Archivos por Etiqueta: Abel Caballero

Vivo nunha cidade un tanto especial

ilcanallarubens_sen-teito_rua-condesa-de-casa-de-barcena_2016

Sen teito na rúa Condesa de Casa de Barcena

Sei que vivo nunha cidade un tanto especial.

Unha cidade onde hai lugares cun encanto especial onde se investiu moito diñeiro para que así fóra, unha cidade onde hai lugares negros/oscuros/sinestros onde a necesidade humana non se ve e da cal tentan desde unha torre ocultar.

Cando se protesta ou denuncia emiten mensaxes de fume desde esa torrre toda poderosa e por desgraza a xente inxere, sei que na cidade onde vivo non podo estar moi orgullosa dela xa que para que o estivese a miseria tendria que estar solucionada/erradicada/eliminada xa que sei que se dispón de medios para iso pero a torre todo poderosa non actúa.

So a torre poderosa cando actúa é cando nos MASS MEDIA saen os casos, nalgúns dos casos a súa solución é a expulsión/expatrian a outros concellos así perdendo poboación e xerando nalguns dos casos un volver a empezar na vida, neses casos hai un longo tempo de adaptación ao novo concello… esa é a política da torre toda poderosa.

A torre todo poderosa desde o 2007 e facer unha cidade para os que mais ten e para a maioría social non lles importa nada tal como nos 90 facía Jesus Gil na Marbella.

Non podo estar orgulloso dunha cidade que todo é atrezo, non quero un Vigo Marbellil.

Cando miro xente na rúa durmiendo ao raso hai algo de min que sae, sae un ogro impotente/amordazado.

Cando miro a xente nos choupanos vivindo hai algo de min que sae, sae un ogro mal humorado/impotente/amordazado.

Vigo escribese con V de Vergoña!!

A miña opinión queda reflectida nun home e ese é Sigmund Freud que dixo ante ano “ningún mortal pode gardar ningunha mentira aínda que os seus beizos están selados” xa que falan coas xemas dos dedos rezuma traizón por todos os poros da pel, o sen ningunha dúbida descubriu algo máis que interesante sen dúbida descubriu o efecto da mentira sacala á verdade.

Aínda que este moi desesperado por ocultar as nosas mentiras canto máis nos empeñemos en enterralos máis rápido sairán á superficie estamos obrigados neurolóxicamente a confesar e iso é bo pois porque o confesar é bo para o organismo para o cerebro pero mesmo pode ser san para a alma sempre cando creamos nesas cousas.

O pobo fala e a tuas mentiras estanse a manifestar na voz do pobo farto de escoitar música mentireira, recapacite e diga en VIGO HAI MISERIA, en VIGO HAI DESAFIUZAMENTOS, en VIGO HAI XENTE DURMIENDO AO RASO.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

#VigoVerdade #VigoVergoña #CaballeroTrapalleiro

Carta aberta ao alcalde de Vigo Abel Ramón Caballero

ilcanallarubens_sen-teito_rua-torrecedeira_2016

Sen teito na rúa Torrecedeira

Abel Caballero, non hai nada peor que un mentireiro ou mentireira, todos opinan o mesmo… Verdade? Pero porque? Porque sentimos tan ofendidos por alguén que nos dá gato por lebre?

Porque é repugnante literalmente, a incredulidade procésase na cortiza cingular e a insua anterior do sistema límbico, as mesmas rexións cerebrais que xeran as mesmas racións viscerales como o sufrimento e o noxo… iso non só explica que detestamos aos embusteros senón que como seres humanos anhelamos en algo no que crer xa sexa “Xesucristo” ou o “Ratiño Pérez” ou a “Liberdade de Expresión” ou nunha suposta “Democracia Igualitaria” ou como tamén nun Feito Científico como a “Gravidade”, o noso cerebro recompénsanos emocionalmente cando temos fe, crer fainos sentirnos ben, sentirnos amparados pero como podemos fiarnos do noso sistema de crenzas cando ao noso cerebro fainos sufrir subornos emocionais? O equilibramos con raciocinios e con razoamentos analíticos cuestinandonos todo e estando sempre, sempre abertos a calquera posibilidade.

Pois ben Abel Caballero eu persoalmente con este video de 5 minutos y pico quiero expresarle que ten toda a miña incredulidade xa que os meus ollos miran os teus xestos e os meus oídos escoitan a sua voz o cal conxuntamente non ve o que vostede manifesta, ve todo o contrario, a mentira pódese soster moito tempo señor Abel Caballero?

Agora mesmo teu cerebro esta librando unha batalla, presumo que a cortiza do cíngulo desexa dicir a verdade pero a cortiza prefrontal orbital esta disimulando o mal que sairán as cousas se nos imos da lingua ou dos dedos neste caso, se a cortiza prefrontal orbital gana aumentase o nivel de hormonas da tensión se a do cíngulo gana diminuirá o nivel de tensión de modo que se é biolóxicamente máis san confesar as súas mentiras porque a nosa natureza humana a súa natureza impídenos loita incesablemente a ter os nosos mentiras ocultas quizais o ser humano que di ser sincero e honesto ou así se mostra pero non o é tanto senón totalmente o contrario e a iso chámaselle hipocrisía.

Agora recapacite e pense nisto agora con todo quédame dicirlle para a miña opinión,  a miña opinión queda reflectida nun home e ese é Sigmund Freud que dixo ante ano “ningún mortal pode gardar ningunha mentira aínda que os seus beizos están selados” xa que falan coas xemas dos dedos rezuma traizón por todos os poros da pel, o sen ningunha dúbida descubriu algo máis que interesante sen dúbida descubriu o efecto da mentira sacala á verdade.

Aínda que este moi desesperado por ocultar as nosas mentiras canto máis nos empeñemos en enterralos máis rápido sairán á superficie estamos obrigados neurolóxicamente a confesar e iso é bo pois porque o confesar é bo para o organismo para o cerebro pero mesmo pode ser san para a alma sempre cando creamos nesas cousas.

O pobo fala e a tuas mentiras estanse a manifestar na voz do pobo farto de escoitar música mentireira, recapacite e diga en VIGO HAI MISERIA, en VIGO HAI DESAFIUZAMENTOS, en VIGO HAI XENTE DURMIENDO AO RASO.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

#VigoVerdade #VigoVergoña #CaballeroTrapalleiro

A.V. de Teis denuncia que o alcalde impide a comparecencia da Asociación no pleno

ilcanallarubens_abel-ramon-caballero_pleno-municipal_2016

A Asociación denunciará estes feitos diante do Valedor do Cidadán e da Valedora do Pobo

A Asociación Veciñal de Teis, o pasado 14 de outubro, solicitou por escrito no rexistro xeral (número de documento 160137275) a intervención dun representante da asociación no pleno municipal do mes de outubro, para expor a demanda da mellora do transporte en autobús desde Teis ao hospital Álvaro Cunqueiro, como así recolle  o regulamento orgánico do pleno, no seu artigo 54.

A decisión de solicitar a intervención no pleno por parte da asociación, débese a que levan meses agardando por unha resposta do goberno municipal a demanda da mellora da conexión do transporte urbano cara o novo hospital, logo de solicitude de xuntanzas, varias manifestacións e a recollida de sinaturas.

Na xunta de portavoces celebrada o pasado 26 de outubro, para preparar o pleno fixado para o 7 de novembro, a preguntas dos grupos da oposición a respecto da solicitude de intervención, respondese que dependía do Alcalde.

Que postos en contacto con funcionarios/as do departamento do secretario xeral do pleno, confirmaron que non figuraba ningunha intervención  na orde do día provisoria.

Entendemos que diante da nosa solicitude debera terse respondido por escrito, explicando os motivos polos que non se permite a intervención. Solicitude que foi presentada en tempo e forma como recolle o regulamento do pleno.

A negativa do goberno municipal non se debe a ningún criterio obxectivo, responde a unha decisión partidista  e claramente antidemocrática.

Abel Caballero, emprega a súa maioría absoluta, para non dar resposta as demandas veciñais, impedir a un colectivo social que poda exercer un dereito que recolle o regulamento do pleno e utilizar as institucións ao seu servizo.

A quen ten medo Abel Caballero? A participación veciñal ?,  A que se denuncie  no pleno a  as reivindicacións  da veciñanza, como neste caso a mellora do  transporte urbano?.

A  Asociación Veciñal de Teis, vai denunciar este novo veto diante do Valedor do Cidadán e da Valedora do Pobo,ao entender que é unha decisión inxustificada e que conculca o dereito a participación cidadá.

A Asociación continuará coas mobilizacións e o vindeiro martes 8 de novembro ás 19:00 horas desde o mercado, temos convocada unha nova manifestación.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

 

O Pleno avala a proposta do goberno de Vigo de rehabilitar a Panificadora xunto á Zona Franca

ilcanallarubanes_panificadora_2016_vigo

A moción presentada polo grupo encabezado por Abel Caballero, que recabou o apoio do PP e a abstención de Marea, propón ao Consorcio a rehabilitación conxunta e posta en valor do inmoble. A edil de Urbanismo avanzou que a planificación municipal estima en tres anos a remodelación da Panificadora.

A Corporación viguesa apoiou este luns a proposta do grupo socialista de conveniar a rehabilitación da Panificadora co Consorcio da Zona Franca de Vigo, unha moción apoiada polo PP e na que a Marea se abstivo.

Defendida pola titular de Urbanismo, María Xosé Caride, o goberno de Vigo instou á entidade estatal á sinatura dun acordo bilateral no que ambas administracións “se comprometen a conservar, rehabilitar, poñer en valor e dotar de usos públicos” á Panificadora, “exemplo único do noso pasado industrial”, segundo reza o texto aprobado.

O Concello de Vigo, explicou a concelleira, garantiría a redacción dos instrumentos de planeamento e xestión necesarios para facerse cargo dos bens e dereitos no ámbito, “sufragándose os custos de adquisición polo Consorcio nas súas dúas terceiras partes e polo Concello no terzo restante”, apunta a moción.

O goberno local subliñou a necesidade de que a Zona Franca invista na cidade e o faga visible con esta actuación de “rehabilitación dun edificio emblemático”, a través dun convenio que inclúa “usos públicos”, manifestou Caride, e baseado nun “proxecto singular”.

Pola oposición, o Partido Popular votou a favor desta moción e pediu “concreción” no proxecto, planificación e prazos. A Marea de Vigo, pola súa banda, manifestou o seu acordo coa adquisición pública da Panificadora mais solicitou participación cidadá e información sobre os contidos, antes de absterse na votación.

María José Caride, na súa quenda final, argumentou que o goberno de Vigo procura promover un acordo e dotalo de contido no convenio, mais xa adiantou que o Concello xa ten elaborado os pregos e unha planificación que estima en tres anos o prazo de rehabilitación da céntrica factoría.

Fotografías da PANIFICADORA

O goberno de Vigo traballa na elaboración dun novo PXOM

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

O Pleno celebrado este luns deu luz verde, coa abstención de Marea e o voto favorables dos socialistas, á moción do PP na que se insta ao Alcalde e á concelleira de Urbanismo a que informen das actuacións realizadas para elaborar un novo PXOM. A edil de urbanismo apuntou que hai 15 persoas traballando na elaboración dun novo documento.

A Corporación municipal acordou na sesión plenaria deste luns instar ao Alcalde e á concelleira de Urbanismo a que informen sobre as actuacións realizadas en relación á elaboración dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo. A moción presentada polo grupo popular recibiu o apoio dos socialistas e a abstención de Marea de Vigo.

Durante o debate, a voceira do PP, Elena Muñoz, aludiu ao “extraordinario problema” que supón na cidade a ausencia dun Plan Xeral e lamentou descoñecer que estivo facendo o goberno municipal nos meses que seguiron á anulación do mesmo criticando o informe Parejo como “un atallo, que leva a un canellón sen saída”.

Rubén Pérez, voceiro de Marea de Vigo, sinalou a necesidade de traballar nun novo plan con outro modelo de cidade xa que, ao seu entender, “a lei non permite recuperar o Plan do ano 2008” e aludiu á responsabilidade conxunta de Concello e Xunta na anulación do PXOM por parte do Tribunal Supremo.

Sobre o contido da moción, a concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, argumentou que no Consello da Xerencia de Urbanismo se dá “información puntual” cando se solicita e asegurou que hai un equipo de 15 persoas traballando na elaboración dun novo PXOM. Nestes momentos están realizando a tramitación medioambiental, seguindo a normativa da Lei do Solo do ano 2013, e criticou que a Xunta de Galicia estea atrasando a resposta ás peticións municipais en relación co novo documento.

Rubens Rocha

Vigo ilumina de verde as fontes de Aragón en recordo dos refuxiados

ilcanallarubens_ICR-Photographer© fontes rúa aragón

Este venres, a partir das 21:45h, as fontes da rúa Aragón estarán iluminadas de verde en memoria das vítimas da crise humanitaria no Mediterráneo, segundo anunciou hoxe Abel Caballero. A cidade súmase así á campaña LIGHT4REFUGEES que promove a Rede Española de Inmigración e Axuda ao Refuxiado.

O alcalde de Vigo anunciou este venres a participación da cidade olívica nesta campaña a nivel europeo en solidariedade cos refuxiados e en recordo das vítimas desta crise humanitaria no Mediterráneo.

Vigo tingue de verde as fontes da rúa Aragón, a partir das 21:45h, hoxe venres, 2 de setembro, data que se tomou como referencia polo ano da morte do neno Aylan, de tres anos, aparecido nunha praia da costa de Turquía, “nunha imaxe tremenda que deu a volta ao mundo”, apuntou o rexedor.

Engadiu Caballero que Vigo quere “cooperar na concienciación sobre a necesidade dun pacto global para resolver o problema dos refuxiados e para afastar as tensións políticas”. O alcalde urxíu ao Goberno de España a que, co resto de gobernos europeos, faga fronte “de forma axeitada á gravísima crise de refuxiados en Europa” e recordou que desde a FEMP creóuse unha rede de cidades de acollida.

O alcalde vigués e presidente da FEMP requeríu dos gobernos español e europeo “que cumplan con decencia cos dereitos humanos, que teñan a decencia de acoller aos refuxiados, porque esa política europea é unha auténtica indecencia”. Caballero pediu “apoio” ás vítimas e facer do respaldo aos refuxiados “unha política da que nos sintamos orgullosos en Europa, porque da actual nos sentimos avergonzados”.

Rubens Rocha

ilcanallarubens_ICR-Photographer© fontes rúa aragón_00_2015

O Concello urxe ao Consorcio do Casco Vello a actuar no Berbés

ilcanallarubens_ICR-Photographer© Suportais Berbes

O rexedor informou este venres do inicio de obras de rehabilitación en tres inmobles do Berbés, por parte do Consorcio do Casco Vello de Vigo, unhas obras que, ao seu entender, deben der “un grande obxectivo”.

Abel Caballero considera que a actuación urbanística na contorna do Berbés ten que constituírse nunha “grande prioridade” polo que o Concello instou ao Consorcio do Casco Vello a iniciar a rehabilitación de fachadas.

Segundo sinalou o alcalde, no presuposto aprobado da entidade para 2017 contémplase o inicio da rehabilitación de tres inmobles nos números 5, 7 e 41 cun importe reservado de 581.000 euros, para un orzamento total das obras de 2.741.000 euros, cunha achega adicional do Instituto Galego e do Concello de 220.000 euros.

Así, dixo, “aumentamos a achega municipal” e “urximos” ao Consorcio a que actúe no Berbés, que é “un grande obxectivo”, de maneira que “nos propoñemos reforzar” a acción de rehabilitación nos edificios do Berbés.

Rubens Rocha

ilcanallarubens_ICR-Photographer© Suportais Berbes_2016_Vigo

O alcalde espera a resposta da Xunta ao informe de Parejo e demanda solucións tras a anulación do PXOM

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

Abel Caballero dixo descoñecer a resposta da Xunta ao informe remitido polo Concello, elaborado polo xurista Luciano Parejo, e apuntou o paradoxo de que lle teña solicitado un informe sobre o mesmo ao Consello Consultivo, que non é un órgano xurídico nin vinculante, sen terlle pedido un informe con vías de solución á anulación do PXOM que é “responsabilidade da Xunta”.

Abel Caballero mantivo un encontro este venres con Lourdes Carballo, decana do Colexio de Avogados de Vigo e con outro membro da entidade, con que abordou a situación do urbanismo na cidade tras a anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal polo Tribunal Supremo.

Tras a reunión, o rexedor reiterou que a anulación do PXOM é “causa e responsabilidade” da Xunta de Galicia”, insistindo en que o Concello tomou medidas xurídicas para tratar de resolver a cuestión por este ámbito, reprochando que á Xunta non ter tomado “ningunha” ao tempo que lembrou que, na procura dunha saída á situación provocada pola sentenza, o goberno de Vigo solicitou un informe “á persoa con máis prestixio de España sobre dereito urbanístico”, Luciano Parejo, sobre as vías posibles e que ese informe foi remitido á Xunta que aínda non se pronunciou ao respecto.

Neste sentido, Caballero criticou que a Xunta de Galicia pedira un informe ao Consello Consultivo sobre a proposta de Luciano Parejo, tendo en conta que se trata dun órgano interno de asesoramento e non un órgano xudicial e que “non pedira que estude as vías para resolver o problema causado pola sentenza do Supremo”. Así, cualificou de “singular e paradoxal” a situación de “descoñecemento das vías de resolución do goberno autonómico” porque é o “culpable da situación do urbanismo de Vigo” xa que “todas as accións e as aprobacións do Plan feitas polo Concello foron impecablemente ratificadas polo Tribunal Supremo”.

O rexedor referiuse tamén á aprobación no ano 2013 dunha lei urbanística por parte do goberno de Feijóo que “non resolve o problema” dos informes de inviabilidade emitidos pola Xunta a “polo menos medio centenar” de plans de ordenación municipal de Galicia, reiterando que non deu “nin un só paso” para dar solución ao PXOM de Vigo e ás “eventuais anulacións” doutros plans de Galicia.

Rubens Rocha

O alcalde ve no informe Parejo a vía “axeitada e con seguridade xurídica” de ter o PXOM en vigor

ilcanallarubens_caballero-arquitectos-758x426

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras terse reunido este xoves cos responsables dos nomeados colexios profesionais, manifestou que “se constata unha visión xeral” da administración viguesa, dos técnicos e dos empresarios en que “a vía máis conveniente” para contar cun Plan Xeral de Ordenación Municipal en vigor é seguir o criterio de Luciano Parejo.

O prestixioso xurista elaborou un documento que sinala que un novo informe autonómico de inviabilidade ambiental daría cumprimento á sentencia do Supremo que conlevou a anulación do Plan de 2008 e faría posible ter a mesma planificación urbanística en vigor “en aproximadamente seis meses”, segundo asegurou Caballero, “e con seguridade xurídica, en opinión dos técnicos”. O ditame de Parejo afirma que as decisións tomadas polo Concello de aprobación do PXOM son eficaces unha vez corrixidos os defectos da avaliación ambiental da Xunta de Galicia. Outra opción, engadiu o rexedor, sería elaborar un novo Plan Xeral desde cero, o que “non estaría exento de ser recorrido”.

Caballero manifestou que a opinión dos arquitectos, dos arquitectos técnicos e dos empresarios é “coincidente” coa do Concello sobre como proceder no tocante ao Plan Xeral: “consideramos que é unha vía impecable, correcta, axeitada, con seguridade xurídica e que resolve os problemas que produciu a sentencia, e a vía elixida é a execución da sentencia” do Tribunal Supremo.

O alcalde de Vigo concluíu que recuperar a vixencia do Plan Xeral “sería bo para o emprego e a marcha da cidade, e tamén para a Xunta de Galicia, porque lles evita posibles reclamacións patrimoniais”.

Rubens Rocha

Caballero apunta que a Área Metropolitana marcará un fito no funcionamento das entidades locais en Galicia e España

ilcanallarubens_abelcaballero_concellodevigo_vigo_2015

Onte xoves 1 de setembro entra en vigor a Lei de Área Metropolitana de Vigo co inicio da tramitación necesaria para poñerse en funcionamento. Un momento que o rexedor vigués define como unha “oportunidade extraordinaria porque constituímos unha entidade local de grande envergadura que vai ocupar un importantísimo lugar en Galicia e España” e aventurando que “nada na política galega será igual coa Área Metropolitana de Vigo constituída porque teremos un peso de medio millón de persoas” tanto na capacidade de actuar como de demandar acción política e competencias.

Sobre os pasos que se darán dende hoxe, Caballero anunciou que convocará o 13 de setembro un Pleno Extraordinario en Vigo para a designación dos 24 representantes do Concello na Área, onde lle corresponden 16 ao PSOE, 6 ao PP e 2 a Marea de Vigo. Neste sentido, informou que todos os Concellos integrados teñen de prazo ata o 5 de outubro para designar aos seus representantes na Asemblea metropolitana.

Con esta previsión que establece o texto da Lei, a finais de outubro será convocada a sesión constitutiva da Área Metropolitana e entorno ao 2 de novembro, formarase a Asemblea Metropolitana que elixirá ao presidente ou presidenta, tal e como estipula a Lei. O proceso de posta en funcionamento da Área continuará co nomeamento provisional dos funcionarios que exercerán o seu labor no ente supramunicipal, o establecemento dos grupos políticos metropolitanos a primeiros de novembro e a decisión da sede provisional da Área en Vigo. Nas seguintes sesións a Área nomeará os catro vicepresidentes, a proposta dos grupos metropolitanos, que debe recoller a pluralidade política e territorial e paridade de homes e mulleres.

Tamén lembrou Caballero os acordos previos adoptados coas rexedoras e rexedores dos municipios que queren integrarse no ente, polo que a primeira decisión, dixo, será a petición de ampliación así como o tratamento do transporte metropolitano. Referiuse a outras prioridades da acción da Área como as infraestruturas, o desenvolvemento do territorio, as políticas sectoriais e, dentro delas, as políticas sociais cun “tema significativo” que é a auga que será competencia do Ente, polo que “necesitamos poñernos inmediatamente a dirixir este proxecto”.

Rubens Rocha