Archivos por Etiqueta: Baixa Calidade

O paseo intranquilo do Náutico de Vigo

20160803_035813

Como ben saberán, dentro duns días celebrásese en Vigo‬ o denominado O’Marisquiño, senón sábeno agora.

O’Marisquiño desenvólvese na contorna do Real Club Náutico como no seu paseo, un paseo que hoxe en día sen que estean as instalacións pesadas enrriba del atópase nunhas condicións lamentables e moi perigosas, hai unhas semanas unha señora caia ao chan e rompiase brazo/cadeira, xa ven un gran perigo para os cidadáns e cidadás

Tal como verán nestas fotografías de LA VOZ DE GALICIA E VIGO AL MINUTO.

Desde que empezouse a realizar a dita actividade deportiva de deportes urbanos e de risco o paseo empezou a sufrir polas pesadas instalacións e pola masiva afluencia de persoas xa que o evento non ten limite de aforamento xa que esta aberto como a porta do Arco do Triunfo, bueno se, se esta controlado xa que controlan aos fotógrafos que non son da organización facéndolles en se o seu traballo imposible de realizar.

É lamentable que este evento en Vigo se este desenvolvendo nunha contorna que é fráxil xa que non dispón de condicións para sufrir tanta afluencia e tanto peso.

O alcade da cidade que presume de humanizacións é o mesmo que deixa facer esas vexacións a esas humanizacións sen importarlle nada, faias e logo NON as mantén xa que hai numerosas humanizacións dos seus mandatos hoxe en día que dan pena velas polas circunstancias nas cales se atopan, total pagamos os cidadáns.

Xa veremos como remata o paseo despois deste ano, pero lamento decir que moitisimo peor do que xa esta, e a culpa de quen sera?

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
Manifestacions das catro da madrugada.

Fotos individuais