Archivos por Etiqueta: Abel

O Pleno avala a proposta do goberno de Vigo de rehabilitar a Panificadora xunto á Zona Franca

ilcanallarubanes_panificadora_2016_vigo

A moción presentada polo grupo encabezado por Abel Caballero, que recabou o apoio do PP e a abstención de Marea, propón ao Consorcio a rehabilitación conxunta e posta en valor do inmoble. A edil de Urbanismo avanzou que a planificación municipal estima en tres anos a remodelación da Panificadora.

A Corporación viguesa apoiou este luns a proposta do grupo socialista de conveniar a rehabilitación da Panificadora co Consorcio da Zona Franca de Vigo, unha moción apoiada polo PP e na que a Marea se abstivo.

Defendida pola titular de Urbanismo, María Xosé Caride, o goberno de Vigo instou á entidade estatal á sinatura dun acordo bilateral no que ambas administracións “se comprometen a conservar, rehabilitar, poñer en valor e dotar de usos públicos” á Panificadora, “exemplo único do noso pasado industrial”, segundo reza o texto aprobado.

O Concello de Vigo, explicou a concelleira, garantiría a redacción dos instrumentos de planeamento e xestión necesarios para facerse cargo dos bens e dereitos no ámbito, “sufragándose os custos de adquisición polo Consorcio nas súas dúas terceiras partes e polo Concello no terzo restante”, apunta a moción.

O goberno local subliñou a necesidade de que a Zona Franca invista na cidade e o faga visible con esta actuación de “rehabilitación dun edificio emblemático”, a través dun convenio que inclúa “usos públicos”, manifestou Caride, e baseado nun “proxecto singular”.

Pola oposición, o Partido Popular votou a favor desta moción e pediu “concreción” no proxecto, planificación e prazos. A Marea de Vigo, pola súa banda, manifestou o seu acordo coa adquisición pública da Panificadora mais solicitou participación cidadá e información sobre os contidos, antes de absterse na votación.

María José Caride, na súa quenda final, argumentou que o goberno de Vigo procura promover un acordo e dotalo de contido no convenio, mais xa adiantou que o Concello xa ten elaborado os pregos e unha planificación que estima en tres anos o prazo de rehabilitación da céntrica factoría.

Fotografías da PANIFICADORA

O goberno de Vigo traballa na elaboración dun novo PXOM

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

O Pleno celebrado este luns deu luz verde, coa abstención de Marea e o voto favorables dos socialistas, á moción do PP na que se insta ao Alcalde e á concelleira de Urbanismo a que informen das actuacións realizadas para elaborar un novo PXOM. A edil de urbanismo apuntou que hai 15 persoas traballando na elaboración dun novo documento.

A Corporación municipal acordou na sesión plenaria deste luns instar ao Alcalde e á concelleira de Urbanismo a que informen sobre as actuacións realizadas en relación á elaboración dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo. A moción presentada polo grupo popular recibiu o apoio dos socialistas e a abstención de Marea de Vigo.

Durante o debate, a voceira do PP, Elena Muñoz, aludiu ao “extraordinario problema” que supón na cidade a ausencia dun Plan Xeral e lamentou descoñecer que estivo facendo o goberno municipal nos meses que seguiron á anulación do mesmo criticando o informe Parejo como “un atallo, que leva a un canellón sen saída”.

Rubén Pérez, voceiro de Marea de Vigo, sinalou a necesidade de traballar nun novo plan con outro modelo de cidade xa que, ao seu entender, “a lei non permite recuperar o Plan do ano 2008” e aludiu á responsabilidade conxunta de Concello e Xunta na anulación do PXOM por parte do Tribunal Supremo.

Sobre o contido da moción, a concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, argumentou que no Consello da Xerencia de Urbanismo se dá “información puntual” cando se solicita e asegurou que hai un equipo de 15 persoas traballando na elaboración dun novo PXOM. Nestes momentos están realizando a tramitación medioambiental, seguindo a normativa da Lei do Solo do ano 2013, e criticou que a Xunta de Galicia estea atrasando a resposta ás peticións municipais en relación co novo documento.

Rubens Rocha

Vigo ilumina de verde as fontes de Aragón en recordo dos refuxiados

ilcanallarubens_ICR-Photographer© fontes rúa aragón

Este venres, a partir das 21:45h, as fontes da rúa Aragón estarán iluminadas de verde en memoria das vítimas da crise humanitaria no Mediterráneo, segundo anunciou hoxe Abel Caballero. A cidade súmase así á campaña LIGHT4REFUGEES que promove a Rede Española de Inmigración e Axuda ao Refuxiado.

O alcalde de Vigo anunciou este venres a participación da cidade olívica nesta campaña a nivel europeo en solidariedade cos refuxiados e en recordo das vítimas desta crise humanitaria no Mediterráneo.

Vigo tingue de verde as fontes da rúa Aragón, a partir das 21:45h, hoxe venres, 2 de setembro, data que se tomou como referencia polo ano da morte do neno Aylan, de tres anos, aparecido nunha praia da costa de Turquía, “nunha imaxe tremenda que deu a volta ao mundo”, apuntou o rexedor.

Engadiu Caballero que Vigo quere “cooperar na concienciación sobre a necesidade dun pacto global para resolver o problema dos refuxiados e para afastar as tensións políticas”. O alcalde urxíu ao Goberno de España a que, co resto de gobernos europeos, faga fronte “de forma axeitada á gravísima crise de refuxiados en Europa” e recordou que desde a FEMP creóuse unha rede de cidades de acollida.

O alcalde vigués e presidente da FEMP requeríu dos gobernos español e europeo “que cumplan con decencia cos dereitos humanos, que teñan a decencia de acoller aos refuxiados, porque esa política europea é unha auténtica indecencia”. Caballero pediu “apoio” ás vítimas e facer do respaldo aos refuxiados “unha política da que nos sintamos orgullosos en Europa, porque da actual nos sentimos avergonzados”.

Rubens Rocha

ilcanallarubens_ICR-Photographer© fontes rúa aragón_00_2015

O Concello urxe ao Consorcio do Casco Vello a actuar no Berbés

ilcanallarubens_ICR-Photographer© Suportais Berbes

O rexedor informou este venres do inicio de obras de rehabilitación en tres inmobles do Berbés, por parte do Consorcio do Casco Vello de Vigo, unhas obras que, ao seu entender, deben der “un grande obxectivo”.

Abel Caballero considera que a actuación urbanística na contorna do Berbés ten que constituírse nunha “grande prioridade” polo que o Concello instou ao Consorcio do Casco Vello a iniciar a rehabilitación de fachadas.

Segundo sinalou o alcalde, no presuposto aprobado da entidade para 2017 contémplase o inicio da rehabilitación de tres inmobles nos números 5, 7 e 41 cun importe reservado de 581.000 euros, para un orzamento total das obras de 2.741.000 euros, cunha achega adicional do Instituto Galego e do Concello de 220.000 euros.

Así, dixo, “aumentamos a achega municipal” e “urximos” ao Consorcio a que actúe no Berbés, que é “un grande obxectivo”, de maneira que “nos propoñemos reforzar” a acción de rehabilitación nos edificios do Berbés.

Rubens Rocha

ilcanallarubens_ICR-Photographer© Suportais Berbes_2016_Vigo

O alcalde espera a resposta da Xunta ao informe de Parejo e demanda solucións tras a anulación do PXOM

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

Abel Caballero dixo descoñecer a resposta da Xunta ao informe remitido polo Concello, elaborado polo xurista Luciano Parejo, e apuntou o paradoxo de que lle teña solicitado un informe sobre o mesmo ao Consello Consultivo, que non é un órgano xurídico nin vinculante, sen terlle pedido un informe con vías de solución á anulación do PXOM que é “responsabilidade da Xunta”.

Abel Caballero mantivo un encontro este venres con Lourdes Carballo, decana do Colexio de Avogados de Vigo e con outro membro da entidade, con que abordou a situación do urbanismo na cidade tras a anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal polo Tribunal Supremo.

Tras a reunión, o rexedor reiterou que a anulación do PXOM é “causa e responsabilidade” da Xunta de Galicia”, insistindo en que o Concello tomou medidas xurídicas para tratar de resolver a cuestión por este ámbito, reprochando que á Xunta non ter tomado “ningunha” ao tempo que lembrou que, na procura dunha saída á situación provocada pola sentenza, o goberno de Vigo solicitou un informe “á persoa con máis prestixio de España sobre dereito urbanístico”, Luciano Parejo, sobre as vías posibles e que ese informe foi remitido á Xunta que aínda non se pronunciou ao respecto.

Neste sentido, Caballero criticou que a Xunta de Galicia pedira un informe ao Consello Consultivo sobre a proposta de Luciano Parejo, tendo en conta que se trata dun órgano interno de asesoramento e non un órgano xudicial e que “non pedira que estude as vías para resolver o problema causado pola sentenza do Supremo”. Así, cualificou de “singular e paradoxal” a situación de “descoñecemento das vías de resolución do goberno autonómico” porque é o “culpable da situación do urbanismo de Vigo” xa que “todas as accións e as aprobacións do Plan feitas polo Concello foron impecablemente ratificadas polo Tribunal Supremo”.

O rexedor referiuse tamén á aprobación no ano 2013 dunha lei urbanística por parte do goberno de Feijóo que “non resolve o problema” dos informes de inviabilidade emitidos pola Xunta a “polo menos medio centenar” de plans de ordenación municipal de Galicia, reiterando que non deu “nin un só paso” para dar solución ao PXOM de Vigo e ás “eventuais anulacións” doutros plans de Galicia.

Rubens Rocha

O alcalde ve no informe Parejo a vía “axeitada e con seguridade xurídica” de ter o PXOM en vigor

ilcanallarubens_caballero-arquitectos-758x426

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras terse reunido este xoves cos responsables dos nomeados colexios profesionais, manifestou que “se constata unha visión xeral” da administración viguesa, dos técnicos e dos empresarios en que “a vía máis conveniente” para contar cun Plan Xeral de Ordenación Municipal en vigor é seguir o criterio de Luciano Parejo.

O prestixioso xurista elaborou un documento que sinala que un novo informe autonómico de inviabilidade ambiental daría cumprimento á sentencia do Supremo que conlevou a anulación do Plan de 2008 e faría posible ter a mesma planificación urbanística en vigor “en aproximadamente seis meses”, segundo asegurou Caballero, “e con seguridade xurídica, en opinión dos técnicos”. O ditame de Parejo afirma que as decisións tomadas polo Concello de aprobación do PXOM son eficaces unha vez corrixidos os defectos da avaliación ambiental da Xunta de Galicia. Outra opción, engadiu o rexedor, sería elaborar un novo Plan Xeral desde cero, o que “non estaría exento de ser recorrido”.

Caballero manifestou que a opinión dos arquitectos, dos arquitectos técnicos e dos empresarios é “coincidente” coa do Concello sobre como proceder no tocante ao Plan Xeral: “consideramos que é unha vía impecable, correcta, axeitada, con seguridade xurídica e que resolve os problemas que produciu a sentencia, e a vía elixida é a execución da sentencia” do Tribunal Supremo.

O alcalde de Vigo concluíu que recuperar a vixencia do Plan Xeral “sería bo para o emprego e a marcha da cidade, e tamén para a Xunta de Galicia, porque lles evita posibles reclamacións patrimoniais”.

Rubens Rocha

Caballero apunta que a Área Metropolitana marcará un fito no funcionamento das entidades locais en Galicia e España

ilcanallarubens_abelcaballero_concellodevigo_vigo_2015

Onte xoves 1 de setembro entra en vigor a Lei de Área Metropolitana de Vigo co inicio da tramitación necesaria para poñerse en funcionamento. Un momento que o rexedor vigués define como unha “oportunidade extraordinaria porque constituímos unha entidade local de grande envergadura que vai ocupar un importantísimo lugar en Galicia e España” e aventurando que “nada na política galega será igual coa Área Metropolitana de Vigo constituída porque teremos un peso de medio millón de persoas” tanto na capacidade de actuar como de demandar acción política e competencias.

Sobre os pasos que se darán dende hoxe, Caballero anunciou que convocará o 13 de setembro un Pleno Extraordinario en Vigo para a designación dos 24 representantes do Concello na Área, onde lle corresponden 16 ao PSOE, 6 ao PP e 2 a Marea de Vigo. Neste sentido, informou que todos os Concellos integrados teñen de prazo ata o 5 de outubro para designar aos seus representantes na Asemblea metropolitana.

Con esta previsión que establece o texto da Lei, a finais de outubro será convocada a sesión constitutiva da Área Metropolitana e entorno ao 2 de novembro, formarase a Asemblea Metropolitana que elixirá ao presidente ou presidenta, tal e como estipula a Lei. O proceso de posta en funcionamento da Área continuará co nomeamento provisional dos funcionarios que exercerán o seu labor no ente supramunicipal, o establecemento dos grupos políticos metropolitanos a primeiros de novembro e a decisión da sede provisional da Área en Vigo. Nas seguintes sesións a Área nomeará os catro vicepresidentes, a proposta dos grupos metropolitanos, que debe recoller a pluralidade política e territorial e paridade de homes e mulleres.

Tamén lembrou Caballero os acordos previos adoptados coas rexedoras e rexedores dos municipios que queren integrarse no ente, polo que a primeira decisión, dixo, será a petición de ampliación así como o tratamento do transporte metropolitano. Referiuse a outras prioridades da acción da Área como as infraestruturas, o desenvolvemento do territorio, as políticas sectoriais e, dentro delas, as políticas sociais cun “tema significativo” que é a auga que será competencia do Ente, polo que “necesitamos poñernos inmediatamente a dirixir este proxecto”.

Rubens Rocha

O Concello de Vigo promove unha oferta de emprego público de 186 prazas

ilcanallarubens_concello de vigo hdr_vigo_2016

As 186 vacantes totais inclúen tamén as prazas correspondentes aos anos 2013, 2014, 2015 e 2016, explicou Caballero.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves que o Concello está a ofertar un total de 186 vacantes na administración local viguesa, entre quenda libre e promoción interna, correspondentes ás Ofertas de Emprego Público dos últimos anos.

O Boletín Oficial da provincia de Pontevedra publica hoxe as listas definitivas de admitidos e excluídos e as datas dos primeiros exames da segunda fase da oferta de emprego de 2010-2011, 26 postos (dos que sete son de promoción interna) para a administración xeral e Bombeiros, coas probas programadas para o próximo mes de outubro, do 3 ao 22 do nomeado mes.

Á mesma segunda fase da OEP 2010-2011 corresponden outras 23 prazas para a Policía Local. Segundo avanzou o rexedor, o goberno local abrirá un novo prazo de admisión de solicitudes coa supresión do límite de idade e da obrigatoriedade de dispor do carné de conducir vehículos de emerxencias.

Abel Caballero tamén informou dos pasos que está a dar o Concello coas ofertas correspondentes aos anos 2013, 2014 e 2015. Aquí, a administración que preside conta con 79 vacantes (das que 22 son de quenda libre e 57 de promoción interna). Paralelamente, informou o alcalde, se avanza nunha oferta de emprego de 2016 con 58 prazas -31 de quenda libre e 27 de promoción interna-, cuxas bases poderían estar validadas a comezos do próximo 2017.

Rubens Rocha

O alcalde falou hoxe da familia acampada na rúa que reclama axuda ás administracións

ilcanallarubens_acampada 24h en principe_00_2016_Vigo

O alcalde referiuse hoxe tamén á familia acampada na rúa que reclama axuda ás administracións. Explicou Caballero que están sendo atendidos polos servizos sociais do Concello dende finais do ano 2015 e que está previsto que cobren os atrasos da Risga que lles debe a Xunta proximamente. Sen afondar nos detalles das catro axudas recibidas en diferentes ámbitos, por respecto á intimidade da familia, o rexedor informou de que nos últimos meses, o Concello deulle prioridade ás axudas da alimentación porque contaban cunha vivenda cedida engadindo que “se nestes momentos non a teñen, traballaremos para resolver esta cuestión cos fondos extraordinarios para vivenda” dos que dispón o Concello.

Caballero recalcou que “a nosa vocación de atención a esta familia e a todas as persoas que estean nesta situación é total” e apuntou que agarda que tiveran solicitado o cheque social nas tres categorías posibles: vivenda, pobreza enerxética e alimentación.

Rubens Rocha

O goberno de Vigo potenciará o labor das mulleres na economía xunto con Empresarias Galicia

ilcanallarubens_Empresarias Galicia_2016_abel Caballero_Vigo

Tras recibir á asociación Empresarias Galicia, quen lle presentaron a entidade e os seus obxectivos, o rexedor comprometeuse a desenvolver un proxecto compartido para poñer en valor o papel das mulleres empresarias e emprendedoras en Vigo e en Galicia.

Abel Caballero mantivo un encontro este mércores con representantes de Empresarias Galicia, unha asociación de mulleres empresarias e emprendedoras que nace en Vigo e que, segundo lle trasladaron, queren darlle visibilidade e poñer en valor o papel feminino na economía dende diferentes ámbitos do desenvolvemento empresarial.

O alcalde amosoulles o apoio do seu goberno a este labor comprometéndose a desenvolver un proxecto compartido a prol da igualdade para “visualizar e poñer de relevo o papel das mulleres empresarias en Vigo e en Galicia” xa que considera que no ámbito empresarial é “se cabe máis necesaria” a potenciación da igualdade porque “a presenza de mulleres viguesas e galegas empresarias é moi inferior ao que representan no conxunto da economía”.

Como mostra da cooperación coa potenciación do labor das mulleres empresarias e emprendedoras, o rexedor apuntou que o Concello dedicará recursos do plan de emprego a este fin.

Rubens Rocha