Archivos por Etiqueta: 21M

21M | Día Mundial do Monicre

O Día Mundial da Marioneta ou Día Mundial do Monicreque, esta data foi elixida elixida pola Unión Internacional da Marioneta (UNIMA), fundada en Praga no ano 1922. É un día para conseguir que o mundo do monicreque sexa máis coñecido e recoñecido tamén noutros ámbitos da vida cultural. celébrase anualmente co obxectivo de aumentar o coñecemento sobre as marionetas noutros ámbitos culturais. Aínda que se di que o impulsor da iniciativa foi o titiritero iraniano Dzhivada Zolfagariho no ano 2000; no ano 2002 a Unión Internacional da Marioneta (UNIMA) oficializó a data e o 21 de marzo de 2003 celebrouse o primeiro Día Mundial da Marioneta.

Curiosidade: Esta efeméride adoita coincidir coa data do equinoccio de primavera.

ை A Columna Viguesa das marchas da dignidade volveu tomar a rúa

Ilcanallarubens_ICR-Photographer_Pan_Traballo_e_Teito_25_Febreiro_2015

Entorno a unhas 150 persoas da marcha Viguesa da dignidade saíron á rúa no día de onte baixo unha fina chuvia, esta manifestación que saliu dende a praza de Fernando ou Católico ás 20h co seu fin baixo o Siereno na Porta do Sol, foi o caletamento previo para volver tomar Madrid o día 21M.

O lema foi «O 21M VOLVEMOS A MADRID», non só houbo manifestacion na cidade da Detroit Viguesa senón que foi simultaneo noutras cidades como Pontevedra, Ourense, Lugo, Ferrol, A Coruña e Compostela.

Na rolda de prensa feita previamente deron información sobre os motivos que nos levaron a convocar un calendario de movilizacións para 2015, a nivel estatal, e que comenzará ca VOLTA SOBRE MADRID o vindeiro 21 de Marzo para o que, dende Galiza, estamos a negociar o alquiler de tres trenes a Renfe así como autobuses que partiran de todos os currunchos do país.

A multitude de actos organizados para difundir a mobilización da Columna Galega sobre Madrid, (pancartas, cartelería, megafonía, concertos, debates, etc..) súmase o apoio de Diego Cañamero e Willy Toledo que estaran presentes nun acto que terá lugar en Vigo o vindeiro 10 de marzo, as 20:00 horas no Centro Cívico de Teis.

Será unha nova proba de forza para unha Columna Galega que logrou encher o Obradoiro o pasado 29 de novembro e que colleu músculo tras ser impulsada por varios sindicatos como a CUT, CGT, Sindicato Ferroviario ou Sindicato da Elevación e á que se foron sumando organizacións como SLG, STEG, Anova IN, FPG, Esquerda Unida ou Espazo Ecosocialista, así como de numerosos movementos sociais e veciñais, plataformas de Stop Desafiuzamentos, Frente Cívico, colectivos feministas, Ecoar ou a Plataforma Galega de Artes Escénicas, entre outros.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]