Archivos por Etiqueta: Banco Nova Galicia

Quen pagara o non gañado na festa de San Roque 2018?

Este mércores publique a noticia do peche dos postos na romaría de San Roque, pois moitos usuarios e usuarias da social media increpáronme dicindo que era falsa.

 
Pois ao día seguinte os medios locais e autonómicos fixéronse eco da noticia, pois ben, como dixera na información lanzada en “noticiasvigo” “A poucas horas do comezo da festa de San Roque a Policía Local de Vigo pechou todos os tenderetes de fora da leira de San Roque baixo, “Non hai plan de evacuación” así o manifestan os comerciantes.
Cabe sinalar que a comisión de festas non tramitou todos os permisos necesarios para a festa. A orde de peche ben dende o concello”
 
Pois no día de onte púxenme en contacto con organizacións de festas en Vigo, as cales me atenderon moi ben ás cal llo agradezo e moito. Estas comentáronme que o concello de Vigo non informo a estas sobre a nova lei de espectáculos de Galicia, algunhas enteraronse pola prensa, o concello ten a obriga de informar.
 
Non me estraña que o ocorrido este mércores a culpa non a ten a comisión de festas xa que esta entrego toda a documentación como en pasados anos, só que neste ano fáltolle entregar o novo documento, o da lei de espectáculos de Galicia.
 
Agora ben, os comerciantes da festa perderon un día de traballo, será o concello quen pague o que non puideron gañar por non informar á comisión de festas do novo documento? sera a comisión de festas quen pague o que non puideron gañar pola orde do concello? porque o concello non informa as organizacións de festas en Vigo? preguntas que seguro non atopar respostas xa que o concello de Vigo non responde nunca a noticiasvigo.
 
Nunha editorial na miña conta de facebook perosal a cal tamén aquí no wordpress publiquei decia “O de hoxe no ocorrido na gran festa de Vigo como é a de San Roque é lamentabel, e lamentabel que lles pechen os tenderetes aos comerciantes, comerciantes que pagaron para estar na festa e que estes lle pechen os tenderetes desde o Concello por falta de documentación que non entregou a comisión de festas cando o concello ten que informar a todos os que organizan eventos da nova lei de espectáculos de galicia”…”o que me resulta curioso que esto so afecte aos de fora e non aos que estan dentro da leira de San Roque cando dita leira e pública como tamén o é a rúa Felipinas, que curioso… e que mal polos que estan dentro da leira en non solidarizarse cos comerciantes de afora, que mal, xa que sen o actrativo de fora non van ter tantas gañanzas bueno eles saberan”
 
Vin na prensa local os comentarios á noticia que demos en noticiasvigo primeiro, a xente pregunta porque esta en decadencia a festa de San Roque e tamén piden unha nova comisión de festas para que esta reviva, cousa curiosa que eses comentarios foran ao dia seguinte da noticia eu dixera no día da noticia na miña editorial “San Roque precisa dunha renovación urxente, tanto pola banda da asociación como da comisión de festas (e o que pide moita veciñanza pero ninguen atrevese a decilo)… estan deixando morrer a festa e vai a rematar como pasou no Berbés.
O 2011 foi o ultimo ano dos fogos artificiais o espetaculo mais importante despois do de Bouzas.
Desde o 2011 a cantidade de actracións e postos de fora da leira vai decaindo.
E que falar dos recortes pola parte do concello na festa”.
 
Xa non teño máis que decir, todo esta dito.
Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A festa do Barrio de San Roque en decadencia.

Atopome ben desolado.

Eu medrei en tres barrios da cidade, San Roque, A Pastora e O Calvario, pois ben o primeiro hoxe esta máis que triste, un barrio ao caron da miña vivenda.

Non sei que demos pasa, pero o barrio vai en decadencia dende o 2010, oito anos de decadencia, cada vez menos servizos, cada vez mais horfo… 

O de hoxe no ocorrido na gran festa de Vigo como é a de San Roque é lamentabel, e lamentabel que lles pechen os tenderetes aos comerciantes, comerciantes que pagaron para estar na festa e que estes lle pechen os tenderetes desde o Concello por falta de documentación que non entregou a comisión de festas cando o concello ten que informar a todos os que organizan eventos da nova lei de espectáculos de galicia… 

Na festa de San Roque, cada 16 de agosto, o santo milagreiro converte o barrio que rodea o pazo de San Roque (onde se garda a súa figura) na maior romaría urbana de Vigo. A celebración mantén todos os costumes das festas campestres tradicionais.

Cada ano, son miles os fieis que se dan cita nos arredores da Praza de España, no barrio de San Roque, para manter viva a maior romaría de Vigo. Os exvotos son o máis típico desta celebración: o costume manda comprar a reprodución en cera da parte do corpo enferma e pedir a San Roque que a cure. Os fieis aseguran que o ‘santo milagreiro’ é capaz de sandalo todo.

Bueno despois de botarlle flores o que me resulta curioso que esto so afecte aos de fora e non aos que estan dentro da leira de San Roque cando dita leira e pública como tamén o é a rúa Felipinas, que curioso… e que mal polos que estan dentro da leira en non solidarizarse cos comerciantes de afora, que mal, xa que sen o actrativo de fora non van ter tantas gañanzas bueno eles saberan.

San Roque precisa dunha renovación urxente, tanto pola banda da asociación como da comisión de festas (e o que pide moita veciñanza pero ninguen atrevese a decilo)… estan deixando morrer a festa e vai a rematar como pasou no Berbés.

O 2011 foi o ultimo ano dos fogos artificiais o espetaculo mais importante despois do de Bouzas.
Desde o 2011 a cantidade de actracións e postos de fora da leira vai decaindo.
E que falar dos recortes pola parte do concello na festa.

En fin, estou desolado, moi desolado. E lamentabel o ocorrido hoxe… e todo polo que pasou no O Marisquiño xa que se non pasara hoxe poderiamos decir que estabamos de festa.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A leira de San Roque, un lugar cheo dunha historia e maxia

Vin anunciando nas miñas redes sociais que faría unha entrada especial sobre a illa urbana da leira de San Roque, unha área da Detroit Viguesa cheo de historia e maxia.

Esta illa componse por tres áreas; o pazo, a leira e a capela.

Irei describindo dando información cada unha das áreas pero antes debo de dicir que esta illa aínda respírase ese Vigo rural, é unha das zonas que mellor conservadas, aínda que haxa moitas leiras en abandono en fase de especular nas que sobrevoa por encima ese ser do urbanismo salvaxe e cando este sobrevoa pon en perigo as boas conservadas.

Bueno vou a entrar en detalle das tres áreas da leira e deixarei para outro pos o dito anteriormente. Á leira accédese grazas a un portalón de pedra cun amplo panel, cun oco con dinteles decorado con brasóns. Ten unha superficie de 17.000m².

O PAZO

Pazo de San Roque, un dos pazos máis antigos de Vigo, levantouse a finais do século XVII e foi habitado pola familia Méndez de Sotomayor. O Comandante de Mariña de Vigo Francisco Xavier Quiroga foi o último conde que residiu no pazo, xa que, en 1925 foi adquirido pola Caixa de Aforros Municipal de Vigo.

Despois das obras de reparación e conservación realizadas por Banco Nova Galicia, o pazo conta con dúas plantas ( semisótano e planta baixa) cunha superficie total de 640 metros cadrados ( semisótano de 218 metros cadrados e planta baixa de 422 metros cadrados).

As dependencias e instalacións coas que conta o pazo son as seguintes:

Na planta semisótano: vestíbulo, aseos, almacén, cociña e salón-comedor.

Na planta baixa: vestíbulo, zona de recepción de autoridades, aseos, gardarroupa, despacho, sala de xuntas e dúas salas de conferencias.

Os seus espazos poden ser alugados por entidades públicas e privadas, así como por organizacións non gobernamentais que desempeñen actividades acordes coa filosofía do centro.

Tras a conclusión das obras, nas dependencias do pazo leva a cabo actividades do Instituto de Desenvolvemento Banco Nova Galicia, cursos da Escola de Negocios Novacaixagalicia para altos directivos, cursos de formación de Novacaixagalicia, encontros empresariais, reunións de traballo de empresas, actos institucionais e recepcións de empresas. Para iso, as instalacións do pazo están dotadas dos máis modernos medios audiovisuais, como ordenadores con acceso a internet, canón de vídeo, medios para realizar videoconferencias…

O pazo alberga importantes mostras do patrimonio artístico e cultural da Galiza.

O Pazo de San Roque, xestionado por un equipo de excelentes profesionais con ampla experiencia na organización de actos, é un lugar único para celebrar de maneira exitosa os seus eventos ou reunións de traballo.

A LEIRA

A leira de San Roque aparece por primeira vez contemplada como parque no Plan de Extensión de Vigo elaborado por Antonio Palacios e aprobado polo Concello en 1935. Trátase dun fermoso parque urbano de máis de 17.000 metros cadrados.

No seu interior hai un rico mostrario de especies vexetais, con máis de 28 variedades de árbores, arbustos e plantas, entre as que podemos citar o carballo, o castiñeiro, o camelio, a cerdeira, o bidueiro, o magnolio, o abeto, o loureiro ou a acacia. Sobre todo esta contorna vexetal acometéronse accións de melloras para recuperar aqueles especímenes que están deteriorados e repoñer os que, polo paso dos anos, son irrecuperables.

A CAPELA

Dentro da leira está siutada a capela dedicada a San Roque, patrón da cidade. A construción veu motivada tras a peste que azoutou Vigo en 1598 e na contabilizáronse máis de 2.000 vítimas. Aos poucos foi cedendo e esta normalización atribuíuse a San Roque, polo que o pubelo levantou unha ermida na súa honra. A tradición de celebrar a festividade de San Roque o día 16 de agosto data do século XVIII, data de gran devoción para os vigueses e viguesas.

A capela, de uso da Diocese, comunícase co pombal do pazo a través dunha construción ponte. Esta construción, que se asenta sobre un arco, servía de corredor á familia da casa para acceder á tribuna da ermida. A restauración da capela consistiu no saneamento dos muros e na rehabilitación dos elementos existentes incluíndo os tres retablos que datan do século XIX.

A contorna da capela e xardins son de aceso público os 365 días do ano, recomendo visitar por detrás Detras da capela cara a Avenida de Madrid onde se pode gozar dunhas fermosas vistas do interior da cidade e os seus arredores para min un lugar mais que maxico.

A REHABILITACIÓN

A rehabilitación da casa e da capela e o acondicionamento da leira comezaron no ano 2001. Construíuse na propiedade un novo palco, baixo o que se habilitaron oficinas para a irmandade de devotos do santo. A leira constitúe un céntrico lugar de esparexemento público.

COMO CHEGAR

Autobuses. Líñas: 12B, L14, C3.  Información da estación de autobuses de Vigo.

Estación de tren Guixar: R/ Areal, s/n Vigo. Información da estación de trens Vigo-Guixar.

Aeroporto: a 16 km de distancia. Información do aeroporto de Peinador.

INFORMACIÓN E RESERVAS DO PAZO

Se tes algunha dubida cos espacios, ou se che gustaría facer unha reserva, contacta no seguinte telefono 986 120 082 ou no correo electrónico socioculturales@afundacion.org

DATO IMPORTANTE

Moitos vigueses e viguesas din que San Roque é o patrón da cidade e cabe sinalar que non o é, San Roque non é o patrón de Vigo. Como tampouco o é o Cristo da Vitoria. Sinálase como patroa da cidade a Santa María, que a Igrexa celebra un día antes, o 15 de agosto, coa festividade da Asunción. O segundo erro é máis grave, pero non tan fácil de comprender. Porque a cidade de Vigo non ten ningún patrón. Como sinala a Constitución de 1978, vivimos nun Estado aconfesional. Polo tanto, Santa María é patroa só para os vigueses católicos. Nada máis (e nada menos). Non o é para quen profesa outra confesión relixiosa; ou simplemente, ningunha. E tampouco o é oficialmente da cidade. Vigo ten escudo, ten bandeira e ten lema. Pero non ten nin patrón nin patroa. É un erro común dar carácter oficial a un patronazgo que existe. Porque se mañá un musulmán decidise que estamos baixo a protección do arcanxo Gabriel ou un hindú proclamase que nos amparan Shiva ou Visnú, o resultado tería o mesmo carácter oficial que o católico: ningún.

Aclarado a lea, entramos na festividade máis popular da cidade. Porque a romaría de San Roque transpórtanos ao Vigo rural, nunha cidade que aínda conta cunha cabana gandeira cifrada, segundo o último censo, en 309 vacas, 409 porcos e 526 cabalos. O número de ovellas pode calcularse observando as que ocasionalmente pastan nalgunhas leiras de Navia ou da avenida de Madrid.

Este Vigo rural, que aínda pervive, conserva na leira de San Roque a súa romaría de verán, do mesmo xeito que o fai no inverno en Bembrive coa festa de San Blas. Desde tempos remotos, o evento celébrase os días 15, 16 e 17 de agosto. A primeira data chamábase  “vésperas”, a segunda San Roque” e a terceira “O Can”. Esta última, de despedida, rendía homenaxe ao can chamado Rouna que, na imaxinería relixiosa, acompaña ao santo de Montpellier lamiendo as súas feridas. Segundo as crónicas antigas, O Can, o día de peche, a festa era bastante máis “rachada que nas dúas xornadas precedentes.

O día 15 comezaba cun gran repique de campás na parroquia á tardiña. Nese momento saía a procesión da Virxe do Rosario, que era recibida na capela pola imaxe de San Roque. Ambas se reunían logo baixo un fornelo e expúñanse durante os tres días que duraba a romaría.

O día de San Roque celebrábase unha misa, a cuxo termo se iniciaba a procesión, que percorría as rúas de San Roque, Couto Piñeiro, Rola e Santa Rita. Ao concluír a marcha, lanzábanse foguetes. Describe a estampa da xornada de hai un século Amador Montenegro: «O número de casetas instaladas con atraccións de todas clases, e con gran número, en que constantemente se servían refrescos e comidas, animaba e atraían xentes en cantidade ata altas horas da madrugada, postos que co abono do canon fixado, pagaban con fartura os gastos da festa».

O 17 de agosto, popularmente coñecíase como O Can. Nesta xornada, unha nova procesión devolvía á Virxe do Rosario coa mesma cerimonia e lanzamento de bombas de palenque.

O médico Nicolás Taboada e Leal, primeiro cronista oficial da cidade de Vigo, xa destacaba en 1840, na súa «Descrición topográfico-histórica da cidade de Vigo, a súa ría e arredores», que a romaría de San Roque era unha de «as máis famosas e de máis nombrandía». Na súa crónica, aludía á «abundancia de froitas, sandías, melones, recoiro, tamboriis, gaitas, danzas e a algarada e o bulicio».

«Á distancia dun curto paseo desta cidade áchase unha extensa e ben poboada dehesa de robustos carballos, en cuxo sitio se solemniza a súa festividade», engade Taboada, que considera grato «observar os xúbilos públicos, os varios corros con danzas do país, e pola noite asisten aos fogos artificiais» cabe sinalar que desde o 2011 estes fogos se deixaron de facer. Consérvanse gravados con estas tradicións, como unha estampa na que se ve o baile da hogaza, que era un clásico en San Roque ata o século XIX.

Agora, as tómbolas, o tiro ao branco e certa obsesión polo pasodobre, fronte á música tradicional galega, talvez fágannos esquecer o pasado tradicional de San Roque. Pero non custa moito atopar as pegadas dunha festa ancestral, que aínda conecta a cidade coa súa antiga identidade rural. Así que haberá que ir festexar, aínda que non a honrar a patroa nin patrón algún. Porque Vigo, xa queda dito, non ten patrón.

Fotos da leira de San Roque