Archivos en la Categoría: Incendios Forestais Galiza 2016

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19:30 horas de hoxe

ilcanallarubens_incendio Soutomaior-Arcade_01_2016

Lumes en “situación 2”

Situación 2 en Santiago

Segue decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Santiago de Compostela, parroquia de Fecha, pola proximidade do lume ao núcleo de Vilar do Rei. O lume iniciouse ás 12:25 horas do mércores e permanece activo arestora. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 800 hectáreas. No lugar levan traballado 1 técnico, 9 axentes, 27 brigadas, 14 motobombas, 3 pas, 7 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Porto do Son (parroquias de Baroña, Xuño e Caamaño)

Segue decretada a “Situación 2” no incendio iniciado no concello de Porto do Son, parroquia de Baroña, que tamén afecta ás de Xuño e Caamaño, pola proximidade do lume a núcleos habitados. Cabe mencionar que a zona afectada na parroquia de Baroña xa está controlada desde as 14:49 horas deste mediodía.

Segundo novas estimacións, a superficie alcanza entre as tres parroquias unhas 880 hectáreas. No lugar levan traballado 3 técnicos, 13 axentes, 41 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 5 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Arbo

Tamén está activo desde as 20:23 horas de onte o lume no concello de Arbo, parroquia de Mourentán. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 1.515 hectáreas. Alí traballan 2 técnicos, 4 axentes, 20 brigadas, 12 motobombas, 4 pas, 8 helicópteros e 5 avións.

Situación 2 en Crecente

Decretada a Situación 2 no lume, activo arestora, no concello de Crecente, parroquia de Albeos, que comezou ás 17:52 horas da tarde de onte. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é dunhas 200 hectáreas. Participan na súa extinción 1 técnico, 7 axentes, 19 brigadas, 14 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

Lumes activos

Activo Vimianzo

Activo desde as 23:46 horas de onte o lume rexistrado no concello de Vimianzo, parroquia de Carnés. Segundo unha primeira estimación, a superficie afectada é dunhas 70 hectáreas. Traballan no lugar 1 técnico, 5 axentes, 11 brigadas, 8 motobombas e 1 helicóptero.

Activo Cee

Permanece activo desde as 18:25 horas de onte o lume rexistrado no concello de Cee, parroquia de Toba. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 180 hectáreas. No lugar están traballando 10 axentes, 23 brigadas, 11 motobombas e 1 helicóptero.

Activo Avión-Nieva

Este lume do concello de Avión, rexistrado na parroquia de Nieva e que tamén afectou á de Avión, permanece activo desde as 16:51 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada total é de 345 hectáreas. No lugar están a traballar 1 técnico, 16 axentes, 37 brigadas, 17 motobombas, 4 pas, 7 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Soutomaior-Arcade

O lume rexistrado na parroquia de Arcade comezou ás 18:02 horas de onte e permanece activo. Este lume uníuse ao rexistrado no concello de Pontevedra, parroquia de Ponte Sampaio. Segundo novas estimacións, a superficie afectada total é de 400 hectáreas. No lugar están a traballar 2 técnicos, 9 axentes, 22 brigadas, 17 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 4 avións.

Activo Soutomaior-Soutomaior

Permanece activo tamén o outro incendio en Soutomaior, parroquia homónima, tras comezar ás 16:01 horas do martes. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 230 hectáreas. No seu control traballan 2 técnicos, 16 axentes, 32 brigadas, 27 motobombas, 3 pas, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Lumes controlados

Controlado Cotobade-Viascón

Controlado ás 17:49 horas o incendio rexistrado no concello de Cotobade, parroquia de Viascón, que comezou onte ás 20:21 horas. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 40 hectáreas. No lugar están a traballar 1 técnico, 5 axentes, 7 brigadas, 7 motobombas e 2 pas.

Controlado Cotobade-Tenorio

O lume iniciouse ás 17:20 horas do luns na parroquia de Tenorio e permanece controlado desde as 10:45 horas de onte. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas, das cales 255 son arboradas e 110 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 18 motobombas, 7 pas, 15 helicópteros e 3 avións.

Controlado Pontevedra-Lérez

Controlado ás 14:38 horas de onte o lume rexistrado ás 23:35 horas do martes no concello de Pontevedra, parroquia de Lérez. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 17 hectáreas, das cales 15 son arboradas e o resto rasas. Na súa extinción traballan 1 técnico, 5 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Controlado Mondariz

Tamén permanece controlado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas do luns e quedou controlado ás 11:30 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas, 160 de arborado e 40 de raso. No lugar levan traballado 2 técnicos, 12 axentes, 38 brigadas, 25 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.

Controlado Caldas de Reis

Permanece controlado dende as 09:00 horas de onte o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas do luns e, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 300 hectáreas de arborado. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 20 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 2 avións.

Lumes extinguidos

Extinguido Fisterra

O lume de Fisterra, parroquia de Duio, quedou extinguido ás 19:08 horas desta tarde tras comezar onte ás 2:35 horas da madrugada. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 28 hectáreas, 2 arboradas e o resto de monte raso. Na súa extinción participaron 5 axentes, 12 brigadas, 8 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13:30 horas de hoxe

ilcanallarubens_incendio Soutomaior-Arcade_00_2016

Lumes en “Situación 2”

Situación 2 en Santiago

Segue decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Santiago de Compostela, parroquia de Fecha, pola proximidade do lume ao núcleo de Vilar do Rei. O lume iniciouse ás 12:25 horas do mércores e permanece activo arestora. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada supera as 500 hectáreas. No lugar levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 25 brigadas, 12 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Porto do Son (parroquias de Baroña, Xuño e Caamaño)

Segue decretada a “Situación 2” no incendio iniciado no concello de Porto do Son, parroquia de Baroña, que tamén afecta ás de Xuño e Caamaño, pola proximidade do lume a núcleos habitados. Este lume uníuse ao que estaba localizado nas parroquias de Xuño e Caamaño e xuntos afectan unha superficie provisional que supera as 500 hectáreas. No lugar levan traballado 2 técnicos, 13 axentes, 29 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Cee

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Cee, parroquia de Toba, pola proximidade do lume ao núcleo do Sembra. Este lume iniciouse ás 18:25 horas de onte e segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada sobrepasa as 180 hectáreas. No lugar están traballando 9 axentes, 18 brigadas e 10 motobombas.

Situación 2 en Arbo

Tamén está activo desde as 20:23 horas de onte un lume no concello de Arbo, parroquia de Mourentán. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada está por riba das 500 hectáreas. Alí traballan 2 técnicos, 3 axentes, 14 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 3 avións.

Situación 2 en Crecente

Decretada a Situación 2 no lume, activo arestora, no concello de Crecente, parroquia de Albeos, que comezou ás 17:52 horas da tarde de onte. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é de máis de 200 hectáreas. Participan na súa extinción 1 técnico, 5 axentes, 13 brigadas, 10 motobombas e 2 helicópteros.

Lumes activos

Activo Soutomaior-Arcade

Desactivada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Soutomaior, parroquia de Arcade. O lume comezou ás 18:02 horas de onte e permanece activo. Este lume uníuse ao rexistrado no concello de Pontevedra, parroquia de Ponte Sampaio. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada total supera as 180 hectáreas. No lugar están a traballar 2 técnicos, 8 axentes, 13 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 4 avións.

Activo Avión-Nieva

Desactivada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello ourensán de Avión, parroquia de Nieva. Este lume uníuse ao rexistrado na parroquia de Avión. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada total é de arredor de 400 hectáreas. O lume comezou ás 16:51 horas de onte e permanece activo. No lugar están a traballar 1 técnico, 16 axentes, 37 brigadas, 17 motobombas, 4 pas, 7 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Soutomaior-Soutomaior

Permanece activo outro incendio en Soutomaior, parroquia homónima, no que estivo decretada a “Situación 2” e xa foi desactivada. O lume iniciouse ás 16:01 horas do martes. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada supera as 230 hectáreas e no seu control traballan 2 técnicos, 16 axentes, 32 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Vimianzo

Activo desde as 23:46 horas de onte o lume rexistrado no concello de Vimianzo, parroquia de Carnés. Segundo unha primeira estimación, a superficie afectada é dunhas 70 hectáreas. Traballan no lugar 1 técnico, 5 axentes, 11 brigadas, 8 motobombas e 1 helicóptero.

Activo Cotobade

Permanece activo o incendio rexistrado no concello de Cotobade, parroquia de Viascón, desde as 20:21 horas de onte. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. No lugar están a traballar 5 axentes, 7 brigadas, 7 motobombas e 2 pas.

Lumes controlados

Controlado Fisterra

Ademais, rexistrouse tamén un lume no concello coruñés de Fisterra, parroquia de Duio, controlado dende as 10:52 horas, cunha superficie afectada estimada en 28 hectáreas. Comezaba ás 02.35 horas de onte e na súa extinción levan traballado 5 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

Controlado Pontevedra

Controlado ás 14:38 horas o lume rexistrado ás 23:35 horas de onte no concello de Pontevedra, parroquia de Lérez. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 17 hectáreas. No seu control traballaron 1 técnico, 5 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Controlado Cotobade

O lume iniciouse ás 17:20 horas do luns na parroquia de Tenorio e permanece controlado desde as 10:45 horas de onte. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas, das cales 255 son arboradas e 110 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 18 motobombas, 7 pas, 15 helicópteros e 3 avións.

Controlado Mondariz

Tamén permanece controlado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas do luns e quedou controlado ás 11:30 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas, 160 de arborado e 40 de raso. No lugar levan traballado 2 técnicos, 12 axentes, 38 brigadas, 25 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.

Controlado Caldas de Reis

Permanece controlado dende as 09:00 horas de onte o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas do luns e, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 300 hectáreas de arborado. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 20 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha

A consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9:30 horas de hoxe

ilcanallarubens_nube de fume desde o Monte do O Castro_Vigo_2016

Lumes en “Situación 2”

Situación 2 en Soutomaior-Arcade

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Soutomaior, parroquia de Arcade, pola proximidade do lume ao núcleo de Xunqueiriñas. O lume comezou ás 18:02 horas de onte e permanece activo. Este lume uníuse ao rexistrado no concello de Pontevedra, parroquia de Ponte Sampaio. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada total é dunhas 180 hectáreas. No lugar están a traballar 2 técnicos, 8 axentes, 13 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 4 avións.

Situación 2 en Santiago

Permanece decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Santiago de Compostela, parroquia de Fecha, pola proximidade do lume ao núcleo de Vilar do Rei. O lume iniciouse ás 12:25 horas do mércores e permanece activo arestora. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 500 hectáreas. No lugar levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 22 brigadas, 11 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Porto do Son (parroquias de Baroña, Xuño e Caamaño)

Segue decretada a “Situación 2” no incendio iniciado no concello de Porto do Son, parroquia de Baroña, que tamén afecta ás de Xuño e Caamaño, pola proximidade do lume ao núcleo do Castro. Este lume uníuse ao que estaba localizado nas parroquias de Xuño e Caamaño e xuntos afectan a unha superficie provisional dunhas 500 hectáreas. No lugar levan traballado 2 técnicos, 10 axentes, 24 brigadas, 17 motobombas e 4 helicópteros. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Cee

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Cee, parroquia de Toba, pola proximidade do lume ao núcleo do Sembra. Este lume iniciouse ás 18:25 horas de onte e segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 180 hectáreas. No lugar están traballando 7 axentes, 15 brigadas e 8 motobombas.

Situación 2 en Avión

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello ourensán de Avión, parroquia de Nieva, pola proximidade do lume ao núcleo de Porreira. Este lume uníuse ao rexistrado na parroquia de Avión. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada total é dunhas 400 hectáreas. O lume comezou ás 16:51 horas de onte e permanece activo. No lugar están a traballar 1 técnico, 8 axentes, 22 brigadas, 12 motobombas, 4 pas, 6 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Lumes activos

Activo Soutomaior-Soutomaior

Permanece activo outro incendio en Soutomaior, parroquia homónima, no que estivo decretada a “Situación 2” e xa foi desactivada, por proximidade do lume ao núcleo de San Martiño de Ventosela, no concello de Redondela. O lume iniciouse ás 16:01 horas do martes. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 230 hectáreas e no seu control traballan 2 técnicos, 16 axentes, 32 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Vimianzo

Activo desde as 23:46 horas de onte o lume rexistrado no concello de Vimianzo, parroquia de Carnés. Segundo unha primeira estimación, a superficie afectada é dunhas 70 hectáreas. Traballan no lugar 1 técnico, 2 axentes, 5 brigadas e 5 motobombas.

Activo Cotobade

Permanece activo un incendio rexistrado no concello de Cotobade, parroquia de Viascón, desde as 20:21 horas de onte. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. No lugar están a traballar 4 axentes, 7 brigadas, 7 motobombas e 2 pas.

Activo Arbo

Tamén está activo desde as 20:23 horas de onte un lume no concello de Arbo, parroquia de Mourentán. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada está nunhas 500 hectáreas. Alí traballan 1 técnico, 2 axentes, 12 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Activo Crecente

O lume no concello de Crecente, parroquia de Albeos, comezou ás 17:52 horas da tarde de onte e permanece activo. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 200 hectáreas. Participan na súa extinción 2 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

Lumes controlados

Controlado Fisterra

Ademais, rexistrouse tamén un lume no concello coruñés de Fisterra, parroquia de Duio, controlado dende as 10:52 horas, cunha superficie afectada estimada en 28 hectáreas. Comezaba ás 02.35 horas de onte e na súa extinción levan traballado 4 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

Controlado Pontevedra

Controlado ás 14:38 horas o lume rexistrado ás 23:35 horas de onte no concello de Pontevedra, parroquia de Lérez. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 17 hectáreas. No seu control traballaron 1 técnico, 5 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Controlado Cotobade

O lume iniciouse ás 17:20 horas do luns na parroquia de Tenorio e permanece controlado desde as 10:45 horas de onte. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas, das cales 255 son arboradas e 110 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 18 motobombas, 7 pas, 15 helicópteros e 3 avións.

Controlado Mondariz

Tamén permanece controlado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas do luns e quedou controlado ás 11:30 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas, 160 de arborado e 40 de raso. No lugar levan traballado 2 técnicos, 12 axentes, 38 brigadas, 25 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.

Controlado Caldas de Reis

Permanece controlado dende as 09:00 horas de onte o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas do luns e, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 300 hectáreas de arborado. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 19 axentes, 37 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 2 avións.

Lumes extinguidos

Extinguido Cerceda

Desde 04:20 horas de hoxe está extinguido o lume rexistrado no concello de Cerceda, parroquia homónima. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 15 hectáreas. No lugar traballaron 6 axentes, 7 brigadas e 6 motobombas.

Extinguido Rois

Extinguido ás 01:30 horas desta madrugada o incendio que comezaba ás 13:53 horas de onte no concello de Rois, parroquia de Augasantas. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 58,1 hectáreas, das cales 50 son de monte arborado. Traballaron na súa extinción 4 axentes, 16 brigadas, 7 motobombas, 2 pas e 6 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19:30 horas de hoxe

ilcanallarubens_nube de fume e cinzas_ria de vigo_ Vigo_2016

Segue declarada a “Situación 2” no incendio de Soutomaior, parroquia homónima, por proximidade do lume ao núcleo de San Martiño de Ventosela no concello de Redondela. O lume iniciouse ás 16:01 horas de onte e permanece activo. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas e no seu control traballan 2 técnicos, 15 axentes, 32 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Santiago

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Santiago de Compostela, parroquia de Fecha, pola proximidade do lume ao núcleo de Vilar do Rei. O lume iniciouse ás 12:25 horas e permanece activo arestora. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. No lugar traballan 1 técnico, 5 axentes, 16 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 1 avión.

Situación 2 en Porto do Son

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Porto do Son, parroquia de Baroña, pola proximidade do lume ao núcleo do Castro. No lugar están traballando 2 axentes, 5 brigadas e 4 motobombas.

Situación 2 en Soutomaior-Arcade

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Soutomaior, parroquia de Arcade, pola proximidade do lume ao núcleo de Xunqueiriñas. O lume comezou ás 18:02 horas e permanece activo. No lugar están a traballar 1 axente, 5 brigadas, 4 motobombas e 1 helicóptero.

Situación 2 en Avión

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Avión, parroquia de Nieva, pola proximidade do lume ao núcleo de Porreira. O lume comezou ás 16:51 horas e permanece activo. No lugar están a traballar 3 axentes, 12 brigadas, 9 motobombas, 3 pas e 4 helicópteros.

Estabilizado Rois

Estabilizado ás 19:50 horas o incendio que comezaba ás 13:53 horas no concello de Rois, parroquia de Augasantas. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Están traballando no seu control 4 axentes, 16 brigadas, 7 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros.

Activo Pontevedra-Ponte Sampaio

O lume comezaba ás 16:44 horas desta tarde na parroquia de Ponte Sampaio, no concello de Pontevedra, e permanece activo polo de agora. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Nel están traballando 1 técnico, 3 axentes, 7 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

Controlado Pontevedra-Lérez

Controlado ás 14:38 horas o lume rexistrado ás 23:35 horas de onte no concello de Pontevedra, parroquia de Lérez. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada está arredor de 30 hectáreas. No seu control están traballando 1 técnico, 5 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Controlado Cotobade

O lume iniciouse ás 17:20 horas do luns na parroquia de Tenorio e permanece controlado desde as 10:45 horas desta mañá. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas, das cales 255 son arboradas e 110 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 18 motobombas, 7 pas, 15 helicópteros e 3 avións.

Controlado Mondariz

Tamén permanece controlado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas do luns e quedou controlado ás 11:30 desta mañá. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas, 160 de arborado e 40 de raso. No lugar levan traballado 2 técnicos, 12 axentes, 38 brigadas, 25 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.

Controlado Caldas de Reis

Permanece controlado dende as 09:00 horas de hoxe o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas do luns e, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 300 hectáreas de arborado. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 19 axentes, 37 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 2 avións.

Controlado Cee

Tamén permanece controlado dende as 03:00 horas da madrugada o incendio no concello coruñés de Cee, parroquia de Ameixenda. Comezaba ás 16:09 horas de onte e resultaron afectadas máis de 100 hectáreas pero só 21 de terreo forestal (15 arboradas e 6 rasas). Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 20 brigadas, 12 motobombas e 3 helicópteros.

Controlado Fisterra

Ademais, rexistrouse tamén un lume de máis de 20 hectáreas no concello coruñés de Fisterra, parroquia de Duio, pero está controlado dende as 10:52 horas. Comezaba ás 02.35 horas e na súa extinción levan traballado 4 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13:30 horas de hoxe

ilcanallarubens_incendio soutomaior_000_2016

Segue declarada a “Situación 2” no incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Soutomaior, parroquia homónima, por proximidade do lume ao núcleo habitado de San Martiño de Ventosela no concello de Redondela.

O lume iniciouse ás 16:01 horas de onte e permanece activo. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas e no seu control traballan 2 técnico, 15 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 1 pa, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo lume en Pontevedra

Declarouse ás 23:35 horas de onte un incedio no concello de Pontevedra, parroquia de Lérez, que segundo as últimas estimacións están arredor de 30 hectáreas. No seu control están traballando 1 técnico, 5 axentes, 9 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

Controlado Cotobade

Desativouse a “Situación 2” do incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cotobade, parroquia de Tenorio. O lume iniciouse ás 17:20 horas do luns e quedou controlado ás 10:45 horas. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas. No seu control levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 34 brigadas, 17 motobombas, 7 pas, 15 helicópteros e 3 avións.

Controlado Mondariz

Tamén quedou controlado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas do luns e quedou controlado ás 11:30 desta mañá. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas, 160 de arborado e 40 de raso. No lugar levan traballado 2 técnicos, 12 axentes, 34 brigadas, 23 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.

Controlado Caldas de Reis

Segue controlado dende as 09:00 horas de hoxe o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas do luns e, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 300 hectáreas de arborado. No seu control levan traballado 3 técnicos, 18 axentes, 37 brigadas, 18 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 2 avións.

Controlado Cee

Tamén permanece controlado dende as 03:00 horas da madrugada o incendio no concello coruñés de Cee, parroquia de Ameixenda. Comezaba ás 16:09 horas de onte e resultaron afectadas máis de 100 hectáreas pero só 21 de terreo forestal. Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 18 brigadas, 12 motobombas e 3 helicópteros.

Controlado Fisterra

Ademais, rexistrouse tamén un lume de máis de 20 hectáreas no concello coruñés de Fisterra, parroquia de Duio, pero está controlado dende as 10:52 horas. Comezaba ás 02.35 horas e na súa extinción levan traballado 3 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 22:30 horas de hoxe

13901412_10210651903840675_1656823124972941405_n

A Consellería do Medio Rural decretou a “Situación 2” no incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Soutomaior, parroquia homónima, por proximidade do lume ao núcleo habitado de San Martiño de Ventosela no concello de Redondela.

O lume iniciouse ás 16:01 horas e permanece activo. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas e no seu control traballan 1 técnico, 3 axentes, 7 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 1 avión. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Cotobade

Tamén permanece decretada a “Situación 2” no incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cotobade, parroquia de Tenorio, pola proximidade do lume ao lugar de Vilanova. O lume iniciouse ás 17:20 horas de onte e permanece activo polo de agora. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas. No seu control levan traballado 2 técnicos, 16 axentes, 28 brigadas, 14 motobombas, 6 pas, 15 helicópteros e 3 avións.

Activo lume en Cee

Declarouse ás 16:09 horas un incedio no concello coruñés de Cee, parroquia de Ameixenda, que segundo as primeiras estimacións supera as 20 hectáreas. No seu control están traballando 3 axentes, 5 brigadas e 5 motobombas.

Estabilizado Mondariz

Permanece estabilizado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas de onte e quedou estabilizado ás 10:04 horas desta mañá. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 160 hectáreas. No lugar levan traballado 2 técnicos, 11 axentes, 31 brigadas, 21 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.

Estabilizado Caldas de Reis

Tamén segue estabilizado o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas de onte e quedou estabilizado ás 11:45 horas desta mañá. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 290 hectáreas. No seu control levan traballado 3 técnicos, 16 axentes, 36 brigadas, 17 motobombas, 1 pas, 1 tractor, 11 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13:30 horas de hoxe

ilcanallarubens_incendiocaldas_2016

Permanece decretada a “Situación 2” no incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Cotobade, parroquia de Tenorio, pola proximidade do lume ao lugar de Vilanova. O lume iniciouse ás 17:20 horas de onte e permanece activo polo de agora. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas. No seu control levan traballado 2 técnicos, 19 axentes, 24 brigadas, 10 motobombas, 6 pas, 15 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Estabilizado Mondariz

Descativada esta mañá a “Situación 2” no incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas da noite e quedou estabilizado ás 10:04 horas desta mañá. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 160 hectáreas. No lugar levan traballado 2 técnicos, 9 axentes, 24 brigadas, 17 motobombas, 1 pa e 5 helicópteros.

Estabilizado Caldas de Reis

Desactivada tamén a “Situación 2” no incendio forestal localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas de onte e quedou estabilizado ás 11:45 horas desta mañá. Segundo novas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 290 hectáreas. No seu control levan traballado 3 técnicos, 12 axentes, 32 brigadas, 16 motobombas, 2 pas, 1 tractor, 11 helicópteros e 2 avións.

Extinguido Ribeira

Extinguido desde as 11:00 horas desta mañá o incendio rexistrado no concello coruñés de Ribeira, parroquia de Carreira, tras comezar o luns ás 00:30 horas. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 81,7 hectáreas arboradas, das cales unhas 26 están dentro do Parque Natural das Dunas de Corrubedo. Na súa extinción participaron 1 técnico, 14 axentes, 27 brigadas, 22 motobombas, 4 pas, 3 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha

A Consellería do Medio Rural informa da situación 2 no incendio de Cotobade con datos recollidos ata as 03:00 horas de hoxe

ilcanallarubens_incendio cotobade_2016

Onte o día deu o seu fin baixo unha nube de fume e cinzas sobre a Ría de Vigo, fume e cinza procedente desde Cotobade, parroquia de Tenorio, as chamas consumiron mais de 200 hectáreas.

Decretouse a “Situación 2” no incendio forestal activo arestora. Esta situación operativa de emerxencia declárase por proximidade do lume ao lugar de Vilanova. O lume iniciouse ás 17:20 horas e permanece activo polo de agora. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 200 hectáreas.

No seu control traballan 2 axentes, 10 brigadas, 4 motobombas, 2 pas e 9 helicópteros. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

A impunidade é un xeito de corrupción, por unha política forestal sustentable. Servizo único, público e profesional.

Outros rexistros de incendios no pais

Situación 2 en Caldas de Reis

Decretada, como medida preventiva, a “Situación 2” no incendio forestal activo arestora no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar, por proximidade do lume ao lugar de Castro de Agudín. O lume iniciouse ás 15:51 horas e permanece activo polo de agora. Segundo as primeiras estimacións provisionais, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. No seu control traballan 1 técnico, 5 axentes, 14 brigadas, 6 motobombas, 2 pas, 1 tractor, 10 helicópteros e 2 avións.

Controlado Ribeira – Carreira

Permanece tamén controlado desde as 14:05 horas o incendio rexistrado no concello coruñés de Ribeira, parroquia de Carreira, que segundo as estimacións provisionais afecta a 70 hectáreas, das cales unhas 26 están dentro do Parque Natural das Dunas de Corrubedo. O lume iniciouse ás 00:30 horas e están traballando no seu control 1 técnico, 13 axentes, 24 brigadas, 20 motobombas, 4 pas, 3 helicópteros e 2 avións.

Extinguido Ribeira – Olveira

Extinguido desde as 18:50 horas o incendio localizado integramente dentro do Parque Natural das Dunas de Corrubedo, na parroquia ribeirense de Olveira, tras iniciarse ás 00:58 horas da madrugada. Segundo as últimas estimacións, o lume afectou a unha superficie de 13 hectáreas, das cales 4 son arboradas e o resto de monte raso. Na súa extinción traballaron 6 axentes, 5 brigadas e 4 motobombas. Así pois, a superficie afectada dentro deste espazo protexido é dun total de 39 hectáreas.

Extinguido Rianxo

Extinguido ás 20:00 horas o incendio rexistrado onte ás 21:42 horas da noite no concello coruñés de Rianxo, parroquia de Leiro. Afectou a unha superficie aproximada dunhas 30 hectáreas, das cales 25 son arboradas. Traballaron na súa extinción 1 técnico, 7 axentes, 18 brigadas, 10 motobombas, 2 pas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha

Medio Ambiente cede 67 medios aéreos contra incendios ás comunidades autonomas

ilcanallarubens_medios aereos xunta_2016

Así se deu a coñecer no protocolo de actuación do Ministerio

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente (Magrama) achega un total de 67 medios aéreos repartidos por todo o territorio nacional para apoiar aos dispositivos de extinción de incendios forestais das comunidades autónomas, o que supón preto do 45% da capacidade de descarga total. Así se deu a coñecer no protocolo de actuación do Ministerio, que apunta que os medios, basicamente medios aéreos de gran capacidade de descarga, estarán repartidos en 37 bases polo territorio peninsular e insular.

Deste xeito, as cifras de medios aéreos para esta campaña “non se reduciron e dispoñerase do mesmo número de efectivos que o ano pasado“, segundo este Departamento, que engade que a incorporación destes medios é “progresiva garantindo a cobertura das necesidades das CC.AA., que solicitan ao Ministerio os medios concretos que precisan”, e insisten en que “os incendios de certa relevancia ocorridos nas últimas semanas deuse o servizo solicitado polas CC.AA. sen ningún problema”.

En concreto, os medios aéreos da actual campaña compóñense de 61 avións e helicópteros con distintas capacidades de descarga de auga e outros 6 medios aéreos de apoio a comunicacións e con capacidade para retransmitir imaxes e vídeos para a toma de decisións.

Medio Ambiente indica que a distribución destes medios, que é aprobada polo Consello de Ministros, responde os principios de frecuencia e risco de incendios e á experiencia das campañas anteriores facilitando a súa pronta resposta ante calquera conato de incendio. Así mesmo, asegura que todos os medios cos que conta o Ministerio están interrelacionados e coordinados desde o Centro de Coordinación da Información Nacional sobre incendios forestais (CCINIF), organismo encargado da mobilización de medios.

COLABORACIÓN CIDADÁ

Neste contexto, sinalou que, segundo as últimas análises, o 54 por cento dos avisos de incendio forestal rexístranse grazas á colaboración cidadá, sendo tamén detectados desde os puntos de vixilancia situados en zonas de arboledo, ou a través dos vixiantes ou axentes forestais das comunidades autónomas.

Son precisamente as Comunidades Autónomas as que, de acordo ás súas necesidades, solicitan a presenza de medios do Ministerio, a través de dous procedementos. Por unha banda, o denominado ‘Despacho automático’ no que, unha vez que se coñece o conato de incendio, e se este orixinouse dentro do perímetro dun radio de 50 quilómetros da localización dunha das bases do Ministerio, e a petición da Comunidade Autónoma, envíanse os medios da devandita base ao incendio.

O outro procedemento consiste no ‘ataque ampliado’: cando o incendio reviste maior gravidade, ou cando se constatan dificultades para a súa extinción ou se prevé que poida aumentar, as CC.AA. solicitan ao CCINIF medios complementarios para axudar aos dispositivos autonómicos.

En coordinación coas Comunidades Autónomas decídese tamén cando, dada a importancia do incendio, algúns medios deben pernoitar na zona, ou a desmobilización dos mesmos cando a evolución do incendio permíteo.

Se vedes lume chamade ao telefono gratuito 085.

Rubens Rocha

Un novo incendio activa as alarmas en Coiro | Lembra #SeVesLume085

ilcanallarubens_incendio-redimensionadas-NOPARAN-1-816x460

Foto do portal moparan.com

Un incendio volve espertar as alarmas en Cangas. Esta tarde, os veciños de Coiro avisaron de que estaba ardendo unha zona próxima ao túnel do Corredor do Morrazo. Hasta a zona se desplazaron medios de Emerxencias, Policía Local, varios brigadistas e medios aéreos.

O lume xa está controlado e non descartan que sexa intencionado, ao igual que os declarados durante esta semana pasada en zonas como Darbo. Lembrade que dende hoxe quedan prohibidas as queimas. Se vedes lume chamade ao telefono gratuito 085.

Rubens Rocha

ilcanallarubens_incendio Darbo_2016

Foto do portal Faro de Vigo.

O 30 de Xuño hai que lembrar que na mesma xornada na que o pleno de Cangas aprobou unha moción de Cangas Decide criticando as medidas adoptadas pola Xunta de Galicia no seu plan contraincendios forestais de verán, unha onda de incendios percorreu o municipio. Foi pouco despois de que terminase o pleno, ao redor das 22.30 horas.
A primeira alarma foi para atender as chamas que comezaban a ser xa moi visibles e que afectaban ao denominado Balcón do Rei, localizado en Montecarrasco, lugar de Darbo, onde se rexistraron focos, polo que os técnicos entende que foi provocado. De feito o Grupo de Emerxencias de Cangas así llo facía chegar ao alcalde Xosé Manuel Pazos. Dúas brigadas da Xunta e bombeiros do parque comarcal do Morrazo colaboraron na extinción deste incendio que afectou a monte alto, con eucaliptos e piñeiros. e onde se queimou aproximadamente 7.000 metros cadrados de superficie.

Mentres os equipos estaban a regar a zona, saltou outra alerta. Declarouse outro lume no alto da Portela, minutos máis tarde saltou outra: incendio en San Cosme. Ao final eran o mesmo. A cen metros cara arriba da capela de San Cosme as chamas empezaban a queimar o monte, sen dar tempo a que as brigadas se desprazasen. O alcalde lembraba onte que o martes houbo un incendio en Coiro con catro focos e provocado. Aseguraba que todo isto era bastante sospeitoso e pedía á Subdelegación do Goberno contundencia.

ilcanallarubens_rescoldos del incendio en Darbo_2016

Foto do portal Faro de Vigo.

Hai que lembrar que o 2 de Xullo que vaga de incendios forestais que sofre a comarca morracense nos últimos días, e particularmente nas parroquias canguesas de Coiro, Darbo e Aldán -que os investigadores consideran intencionados- desatou as críticas da Mancomunidade de Montes Veciñais do Morrazo,
que bota en falto financiamento da Xunta para acometer labores de prevención, así como o incumprimento do Plan de Incendios de Galicia (Pladiga) que obriga á Administración autonómica a informar os axentes sociais dos recursos dispoñibles con suficiente antelación e da falta de medios terrestres e aéreos para combater o lume. Os comuneiros cren que a Xunta non fixo o seu traballo como debese e lamenta que se entrou en plena época estival sen os deberes feitos: “No canto de previr, mellor ver vir”, ironizan.

A crítica máis inmediata da Mancomunidade de Montes alude á “falta de medios terrestres e aéreos”, pois constatan a presenza de “dúas brigadas, como moito”, integradas por unha ou dúas persoas, “cando ou normal sería de cinco compoñentes”. O mesmo sucede coas motobombas, engaden, “porque ao non haber condutores non están operativas en número suficiente”. Con respecto aos medios aéreos, lembran que o contrato da Xunta cunha empresa privada finalizou fai máis dun mes e aínda non se volveu a adxudicar o servizo. Para combater o incendio de Aldán houbo que mobilizar un helicóptero procedente de Ourense, pois na provincia de Pontevedra “non había ningún” operativo. Os comuneiros pregúntanse se esa situación ten algo que ver coa aposta da Xunta por privatizar a loita contra incendios forestais co argumento de que é “máis económico”.

Outra das deficiencias que atopa a Mancomunidade de Montes do Morrazo ao proceder da Administración autonómica é o “incumprimento do Pladiga” (Plan de Incendios de Galicia), segundo o cal tería a obrigación de convocar en cada comarca unha reunión entre os distritos forestais e os distintos axentes sociais, “entre vos que estamos as comunidades de montes” para informarlles do dispositivo de prevención e extinción de incendios antes do inicio da época de alto risco de incendio. “Xuntanza que aínda non se realizou”, critican, cando xa se estreou o mes de xullo.

O incumprimento da Lei 3/2007 de Prevención e Defensa contra os Incendios Forestais está igualmente no haber negativo da Xunta esta campaña, a xuízo dos comuneiros morracenses, que explican que nos espazos definidos como “redes primarias de faixas de xestión de biomasa” é obrigatorio romper a continuidade da vexetación presente. Unha obrigación que non se cumpre, por exemplo, no Corredor do Morrazo, considerado como rede primaria e de competencia da Xunta de Galicia onde “non estase a facer dita xestión dás faixas laterais” a pesar da alta carga de combustible de especies pirófitas como a acacia, “pondo en perigo a seguridade dous usuarios nesta época de maior afluencia do ano a ao monte lindante na maior parte do seu percorrido, dende Domaio ata Aldán”, recalcan.

Por último, os representantes do colectivo comarcal de comuneiros reparan no “atraso na resolución de concesión de axudas para a prevención de incendios”, pois a pesar da publicación da orde no mes de decembro e da presentación de solicitudes en xaneiro, ata agora a Xunta non o resolveu, o que deixa sen efecto os fins preventivos que persegue e permite que entrar en plena época estival co problema sen resolver, o que obriga a buscar accións paliativas de última hora.

Rubens Rocha