Archivos en la Categoría: Editoriais | Criticas

Vigo é unha cidade de igualdade de oportunidades?

sos fotoxornalismo

Vigo é unha cidade de igualdade de oportunidades? Non.

En que che baseas para dicir iso? pois en ver que os xornais tradicionais e os portais web dependentes teñen acceso á actualidade de sucesos inmediatamente.

Porque dis iso da actualidade de sucesos? pois ben, a actualidade de sucesos en moitas ocasións son notas de prensas enviadas pola Policía Local/Nacional ou Garda Civil que polo visto son enviadas antes á prensa tradicional e a portais de información dependentes. Á prensa non tradicional ou dependente ditas notas de prensa son enviadas dous ou tres días despois do sucedido en sucesos.

Só pasa na actualidade de sucesos? non, tamén pasa na actualidade sanitaria da cidade, o complexo hospitalario de Vigo manda notas de prensa á os xornais tradicionais e a webs dependentes e en ocasións nin nos envían á prensa non tradicional e dependente ditas notas de prensa.

Só pasa iso na actualidade de sucesos ou sanitario? non, tamén pasan con formacións políticas que din ser de esquerdas ao non contar coa prensa tradicional e independente.

Pero a esquerda non fomenta a autoxesiton e a prensa libre? afirmo rotundamente que non, son os principais que fomentan á prensa tradicional, a prensa con privilexios, a prensa dependente… e se así é a crúa realidade, dígoo eu que son de esquerdas e dóeme moito esa contradición no seo da esquerda.

A prensa autoxestionada hoxe esta a pasar por unhas circunstancias moi lamentables, puntos de ser circunstancias insustentables, moitos portais de prensa dixital hoxe se esta pensando en continuar xa que cada día é imposible continuar sostendo a infraestrutura tanto a dixital como as persoas, se, a perdida de postos de traballo.

Esta prensa dixital o que mais desexamos é xerar postos de traballo pero por culpa de institucións que negan a pesar de cumprir os requisitos axudas á xeración de emprego e a fomentar o emprego e con todo de ser denegadas esas axudas que realmente nos pertencen… no outro eido certas formacións políticas de esquerdas en canto fomentar a prensa autoxesitionada ou libre dedícanse a fomentar a prensa tradicional, a que ten privilexios, a dependente.

Estas formacións están a favor dos traballadores da rtvg que levan denunciando manipulación informativa? se, claramente se, pero da prensa que somos libre, a que non manipulamos, a que nos cinguimos ao código ético do xornalismo pasan de nós aínda así nós denunciando o que os nosos compañeiros levan sufrindo e parte deses compañeiros tamén pasan de nós e moi poucos miran polo que estamos a pasar.

Esta e a crua realidade… hai cuestión duns meses posteaba o seguinte nas miñas redes sociais:

Esta mensaxe vai para os meus compañeiros de prensa pequena, prensa que o esta pasando moi mal polos ditos privilexios que teñen uns mentres acaban coa ilusión e coa futura e inmediata perda de postos de traballo.

Oxalá que algunha forza política da cidade ou sindicato deféndanos e acabe con eses privilexios (cousa que dubidamos porque eles son os que promocionan os privilexiados).

Estamos a chegar a un punto insoportable, tan só quero transmitir aos meus compañeiros e compañeiras que non se deixen vencer e que loiten mentres haxa forza, ninguén pode rematar coa nosa ilusión xa que traballamos con iso, porque nos da folgos. 

É terrible pero moi terrible o que esta pasando en Vigo, ninguén nos escoita pero debemos facer forza ante esta situación insostibel.

Con isto quería despedirme no día de hoxe.

Mensaxe en clave, os privilexios duns son perdidas para outros.

A mensaxe non foi apoiado por ninguén a pesares de ser un SOS… 

Mentres tanto ningunha forza Política ou Sindical miran para outro lado.

Agardamos que pois falen con nos e miren realmente o que estamos pasando.

Grazas pola vosa forza efimera (modo retranca on).

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens] (fotógrafo de prensa e nalgunhas ocasións redactor)

Verasme con ilusión traballando nas áreas que cubro pero cando vou de camiño a envorcar o que cubro o meu rostro é totalmente diferente, verasme a unha persoa cansa, unha persoa sen ilusión a unha persoa automotizada.

O tiña que escribir o tiña que decir e así son as cousas, eu non vou ser comprice do silencio. As miñas forzas hoxe están en reserva.

A “Vía verde ou Senda Gris” un engano ou nos toman por parvos?

VÍA VERDE OU SENDA GRIS_vigo_noticiasvigo.es_ilcanallarubens_2019_Vigo_01

O 28 de xaneiro deste ano pola mañá nos erguimos co titular “O goberno municipal avanza na contratación da Vía Verde por 1,4 millóns de euros“, por aquel entonces viña a decir a nova:

“A Xunta de Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas para a contratación das obras de implantación da vía verde sobre o antigo trazado ferroviario entre Teis e Urzáiz e o mantemento das zonas verdes, do mobiliario urbano e das instalacións eléctricas cun presuposto de licitación de 1,4 millóns de euros.

Tal e como expuxo o rexedor, a Vía Verde ten unha lonxitude de 3,597 quilómetros, cun ancho de 3 metros para o carril bici e de 2 metros para a senda peonil e contempla dúas actuacións para facilitar o acceso: unha pasarela entre Vía Norte e a rúa Navarra de 51 metros e unha rampla na Avenida de Bos Aires de 150 metros. Caballero engadiu que o Concello “abrirá o máximo posible de accesos”.

O proxecto contempla varias actuacións: o acondicionamento da plataforma ferroviaria e o dalgunhas zonas adxacentes para convertelas en áreas de descanso ou miradoiros, aproveitando os elementos propios da infraestrutura ferroviaria, citando como exemplo os postes das catenarias “para manter o espírito ferroviario da zona”, segundo Abel Caballero. Amais o goberno municipal instalará mobiliario, carteis e delimitará zonas de aparcamento”. Aquí a ligazón do artigo: https://www.noticiasvigo.es/o-goberno-municipal-avanza-na-contratacion-da-via-verde-por-14-millons-de-euros/

O pasado luns día 5 de agosto deste ano novamente nos erguimos co titular “O Concello abre ao público o primeiro tramo da Vía Verde“, na nova viña a decir:

““Quixemos empezar pola zona máis próxima a Mestre Chané, moi habitada”, anotou o alcalde, quen explicou que o tramo xa aberto supera os 400 metros de lonxitude e os 5.000 metros cadrados de superficie e está situado ao longo da rúa Mestre Chané.

A senda aberta, con espazos independentes para peóns e ciclistas, desemboca nunha zona de descanso e paseo de máis de 1.000 metros cadrados na que se conservan elementos ferroviarios, como sinalizacións, tramos da vía antiga, os postes da catenaria ou zonas de balastro.

Neste traxecto xa dispoñible, o Concello pechou o angosto paso soterrado que existía na rúa Mestre Chané e substituíuna por unha comunicación máis directa e en superficie, valorou Abel Caballero.

A Vía Verde contará con 3,6 quilómetros de lonxitude e discorrerá entre Urzáiz e Teis, polas antigas vías do tren. O Concello inviste na obra 1,4 millóns de euros para convertir o espazo nunha senda para peóns e ciclistas, con áreas de descanso, miradoiros e paneis informativos, mantendo a esencia ferroviaria no seu deseño. Para facilitar o acceso, o goberno de Vigo prevé habilitar pasarelas de acceso desde a rúa Navarra e desde a Avenida Buenos Aires”. Aquí a ligazón do artigo https://www.noticiasvigo.es/o-concello-abre-ao-publico-o-primeiro-tramo-da-via-verde/

Cal foi a miña sorpresa que ao ver unhas fotos do perfil de twitter Vigo Vindeiro (@VigoVindeiro) o que prometeu o Concello de Vigo non se parecía en nada ao que inauguraron, esto que narro acontecía pasadas ás 6:40 p.m, non daba credito ao que veía, sentinme totalmente enganado.

Tiña que ir a cubrir a inauguración dese tramo pero por razóns non puiden, adoito cubrir todo o que podo pero en ocasións hai cousas que impiden ir ao evento programado, pero en se non daba crédito ao que vin no perfil de twitter @VigoVindeiro, a verdade que non daba crédito como tampouco o din cando recibín de alcaldía a fotografía do acto inaugural para a crónica de NoticiasVigo.es que é no xornal no que traballo de luns a domingo.

As fotos do perfil de twitter @VigoVindeiro

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Xulguen vostedes, aquí están as infografías que presentou o Concello de Vigo aos medios do primeiro tramo da “Vía Verde” “Senda Verde” e logo ditas infografías foron repartidas aos medios.

En que se parecen ao que inauguraron o luns? Onde esta o verde? onde estan eses bancos e reposeiras fermosas? É un engano?

via verde 3_vigo_ilcanallarubens_NoticiasVigo.esvia verde 2_vigo_ilcanallarubens_NoticiasVigo.esvia verde 1_vigo_ilcanallarubens_NoticiasVigo.es

En fin, senda ou senda gris así é como debería chamarse, o de luns foi unha tomadura de pelo cara o pobo.

As fotos dos meus compañeiros do Metropolitano.gal

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Aquí poden ver a reportaxe dos meus compañeiros do Metropolitano.gal, reportaxe.

Só espero que nos seguintes tramos parézanse ao que nos prometeu o concello cosa que dubido que se parezan ao que prometeron xa que ditas infografías son infografías xenéricas aínda que tiña a ilusión que se parecesen en algo.

Aquí as fotografías dos seguintes tramos a realizar

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Estes son os datos súas son as conclusións

O último ascensor inaugurado do Vigo Vertical non dá funcionado unha semana sen cortes

Ascensor Praza Isabel a Católica_San Salvador_ilcanallarubens_noticiasvigo.es_Vigo_2019_00

O 24 de maio abriase en plena campaña eleitoral este elevador, non fai nin un mes, pois xa tivo 6 averías… non sei cando remate a garántia en canto nos vai costar a solución de problemas máis mantemento e seguro.

Estos aparellos esta ben que os subvencionen a UE para colocalos, seu custo foi 714.260.30€ dos Fondos europeos de desarrollo regional – FEDER.

Obra realizada pola empresa Oreco “Empresa Constructora”.

Parte de averias

A primeira avería foi o 25 de Maio.

A segunda avería foi o 28 de Maio.

A terceira avería foi o 31 de Maio.

A cuarta avería foi o 4 de Xuño.

A quinta avería foi o 7 de Xuño.

A sexta avería foi o 10 de xuño.

Si, nin unha semana enteira sen cortes.

Por unha banda alegrome xa que as empresas de mantemento dos elevadores terán traballo e ao ritmo que o Concello de Vigo esta plagando a cidade destas cousas as empresas terán que contratar a xente xa que non daran abasto.E por outra banda o exercicio ao corpo da vida en cambio non facelo a merma.

Non sei cando remate a garántia en canto nos vai costar a solución de problemas máis mantemento e o seguro.

Elevadores que posue Vigo na vía pública

Rúa Pi y Margall (non operativo por non ter permiso).

Rúa Camelias (operativo a tempos).

Praza Isabel a Catolíca (operativo a tempos).

Rúa Pizarro (operativo).

Rúa Marques de Valterra (operativo).

Escaleiras mecánicas

Rúa Pizarro (operativa a tempos).

Rúa Segunda República (operativas).

Agora ben, fago unhas preguntas:

1 Canto saera dos petos dos vigueses e viguesas a solución de problemas+mantemento+seguro de cada aparello destes… poderá soportar ás arcas do Concello tanta parafernalia?

Xa que non hai moita transparencia do asunto por iso rogo información ao respeito.

2 Non debería estes elevadores ser de uso exclusivo para anciáns e para persoas que teñen diferentes capacidades empregando unha tarxeta para empregalos?

Ascensor Praza Isabel a Católica_San Salvador_ilcanallarubens_noticiasvigo.es_Vigo_2019_02

Ascensor Praza Isabel a Católica_San Salvador_ilcanallarubens_noticiasvigo.es_Vigo_2019_03

29M | Día Internacional do Persoal de Paz da ONU, porque se celebra?

“Para millóns de persoas afectadas por conflitos en todo o mundo, o mantemento da paz é unha necesidade e unha esperanza. Traballemos xuntos para facer que as nosas operacións sexan máis eficaces na protección das persoas e na promoción da paz”. — António Guterres, Secretario Xeral

A Asemblea Xeral, na súa resolución 57/129, designou o 29 de maio Día Internacional do Persoal de Paz das Nacións Unidas. Esa é a data en que hai 60 anos iniciou as súas operacións en Palestina a primeira misión das Nacións Unidas para o mantemento da paz, que se chamou «Organismo das Nacións Unidas para a Vixilancia da Tregua» ( ONUVT). Hoxe rendemos homenaxe ao profesionalismo, a dedicación e o valor de todos os homes e mulleres que prestan servizos nas operacións das Nacións Unidas para o mantemento da paz, e honramos a memoria dos que deron a vida por defender a causa da paz.Desde que se estableceu a primeira misión de paz das Nacións unidas en 1948, máis de 2.980 efectivos do persoal militar, policial e civil perderon a vida ao servizo da paz como resultado de actos de violencia, accidentes e enfermidades. O 29 de maio, as oficinas das Nacións Unidas, xunto cos Estados Membros e as organizacións non gobernamentais, celebran eventos solemnes para honrar ao persoal de paz caído en servizo.

Protexemos aos civís, mantemos a paz

“Protexemos aos civís, mantemos a paz” é o lema deste ano co que queremos homenaxear o 20º aniversario da primeira vez que o Consello de Seguridade ordenou explicitamente unha misión de mantemento da paz ( UNAMSIL, en Serra Leona) para protexer a civís.

Durante o últimos vinte anos, a protección de civís estivo cada vez máis no núcleo das operacións de mantemento da paz das Nacións Unidas. Na actualidade, máis do 90 % do noso persoal de mantemento da paz, despregados en oito operacións distintas (Abyei e Darfur, República Centroafricana, República Democrática do Congo, Haití, Líbano, Mali e Sudán do Sur), ten mandatos de protección dos civís. O persoal de mantemento da paz arrisca a súa vida para protexer a civís da violencia todos os días.

A primeira misión de mantemento da paz da ONU fundouse o 29 de maio de 1948, cando o Consello de Seguridade autorizou o despregamento dun pequeno número de observadores militares da ONU en Oriente Medio para formar o Organismo das Nacións Unidas para a Vixilancia da Tregua (ONUVT) a fin de vixiar o Acordo de Armisticio entre Israel e os seus veciños árabes.

Desde entón, máis dun millón de homes e mulleres serviron en 72 operacións de mantemento da paz da ONU, influído de maneira directa na vida de millóns de persoas, protexido aos máis vulnerables e salvado innumerables vidas. Desde Cambodia ata O Salvador, Liberia, Serra Leona e Timor-Leste, entre outros, as operacións de mantemento da paz das Nacións Unidas han axudado a países a pasar da guerra á paz.

Hoxe en día, contamos con 14 operacións de mantemento da paz distribuídas en catro continentes e o despregamento de máis de 88 000 militares e persoal de policía, procedentes de 124 Estados Membros, preto de 13 000 civís e 1300 voluntarios da ONU. A pesar do tamaño e amplitude das súas operacións, o orzamento para o mantemento da paz é inferior ao 0,5 % do gasto militar global. O mantemento da paz demostrou ser un investimento sólido na paz, a seguridade e a prosperidade global.

O ano pasado, o Secretario Xeral presentou a “Acción para o Mantemento da Paz”, unha iniciativa que apela polo reaxuste do obxectivo do mantemento da paz con expectativas realistas, misións de mantemento da paz máis sólidas e seguras, e unha mobilización maior de apoio a solucións políticas e forzas ben estruturadas, equipadas e formadas. Máis de 150 Estados Membros e organizacións rexionais aprobaron a “Declaración de Compromisos Compartidos” da Acción polo Mantemento pola Paz, demostrando un gran apoio á iniciativa.

Este ano, o Día Internacional do Persoal de Paz das Nacións Unidas celebrarase o 24 de maio na Sede Central da ONU de Nova York. O Secretario Xeral presidirá unha cerimonia de colocación dunha ofrenda floral en honra do persoal de mantemento da paz que perdeu a súa vida ao servizo da bandeira ONU o ano pasado. Ademais, a medalla ” Dag Hammarskjöld” entregarase de forma póstuma ao persoal de mantemento da paz que faleceu servindo pola paz en 2018.

O papel de España

Operando en contornas de seguridade cada vez máis difíciles e en duras condicións, as Forzas Armadas españolas, e tamén as Forzas e Corpos de Seguridade do Estado, dan un testemuño continuo de profesionalidade e compromiso no cumprimento da súa misión constitucional. Protexendo a civís, vixiando o cumprimento de acordos de cesamento do fogo ou contribuíndo á estabilidade necesaria para que prosperen as transicións de paz e os procesos de reconciliación, logran materializar os ideais inclusivos da Carta das Nacións Unidas. Grazas a eles, sociedades enteiras poderán achegarse a un futuro máis estable e sentar as condicións imprescindibles para a paz.

Ademais, a participación de España adaptouse aos novos desafíos e aos novos modelos de conflito: incorporando unha atención prioritaria á axenda de Muller, Paz e Seguridade das Nacións Unidas, incentivando, patrocinando e integrando a contribución doutros países ás Operacións de Mantemento da Paz das Nacións Unidas, e achegando as tecnoloxías máis avanzadas para o mellor cumprimento das misións con especial énfase na protección e respecto ás sociedades onde despregamos.

Hoxe, case 3.000 efectivos españois están despregados en 24 misións internacionais por todo o planeta baixo as bandeiras das Nacións Unidas, da Unión Europea, da OTAN e a OSCE e en labores de Seguridade Cooperativa cos nosos veciños e socios.

O Goberno desexa reiterar o firme compromiso de España co mantemento da paz e a seguridade internacional e a súa decidida disposición a seguir contribuíndo ás operacións de paz das Nacións Unidas. Neste sentido, o Goberno encomia e apoia os esforzos do Secretario Xeral das Nacións Unidas por restructurar e reforzar a xestión e as capacidades das operacións de paz, de forma que constitúan un instrumento áxil e máis eficaz ante os novos desafíos que expoñen a prevención e a xestión dos conflitos actuais”.

 

O problema da Esquerda

O problema non é Cs nin PP nin Vox, o problema é o YUNKE, si o YUNKE, esta organización finanza esas tres formacións (datos do programa “360º” de ETB2 co titulo “La ambición de Santiago Abascal”) para facer chegar o que tanto noxo temos.

A Organización Nacional do Yunque ou simplemente O Yunque é o nome dunha organización de orixe mexicana de extrema dereita​ de alcance nacional e internacional, cuxo propósito, «é defender a relixión católica e loitar contra as forzas de Satanás», e instaurar «o reino de Deus na terra» mediante a infiltración de todos os seus membros nas máis altas esferas do poder político.

Descrita por Álvaro Delgado como un grupo «ultracatólico, anticomunista, antisemita, antiliberal e con trazos feixistas»,​ a súa primeira organización foi a chamada Fronte Universitaria Anticomunista (FUA), creado en 1955 en Puebla.​ Aínda que a existencia do Yunque foi recoñecida por membros, e existen abundantes testemuños sobre a súa existencia, o carácter reservado da organización fai que algúns aspectos sobre a súa verdadeira natureza e a súa capacidade de influencia e propósitos sexan controvertidos.

Ninguén fala desto, eu escribira polo 2015 sobre esta organización, e de cantas persoas ten afiliadas na cidade de Vigo que constan de 150 persoas, persoas que teñen distintas pequenas organizacións, xa que o Yunke traballa de forma piramidal. A día de hoxe estou traballando na procura de cantas persoas ten a cidade de Vigo.

A última vez que falei e postei sobre elo foi cando o process catalá cando foi aquel manifesto “pola unidade de españa” no paraugas Sociedad Civil Catalá onde asistiron a xentes como Abascal, Albiol, Rivera e Borrell, estes catro membros citados con un apelido bastante coñecidos pola xente do común manifestaronse, a organización Sociedad Civil Catalana que percibe cartos do Yunke.

Naquela manifestación onde se fletaron autobuses de todo España para “encher” as rúas de Barcelona ian as pequenas organizacións que son tamén coñecidas onde habia unha consigna de non mostrar a bandeira feixista, desabasteceron un portal web de bandeiras para mostrar as constitucionalistas e os bazares chineses da contorna da concentración/manifestación.

Asociación declarada polo ministerio de Interior de “utilidade pública” de ter entre os seus obxectivos a “captación de menores e novas”, así o cita Santiago Mata no seu libro, El Yunque en España. La sociedad secreta que divide a los católicos (Editorial Amanecer).

Cando España vai ilegalizar esas organizacións? hai de verdade unha lei de memoria histórica que funcine? hai interes na España de rachar co rexime do 78? se a día de hoxe hai estas organizacións e seguen saindo esta claro, non hai interese!

Organizacións de extrema dereita españolas e non ilegalizadas

Organizacións de extrema dereita españolas e non ilegalizadas

O Celta non se politiza!


■ A empresa deportiva Real Club Celta fai caso omiso aos seus siadeiros/abonados/simpatizantes cando din que o clube non é pra facer política, o clube ten que escoitar a sua xente, xente que deixa o seu salario nel.

■ E lamentabel que dita empresa este cada vez máis politizada.

■ A liorta que ten dita empresa co Concello, o Concello con ela.

■ 1º lugar ás liortas insitucionais, 2º lugar o negocio e 3º lugar o deportivo.

■ O Celta como insitución non se merece nin mereceu ter uns dirixentes como o Horacio e actual.

■ Os custos das entradas elevado e cada vez menos xente indo a Balaidos.

■ Que pensarían hoxe os fundadores galeguistas do Celta no 1923 se visen que na sede que se dí de todos acolle unha charla sobre a unidade do estado español.

■ En resumidas contas, a deriva emocional dos simpatiazantes/siadeiros cada día aumenta como as criticas a xunta directiva e onte na rúa do Príncipe e nas redes sociais.

■ Debería o capital do clube traballar pola unidade do celtismo e coa contorna social en lugar de prestarse a batallas rancias pola unidade allea empregado coma instrumento con data de caducidade política. A primeira vez foi un erro, pero cando o erro se repite denota un problema e causa unha fenda. Agardemos que non se convirta en irreparable.

■ O Celta non se politiza.

■ O Celta non é a casa feixista.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

O desastroso aparcadoiro gratuíto do Concello de Vigo no Hospital Álvaro Cunqueiro

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Editorial denuncia miña do 12‎ de ‎outubro‎ de ‎2018

Encántame que o tempo da razón ás miñas denuncias, se, encántame, porque cando un denuncia baixo coñecementos é porque sabe do tema.

Denunciara que este aparcadoiro ao cal denomine da miseria, en que me basee para bautizar esa área? pois o vou a numerar.
1º O aparcadoiro esta mal executado, por? imos por partes.
1º1. A entrada esta mal desenvolta, por? cando se acede se acede ben se tiras de fronte, pero? á saída se saes co vehículo desde a fila que esta en o noiro para dar a curva cara á saída o vehículo tende a subirse á beirarrúa ou raspar os vehículos que están na segunda fileira.
1º2 O talude non ten unha rede de seguridade por desprendementos de cascallos, area, terra e rochas poñendo en riscos aos coches e propietarios e propietarias.
2º O asfalto que puxeron non é asfalto, é o sucedáneo que tanto tempo levo dicindo que este concello pon, pono polo barato que é, e este barato sae caro xa que o barato tende co tempo aparecer as fabulosas fochancas. Que por certo non atopei a factura para saber se o tarificaron como barato ou taricaron polo caro e autentico.
2º2 O asfalto sucedáneo este as pinturas non as admite xa que co paso do tempo dita pintura desaparece e esa é a mostra que non as admite.
3º O aparcadoiro carece de beirarrúas no seu interior para a seguridade do propietario ou propietaria do vehículo.
3º1 O aparcadoiro ao carecer das devanditas beirarrúas o pintado que dispón de paso de cebra non é suficiente para brindar a seguridade ao usuario ou usuaria.
4º O aparcadoiro loce na súa contorna de matogueiras facendo iso en caso de incendio un cárcere.

5º Carece de sinalización.

Este aparcadoiro tivo un custo ao concello 540.000 euros nunha zona con terreos inestables e moitos cartos que non os vale.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

O aparcadoiro municipal do Cunqueiro, cheo de fochancas tras dous meses de uso

O firme da instalación, que custou 540.000 euros, xa se atopa en mal estado. O Concello reclama á Xunta que o aparcadoiro cuberto sexa gratuíto

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Autor do artigo ALEJANDRO MARTÍNEZ  / Fotografías de XOÁN CARLOS GIL 
VIGO / A VOZ 

Dous meses despois da súa entrada en funcionamento, o aparcadoiro municipal do Hospital Álvaro Cunqueiro ofrece o aspecto de levar moito máis tempo en uso. A área gratuíta de estacionamento cuxa construción custou preto de 540.000 euros xa necesita unha remodelación e non fixo máis que empezar a prestar un servizo útil. A primeira ollada, obsérvase que o firme sufriu un notable desgaste polas choivas e o uso continuado.

A erosión está a afectar en catro das dez prazas de aparcadoiro para persoas con mobilidade reducida. A cor azul que as identifica está a borrarse e todo parece indicar que acabará desaparecendo se non se toman medidas. Do mesmo xeito, estanse difuminando moitas marcas viarias que ordenan o espazo. Os pasos peonís, por exemplo, xa case non se distinguen nalgúns tramos tapados por miles de pedras.

En toda a superficie do aparcadoiro abundan as fochancas. Nada máis acceder hai unha focha duns 45 centímetros onde se acumula auga cada vez que chove. O estado do terreo non cambia ao entrar na chaira municipal. Unha gran cantidade de fochancas e deformacións do terreo obrigan a circular con coidado. Ademais, percíbese falta de limpeza polo pouco civismo que demostran algúns usuarios que arroxan desperdicios ao chan. Abundan as latas, paquetes de tabaco, papeis e toda clase de envases, que ofrecen unha imaxe de abandono do recinto.

O único sinal vertical de tráfico existente, que indica a prohibición de facer un xiro á dereita, cambaléase. O único que non presenta signos de deterioración é o viario de acceso pavimentado duns cen metros de lonxitude e unha senda peonil que bordea a superficie.

Todos os usuarios consultados onte destacaron ter a impresión de que a construción foi de moi baixa calidade, pero tamén recoñeceron o gran servizo que presta aos cidadáns.

María, traballadora dunha empresa privada que presta servizos no hospital, afirma que «este espazo está ben porque era necesario, pero ou aparcadoiro está feito unha porcallada. Ou firme está bastante mal. Esbara ou coche cando chove pola pedriña esta. Cando pase máis tempo e chova máis, a ver», sinala. «Isto é made in Spain, nin máis nin menos», afirma Fran González, que onte acudiu a ver un familiar que está ingresado. Pablo Cameselle ten á súa avoa ingresada e cre que o aparcadoiro foi unha gran idea «pero foi un investimento mínimo. Para o ano estará cheo de fochas. Entendo que se fixo con présa nun momento político e en pouco tempo haberá que reformalo. É un mal xeneralizado neste país. Non sabemos facer as cousas con dous dedos de fronte para gastar o diñeiro só unha vez», critica.

Centos de persoas utilizan a diario este aparcadoiro porque, a diferenza do subterráneo do hospital, é gratuíto. Polo menos de momento, dado que o Concello xa se fixo coa tecnoloxía necesaria e estuda facelo de pagamento para os usuarios que non estean provistos do cartón Pass Vigo. O pleno de hoxe debaterá unha moción do PSOE para demandar a gratuidade do aparcadoiro do hospital que, segundo criticou onte o portavoz Carlos López Font, «converteuse nun copago á sanidade co que a Xunta discrimina aos vigueses».

Unha semana en Vigo da batalla “PIROLA VS PIROLA!”

 

Tal hora como agora pechábase o evento deportivo urbano O MARISQUIÑO 2018, tal hora como agora caíase o paseo de madeira das AVENIDAS no concerto peche de dito evento.

Unha semana na que os vigueses e viguesas fomos testemuñas da COMPETICIÓN de quen ten o MEMBRO MAIS LONGO.

Unha semana na que non houbo dimisións, unha semana sen responsables, unha semana para o esquecemento dunha cidade que non se merece que haxa batalla de PIROLA CONTRA PIROLA.

» Unha semana patética onde o PPdeVigo facia o que vén no seu ADN, iso de facer POLITICA coas vitimas.
» Unha semana patética dun Alcade do PSOE facia o que vén no seu ADN, iso de facer POLITICA empregando o ton dun conta contos.
» Unha semana patética onde os Palmeiros (prol Abel Caballero) e os CORRUPTOS (prol PPdeG) botábanse merda mutuamente.
» Unha semana patética na cal se me veu á cabeza Pepiño Blanco e M.Rajoy, pero nisto non hai un maquinista nin un capitán.
» Unha semana patética, se señores e señoras, unha semana patética, as formacións políticas da cidade que mantiveron a coherencia e manifestáronse tranquilamente sen atacar Marea de Vigo e BNG.
» Unha semana para o esquecemento pero non se pode esquecer, é difícil esquecer o ocorrido como é o meu caso que estiven a cubrir o INCIDENTE vendo aos mais mozos da nosa cidade manchados de sangue e con crise de pánico e ansiedade.
» Unha semana para o esquecemento pero non se pode esquecer, é difícil esquecer o ocorrido…

• Moitos vigueses e viguesas viñan denunciando o mal estado de onde se produciu o acidente.
• Moitos vigueses e viguesas non lle fixeron caso cando estes denunciaron o mal estado onde se produciu o acidente.
• Moitos vigueses e viguesas tiveron acidentes nese tramo do paseo e levaron o seu acidente a xustiza e esta ditou sentencia?
• Moitos vigueses e viguesas temos claro quen é o resposabel, máis esperaremos que a xustiza SEXA XUSTA por e para as citimas e os cidadans de a pé.

Dato de hemeroteca

Estes son os alcaldes de Vigo dos últimos 20 anos de abandono do paseo das avenidas.

Carlos Príncipe (PSdeG-PSOE), 1991-1995.
Manuel Pérez (PPdeG), 1995-1999.
Lois Pérez (BNG), 1999-2003.
Ventura Pérez (PSdeG-PSOE), 2003.
Corina Porro (PPdeG), 2003-2007.
Abel Ramón Caballero (PSdeG-PSOE), Desde 2007 hasta la actualidad.

Presidentes da Autoridade Portuaria de Vigo últimos 20 anos.

Elena Espinosa Mangana (PSdeG-PSOE), 1988-1996.
Juan Curral Pérez (PPdeG), 1996-1999.
Xullo Pedrosa Vicente (PPdeG), 1999-2005.
Abel Ramón Caballero (PSdeG-PSOE), 2005-2007.
Jesús Paz Arias (PSdeG-PSOE), 2007-2009.
María Corina Porro Martínez (PPdeG), 2009-2011.
Ignacio López-Chaves Castro (PPdeG), 2011-2015.
Enrique César López Veiga (PPdeG), Desde 2015 ata a actualidade.

Documentación sobre o tema

Documento do convenio asinado en novembro de 1992 onde o Concello din que ten que manter o paseo. Documento sacado de https://www.elindependiente.com/politica/2018/08/13/el-convenio-de-1992-obliga-al-ayuntamiento-de-vigo-a-mantener-la-pasarela-derrumbada/

 

Documento do BOE-A-20115312. Resolución do 16 de febreiro de 2011, aprobada pola Comisión Mixta para as Relacións co Tribunal de Contas, en relación co Informe de fiscalización das actividades realizadas polo Consorcio da Zona Franca de Vigo no período 2002-2006. Descargar BOE aquí https://www.boe.es/boe/dias/2011/03/23/pdfs/BOE-A-2011-5312.pdf

 

 

Segundo o Código Técnico de Edificación mantemento refírese a mantemento estrutural. Desgargar aquí o documento https://sedeelectronica.ayto-cnarcea.es/action/perfilcontratante?method=descarga&nombreFPublicacion=1-instrucciones%20de%20uso%20y%20mantenimiento.pdf&idDocumento=260939

Saquen as vosas conclusións.

Que a xustiza sexa XUSTA!

Video do incidente e declaracións

Seguridade alimentaria na ración de polbo?

Algo que nunca entenderei, a consellería de sanidade hai un tempo atrás prohibiu o uso de estes pratos de madeira pero aínda a día de hoxe úsanos para dar a ración de polbo.

Cabe sinalar tamén que cando un sácase o carné de manipulador de alimentos nun dos apartados do temario di que queda totalmente prohibido o emprego de materiais de madeira para elaborar/servir alimentos, esta prohibición xa estaba antes que a consellería de sanidade prohibíseo.

Cónstame porque fun a varias festas do polbo en Galiza na que a ración cha poñen nun prato de plástico ou nunha bandeixa de aceiro inox.

O que me chama a atención que as forzas de seguridade do estado vexan como estas pulperas ou pulperos sirvan o polbo no prato de madeira e non sancionen, como tamén me chamen a atención como ditas forzas estando presente vexan como limpan os pratos de madeira baixo unhas condicións pouco hixiénicas como é o coller o prato que uso unha familia e estes collan o prato déanlle por encima cun papel e logo métano onde cociñaron o polbo e este déanllo a outro cliente mais non sancionen.

Porque esta prohibido o emprego de madeira para os alimentos? A madeira é porosa, por iso aínda que lavemos os utensilios de cociña deste material despois de ser utilizados, estes absorben restos dos alimentos e supoñen un niño perfeito para un chea de bacterias. Ter un foco de infeccións en contacto continuo cos alimentos non é san…

Ante todo a seguridade alimentaria debese cumprir pola parte dos hosteleiros/cociñeiros como tamén os corpos do estado sancionar baixo as directrices da inspeción sanitaria sen previa denuncia dun cidada.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
Todo isto saíu a relucir nun típico coloquio de bar.

Quen pagara o non gañado na festa de San Roque 2018?

Este mércores publique a noticia do peche dos postos na romaría de San Roque, pois moitos usuarios e usuarias da social media increpáronme dicindo que era falsa.

 
Pois ao día seguinte os medios locais e autonómicos fixéronse eco da noticia, pois ben, como dixera na información lanzada en “noticiasvigo” “A poucas horas do comezo da festa de San Roque a Policía Local de Vigo pechou todos os tenderetes de fora da leira de San Roque baixo, “Non hai plan de evacuación” así o manifestan os comerciantes.
Cabe sinalar que a comisión de festas non tramitou todos os permisos necesarios para a festa. A orde de peche ben dende o concello”
 
Pois no día de onte púxenme en contacto con organizacións de festas en Vigo, as cales me atenderon moi ben ás cal llo agradezo e moito. Estas comentáronme que o concello de Vigo non informo a estas sobre a nova lei de espectáculos de Galicia, algunhas enteraronse pola prensa, o concello ten a obriga de informar.
 
Non me estraña que o ocorrido este mércores a culpa non a ten a comisión de festas xa que esta entrego toda a documentación como en pasados anos, só que neste ano fáltolle entregar o novo documento, o da lei de espectáculos de Galicia.
 
Agora ben, os comerciantes da festa perderon un día de traballo, será o concello quen pague o que non puideron gañar por non informar á comisión de festas do novo documento? sera a comisión de festas quen pague o que non puideron gañar pola orde do concello? porque o concello non informa as organizacións de festas en Vigo? preguntas que seguro non atopar respostas xa que o concello de Vigo non responde nunca a noticiasvigo.
 
Nunha editorial na miña conta de facebook perosal a cal tamén aquí no wordpress publiquei decia “O de hoxe no ocorrido na gran festa de Vigo como é a de San Roque é lamentabel, e lamentabel que lles pechen os tenderetes aos comerciantes, comerciantes que pagaron para estar na festa e que estes lle pechen os tenderetes desde o Concello por falta de documentación que non entregou a comisión de festas cando o concello ten que informar a todos os que organizan eventos da nova lei de espectáculos de galicia”…”o que me resulta curioso que esto so afecte aos de fora e non aos que estan dentro da leira de San Roque cando dita leira e pública como tamén o é a rúa Felipinas, que curioso… e que mal polos que estan dentro da leira en non solidarizarse cos comerciantes de afora, que mal, xa que sen o actrativo de fora non van ter tantas gañanzas bueno eles saberan”
 
Vin na prensa local os comentarios á noticia que demos en noticiasvigo primeiro, a xente pregunta porque esta en decadencia a festa de San Roque e tamén piden unha nova comisión de festas para que esta reviva, cousa curiosa que eses comentarios foran ao dia seguinte da noticia eu dixera no día da noticia na miña editorial “San Roque precisa dunha renovación urxente, tanto pola banda da asociación como da comisión de festas (e o que pide moita veciñanza pero ninguen atrevese a decilo)… estan deixando morrer a festa e vai a rematar como pasou no Berbés.
O 2011 foi o ultimo ano dos fogos artificiais o espetaculo mais importante despois do de Bouzas.
Desde o 2011 a cantidade de actracións e postos de fora da leira vai decaindo.
E que falar dos recortes pola parte do concello na festa”.
 
Xa non teño máis que decir, todo esta dito.
Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]