Archivos por Etiqueta: Antón Sánchez

A Marea Galega presentou onte o seu equipo no Parque das Galeras de Santiago de Compostela

ilcanallarubens_presentacion-en-marea_compostela_00_2016

Luis Villares: “Somos a dignidade da maioría, fronte á miseria moral de Feijóo”

O parque das Galeras de Santiago de Compostela acolleu onte a presentación pública das candidaturas de En Marea para as vindeiras eleccións ao Parlamento de Galicia. O encargado de presentar o acto, o alcalde de Santiago Martiño Noriega, salientou a forza e ilusión “desta ferramenta útil que superou os patriotismos partidarios” e que “está mandatada para provocar un cambio neste país poñendo as institucións ao servizo dos e das máis”. “Estamos nun momento histórico, que chegou dunha demanda cidadá para reflictir unha maioría social que non se ve representada e que foi atacada por Feijóo durante os últimos anos, diversa e plural que se reflicte nas listas que presentamos” asegurou Martiño Noriega.

O candidato á presidencia da Xunta de Galicia e cabeza de lista por Lugo, Luís Villares, arrancou cunha referencia a Manuel María que “ dicía que unha palabra vale máis que mil imaxes, hoxe a palabra é: unidade”. “Galicia tivo uns gobernantes que non merecía, non estiveron á altura da xente. Manuel Rivas dicía que os nenos non querían nacer porque non sabía o futuro que lles esperaba no noso país, e a xente que nace ten que emigrar. Os traballadores de calquera sector ven como as súas condicións laborais e salariais con cada vez máis precarias. As horas pasan moi lentas nas casas dos que non teñen traballos, horas que pasan rápidos nas casas dos que van ser desafiuzados. O tempo volvese angustioso e reflíctese nos ollos de aqueles que ven que a súa pensión reducida e teñen que repartila cos seus fillos e netos e sen saber se aqueles que tiveron que marchar van poder volver porque os seus gobernantes non lle deron unha oportunidade de vivir con dignidade na súa terra” declarou Luís Villares. Unha situación que asegurou “produce indignación, a que nos obrigaba a saír as rúas, as prazas e facer visible que estamos fartos de que nos tomen o pelo, que sabemos quen no las está facendo e sabemos os motivos polos que o fan”.

Unha situación da que a maioría social non é responsable: “Non somos responsables da situación económica onde nos meteron, da burbulla inmobiliaria, dun sistema bancario que nos bota das nosas casas, de traballar e non dar vivido do traballado, do burato no que nos meteros a nivel social e económico, de que nos prohíban dar as matemáticas en galego. E por iso estamos hoxe aquí” asegurou o candidato de En Marea á presidencia da Xunta.

Da indignación ao compromiso

“A indignación e a fase de alerta de espertar do letargo, o paso seguinte é o compromiso, e iso é o noso compromiso coa xente deste país. Queremos ser a solución dos problemas de Galicia non abonda con berrar, e iso é o que vimos facer en clave comprometida, en clave de xustiza social” comprometeuse Villares. “Feijóo é a miseria moral e política de quen abandona aos seus, é a mensaxe de insolidariedade de traballar so para os amigos, é a cara sen fondo. Nos somos a maioría da solidariedade, da dignidade, dun espazo de carácter social e político. Non somos a miseria moral de Feijoo, somos o exercicio social da dignidade” afirmou.

Feijoo representa a preguiza, os brazos caídos, a resignación, queremos recuperar un autogoberno forte á altura deste país. Representar a igualdade formal pero tamén material fronte esa renuncia de dereitos e que empregou o autogoberno nesa clave de abandono e aínda así cansou, e ten que levar un banco por todo o país. Senta con nós pero desta volta o banco será público. Feijóo dixo que se non gañaba as eleccións marchaba, xa podes ir facendo as maletas. Hai unha marea multicolor, que suma, que multiplica. Para goberno negro e días grises xa chegaron eles. Imos lles sacar as cores aos que ata agora estiveron atacándonos e roubándonos. Temos un compromiso radical coa democracia participativa, económica e con recuperar as institucións para á xente en clave radical de xustiza e compromiso social” concluíu o candidato de En Marea á presidencia da Xunta de Galicia, Luís Villares.

Falan as cabezas de lista

O cabeza de lista de En Marea pola provincia da Coruña, Antón Sánchez, arrancou a súa intervención agradecendo “a toda a xente que levan anos traballado pola xente do común, polos máis desfavorecidos, deixando de lado os egoísmos persoais e arriscando moito” entre eles destacou de xeito especial ao alcalde de Coruña, Xulio Ferreiro, de Santiago, Martiño Noriega e de Ferrol, Jorge Suárez, “pola súa valentía e por levar paos, a Xosé Manuel Beiras un mestre para moitos de nós, aos compañeiros daquela xestora e coordinadora provisional, e todos e todas as que colaboraron nas primarias, compañeiros de todas as candidaturas”. “Estamos en condicións de disputar ao PP as eleccións en Galicia. Fala moi pouco do seu balance e falando de nós, para agochar as propostas de futuro que non ten, quere xerar ruído para que non se vexan as nosas propostas que si as temos” sinalou Sánchez.

A cabeza de lista de En Marea por Pontevedra, Carmen Santos, salientou a grande responsabilidade moral e ética que tiña En Marea “e por iso estamos aquí”. “Foi un camiño con distintas curvas, nunca dubidei como tampouco o fixo o 99 por cento que nos iamos a presentarnos xuntos. Tivemos papel de xenerosidade e de responsabilidade porque Galicia non pode deixar pasar este momento . Queremos facer política para ao 99 por cento, queremos construír e fortalecer unha Galicia mellor e con futuro para os nosos maiores e para os noso mozos” rematou Carmen Santos a súa intervención.

A seguinte en falar foi a cabeza de lista por Ourense, Ánxeles Cuña Bóveda, que salientou o “colectivo talentoso, enérxico e forte” que conforma as candidaturas de En Marea para as vindeiras eleccións galegas.  Unha alternativa sólida e necesaria o obxectivo é o ben común e cumprindo desde o primeiro momento os principios de transparencia, participación. “A ilusión contra a desesperanza e a desmembración de todos os sectores que levou a cabo o PP durante este anos” destacou.

Fotos da presentación

ilcanallarubens_presentacion-en-marea_compostela_01_2016 ilcanallarubens_presentacion-en-marea_compostela_2016-758x505

Esiximos o dereito a decidir como pobo galego sobre o CETA e opoñémonos á súa aplicación provisional

Sánchez_Senra_RdPCETA1-768x486

  • Lídia Senra e Antón Sánchez advertiron en rolda de prensa na mañá do venres 8 das perigosas repercusións que tería a aprobación do CETA
  • Ábrese un calendario no que dende a cidadanía e as organizacións sociais cómpre presionar aos Estados para parar o acordo UE-Canadá

Compostela, 08 de Xullo 2016. A eurodeputada de Alternativa Galega de Esquerda en Europa (AGEe), Lídia Senra, e o coordinador nacional de Anova e vicevoceiro de AGE no Parlamento Galego, Antón Sánchez, ofreceron na  mañá de hoxe unha rolda de prensa no Parlamento Galego para abordar a repercusión que unha aprobación definitiva do CETA (Comprehensive Economic and Trade Agreement/Tratado de libre comercio entre a Unión Europea e Canadá) conlevaría para Galiza.

Renunciando en parte á pretensión inicial da Comisión Europea (CE) de que este negocio de liberalización comercial entre a UE e Canadá entrase en vigor contando tan só ca aprobación do Consello e o Parlamento Europeo, a Comisaria de Comercio, Cecilia Malmström anunciou este martes 5 de xullo que o texto do mesmo pasará a votación nos Estados membro.

Esta “adecuación” da CE ás circunstancias, responde ás protestas levadas adiante dende as organizacións sociais, políticas e colectivos de xuristas europeos que esixían que o CETA fora considerado un tratado mixto, ao tratarse dun texto que obriga á modificación de importantes leis estatais.

Sen embargo, como denunciou hoxe a eurodeputada galega, “non podemos afirmar que se estea a respectar o procedemento codecisorio do acordo mixto cando pretenden aprobalo primeiro a través do Parlamento Europeo e outorgarlle unha vixencia provisional previa ao pronunciamento dos Estados. Isto é unha tomadura de pelo á democracia, unha estratexia argallada pola Comisión para gañar algo de tempo co seguir avanzando no seu plan de neoliberalización comercial.”

O calendario previsto para levar adiante este proceso de ratificación comezará o vindeiro 22 de setembro no Consello informal de Ministras/os de Comercio que vai ter lugar en Bratislava. Seguidamente, o 18 de outubro o Consello deberá valorar autorizar a sinatura do acordo e, no caso de pronunciarse positivamente, o 27 de outubro os xefes/as de Estado asinaríano. O seguinte paso sería a ratificación por parte do Parlamento Europeo, previsíbelmente no pleno de febreiro de 2017.

“Ábrese agora unha batalla importante que dar a nivel social”, salientou hoxe Lídia Senra.  Cómpre acadar que os Gobernos se opoñan ao CETA na reunión do Consello o 22 de setembro e conseguir que as eurodeputadas/os manifesten unha opinión contraria a este tratado no caso de que chegue ao Parlamento Europeo -para o que esta mesma semana foi posta en marcha a campaña CETA Check dende as organizacións sociais-, apostando polo sometemento a votación en cada un dos Estados membros.

Aliás, para Senra “Galiza, como nación sen Estado dentro do contexto español, ten que ter dereito a decidir sobre o CETA ou calquera outro tratado de libre comercio a través do seu Parlamento ou ben a través dun referendo ao pobo galego”. Esta é unha situación que se dá xa en Estados coma o belga, onde se algunha das súas rexións manifesta oposición a este tipo de negocios de liberalización comercial Bélxica vese na obriga de respectala. “Se hai que modificar algunha estrutura ou lexislación para que isto sexa posíbel, que se faga”, reclamou a eurodeputada de AGEe.

Negociado dende o ano 2009 até o ano 2014 con total opacidade, “o CETA (UE-Canadá) é considerado un cabalo de Troya que facilitaría a entrada ao TTIP (UE-EEUU)”, lembrou Senra,  a día de hoxe en pleno proceso de negociación –a 14ª ronda do TTIP terá lugar o vindeiro mércores 13 de xullo en Bruxelas– no medio dun clima de fortísima contestación social.

O CETA, ao igual que o TTIP, é un tratado “pensado para darlle todo o poder ás corporacións transnacionais por riba das lexislacións, indo totalmente en contra da soberanía dos pobos”, reiterou. Así, ao igual que o TTIP co ISDS[1], o CETA incorpora o ICS, un mecanismo a través do cal unha empresa pode demandar a un Estado por aquel lucro cesante que entenda deixe de gañar debido á oposición dun Goberno[2].

A nivel galego, o recoñecemento deste poder ás empresas transnacionais “tería implicado a posibilidade de que a empresa mineira canadense Edgewater puidera demandar á Xunta de Galicia por ter paralizado a mina de Corcoesto en resposta á demanda social”, lembrou a eurodeputada.

Canda o ICS e os tribunais externos privados construídos ad hoc para estes litixios, o CETA inclúe tamén a posibilidade de que empresas públicas europeas podan ser mercadas por empresas privadas canadenses e viceversa. Asemade, o texto do tratado alberga a denominada Cláusula Trinquete, que faría practicamente imposíbel que un servizo puidera ser remunicipalizado.

A nivel do sector agroalimentario, o CETA e o TTIP poñen en entredito o recoñecemento de estándares de calidade, o que na práctica suporía, por exemplo, que no mercado europeo teríamos carne producida con hormonas permitidas en Canadá e os EEUU pero non na UE, así como unha apertura sen precedentes aos alimentos transxénicos.

Aliás, como ten respostado a Comisión Europea a preguntas rexistradas por Alternativa Galega de Esquerda en Europa, está prevista aapertura dun continxente arancelario de carne de vacún así como un incremento da vulnerabilidade das Denominacións de Orixe e as Indicacións Xeográficas Protexidas. Dentro da listaxe de 145 DO´s e IXP´s protexidas dentro da negociación do CETA, ningunha delas é galega, xa que no seu momento nin o Goberno estatal nin o galego fixeron por protexelas.

“Estamos ante un tratado extremadamente perigoso para a cidadanía de ámbalas dúas partes. Dende o pobo galego non podemos deixalo pasar”, concluíu a eurodeputada de AGEe alentando a esixir que “calquera negocio que se acorde sexa en base a garantir os dereitos das persoas e non os negocios das multinacionais, como está a pasar”.

 

[1] Para máis información consultar artigo El maquillaje del TTIP: del ISDS al ICS e/ou publicación Lucha contra el TTIP, el CETA y el ISDS: lecciones de Canadá .

[2]Entre os casos máis recentes están a demanda interposta pola empresa TransCanadá contra o Goberno dos EEUU por non ter autorizado a construción do oleoducto Keystone XL. Entre os exemplos máis controvertidos por ir claramente contra a saúde pública e por estar considerado un caso co que as multinacionais pretendían “mandar un recado” aos países que non acaten as súas normas, destacan o litixio da tabacaleraPhilip Morris contra o goberno de Uruguay por implantar medidas restritivas co consumo de tabaco.

Anova reuniuse no día de onte para ratificar o manifesto dos alcaldes rebeldes

ICR-Photographer© Acto Politico dia da patria ANOVA_ 2014_ilcanallarubens_Compostela

A Coordinadora Nacional de Anova-Irmandade Nacionalista avaleu este sábado os resultados do 26 de xuño, no que En Marea perdeu ao redor de 66.000 votos con respecto aos comicios de decembro, e abordará o manifesto dos alcaldes das mareas, que fixeron un chamamento á unidade para as autonómicas, e que o líder desta formación, Xosé Manuel Beiras, xa bendiciu.

De feito, a través dun comunicado o pasado mércores, Xosé Manuel Beiras quixo “saudar” o paso dado polos alcaldes das mareas das cidades Martiño Noriega (Compostela), Xulio Ferreiro (A Coruña) e Jorge Suárez (Ferrol): “As mareas que fomos construíndo entre todos, terannos sempre ao seu lado”.

O pronunciamiento do histórico dirixente fíxose uns días despois de que el mesmo acudise a Madrid, xunto a unha delegación da Comisión Permanente de Anova, para reunirse con Podemos e Izquierda Unida e analizar os resultados das eleccións xerais, e onde analizou que había que recuperar o espírito do 15M e do Nunca Máis.

Preguntado este venres, o coordinador nacional de Anova, Antón Sánchez, remitiu precisamente a este sábado para coñecer o pronunciamiento definitivo da Coordinadora Nacional, na que, ratificou, se fará balance do 26 de xuño e sobre o camiño cara ás eleccións galegas.

Respecto diso de se irá na liña do xa expresado polo dirixente nacionalista, manifestou que Beiras “é o portavoz nacional de Anova e cando fala o portavoz, opina en nome da organización”.

PSdeG, AGE e BNG piden “dimisións” e Feijóo exculpa a Pastor

ilcanallarubens_AGE_BNG_PSdeG_2016-758x468

A oposición no parlamento galego piden dimisións inmediatas mentres que Feijóo tenta salvagardar a Ana Pastor

A presidenta da xestora do PSdeG, Pilar Cancela, considerou que se a investigación realizada pola Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF) non foi independente e non se abordaron “elementos crave”, como asegura o informe da Axencia Ferroviaria Europea, encargado pola Comisión Europea, o que toca é “pedir responsabilidades” e “retomala no punto que corresponda”.

“Se iso é así (que non foi independente e que non se tiveron en conta elementos crave), evidentemente hai que facer unha investigación o máis obxectiva posible e retomar a investigación, se é que houbo déficit nese proceso de investigación”, aseverou.

Pilar Cancela confluíu que, por tanto, hai que facer esa investigación “con todas as consecuencias”. “E, neste sentido, por suposto, se non se actuou como se tiña que actuarse, e a investigación non foi rigorosa, o que toca é pedir responsabilidades e que se retome a investigación no punto que corresponda”, sentenciou.

BAIXA CALIDADE DEMOCRÁTICA

Alternativa Galega de Esquerda (AGE) considera que o informe da Unión Europea, que se fixo público este xoves e que sinala que a investigación “non foi independente” e faltan “elementos crave” de análises, evidencia unha “falta de calidade democrática” en España e reclamou a “dimisión” da ministra de Fomento, Ana Pastor.

Na súa intervención, Antón Sánchez lembrou que xa no último debate parlamentario no que se abordou a posibilidade de crear unha comisión de investigación sobre o accidente advertira de que “Europa ía evidenciar a baixa calidade democrática do Estado español”, o cal, dixo, xa ocorreu noutras cuestións como a lexislación hipotecaria que tombou a UE.

Así mesmo, para o deputado de AGE, o informe da UE “evidencia que hai responsabilidades políticas e que, por moito que se resistan PP e PSOE, a verdade vai acabar saíndo e deben asumir responsabilidades políticas”.

Desta forma, AGE esixiu “a dimisión de Ana Pastor“, que “articulou unha investigación chafalleira” e reclamou unha “comisión de investigación”, como En Marea xa pediu no Congreso dos Deputados na última lexislatura e este grupo, xunto co BNG, reclamaron en numerosas ocasións na Cámara autonómica.

Antón Sánchez felicitou ás plataformas de vítimas pola súa “constancia” para que “saíse a realidade” á luz.

REPERCUSIÓN

Preguntado por se considera que este informe tamén pode influír na investigación xudicial, o viceportavoz de AGE insistiu en que son “cuestións paralelas” e que, de feito, nos autos recolleuse que a Xustiza non é o ámbito para “dirimir as cuestións políticas”.

Así, evidenciou que, tanto os autos xudiciais como o informe da UE, coinciden na mesma esencia, en que “non se avaliou correctamente o risco”, posto que “a realidade é só unha”, pero iso non quere dicir, precisou, que vaia a influír o informe na actuación xudicial.

Iso si, lembrou que a Audiencia Provincial da Coruña ordenou a reapertura do sumarioxudicial. “Independentemente do resultado da actuación xudicial, reclamamos as responsabilidades políticas que non teñen nada que ver”, sentenciou.

INFORME DEMOLEDOR

O BNG reclamou este venres que se abra xa unha comisión de investigación no Parlamento galego sobre o accidente de Angrois, tras o “demoledor” informe de Bruxelas que conclúe que non houbo independencia por parte da Comisión de Investigación de Accidentes Ferroviarios (CIAF).

En rolda de prensa, os portavoces parlamentarios do BNG, Ana Pontón e Francisco Jorquera, esixiron tamén a dimisión de “todos” os membros da CIAF e o nomeamento dunha nova Comisión que realice unha investigación independente. Ademais, demanda que deixen os seus cargos os que consideran“responsables políticos” da traxedia, os dous últimos ministros de Fomento, José Blanco (PSOE) e Ana Pastor (PP), xa que tachan de “inadmisible” e unha “vergoña” que sigan “cobrando do erario público”.

De tal forma, sinalaron que leste mesmo venres solicitaron a convocatoria dunha reunión extraordinaria da xunta de portavoces da Cámara galega co fin de incluír na orde do día do pleno da semana que vén -o último da lexislatura- un punto para debater a apertura desa investigación.

Segundo destacou Jorquera, coa comisión parlamentaria das caixas galegas existe oprecedente de comparecencias durante a época estival, polo que cre posible poder abrir e iniciar os traballos desta comisión sobre o accidente do Alvia, “por moito que se estea na recta final da lexislatura”, mentres que se “hai vontade política” pódese continuar con ela no próximo período de sesións.

Ademais, emprázase a que tamén no Congreso dos Deputados constitúase “sen máis demora” unha comisión de investigación parlamentaria, “sen molestias” e “caia quen caia”, sen ter en conta “os intereses dun ou outro partido”.

FEIJÓO EXCULPA A PASTOR

Alberto Núñez Feijóo, descargou á ministra de Fomento, Ana Pastor, de responsabilidade en relación á obra ferroviaria na que tivo lugar o tráxico accidente de Angrois e defendeu “complementar a investigación”.

“Todos queremos saber que ocorreu; cal é exactamente a causa e o conxunto das posibles causas adicionais que levaron consigo a vida de tantas persoas; o equipo actual de Fomento ten ese compromiso, do mesmo xeito que o resto de administracións, con independencia da cor política”, asegurou, en declaracións aos medios en Ferrol.

Tras esta reflexión, esgrimiu que, se as autoridades europeas e os técnicos consideran que a investigación “ten que ampliarse e complementarse”, tocaría “complementala”. Feijóo, que ata agora apelara reiteradamente a respectar o procedemento xudicial, tamén se confesou “sorprendido” –preguntado respecto diso– de que se pida a dimisión de Ana Pastor, á que descargou de responsabilidade en relación á obra.

“ERA UNHA DEPUTADA DA OPOSICIÓN”

“A min sorpréndeme, porque non estaba no Ministerio cando se puxo a vía para funcionar; era unha deputada da oposición cando a vía executouse, o tren inaugurouse e empezou a circular pola vía. Paréceme sorprendente que se crea que alguén que non fixo nin executou a obra teña responsabilidade sobre ela”, remarcou, apuntando implicitamente ao papel do anterior Goberno do PSOE, cando José Blanco tiña a carteira de Fomento.

Beiras: “Se trasladásemos os resultados do 26X ao Parlamento galego, o PP non gobernaría”

ilcanallarubens_asemblea confluencias con podemos_01_madrid_2016

Unha delegación de Anova encabezada por Xosé Manuel Beiras, Alexandra Fernández, Antón Sánchez, Esther Duro e Raúl Asegurado acudiu esta tarde a Madrid a unha xunta de todas as confluencias de análise dos resultados eleitorais.

Madrid, 1 de xullo de 2016-. Unha delegación de Anova formada polo Voceiro Nacional, Xosé Manuel Beiras; a deputada en Cortes,Alexandra Fernández; o Coordinador Nacional, Antón Sánchez; a Secretaria de Organización, Esther Duro e o Responsábel de Relacións Políticas, Raúl Asegurado, acudiu esta tarde a Madrid a unha xunta de delegacións das confluencias que tivo lugar na sede de Podemos.

Á saída da xunta e interpelado polos xornalistas, Xosé Manuel Beiras afirmou que “houbo unha achega de cada un dos grupos. A diagnose no fundamental ten coincidencia en cais poden ser as causas do desenlace do 26-X, tanto no que atinxe ás variábeis exóxenas pero tamén na análise dos fallos que consideramos que tamén houbo”. Explicou que se van recoller nun informe que se vai elaborar de seguido.

Neste eido, insistiu na necesidade de reforzar a coordinación e a intercomunicación. E engadiu que “consideráse que se rematou unha fase do proceso” e que é preciso avanzar e abordar unha nova etapa. A preguntas dos xornalistas sobre os resultados na Galiza, Beiras sinalou que expuxo a opinión provisional de Anova e a avaliación dos “resultados é agridoce. Considerábamos que esta nova convocatoria debería ser utilizada por En Marea para dar un salto adiante, e iso non sucedeu, pero de todos os xeitos segue a estar nunha gran posición”.

Fundamental: a ampliación de En Marea

“Por outra parte, se trasladásemos os resultados destas elecións en Galiza ás elecións galegas, hai que dicer que o PP non gobernaría. E finalmente isto foi un episodio pero o importante é como avanzamos, a ampliación de En Marea, a captación para o proxecto de En Marea de continxencias de cidadanía nacionalista de esquerdas que foi deixando o BNG, a grande organización nacionalista, e que non conseguimos que se sumase a En Marea, e isto hai que amplialo. E se somos intelixentes, e o facemos ben, podemos ser a alternativa que remate en Galiza con Frijol, como lle chamo eu”

Xosé Manuel Beiras sinalou que unha das chaves está en que actuamos de xeito que a cidadanía que nos apoiou, a impresión que lle demos foi que estaba sementado e que a nova colleita ía vir coa gracia de deus. Polo tanto, non houbo unha estratexia e unha metodoloxía segundo a cal non podemos dar por feito os resultados porque temos un inimigo moi poderoso e moi bestial, absolutamente desalmado, e representa un réxime que a Troika non esta disposta a renunciar”.

En Galiza fomos os primeiros

En canto á fórmula IU-Podemos, Beiras lembrou que “hai que facer memoria, o que se fixo a nivel de Estado entre IU e Podemos, fixémolo en Galiza xa no 2012 entre Anova e EU”, en clara alusión a AGE. Demos a sorpresa de saltar ao 15% dos votos e con 9 deputados. Logo repetimos con Lidia Senra no Parlamento Europeo e despois foron as mareas municipalistas, nas que estábamos parte da cidadanía como protagonista fundamental, e integrados Anova e EU sen pretender capitalizar nada. Para as elecións do 20DEn Marea integraba todo isto”.

Eleccións galegas

A preguntas sobre se se tratarían as vindeiras eleccións galegas, Beiras quixo deixar claro que “Galiza é unha nación dentro do Estado español pero é un país distinto. Aquí non se vai decidir o que se vai facer en Galiza”.

 Rubens Rocha

ை As marchas da dignidade volveron ao Obradoiro

ICR-Photographer© MD Pan Traballo e Teito 285

Denuncian que o Estado “malvende” os seus “dereitos”, “só pensa no seu peto” e actúa como unha “mafia” así o deixaron claro centos e centos de persoas que o sabado pasado achegaronse a praza do obradoiro en Compostela procedentes de distintos puntos da xeografía galega, convocados pola Columna Galega de las Marchas de la Dignidad.

Moitos dos manifestantes acudiron en autobuses a Santiago para, dende as zonas de Salgueiriños, O Castiñeiriño e a rotonda de O Milladoiro, avanzar cara á céntrica Praza do Obradoiro, á que accederon dende cálela de O Franco e Xoán XXIII.

Os asistentes, que chegaron pasadas as 12,00 horas, foron recibidos con música de tambores e gaitas dende un escenario colocado ex profeso para esta cita e arredor do cal creouse un grande círculo de persoas, algunhas pertencentes a colectivos sociais e outras que acudiron a estas Marchas pola Dignidade a título persoal.

O primeiro en subir ao escenario e romper o xeo foi o actor e director galego Quico Cadaval, quen se referiu aos catro exdirectivos e ao avogado condenados polas prexubilacions en Novacaixagalicia, aos que acusou de “bandidos”.

Pero ademais, o actor e director galego tamén animou a toda a praza a vociferar ‘Nunca máis violencia machista’, nun día no que unha muller de 38 anos faleceu apuñalada en Pontevedra e polo asasinato da cal detiveron como “principal sospeitoso” á súa exparella. De momento, a principal hipótese que se manexa como móbil é un caso de violencia machista.

Dende o mesmo escenario e rodeado de centos de manifestantes, o activista social Nicanor Acosta, encargado de ler o manifesto, nas súas primeiras palabras dixo que ali estaba presente toda a “unidade popular”, logo animou á cidadanía a a “organizarse”“Porque somos máis”“Temos que loitar xuntos e organizarnos porque somos máis”, recordou Acosta aos manifestantes, xusto antes de denunciar o “aumento” do prezo dos medicamentos, o “recorte” en dependencia, a “privatización” dos servizos de emerxencia mentres Galicia “arde” e que se “malvendesen” as caixas galegas, entre outros asuntos.

Acosta, un día despois de que declarasen nula a sanción de 600 euros que lle fora imposta polo desafiuzamento de Aurelia Rey. Ao igual que Quico Cadaval, tamén cargou contra a violencia machista. “O feminicidio continúa sen que o tomen en serio”, denunciou, micrófono en man, dende o escenario, para logo censurar que se “recorte” en políticas de igualdade e prevención.

De igual modo, este activista social criticou as institucións europeas. De feito, instou as persoas que enchían a Praza do Obradoiro a entoar “Liorta, liorta, liorta contra a Troika” — “Pelexa, pelexa, pelexa contra a Troika”–. 

Acosta tamén se referiu á denominada Lei Mordaza’: “Parece feita polo mismísimo Franco, asegurou, para logo animar á xente a cantar: “Xa non será co noso silencio” –“Xa non será co noso silencio”–. 

Pero ademais de todo o exposto, no manifesto lido por Acosta tamén estiveron presentes outros temas como a “retirada” da reforma laboral, o “dereito” á vivenda e a demanda de “xustiza” para as vítimas de Angrois.

Pola súa banda, un dos voceiros destas marchas, Manolo Caamaño, fixo fincapé en que encherán o Obradoiro “as veces que faga falta”, xa que a crise, en lugar de “disiparse”, se “agrava”. “As solucións dos problemas poden estar en moitos sitios pero, dende logo, o sitio máis xenuíno é a rúa”, asegurou.

Manuel Caamaño, tamén destacou o carácter unitario do acto celebrado o pasado sábado na capital galega. “Imos encher o Obradoiro as veces que faga falta porque a crise que golpea aos sectores populares non só disípase senón que se vai agravando”, afirmou en declaracións aos xornalistas. Para Caamaño, “a solución pode estar en moitos sitios pero o sitio máis xenuíno é a rúa, aquí é onde o pobo ten que resolver os problemas”.

Na mesma liña Santiago Lamelo denuncio que “estamos nun estado antidemocrático no que as decisións as toman as multinacionais cun Goberno sometido ao poder económico. Dá igual a quen elixa, sempre estarán supeditados ao poder económico”, incidiu. Lamelo considerou que a crise “non é máis que unha estratexia neoliberal para xustificar novos recortes e perda de dereitos”.

Pola súa banda, José Carlos Costoya dixo que “esta estafa que chaman crise chegou para quedar, as marchas da dignidade tamén chegamos para quedarnos”.“Imos estar aquí ata derrubar este réxime e cambiar as condicións de vida”, manifestou.

Na manifestación, na que ondeaban bandeiras nacionalistas e republicanas, estiveron presentes múltiples colectivos, como a Coordinadora antiprivatización dá Sanidade Pública, a Plataforma de Afectados pola Hipoteca e o colectivo Stop Desafiuzamentos, sindicatos como CGT e CUT, dito evento tamén foi apoiado polo BNG e o sindicato CIG. Tamén estiveron presentes representantes políticos, como a coordinadora nacional de EU, Yolanda Díaz, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega; o alcalde de Ferrol, Jorge Suárez; e deputados de AGE, como Antón Sánchez e Juan Fajardo, como tamén a Eurodeputada por AGEe Lidia Senra.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Foto galería [aquí]

ை Xornadas. O sector lácteo desde a cidade.

ilcanallarubens_xornadas leiteiras_ Alternativa Galega de Esquerdas_Vigo_2015

Hai xa ben anos que pechou a Central Leiteira de Balaídos, poderíase cuestionar, logo, o sentido de organizar un acto sobre o sector lácteo na nosa cidade.

E porén, é preciso achegar o conflito lácteo ao mundo urbano. Compre informar ás grandes bolsas de consumidores urbanos da problemática duns produtores non só maltratados pola industria leiteira senón tamén pola industria distribuídora.

As clases traballadoras urbanas, con toda a lóxica do mundo, tratan de acceder aos produtos de mellor prezo. O uso do leite como produto reclamo por parte das grandes superficies, crea unha fenda entre os intereses desas clases traballadoras urbanas e os produtores de leite do rural.

Compre traballar nunha alianza deses dous mundos. Compre crear pontes para que chegue o día en que se poida sortear ás grandes cadeas distribuídoras.

Por outra banda, o sector lácteo contribúe a manter vivo o mundo rural. Un mundo rural do que os habitantes urbanos se benefician polo seu papel como fornecedor de alimentos de calidade, de espazos naturais coidados e como lugar de esparcemento e lecer; sen desprezar, tampouco, a alternativa que un rural socioeconomicamente vivo sempre pode significar para un mundo urbano onde o traballo escasea.

Informarse é un primeiro paso. Convidan a todo o mundo a este acto que terá lugar o vindeiro venres 9 de outubro en Vigo no salón de actos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Delegación de Vigo ubicada na rúa Doctor Cadaval 5.

Aquí vos paso o enlace do evento de Facebook (aquí).

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]