Archivos en la Categoría: O autor deste Bloge.

Grazas Carlos Tena por ensinarnos a moitos o verdadeiro significado da esquerda

Tras sete anos sendo referente para moitos e moitas o blogue de Carlos Tena, Carlos decidu pechalo, referente para moitos e moitas os que verdadeiramente nos sentimos da esquerda orixinal e comunistas convencidos.

As ultimas verbas dun gran referente

“Tras máis de sete anos de continua actividade -explica Tena – hoxe véxome na necesidade de clausurar este blogue”.

“As razóns para iso – continúa expoñendo Carlos Tena – entre as que se atopan unha certa fatiga física e recentes intervencións cirúrxicas que me impiden estar nas mellores condicións para manter aberta e activa esta páxina, pertencen ao patrimonio da privacidade”.

Na súa despedida

O xornalista expresou o seu agradecemento “a todos os que me animastes coa vosa presenza e comentarios, a manter acendida esta pequena chama de rebeldía que outros/as recollerán na rede de redes e que millóns de compañeiros/as ao longo e ancho dos cinco continentes manteñen viva, para seguir enfrontando ao neoliberalismo “democrático criminal”, mentres unha esquerda contemplativa apontoa ese réxime político, económico e social, tan afastado dos dereitos do pobo como enfangado no fascismo máis delirante”.

Carlos manifesta

“Nunca me considerei – continúa explicando Tena – unha persoa das que Bertolt Brecht chamaba boas, mellores ou imprescindibles, nin o pretendín xamais. Cando, tras a xubilación, deixei o meu traballo en Cuba, regresei a esta España neofranquista que os medios xornalísticos de alcance nacional continúan defendendo como “un estado de dereito”, conscientes (pero sen mostrar o menor rubor) de que é a maior mentira que pode esgrimirse desde un medio informativo. Ante ese panorama, dispúxenme a abrir o blogue de Carlos sabendo que chegaría o momento de clausuralo”.

Carlos agradece

“As forzas e a boa saúde van abandonando, así que decidín facer mutis polo foro, reiterando sincera e fraternalmente o meu agradecemento pola vosa presenza, coraxe, apoio, amizade, afecto e ánimo, recibidos desde comezos de 2010 ata hoxe”.

“Máis de 5 millóns de visitas compensan as miles de horas que dediquei a esta páxina. Pero desde agora serei unicamente lector empedernido” -conclúe na súa despedida o xornalista.

Grazas, grazas de corazón deste Canalla/Radical/Revolucionario por ensinarme tanto e darnos tanto cos teus textos e as túas explicacións. Ata sempre camarada.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

PD. Sempre lembrarei estas verbas do camarada: Hoxe resulta indiscutible o triunfo da prostitución xornalística global, financiada por empresarios sen escrúpulos nin deontología profesional, que contratan mercenarios para que sementen noticias baseadas na manipulación e a mentira.

Os medios de alcance nacional e global substituíron aos tribunais de “xustiza”, converténdose en cómplices do terrorismo mediático, aliado voluntario do yihadismo aleitado en Washington, Bruxelas, Tel-Aviv, Doha e Riad.

A diferenza dos xuíces, que en calquera proceso brindan oportunidade ao “acusado” para defenderse de presuntos delitos, as Mafias e Seitas xornalísticas españolas eríxense en maxistrados e fiscais que condenan sen probas nin evidencias, negando a voz e a defensa a aqueles a quen decidiu enviar ao patíbulo.

No seu destrutivo labor, negan mesmo as normas máis elementais da profesión, referidas ao rigor, a veracidade e o contraste imprescindible desas miles de “noticias” que lanzan a través da prensa escrita, a radio, internet e TV, cuxa lixo verten sobre dirixentes e gobernos que loitan contra o fascismo, que dan a súa vida polas revolucións populares, pola xustiza, a verdade, a paz e unha verdadeira democracia.

paxina non atopada de calros tena_ilcanallarubens

Anuncios

Cal é o segredo mais profundo e escuro? Ese que non lle contaron a ninguén?

Cal é o segredo mais profundo e escuro? Ese que non lle contaron a ninguén? non sei, quizais abusaron da confianza dun amigo ou dun anonimato nun foro da internet ou roubaron nun gran almacén quizais morran por deitarse cun contacto do Whatasapp ou da rede social á cal son mais asiduos e esa persoa esta emparellada ou casada ou comprometida, ocultar roubas diñeiro e lle mintes a xente nun proxecto, síntoo acertei por casualidade, e vostede o que me esta lendo esconde un segredo? agora mesmo o noso cerebro esta librando unha batalla presumo que a cortiza do cíngulo desexa dicir a verdade pero… a cortiza prefrontal orbital esta disimulando o mal que sairán as cousas se nos imos da lingua ou dos dedos neste caso, se a cortiza prefrontal orbital gana aumentase o nivel de hormonas da tensión se a do cíngulo gana diminuirá o nivel de tensión de modo que se é bioloxicamente máis san confesar o noso segredos porque a nosa natureza humana impídenos loita incesablemente a ter os nosos segredos ocultos quizais o ser humano que di ser sincero e honesto non o é tanto senón totalmente o contrario e a iso chámaselle hipocrisía.

Tal como escribín eu fai un bo tempo atrás nun estado do meu facebook persoal “Froiz dixo ante ano ningún mortal pode gardar ningún segredo se os seus beizos están selados fala coas xemas dos dedos rezuma traizón por todos os poros da pel o sen ningunha dúbida descubriu algo máis que interesante sen dúbida descubriu o efecto da mentira sacala á verdade. Aínda que esteamos moi desesperados por ocultar os nosos segredos canto mais empeñémonos en enterralos mais rápido sairán á superficie estamos obrigados neurologicamente a confesar e iso é bo pois porque o confesar é bo para o organismo para o cerebro pero mesmo pode ser san para a alma sempre cando creamos nesas cousas”.

Non hai nada peor que un mentireiro ou mentireira, todos opinan o mesmo… Verdade? Pero porque? Porque sentímonos tan ofendidos por alguén que nos dá gato por lebre? Porque é repugnante literalmente, a incredulidade procésase na codia cingular e a illa anterior do sistema límbico, as mesmas rexións cerebrais que xeneran as mesmas porcións viscerais como o sufrimento e o noxo… iso non só explica que detestamos aos embusteiros senón que como seres humanos anhelamos en algo no que crer xa sexa Xesucristo ou o Ratoncito Pérez ou a Liberdade de Expresión ou nunha Democracia igualitaria ou nun líder político ou nun presidente moi honrrado ou como tamén nun feito científico como a gravidade, o noso cerebro nos recompensa emocionalmente cando temos fe, crer fainos sentirnos ben, sentirnos amparados pero como podemos fiarnos do noso sistema de crenzas cando ao noso cerebro nos fai sufrir subornos emocionais? equilibrándoo con raciocinio e con razoamentos analíticos cuestionándonos todo e estando sempre, sempre abertos a calquera posibilidade.

Decembro é o mes, e lembren este escrito.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Grazas publicas a paxina “O MONTE NON SE VENDE”

Quero dar publicamente as grazas á paxina de facebook O MONTE NON SE VENDE por estar a compartir todo o meu traballo na defensa do parque forestal de “LIÑEIRIÑOS” onde se quere construír un “CCT” (centro comercial temático).

Desde que se presentou dito proxecto empecei a investigar o que hai detrás de tal proxecto e a verdade que o obtido foi para min coma se cravasen un puñal no corazón.

É tan noxento que dúas forzas políticas como son PP e PSOE estean a favor de asasinar un punto crave para a saúde dos veciños e veciñas de Vigo e a súa área.

Cabe dicirlles a estas dúas forzas politicas que en “LIÑEIRIÑOS” ao entrar no seu parque forestal di:

Monte “Bandeira”
Comunidade de montes Cabral
O teu e Coidalo!

Non lles entra nas molleras que di “O TEU E COIDALO” non especular con el, pero bueno estes dous partidos só gústalles o capital en contra da saúde dos seus cidadáns e cidadás, e logo cando hai lumes nos montes tiranse un a outro merda cando pois teñen a defensa de aniquilar unha coroa fundamental na cidade olivica e a sua área.

O proxecto de “PORTO CABRAL” é un proxecto especulativo, un proxecto que non só queren facer un “CCT” senón tamén desenvolver unha cidade á marxe onde pois os defensores de dito CCT non din nin tapouco os promotores de dita area comercial, gañarían algún diñeiro pola cidade ao marxe e polo CCT? que respondan eles…

A área é publica é de todos e todas, dos vigueses e viguesas, os vigueses e viguesas non queren aniquilar unha zona verde, destruír un monte dá nosa cidade fundamental para a nosa saúde, destruír emprego non comercio local e trasladar negocios do centro urbano ao monte xenerando molestias como as que ocasiona ir ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

E se hai algún vigues ou viguesa que diga “NON MAIS LUMES – LUMES NUNCA MAIS” que tamén digan xa que si se esta contra os lumes que destrozan/anquilan montes tamén hai que decir non a PORTO DE CABRAL xa que aniquilaria o monte.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

O video finaliza cunha frase, e con esa frase pois finalizo este artigo, «LER – DOCUMENTARSE – REFLEXIONAR – DIFUNDIR + info no video»

Que hai detrás do proxecto liñeiriños «PortoCabral»

Comunicado persoal como mebro de NoticiasVigo.es | Grazas a Veciñanza | #ArdeGaliza

Ana Pastor a do Objetivo laSexta deixa caer que esta cansa por estar máis ou menos 6h informando, nós noticiasvigo.es levamos máis de 6h informando e con moitisimos menos persoal cos que ten a Sexta, concretamente estamos duas persoas informando minuto a minuto, Borja García máis eu.

Nós queremos darlle as grazas públicas a xente que contou con nós para informar tanto colaborando como difundido, tamén dar as grazas a Garda Civil, Conselleria do Medio Rural, A Presidencia da Xunta, Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza, Bombeiros e o centro 112 de emerxencias.

Persoalmente grazas a todas vos por coller a noticiasvigo.es como medio de referencia no eido de estar informadas sobre a lacra dos lumes ocorridos neste pasado Domingo e madrugada de Luns.

Boas noites a todas.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
Seguiremos informando/NoticiasVigo.es desde o 2011 ao servizo da veciñanza e informando a veciñanza.

Replica ás acusacións á miña persoa ao meu labor en NoticiasVigo.es

1 Tema fotografías.

 Non roubo ningunha das fotografias que publico en noticiasvigo.es, numerosas das notas de prensa xa veñen adxuntas fotografías.

 Non roubo ningunha das fotografías que publico en noticiasvigo.es, como fotógrafo e senón dispoño dunha foto para unha noticia pois me poño en contacto con compañeiros e compañeiras as cales lle solicito unha fotografía e como favor e deber poño un pé o autor ou autora.

2 Tema notas de prensa.

 Adoito empregar o método FIFO (primeira en entrar primeira en saír) ou sexa que publico a primeira que me chega e logo o resto por orde cronolóxica en canto teño tempo xa que non estou as 24h do día traballando.

√ Recibimos notas de prensa nas cales nelas van explicado como ten que ser publicado máis nunca acometemos iso de manipular ao trasladar ao noso portal.

√ Noticiasvigo.es é un portal de información ao servizo da veciñanza, un portal pequeno con poucos recursos(como decir que sen eles xa que aportamos todo do noso peto).

√ En canto ás acusacións que somos selectivas ou sexa que seleccionamos que publicar ou non é rotundamente FALSO, se non publicamos algo é porque se algo nunca chega non se pode publicar, e cando non chega é porque non esta nin na bandexa de entrada nin en spam, en ocasións os interesados meten o correo mal ou teñen o seu servidor do correo mal configurado ou cando tentaron mandar pois tivo unha caida na sua conexion e perdeuse tal mail.

Tema censura

 NoticiasVigo.es non censura senón máis ben NoticiasVigo.es é o unico medio local da cidade de Vigo que esta betado por parte do seu concello.

√ NoticiasVigo.es non censura senón máis ben NoticiasVigo.es é o único medio local da cidade de Vigo que non recibe ningunha axuda pola Xunta de Galicia e Concello de Vigo.

Con estes puntos brevemente explicados quero que xa quede ben claro e deixen de estar polo ancho da rede troleando con falsidades xa que as falsidades son como as mentiras que teñen as patitas curtas e se non teñen vida pois merquense unha.

Rubens [@IlCanallaRubens]
Redactor e fotografo precario de NoticiasVigo.es

Grazas por darme a benvida

Despois de catro meses sen facer a rúa e sen ver as compañeiras e compañeiros alegroume un montón velos no día de hoxe.

Catro meses pasaron da miña ultima vez de cubrir a rúa en modo presencial, catro meses que a moitos e moitas lles debo moito polo moito que me facilitaron o meu traballo, grazas as persoas que me deron fotos, grazas as persoas que me deron as notas de prensa, grazas por eses bicos de hoxe, grazas pola apertas tan cheas de sentimento, grazas.. grazas… grazas…

Aínda que non este vos todas estades en min e o estaredes sempre, vos quero.

Rubens [@IlCanallaRubens]
Redactor e fotografo precario de NoticiasVigo.es

Comunicado de #ICRPhotographer #ICRVideo #ICRVigo

Ante a insistencia de numerosas persoas, persoas sen masa gris que seguen o corre vai e dille, trolls da rede de redes teño que aclarar uns cuantos puntos.

1º Non cobro absolutamente nada polo labor de vídeo e fotografía. (Aínda que en ocasións non estaría mal cobrar pero creo no ben común).

2º Asisto aos espazos aos cales me convidan e ante o vídeo e a fotografía os cubro. (Sei que nalgúns espazos valoran o traballo precario que desenvolvo cos equipos pobres que dispoño e nalgúns non máis aínda teñen á súa libre disposición elixir a outros e outras compañeiras).

3º Antes de ir a eses espazos quítome a camiseta titular coa que ando habitualmente na miña vida persoal deixando fóra deses espazos dita camiseta. (Neses espazos saben os meus simpatias, fobias, gustos e sensacións máis as comprenden).

4º O traballo do vídeo e fotografía gástase moito diñeiro e aínda así estou a crear unha gran base fotográfica e de vídeo xa que creo que todo aquel que despois do meu falecemento poida ver o que no pasado pasou libremente sen un custo previo. (Gasto de transporte, gasto de enerxía eléctrica, gasto de vés materiais como vestimenta e calzado e gasto de paciencia) (Meus referentes Vitin, Pacheco e outros).

5º E definitivo, somos moitas persoas que estamos a crear redes de información independentes aos grupos mediáticos (MASS MEDIA), somos persoas que amamos o mundo de mostrar ao pobo o que esta pasando sen a necesidade de querer remplazar a profesionais con carreira no ámbito da información, somos a maior parte das persoas desempregadas as que queremos achegar un gran alternativo ao común, aínda que nas nosas redes atópense algunhas persoas pensionistas/xubiladas/empregadas e algúns tamén buscamos unha oportunidade laboral no ambito do fotoxornalismo que é o máis precarizado e esta nesta actualidade en perigo de extinción, nesta rede cada un ten o seu selo, selo que con moito exforzo e dedicación leva enrriba.

Rúbens Rocha [@IlCanallaRubens | #ICRPhotographer #ICRVideo#ICRVigo]

Como coidar a túa linguaxe corporal nunha entrevista de traballo

ilcanallarubens_Como coidar a túa linguaxe corporal nunha entrevista de traballo_2016

De acordo cun novo estudo, a metade das empresas aseguran que lles bastan 5 minutos para saber se unha persoa é a máis indicada para un posto de traballo na súa compañía.

Así que o que ocorre durante ese tempo, tanto a nivel verbal como non verbal, é clave para conseguir o emprego ao que queres optar. Por iso, hoxe contámosche os erros de linguaxe corporal que debes evitar nunha entrevista de traballo.

No estudo participaron 2.595 persoas que recrutan persoal a diario nas súas empresas ou son xefes de RRHH, polo que é un informe bastante fiable.

A maioría traballan no sector privado e, aínda que discrepan nalgúns aspectos, todos coinciden en 5 puntos. Queres saber cales son?

1. Evitar contacto visual

Evitar o contacto visual nunha entrevista de traballo é o erro máis común que podemos cometer. O desaprueba o 67% dos entrevistadores.

Debes tentar mirar ao entrevistador directamente aos ollos, pero son incomodalo. Lembra que unha mirada fixa pode ser interpretada como un sinal de agresión e unha mirada de costado é interpretada como unha mentira.

De feito, o que debes tentar proxectar é empatía, entusiasmo e interese.

Se segues estes consellos e estás cualificado para o emprego ao que optas, seguro que conseguirás o traballo que che propoñas.

2. Non sorrir

Existen algúns pequenos detalles de linguaxe corporal que, aínda que adoitan pasar desapercibidos, son transcendentais para triunfar nunha entrevista de traballo. Entre eles, atópase o sorriso.

Isto non quere dicir que, cando cheguemos, teñámoslle que contar un chiste ao noso futuro xefe. Con todo, non sorrir durante a proba de acceso está mal visto por moitos entrevistadores. Concretamente, por un 39%.

E é que sorrir demostra empatía e autocontrol, ademais de ser un elemento que xera distracción.

Iso si, se es dos que sorrín peor que Chandler nese capítulo de Friends, tenta ensaiar para dous momentos no que é imprescindible conceder a mellor dos nosos sorrisos: cando saudamos ao noso entrevistador e cando nos despedimos.

3. Xogar con algo que hai na mesa

Se colles algo que hai na mesa e empezas a xogar con iso, a impresión que darás ao entrevistador é que es unha persoa que che distraes con facilidade.

Ademais, implica que estás nervioso e que non controlas as situacións de tensións.

O desaprueba o 33% dos entrevistadores, polo que moito ollo con coller nada do que hai na mesa, aínda que sexa un simple bolígrafo.

Nós recomendámosche identificar eses tics e tratar de controlalos. Por exemplo, se adoitas xogar con aneis ou pulseiras, non os leves ese día. Aínda que, sen dúbida, e aínda que pareza difícil, a mellor forma de controlalos é tentar relaxarse antes da entrevista, sentirse cómodo.

Debes proxectar unha imaxe de interese cara ao entrevistador…e estar distraído cos elementos que che rodean demostra o contrario.

4. Ter mala postura

A túa nai tiña razón: ter unha mala postura ocasionarache moitos problemas….e non só de costas.

Tamén pode facer que non che collan no traballo que desexas. Segundo o 30% das persoas encargadas de recrutar persoal, ter unha mala postura denota desconfianza e deixamento.

O mellor que podes facer neste caso é sentarche dereito, pero sen forzar a postura. Iso demostra confianza e seriedade ao entrevistador.

Non debes apoiarche sobre a mesa e por suposto nada de recostarse cara á atrás na cadeira. Por outra banda, a túa cabeza debe estar ergueita e dereita.

Nós recomendámosche sentarche un pouco ao bordo da cadeira para demostrarlle interese ao teu entrevistador. Pero, sobre todo, debes evitar estar excesivamente ríxido, como paralizado.

5. Moverse no asento

Moverse excesivamente na cadeira onde estás a realizar a entrevista de traballo é un erro máis común do que pensas. Segundo os psicólogos, é unha mostra de nerviosismo e, por tanto, de inseguridade.

Isto xera moita desconfianza nun mesmo e, por tanto, tamén a xerará no entrevistado.

Recomendámosche buscar unha postura cómoda e discreta, xa que está mal visto entre o 30% dos entrevistadores.

Fonte TICbeat LAB

Rubens Rocha.

Catro placas de Vigo históricas

BeFunkyCollage

Unha destas catro placas de rúas é contemporánea aínda que aparente moi antiga e outra e peculiar e as outras duas son as mais antigas da cidade.

A mais antiga o concello de Vigo quíxoa sacar para restaurar no mes de xullo do 2015 e o que conseguiu foi esnaquizala e na actualidade só hai un anaco no seu lugar, foi denunciada, non serviu para activar ningún protocolo de recuperación xa que parte da placa continúa encostada ao muro. A ficha do PXOM correspondente á placa de dita
rúa sinala que é un ben que goza da protección integral da lei. É unha placa esculpida en mármore, que presenta un ilcanallarubens_Avenida Manuel Olivé_Vigo_2016veteado sobre o que se inseren en bronce as letras que dan nome á rúa de acceso ao castelo de O Castro, engalanadas por unha borla decorativa fundida tamén en bronce.

A segunda mais antiga o concello de Vigo a sacou da vivenda onde estaba inserida o que colevou sufrir danos e tivo que ser restaurada perdendo así o seu valor. Todo para construir a praza das Apertas. Praza situada entre a rúa Pi y Margall / rúa Lopez Mora e Camiño dos Pazos. A ficha do PXOM sinala que ten un nivel de protección integral polo que debería ser conservada.

A terceira mais antiga é a placa mais consentida polos veciños de Teis xa que dita placa desde que foi colocada ata hoxe os veciños e veciñas preocupáronse por mantela como o primeiro día facendo así uns auténticos vigueses e viguesas que aman o seu patrimonio herdado. (No barrio de Teis).

Aínda que dous delas tampouco teñen a antigüidade suficiente como para ser cualificadas de históricas. Curiosamente, as dúas placas máis veteranas que se conservan, están situadas no mesmo edificio que fai esquina a cálelas Doutor Corbal e Sanjurjo Badía.

O caso de Sanjurjo Badía é moi singular porque tanto no inicio da rúa como no final sitúanse dúas placas de gran valor artístico e histórico. Se ao comezo atópase unha placa exenta, apoiada nunha columna, totalmente feita de bronce, ao final da rúa, a mesma figura do insigne industrial apóiase sobre unha placa de mármore. Ambos os elementos está protexidos.

A contemporánea: Avenida de Sanjurjo Badia.
A mais antiga: Avenida Manuel Olivé.
A segunda mais antiga: Calle de Lopez Mora.
E terceira peculiar: Avenida del Dr.Corbal.

As duas placas mais antigas da cidade que aínda resisten a pesar de moitos atentados que recibiron por parte de persoas do concello que descoñecen o trato que deben levar e a mostra esta no anaco que so queda da primeria placa historica que vichedes anteriormente.

PD. Cuidemolas xa que son o mais antigo que temos.

Rubens Rocha

#‎OsRestos #‎VigoVerdade‬

ை Rol do preceptor

ilcanallarubens_O Rol do preceptor_2016

Os preceptores son figuras comúns nos colexios secundarios e como nos primarios, ditas figuras adoitan ser o seu maior parte ex alumnos dos centros de ensino que coñecen as funcións do centro e os seus traballadores, estas figuras pódense atopar na educación especial e o ámbito universitario, asociado a aquela persoa que coida a disciplina, pasa lista e pon as notas no boletín, funcións que nalgunhas escolas primarias cumpre o mestre ou mestra, que ao estar todos os días cos mesmos nenos na aula e nos recreos pode ocuparse de todos eses asuntos. Aos profesores que cumpren unhas poucas horas en cada curso e se recambian dous ou tres por día resúltalles dificultoso custodiar os recreos, xa que nese tempo están en camiño a outros establecementos, e as cualificacións para informar son as de moitos docentes.

Preceptor é aquel que fai cumprir os preceptos, as normas de conduta e decoro que deben reinar nas institucións educativas. É o nexo entre os profesores e os directivos e entre aqueles e os pais dos educandos. É o que orienta aos adolescentes e escóitaos transmitindo os seus reclamos. O que queda con eles compartindo as horas libres e os momentos de lecer do recreo. É quen pon en coñecemento do docente os problemas persoais que ten algún alumno que non vén a clase ou non puido cumprir as súas tarefas. O que solicita información sobre os problemas cotiáns e elévaos á dirección, simplemente porque é o que está sempre.

As súas tarefas son administrativas (confeccionar as actas diarias de asistencia, ditar e asinar comunicados ás familias, transcribir aos boletíns de cualificación as notas postas polos docentes); de vixilancia: de xestionar o pedido de sancións formulados polos profesores ante os directivos do establecemento; coidar o bo comportamento cando os alumnos non están baixo a autoridade do docente; e de mediación como xa dixemos.
É un rol fundamental que moitas veces queda desvirtuado ao perder autoridade (como tamén ocorreu co resto dos membros da comunidade educativa).

Rubens Rocha

Figura que seria mais que fundamental para o sistema educativo español