Archivos por Etiqueta: Axuda

Os neonazis de Hogar Social Madrid xa chegaron a Galiza

Tras publicar NV este venres que o grupo de neonacis de Hogar Social Madrid comunicaba nas súas redes sociais a súa chegada ás terras galegas nunha “misión humanitaria” e que as redes sociais en Galiza reaccionasen dicindo claro e alto que non son benvidos ao país, ao final cumpriron a súa palabra, a sua lider Melisa comunicaba atráves da sua conta twitter que xa estaban nas terras galegas sen decir onde estaban concretamente pero este medio estivo na investigación de onde estaban e ao final deu co seu paradero, estaba paseáronse polo concello de ARBO, onde repartiron botellas de auga nunha furgoneta branca e coas súas vestimentas clásicas azuis co castelo.

Alí a sociedade civil xa organizada dixeron que non necesitaban tal auga, tras a negativa da sociedade civil organizada galega os neonazis de Hogar Social Madrid marcháronse para outro concello.

O concello ao cal chegaron foi AS NEVES uno dos concellos onde o lume do pasado domingo e a madrugada do luns foi máis violento, o redactor desta columna estivo en contacto con varias persoas das Neves as cales en canto lles entreguen as súas axudas serán denegadas xa que non consideran que só axuden a persoas naturais de España deixando fóra a persoas que fan vida nas Neves.

A sociedade galega teno claro, non desexan que polos seus concellos pasen neonazis que a súa misión é dividir mentres tanto a sociedade ante a traxedia do pasado fin de semana é un bloque autosuficiente.
Anuncios

“Nazis do Hogar Social Madrid, non sodes benvidos a Galiza!”

No día de onte as redes sociais fíxose eco que a organización Hogar Social Madrid publicaba nas súas contas das  redes sociais, facebook e twitter, unha “campaña” de recadación de diñeiro para axudar ao pobo galego polos lumes que fixeron estragos no país nestes últimos días.

As redes sociais reaccionaron baixo un lema, o lema era “NAZIS DO HSM, NON SODES BENVIDOS!”

O pobo galego organizado e os profesionais e voluntarios dos servizos de extinción rexeitaban rotundamente a axuda ofrecida polo colectivo de carácter fascista e neonazi de Hogar Social Madrid.

Hogar Social Madrid é unha organización ultra que está reinventando á extrema dereita española cun discurso centrado na acción social. As accións sociais que desenvolve dita organización para recibir unha axuda non basta con presentar o DNI que acredita que a túa nacionalidade española, senón que ademais hai que pasar unha entrevista persoal.

Hogar Social Madrid se dedica a difundir o seu discurso fascista, xenófobo e de odio aos máis pobres disfrazándoo de falsa solidariedade.

A xente que reacciono nas redes decían que, «no estamos dispostas a que a traxedia vivida polo noso pobo nos pasados días lle sirva a esta calaña como escusa para tan miserables fins. Galiza é unha terra acolledora e fraternal, e quen sementa odio nas nosas rúas e agrede ás nosas irmás e irmáns pola súa etnia, pola súa situación socioeconómica ou polo seu compromiso antifascista, non é benvido na nosa terra».

Non é crible que aqueles que organizan recollidas de alimentos “sólo para españoles”, os que fai uns días se manifestaban xunto cos responsables políticos deste desastre para negar os dereitos culturais e o dereito de autodeterminación dos pobos de Estado, ou os que ondean simboloxía fascista e defenden abertamente un discurso xenófobo e machista, teñan unha intención sincera e desinteresada de axudar ao pobo galego. Un pobo diverso e de procedencias moi diferentes, feito do cal nos sentimos profundamente orgullosas, e onde o descurso de quen pensa que o valor da vida é diferente segundo a cor da nosa pel, non ten cabida.

Por estes motivos citados empezou a facerse unha recollida de sinaturas para esixirlle aos neonazis de Hogar Social Madrid que non poñan un pé no noso país co fin de aproveitar a dor da nosa xente para sementar odio e división.

A campaña berra claramente

«NON É SOLIDARIEDADE, É FASCISMO! NAZIS, NON SODES BENVIDOS!»

A xente que quera contribuir coa sua sinatura nesta campaña conta a axuda da organización ultradereita poden entrar nesta ligazón.

3 Razóns para cambiarse de compañía eléctrica en España

Cada vez son máis evidentes as razóns polas que os consumidores queren cambiar de compañía eléctrica. Os abusos son a principal causa, pero a día de hoxe son moitos os que non saben que son libres de cambiar de compañía eléctrica en España.

Aquí recompilamos as razóns máis comúns do cambio, a ver se che convencemos:

Fartos de abusos por parte das grandes compañías
Seguro que a túa tamén viviches ou escoitaches algunha historia para non durmir relacionada con algunha das grandes eléctricas. A verdade é que a situación de oligopolio á que teñen sometido o mercado eléctrico español permítelles abusar dos pequenos consumidores.
Esta pode ser unha boa razón para saírche do gran armazón destas compañías e apostar por unha compañía máis honesta e transparente.

Buscar mellores prezos
Ao final as grandes compañías utilizan todo tipo de ofertas e trucos para facer que acabes pagando máis na túa factura da luz. Empezar a aforrar pode estar en cambiarche de compañía a unha con mellores prezos.
Aínda que o aforro non só está no prezo é un bo punto de partida para arrincar a carreira polo aforro.

Coidar o medio ambiente
A contorna é tamén un bo motivo para facer un cambio de comercializadora. Cada vez máis hai compañías que unicamente comercializan enerxías renovables. Unha opción válida e ao mesmo prezo que a enerxía tradicional para os que queren coidar o seu peto e tamén o medio ambiente.

Vigo ilumina de verde as fontes de Aragón en recordo dos refuxiados

ilcanallarubens_ICR-Photographer© fontes rúa aragón

Este venres, a partir das 21:45h, as fontes da rúa Aragón estarán iluminadas de verde en memoria das vítimas da crise humanitaria no Mediterráneo, segundo anunciou hoxe Abel Caballero. A cidade súmase así á campaña LIGHT4REFUGEES que promove a Rede Española de Inmigración e Axuda ao Refuxiado.

O alcalde de Vigo anunciou este venres a participación da cidade olívica nesta campaña a nivel europeo en solidariedade cos refuxiados e en recordo das vítimas desta crise humanitaria no Mediterráneo.

Vigo tingue de verde as fontes da rúa Aragón, a partir das 21:45h, hoxe venres, 2 de setembro, data que se tomou como referencia polo ano da morte do neno Aylan, de tres anos, aparecido nunha praia da costa de Turquía, “nunha imaxe tremenda que deu a volta ao mundo”, apuntou o rexedor.

Engadiu Caballero que Vigo quere “cooperar na concienciación sobre a necesidade dun pacto global para resolver o problema dos refuxiados e para afastar as tensións políticas”. O alcalde urxíu ao Goberno de España a que, co resto de gobernos europeos, faga fronte “de forma axeitada á gravísima crise de refuxiados en Europa” e recordou que desde a FEMP creóuse unha rede de cidades de acollida.

O alcalde vigués e presidente da FEMP requeríu dos gobernos español e europeo “que cumplan con decencia cos dereitos humanos, que teñan a decencia de acoller aos refuxiados, porque esa política europea é unha auténtica indecencia”. Caballero pediu “apoio” ás vítimas e facer do respaldo aos refuxiados “unha política da que nos sintamos orgullosos en Europa, porque da actual nos sentimos avergonzados”.

Rubens Rocha

ilcanallarubens_ICR-Photographer© fontes rúa aragón_00_2015

O alcalde falou hoxe da familia acampada na rúa que reclama axuda ás administracións

ilcanallarubens_acampada 24h en principe_00_2016_Vigo

O alcalde referiuse hoxe tamén á familia acampada na rúa que reclama axuda ás administracións. Explicou Caballero que están sendo atendidos polos servizos sociais do Concello dende finais do ano 2015 e que está previsto que cobren os atrasos da Risga que lles debe a Xunta proximamente. Sen afondar nos detalles das catro axudas recibidas en diferentes ámbitos, por respecto á intimidade da familia, o rexedor informou de que nos últimos meses, o Concello deulle prioridade ás axudas da alimentación porque contaban cunha vivenda cedida engadindo que “se nestes momentos non a teñen, traballaremos para resolver esta cuestión cos fondos extraordinarios para vivenda” dos que dispón o Concello.

Caballero recalcou que “a nosa vocación de atención a esta familia e a todas as persoas que estean nesta situación é total” e apuntou que agarda que tiveran solicitado o cheque social nas tres categorías posibles: vivenda, pobreza enerxética e alimentación.

Rubens Rocha

Acampada social por una vida digna na cidade de Vigo

ilcanallarubens_acampada 24h en principe_2016_Vigo

 

O día 30 de agosto deu comezo a acampada de dous veciños de Vigo que, fartos de atoparse sen teito decidiron apostarse cunha tenda no centro da cidade para reivindicar un plan de emerxencia social para persoas que non poden acceder a unha vivenda básica. A súa carta de convocatoria:

Somos Arantxa e José Antonio, levamos once meses sen teito malviviendo nun edificio en desuso sen luz, auga, sen WC, consecuencia de non atopar traballo a pesar de que todos os días pateamos a rúa entregando CVs, ofrecéndonos para iso. Neses momentos estamos con ingresos cero, polo que non podemos cubrir as nosas necesidades básicas, e o peor é que os nosos fillos, pola situación de baixos recursos económicos están acollidos pola Xunta, o que nos produce unha profunda dor e un baxísimo estado anímico.

Esta inxusta situación é coñecida polos servizos sociais de base do concello e Xunta, polo noso alcalde e polo presidente da Xunta. A pesar deste durísimos once meses atopámonos con que estas institucións non teñen un plan municipal e autonómico de atención urxente e vivenda social para familias que contra a nosa vontade estámonos disgregando con resultados dramáticos.

Ante esta situación decidimos permanecer nunha tenda de campaña 24 horas, desde o martes 30 ata o mércores 31, de 19:00 a 19:00.

Apóiannos os compañeiros da RSP Vigo e Os Ninguéns.

Queremos dar un testemuño real das graves carencias en políticas de xustiza social da Xunta e Concello, que non palían este tipo de situacións, neste caso isto resulta inhumano para a nosa familia, pero hai outros centos de familias que están a sufrir na cidade de Vigo.

Para nós, para eles, para atopar unha solución para TODOS, é este acto de visibilización e protesta.

Rubens Rocha

 

250.000 abellas asinan para defender o seu futuro. Súmaste?

Foto Greenpeace España

Foto Greenpeace España

Parácheste a mirar algunha vez como voan as abellas cando van de flor en flor realizando esa fascinante función que é a polinización? Ou como pairan no aire antes de meterse na colmea co pole e néctar colleitados? Se non o probaches animámosche a facelo porque ademais de bonito é moi relaxante.

Nós si o fixemos e coa axuda dunha xente extraordinaria habemos capturado o vo de miles de abellas e transformámolo en 250.000 firmas distintas. Porque as abellas merécense todos e cada un dos nosos esforzos para salvalas e por iso desde Greenpeace lanzamos hoxe esta iniciativa. O obxectivo: unir cada unha desas firmas que as abellas nos han deixado a firmas de persoas e aumentar a presión sobre o novo Goberno nun ano que será clave para o seu futuro. Queres saber como? Explicámoscho todo neste vídeo.

2016: ano crave para as abellas

As abellas enfróntanse a moitas ameazas. Entre elas están os praguicidas demostradamente perigosos producidos por algunhas das empresas máis poderosas do planeta, como Syngenta, BASF ou Bayer, pero tamén os gobernos que actúan moi lentamente ou institucións que prolongan indefinidamente decisións vitais para elas. Afortunadamente, en 2013, despois de case 20 anos de denuncias, prohibiuse de forma parcial na UE o uso de catro praguicidas perigosos para as abellas. A finais de 2015 tería que revisarse a nova información científica e decidir que facer coas prohibicións. Esta decisión tomarase finalmente en xaneiro de 2017 polo que este ano é fundamental para trasladar ao novo Goberno a presión de centos de miles de persoas e que entendan que debemos seguir protexendo ás abellas.

Por iso as prohibicións deben ser totais e ampliarse a outros praguicidas igualmente perigosos. Só en España, por exemplo, están autorizados máis de 300 produtos perigosos para elas. Mentres tanto, as abellas seguen morréndose, tanto aquí como noutros países.

Agora que se achega a primavera e as abellas prepáranse xa para saír a polinizar os ilcanallarubens_peticion_2015campos, queremos chegar ás 500.000 firmas para presentarllas ao novo Goberno e que se comprometa coa defensa desta animal clave nos nosos ecosistemas. Xa temos 250.000 de abellas, agora necesitamos que o mesmo número de persoas sómense á súa protección. Sumar ao enxame e une a túa firma á dunha abella.

Rubens Rocha