarse nos tendales das roupas, á altura delos patios interiores; e o testemuño das mulleres e homes que se atopan gran número de veces, as sabanas, toallas e demais pezas sucias de excrementos, á vez que manteñen as festras pechadas para evitar que entren.

Por outra banda o prexuízo aos locais de hostalería e comercio en xeral resulta obvio.

Problemas de salubridade

A situación de risco de infección a través do aire e o contacto con excrementos, que as concentracións deses animais poden transmitir podemos resumilas en:

1.- as gaivotas .- salmonella, fungos ou botulismo.
2.- As pombas .- criptococosis ( a máis estendida e provocada pola infección por aire e contacto de parasito, por fungos e esporas que se xeran nos seus excrementos), a histoplasmosis ou a psitacosis.

Os veciños desta campaña, empadroados e contribuíntes do Concello de Vigo, ampáranlles o dereito para evitar esta situación potencial de prexuízo para a saúde, debida á mala utilización do espazo público por parte dalgunhas persoas.

Por todo iso

Solicitan a esa Concellería que tendo por presentado dito escrito se digne admitilo a trámite e, previo os trámites correspondente, inste á colocación dun cartel municipal que advirta da prohibición de dar alimento ás aves.

Os veciños desta campaña tamén solicitan que se instale unha cámara de vixilancia na zona axardinada do referido tramo comprendido entre as rúas Pizarro e Condesa Casa Bárcena, adoptándose as medidas oportunas de sanción que correspondan aos infractores da normativa ambiental. Xa que se trata dun problema de saúde pública.

Alegan que se cumpran estas leis

  • Lei de responsabilidade ambiental do 23 de outubro de 2007, artigo 45 e concordantes.
  • Lei de calidade aire e protección atmosférica do 15 de novembro de 2007.
  • Ordenanza municipal sobre alime.

Fotos

Logo de dous meses, aínda non funciona a liña de autobús H3 desde Teis ao Hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis, ven a denunciar publicamente, que logo de dous meses do anuncio realizado por Abel Caballero, Alcalde de Vigo, aínda non esta en funcionamento a nova liña de autobús H3, que comunique Teis co hospital Alvaro Cunqueiro.

O pasado 16 de febreiro, Abel Caballero, anunciaba aos medios de comunicación, que nun prazo de “algo de más dos semanas se habilitara una tercera linea de autobús”, deste anuncio xa pasaron dous meses e aínda non temos unha data para posta en funcionamento desta liña.

Non se pode realizar anuncios e dar prazos que logo non se cumpren, esta é unha practica moi habitual de Abel Caballero, é en Teis, temos varios exemplos; a piscina da ETEA, biblioteca,… manifestan desde a asociación veciñal.

Desde esta asociación, levan meses denunciando, convocaron 7 manifestacións, recolleron case 4 mil sinaturas, para contar cunha liña de autobús desde Teis ao hospital e con frecuencias.

A proposta da liña H3, só inclúe dous servizos ás 7:45 horas e ás 11:00 horas, con regreso ás 10:15 horas e ás 13:15 horas. A proposta de liña non recolle ningún servizo no resto da xornada, nin sábados, nin festivos.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, xa valora como insuficientes os horarios da nova liña de autobús H3, anunciada por Abel Caballero, que comunicara Teis co hospital Álvaro Cunqueiro, pero un logro da veciñanza, logo de meses de mobilizacións.

Polas persoas desempregadas sen paga nin subsidio teñan un custo no seu bonobus de Vitrasa a 0€.

Tal como reza o titular deste artigo empezou hai mais ou menos tres semanas unha campaña na plataforma de peticións populares change.org, a campaña activada por un cidadán baixo o nome de Tito S.Remy Orta, polo de agora esta petición ten 375 asinantes e agarda acadar máis.

Como ben sabedes en Vigo só temos un medio de transporte público, este é empregado por moitas persoas, ese medio de transporte é Vitrasa (Viguesa de Transportes, S.A.). A mencionada empresa dá a posibilidade de usar un moedeiro electrónico para que as viaxes saian máis económicos, dita tarxeta é o que se chamaba antigamente bono-bus, para ter ese moedeiro electrónico é necesario cumprir uns requisitos como o estar empadroado na cidade, pedir en calquera oficina de ABANCA o impreso de solicitude da tarxeta e logo de entregar o certificado de empadroamento máis a solicitude achegar 0.87 céntimos de euro iso se esa tarxeta que adquires é a traxeta normal a denominada “Tarxeta Verde” xa que hai distintos perfís.

Vitrasa ten entre os seus perfís de usuario a tarxeta social, a tarxeta estudante, o tarxeta universitaria, as duas tarxetas de pensionistas e a tarxeta PMR, esta última esta destinada para persoas con mobilidade reducida, todos eses perfis tes que ter uns requisitos para obtela os cales podedes ver na sua paxina web.

Coa “Tarxeta Verde” a normal as viaxes sae a 0,87 céntimos, a tarxeta estudante 0,84 céntimos, a tarxeta pensionista I e II é gratuíto, a tarxeta universitaria 0,66 céntimos e a social ten un custo por viaxe de 0,67 céntimos.

O que resulta curioso tal como di o cidadán que empezou esta campaña de recollida de sinaturas que ten como destinatario ao alcalde da cidade ao Concello máis Vitrasa e que se unha persoa esta en situación de desemprego e non é estudante, universitario, nin pensionista e non cobra prestación nin subsidio por desemprego que é a situación da maioría de todos as persoas desempregadas deste país e desta cidade non poderá acceder a Tarxeta Social.

A tarxeta social é un bono únicamente que está destinado a persoas desempregadas que cobran unha prestación económica. Polo tanto a persoa desempregada necesita o bono de transporte para moverse pola cidade para acudir a cuantos lugares sexa posible para poder conseguir un ansiado posto de traballo a única solución é sacar a Tarxeta Verde a tarxeta de traballador, o bono que ten a viaxe máis cara tal como dixen anteriormente.

Por esa última razón Tito S.Remy Orta e este diario dixital, solicita ao excelentísimo alcalde da cidade de Vigo Don Abel Ramón Caballero e á empresa concesionaria do transporte público Vitrasa que a Tarxeta Social a destinen para as persoas desempregadas que non cobren ningunha prestación ou subsidio, e asi mesmo, que polo tanto a tarxeta como as viaxes realizadas coa mesma teñan un custo de 0€, sendo estas viaxes con custo 0€ prioritarios para todas aquelas persoas desempregadas que non cobren ningunha prestación económica as cales lle lembro e a maioria desta cidade e do país.

Para poder asinar esta campaña tes que tan so darlle aquí e poñer a túa sinatura, rogamos a colaboración cidada xa que é necesario para as persoas desta cidade.