Archivos por Etiqueta: Caballero

A bipolaridade da xente Viguesa e a do Alcalde

 

Para esta entrada elixín un bo titulo como tamén unha boa imaxe que é a mostra de que o medio ambiente aos cidadáns e cidadás de Vigo como á institución que representa tal cidade impórtalles ben pouco como dicir nada o MEDIO AMBIENTE. Esta é unha editorial/artigo na que fío palabras e feitos reais.

 

Despois da introdución imos á cuestion

 

A bipolaridade da xente Viguesa e a do Alcalde

A cidadanía viguesa é un tanto rara ao que é coidar o medio ambiente xa que consigo arrastan a denominada síndrome anos 70, esa síndrome que é o de construír unha cidade sen orde con tal de construír sen importar o que leve por diante xa que o que importa é poñer formigón e ladrillo, así é cidadanía rara por dicilo de forma branda con ese sindrome.

A ciudadania viguesa é esa que se acorda da importancia do medio ambiente cando as súas costas sofren un atentado ou cando os seus bosques son invadidos por eucaliptos cando arden xa que devanditos arboles son os mistos para os bosques.

O curioso disto que mencione anteriormente é ver cando esta cidadanía concienciada cando pasan eses desastres é a capacidade de mutación que ten pasadas unhas semanas, porque digo iso de pasadas unhas semanas? porque pasadas unhas semanas esa cidadanía posiciónanse a favor de botar formigón en bosques… posiciónanse a favor de destruír bosques para construír centros comerciais como “PORTO CABRAL” e ” Recare” este ultimo foi clave para que o PXOM aprobado polo actual alcalde e a concelleira de urbanismo cando o bipartito da Xunta fósese abaixo por non respectar o medio ambiente.

Esas mesmas persoas que se posicionan a favor deses centros comerciais abalados polo alcalde o cal quixo facerse o heroe nos pasados incendios forestais sucedidos en Vigo o pasado ano no mes de outubro, ese alcalde que é un experto en que os cidadáns repitan os seus mantras esquecendo o pasado recente dos seus mantras.

Ese alcalde que pasado uns meses da catástrofe mais recente de Vigo vénselle á cabeza a idea de facer un anel contra lumes natural é o mesmo que dixo aquilo “MENTRES NON HAXA PXOM NON HABRA PORTO CABRAL!”, afirmación totalmente incompatible coa creacion dese anel que prometio que brindara a seguridade da cidadanía xa que realmente Vigo dispón dunha coroa a cal brinda de saúde aos e as viguesas a cal nun dos seus eixos sitúase onde queren construír dito macro proxecto do centro comercial e lecer PORTO CABRAL, proxecto que seria no parque forestal de Cabral- Liñeiriños parque fundamental nesa coroa saudabel… polo cal se cumpre iso de que dito alcalde acórdase da importancia do medio ambiente cando o ve en perigo pero logo tal como di o refraneiro “se che e visto non me acordo”.

O alcalde que temos en Vigo é fanático de “HUMANIZAR” as rúas para mostrarlle ao mundo unha nova imaxe da cidade ao exterior pero eso si humanizar sen integrar os bens naturais que xa hai xa que máis de 4.000 árbores segundo el se puxeron onde xa habia polo cal 4.000 tallas “baixo a escusa de estar enfermos” árbores que se poden salvar pero eso e custoso e segundo el ás árbores son “adornos“, cousa que non esta nada mal pero bueno sigo fiando fino, humanizacións que van cos seus correspondentes xardineiras e as súas respectivas árbores escobillas así é como lles denomino eu aos que poñen para substituír aqueles árbores que levan décadas e centenares de anos na cidade, arboles sans, arboles grandes que en se teñen a súa gran importancia, a cal desenvolverei mais tarde pero isto agora no momento fiando fino, humanizacións que fai pero logo ditas humanizacións non se manteñen xa que hai moitas delas co granito totalmente roto e xardineiras con ervas salvaxes e algunhas sen nada e outras esnquizadas… bueno iso non che ten moita importancia xa que o que máis importancia ten é que este alcalde que temos é tamén fanático de tallar arboles grandes, de onde vén iso de tallar as árbores grandes? pois vén desgraciadamente cando Vigo foi prexudicado por un temporal, cando un deses arboles caiu na Avenida de Castelao enrriba dun coche dun amigo do alcalde e empresario (así o dixo no seu programa Vigo de Cerca da canle localia televigo), pasado o temporal daquel suceso onde só houbo danos materiais empeza a talla indiscriminada de CHOPOS da Avenida de Castelao e logo progresivamente foi tallando outras partes da cidade na que dicía que moitos das árboles estaban enfermos mentres que enxeñeiros e expertos forestais que colaboran en movementos cidadáns e en organizacións non gobernamentais concienciadas co medio ambiente contradicían ao alcalde polas súas decisións de talla de arboles baixo supostamente que estaban enfermos.

O máis recente ao tema de talla de árbores e que as 128 árbores plantados no tramo da Gran Vía comprendido entre Urzaiz e a praza de España desaparecerán coa transformación que planea o Concello para dotar de ramplas mecánicas a esta rúa.

Sen voz o noso verde Gran Vía pende dunha motoserra que borre todos os castiñeiros de indias, non tan indios, nin castiñeiros, pero moi queridos polos vigueses que colleitabamos como o maior dos tesouros as súas castañas dás bruxas. Comentarvos que non se se axudará moito esta curiosidade para salvalos pero aos cabalos (non os pétreos de praza España) resúltanlles especialmente agradables estas castañas, tanto que coñecen esta árbore por media Europa como horse chestnut ou castaña de cabalo.

Aquí líbrase unha batalla contra outras moitas cousas, afirma o grupo creado en Facebook “Salvemos a Gran Vía de Vigo”: o que non nos deixen sen forzudos rederos e que non nos pinten tan de gris o progreso.

No proxecto da obra recolle que quedaremos sen 45 camelios e 29 naranxos do bulevar e sufriremos vendo como os 41 castiñeiros das Indias e os 13 tilos das beirarrúas laterais tállanse, e o alcalde di que poñeran no seu lugar 300 árbores novos “arbores escobilla”.

O futuro da nosa cidade ha de ser para nós verde esperanza. O proxecto contempla o traslado dos 74 camelios e naranxos e a talla doutros 54.

Non saben se conseguirán parar ao xigante de ferro, o que si está claro que ata os Dinosetos indígnanse ante tan pouco sentimento que non é outro que o de sacar para poñer outros miniárbores máis substanciosos, aínda que non para nós, o palmatum, cornus florida, magnolia loebneril ou cotinus coggygria, o ginkgo biloba ou algunhas magnolia kobus, onde vai parar, nada que ver cos nosos queridos aesculus hippocastanum pertencentes á robusta familia dos arces.

O futuro sempre estará nas mans dos que ven máis aló aínda que sempre teñen ese peso do que dita unha sentenza en beneficio, non dicimos nin propio nin impropio porque agora sae á luz co proxecto un “as árbores están malitos e por se caen cortámolos moito antes” e ante isto, confiar na boa fé do que fai o estudo, é o que nos queda para que a talla de 128 árbores de Gran Vía sexa menos dolorosa e en conciencia limpa, veremos o que pasa porque xa vos van avisando que estas escaleiras traerannos á parte de comodidade gastos e contaminación aí van os datos que se manexan, que asustan, e moito.

A cifra final da emisión de CO2 traduciríase en 30 toneladas ao ano. Case ná.

As árbores no medio ambiente urbano

As árbores son moi beneficiosos para o medio ambiente urbano. Cumpren varias funcións que favorecen á cidade e, polo tanto, aos seus habitantes. En primeiro lugar, melloran a calidade do aire pois son axentes activos que reducen a contaminación atmosférica. Se nas grandes cidades non houbese árbores, o tráfico faría case imposible vivir nelas.

As árbores xeran osíxeno, absorben dióxido de carbono e reteñen os pos e partículas que se manteñen no ambiente. Pero, ademais, tamén reducen o molesto ruído que se produce na maioría das grandes cidades, tráfico, cláxones, sirenas, berros, obras, todos estes molestos sons resultan atenuados polas follaxes das árbores, que fan un labor de barreiras antisonido, de illantes acústicos, atrasando ou, mesmo, detendo as ondas sonoras.

Ademais, regulan e actúan sobre o clima, xa que aumentan a humidade do ambiente e diminúen a temperatura no verán e auméntana no inverno, ademais de xerar correntes de aire e constituír pantallas contra o vento, a choiva, a neve, a saraiba ou os raios solares. Así mesmo, as árbores que non están rodeados de formigón e cemento, purifican as augas que se filtran polo chan, pois as súas raíces actúan como descontaminantes, retendo nutrientes e axentes patógenos. Tamén hai que pensar que as árbores serven como morada de aves, que alegran a cidade coa súa presenza e cantos.

A importancia das árbores

1.Unha árbore grande pode absorber ata 150 kg de CO2 ao ano, por tanto son de gran importancia nunha cidade onde a contaminación adoita ser unha problemática importante. As árbores poden mellorar a calidade do aire, facendo das cidades lugares máis saudables para vivir.

2.Ademais, i na mesma liña que no punto 1, as árbores grandes son excelentes filtros para contaminantes urbanos e partículas finas. Absorben gases contaminantes como monóxido de carbono, óxidos de nitróxeno, ozono e óxidos de sulfuro. Tamén filtran partículas finas como po, sucidade ou fume do aire atrapándoos sobre as follas e a cortiza.

3.As árbores xogan un papel importante no aumento da biodiversidade urbana, proporcionando ás plantas e animais un hábitat, alimento e protección.

4.A localización estratéxica das árbores nas cidades pode axudar a arrefriar o aire entre 2 e 8 graos Celsius, reducindo así o efecto de “illa de calor” urbana, unha acumulación de calor polo inmensa mole de formigón, e demais materiais absorbentes de calor.

5.As investigacións demostran que vivir preto dos espazos verdes urbanos e ter acceso a eles pode mellorar a saúde física e mental, por exemplo diminuíndo a tensión arterial alta e a tensión. Isto, á súa vez, contribúe ao benestar das comunidades urbanas.

6.As árbores maduras regulan o fluxo da auga e desempeñan un papel crave na prevención de inundacións e na redución de riscos de desastres naturais. Un perennifolio ou árbore madura de folla verde permanente, por exemplo, pode interceptar máis de 15 000 litros de auga ao ano.

7.A colocación correcta das árbores ao redor dos edificios pode reducir a necesidade de aire acondicionado nun 30 por cento e reducir as facturas de calefacción no inverno entre un 20 e 50 por cento.

8.As árbores poden contribuír ao aumento da seguridade alimentaria e nutricional local, proporcionando alimentos como froitas, froitos secos e follas tanto para o consumo humano como para a forraxe. A súa madeira, á súa vez, pódese utilizar para cociñar e quentar.

9.A planificación de paisaxes urbanas con árbores pode aumentar o valor dunha propiedade nun 20 por cento.

A verdade é que as árbores e o medio ambiente terían que ser tan respectados nas grandes cidades como as propias persoas.

Non descarto en facer a segunda parte desta editorial/artigo xa que da para moito o asunto do MALTRATADO MEDIO AMBIENTE EN VIGO e MENOS PREZADO polo habitante da cidade xa que ten esa bipolaridade reflectida neste humilde blogue da DETORIT VIGUESA e deste home chamado Rubens Rocha.

 

 

Algunas das fontes

La Vanguardia | Ecologia verde | Hemeroteca FdV

A.V. de Teis denuncia que o alcalde impide a comparecencia da Asociación no pleno

ilcanallarubens_abel-ramon-caballero_pleno-municipal_2016

A Asociación denunciará estes feitos diante do Valedor do Cidadán e da Valedora do Pobo

A Asociación Veciñal de Teis, o pasado 14 de outubro, solicitou por escrito no rexistro xeral (número de documento 160137275) a intervención dun representante da asociación no pleno municipal do mes de outubro, para expor a demanda da mellora do transporte en autobús desde Teis ao hospital Álvaro Cunqueiro, como así recolle  o regulamento orgánico do pleno, no seu artigo 54.

A decisión de solicitar a intervención no pleno por parte da asociación, débese a que levan meses agardando por unha resposta do goberno municipal a demanda da mellora da conexión do transporte urbano cara o novo hospital, logo de solicitude de xuntanzas, varias manifestacións e a recollida de sinaturas.

Na xunta de portavoces celebrada o pasado 26 de outubro, para preparar o pleno fixado para o 7 de novembro, a preguntas dos grupos da oposición a respecto da solicitude de intervención, respondese que dependía do Alcalde.

Que postos en contacto con funcionarios/as do departamento do secretario xeral do pleno, confirmaron que non figuraba ningunha intervención  na orde do día provisoria.

Entendemos que diante da nosa solicitude debera terse respondido por escrito, explicando os motivos polos que non se permite a intervención. Solicitude que foi presentada en tempo e forma como recolle o regulamento do pleno.

A negativa do goberno municipal non se debe a ningún criterio obxectivo, responde a unha decisión partidista  e claramente antidemocrática.

Abel Caballero, emprega a súa maioría absoluta, para non dar resposta as demandas veciñais, impedir a un colectivo social que poda exercer un dereito que recolle o regulamento do pleno e utilizar as institucións ao seu servizo.

A quen ten medo Abel Caballero? A participación veciñal ?,  A que se denuncie  no pleno a  as reivindicacións  da veciñanza, como neste caso a mellora do  transporte urbano?.

A  Asociación Veciñal de Teis, vai denunciar este novo veto diante do Valedor do Cidadán e da Valedora do Pobo,ao entender que é unha decisión inxustificada e que conculca o dereito a participación cidadá.

A Asociación continuará coas mobilizacións e o vindeiro martes 8 de novembro ás 19:00 horas desde o mercado, temos convocada unha nova manifestación.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

 

O Pleno avala a proposta do goberno de Vigo de rehabilitar a Panificadora xunto á Zona Franca

ilcanallarubanes_panificadora_2016_vigo

A moción presentada polo grupo encabezado por Abel Caballero, que recabou o apoio do PP e a abstención de Marea, propón ao Consorcio a rehabilitación conxunta e posta en valor do inmoble. A edil de Urbanismo avanzou que a planificación municipal estima en tres anos a remodelación da Panificadora.

A Corporación viguesa apoiou este luns a proposta do grupo socialista de conveniar a rehabilitación da Panificadora co Consorcio da Zona Franca de Vigo, unha moción apoiada polo PP e na que a Marea se abstivo.

Defendida pola titular de Urbanismo, María Xosé Caride, o goberno de Vigo instou á entidade estatal á sinatura dun acordo bilateral no que ambas administracións “se comprometen a conservar, rehabilitar, poñer en valor e dotar de usos públicos” á Panificadora, “exemplo único do noso pasado industrial”, segundo reza o texto aprobado.

O Concello de Vigo, explicou a concelleira, garantiría a redacción dos instrumentos de planeamento e xestión necesarios para facerse cargo dos bens e dereitos no ámbito, “sufragándose os custos de adquisición polo Consorcio nas súas dúas terceiras partes e polo Concello no terzo restante”, apunta a moción.

O goberno local subliñou a necesidade de que a Zona Franca invista na cidade e o faga visible con esta actuación de “rehabilitación dun edificio emblemático”, a través dun convenio que inclúa “usos públicos”, manifestou Caride, e baseado nun “proxecto singular”.

Pola oposición, o Partido Popular votou a favor desta moción e pediu “concreción” no proxecto, planificación e prazos. A Marea de Vigo, pola súa banda, manifestou o seu acordo coa adquisición pública da Panificadora mais solicitou participación cidadá e información sobre os contidos, antes de absterse na votación.

María José Caride, na súa quenda final, argumentou que o goberno de Vigo procura promover un acordo e dotalo de contido no convenio, mais xa adiantou que o Concello xa ten elaborado os pregos e unha planificación que estima en tres anos o prazo de rehabilitación da céntrica factoría.

Fotografías da PANIFICADORA

O goberno de Vigo traballa na elaboración dun novo PXOM

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

O Pleno celebrado este luns deu luz verde, coa abstención de Marea e o voto favorables dos socialistas, á moción do PP na que se insta ao Alcalde e á concelleira de Urbanismo a que informen das actuacións realizadas para elaborar un novo PXOM. A edil de urbanismo apuntou que hai 15 persoas traballando na elaboración dun novo documento.

A Corporación municipal acordou na sesión plenaria deste luns instar ao Alcalde e á concelleira de Urbanismo a que informen sobre as actuacións realizadas en relación á elaboración dun novo Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo. A moción presentada polo grupo popular recibiu o apoio dos socialistas e a abstención de Marea de Vigo.

Durante o debate, a voceira do PP, Elena Muñoz, aludiu ao “extraordinario problema” que supón na cidade a ausencia dun Plan Xeral e lamentou descoñecer que estivo facendo o goberno municipal nos meses que seguiron á anulación do mesmo criticando o informe Parejo como “un atallo, que leva a un canellón sen saída”.

Rubén Pérez, voceiro de Marea de Vigo, sinalou a necesidade de traballar nun novo plan con outro modelo de cidade xa que, ao seu entender, “a lei non permite recuperar o Plan do ano 2008” e aludiu á responsabilidade conxunta de Concello e Xunta na anulación do PXOM por parte do Tribunal Supremo.

Sobre o contido da moción, a concelleira de Urbanismo, María Xosé Caride, argumentou que no Consello da Xerencia de Urbanismo se dá “información puntual” cando se solicita e asegurou que hai un equipo de 15 persoas traballando na elaboración dun novo PXOM. Nestes momentos están realizando a tramitación medioambiental, seguindo a normativa da Lei do Solo do ano 2013, e criticou que a Xunta de Galicia estea atrasando a resposta ás peticións municipais en relación co novo documento.

Rubens Rocha

Vigo ilumina de verde as fontes de Aragón en recordo dos refuxiados

ilcanallarubens_ICR-Photographer© fontes rúa aragón

Este venres, a partir das 21:45h, as fontes da rúa Aragón estarán iluminadas de verde en memoria das vítimas da crise humanitaria no Mediterráneo, segundo anunciou hoxe Abel Caballero. A cidade súmase así á campaña LIGHT4REFUGEES que promove a Rede Española de Inmigración e Axuda ao Refuxiado.

O alcalde de Vigo anunciou este venres a participación da cidade olívica nesta campaña a nivel europeo en solidariedade cos refuxiados e en recordo das vítimas desta crise humanitaria no Mediterráneo.

Vigo tingue de verde as fontes da rúa Aragón, a partir das 21:45h, hoxe venres, 2 de setembro, data que se tomou como referencia polo ano da morte do neno Aylan, de tres anos, aparecido nunha praia da costa de Turquía, “nunha imaxe tremenda que deu a volta ao mundo”, apuntou o rexedor.

Engadiu Caballero que Vigo quere “cooperar na concienciación sobre a necesidade dun pacto global para resolver o problema dos refuxiados e para afastar as tensións políticas”. O alcalde urxíu ao Goberno de España a que, co resto de gobernos europeos, faga fronte “de forma axeitada á gravísima crise de refuxiados en Europa” e recordou que desde a FEMP creóuse unha rede de cidades de acollida.

O alcalde vigués e presidente da FEMP requeríu dos gobernos español e europeo “que cumplan con decencia cos dereitos humanos, que teñan a decencia de acoller aos refuxiados, porque esa política europea é unha auténtica indecencia”. Caballero pediu “apoio” ás vítimas e facer do respaldo aos refuxiados “unha política da que nos sintamos orgullosos en Europa, porque da actual nos sentimos avergonzados”.

Rubens Rocha

ilcanallarubens_ICR-Photographer© fontes rúa aragón_00_2015

O Concello urxe ao Consorcio do Casco Vello a actuar no Berbés

ilcanallarubens_ICR-Photographer© Suportais Berbes

O rexedor informou este venres do inicio de obras de rehabilitación en tres inmobles do Berbés, por parte do Consorcio do Casco Vello de Vigo, unhas obras que, ao seu entender, deben der “un grande obxectivo”.

Abel Caballero considera que a actuación urbanística na contorna do Berbés ten que constituírse nunha “grande prioridade” polo que o Concello instou ao Consorcio do Casco Vello a iniciar a rehabilitación de fachadas.

Segundo sinalou o alcalde, no presuposto aprobado da entidade para 2017 contémplase o inicio da rehabilitación de tres inmobles nos números 5, 7 e 41 cun importe reservado de 581.000 euros, para un orzamento total das obras de 2.741.000 euros, cunha achega adicional do Instituto Galego e do Concello de 220.000 euros.

Así, dixo, “aumentamos a achega municipal” e “urximos” ao Consorcio a que actúe no Berbés, que é “un grande obxectivo”, de maneira que “nos propoñemos reforzar” a acción de rehabilitación nos edificios do Berbés.

Rubens Rocha

ilcanallarubens_ICR-Photographer© Suportais Berbes_2016_Vigo

O alcalde espera a resposta da Xunta ao informe de Parejo e demanda solucións tras a anulación do PXOM

 

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

Abel Caballero dixo descoñecer a resposta da Xunta ao informe remitido polo Concello, elaborado polo xurista Luciano Parejo, e apuntou o paradoxo de que lle teña solicitado un informe sobre o mesmo ao Consello Consultivo, que non é un órgano xurídico nin vinculante, sen terlle pedido un informe con vías de solución á anulación do PXOM que é “responsabilidade da Xunta”.

Abel Caballero mantivo un encontro este venres con Lourdes Carballo, decana do Colexio de Avogados de Vigo e con outro membro da entidade, con que abordou a situación do urbanismo na cidade tras a anulación do Plan Xeral de Ordenación Municipal polo Tribunal Supremo.

Tras a reunión, o rexedor reiterou que a anulación do PXOM é “causa e responsabilidade” da Xunta de Galicia”, insistindo en que o Concello tomou medidas xurídicas para tratar de resolver a cuestión por este ámbito, reprochando que á Xunta non ter tomado “ningunha” ao tempo que lembrou que, na procura dunha saída á situación provocada pola sentenza, o goberno de Vigo solicitou un informe “á persoa con máis prestixio de España sobre dereito urbanístico”, Luciano Parejo, sobre as vías posibles e que ese informe foi remitido á Xunta que aínda non se pronunciou ao respecto.

Neste sentido, Caballero criticou que a Xunta de Galicia pedira un informe ao Consello Consultivo sobre a proposta de Luciano Parejo, tendo en conta que se trata dun órgano interno de asesoramento e non un órgano xudicial e que “non pedira que estude as vías para resolver o problema causado pola sentenza do Supremo”. Así, cualificou de “singular e paradoxal” a situación de “descoñecemento das vías de resolución do goberno autonómico” porque é o “culpable da situación do urbanismo de Vigo” xa que “todas as accións e as aprobacións do Plan feitas polo Concello foron impecablemente ratificadas polo Tribunal Supremo”.

O rexedor referiuse tamén á aprobación no ano 2013 dunha lei urbanística por parte do goberno de Feijóo que “non resolve o problema” dos informes de inviabilidade emitidos pola Xunta a “polo menos medio centenar” de plans de ordenación municipal de Galicia, reiterando que non deu “nin un só paso” para dar solución ao PXOM de Vigo e ás “eventuais anulacións” doutros plans de Galicia.

Rubens Rocha

O alcalde ve no informe Parejo a vía “axeitada e con seguridade xurídica” de ter o PXOM en vigor

ilcanallarubens_caballero-arquitectos-758x426

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, tras terse reunido este xoves cos responsables dos nomeados colexios profesionais, manifestou que “se constata unha visión xeral” da administración viguesa, dos técnicos e dos empresarios en que “a vía máis conveniente” para contar cun Plan Xeral de Ordenación Municipal en vigor é seguir o criterio de Luciano Parejo.

O prestixioso xurista elaborou un documento que sinala que un novo informe autonómico de inviabilidade ambiental daría cumprimento á sentencia do Supremo que conlevou a anulación do Plan de 2008 e faría posible ter a mesma planificación urbanística en vigor “en aproximadamente seis meses”, segundo asegurou Caballero, “e con seguridade xurídica, en opinión dos técnicos”. O ditame de Parejo afirma que as decisións tomadas polo Concello de aprobación do PXOM son eficaces unha vez corrixidos os defectos da avaliación ambiental da Xunta de Galicia. Outra opción, engadiu o rexedor, sería elaborar un novo Plan Xeral desde cero, o que “non estaría exento de ser recorrido”.

Caballero manifestou que a opinión dos arquitectos, dos arquitectos técnicos e dos empresarios é “coincidente” coa do Concello sobre como proceder no tocante ao Plan Xeral: “consideramos que é unha vía impecable, correcta, axeitada, con seguridade xurídica e que resolve os problemas que produciu a sentencia, e a vía elixida é a execución da sentencia” do Tribunal Supremo.

O alcalde de Vigo concluíu que recuperar a vixencia do Plan Xeral “sería bo para o emprego e a marcha da cidade, e tamén para a Xunta de Galicia, porque lles evita posibles reclamacións patrimoniais”.

Rubens Rocha

Caballero apunta que a Área Metropolitana marcará un fito no funcionamento das entidades locais en Galicia e España

ilcanallarubens_abelcaballero_concellodevigo_vigo_2015

Onte xoves 1 de setembro entra en vigor a Lei de Área Metropolitana de Vigo co inicio da tramitación necesaria para poñerse en funcionamento. Un momento que o rexedor vigués define como unha “oportunidade extraordinaria porque constituímos unha entidade local de grande envergadura que vai ocupar un importantísimo lugar en Galicia e España” e aventurando que “nada na política galega será igual coa Área Metropolitana de Vigo constituída porque teremos un peso de medio millón de persoas” tanto na capacidade de actuar como de demandar acción política e competencias.

Sobre os pasos que se darán dende hoxe, Caballero anunciou que convocará o 13 de setembro un Pleno Extraordinario en Vigo para a designación dos 24 representantes do Concello na Área, onde lle corresponden 16 ao PSOE, 6 ao PP e 2 a Marea de Vigo. Neste sentido, informou que todos os Concellos integrados teñen de prazo ata o 5 de outubro para designar aos seus representantes na Asemblea metropolitana.

Con esta previsión que establece o texto da Lei, a finais de outubro será convocada a sesión constitutiva da Área Metropolitana e entorno ao 2 de novembro, formarase a Asemblea Metropolitana que elixirá ao presidente ou presidenta, tal e como estipula a Lei. O proceso de posta en funcionamento da Área continuará co nomeamento provisional dos funcionarios que exercerán o seu labor no ente supramunicipal, o establecemento dos grupos políticos metropolitanos a primeiros de novembro e a decisión da sede provisional da Área en Vigo. Nas seguintes sesións a Área nomeará os catro vicepresidentes, a proposta dos grupos metropolitanos, que debe recoller a pluralidade política e territorial e paridade de homes e mulleres.

Tamén lembrou Caballero os acordos previos adoptados coas rexedoras e rexedores dos municipios que queren integrarse no ente, polo que a primeira decisión, dixo, será a petición de ampliación así como o tratamento do transporte metropolitano. Referiuse a outras prioridades da acción da Área como as infraestruturas, o desenvolvemento do territorio, as políticas sectoriais e, dentro delas, as políticas sociais cun “tema significativo” que é a auga que será competencia do Ente, polo que “necesitamos poñernos inmediatamente a dirixir este proxecto”.

Rubens Rocha

O Concello de Vigo promove unha oferta de emprego público de 186 prazas

ilcanallarubens_concello de vigo hdr_vigo_2016

As 186 vacantes totais inclúen tamén as prazas correspondentes aos anos 2013, 2014, 2015 e 2016, explicou Caballero.

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, informou este xoves que o Concello está a ofertar un total de 186 vacantes na administración local viguesa, entre quenda libre e promoción interna, correspondentes ás Ofertas de Emprego Público dos últimos anos.

O Boletín Oficial da provincia de Pontevedra publica hoxe as listas definitivas de admitidos e excluídos e as datas dos primeiros exames da segunda fase da oferta de emprego de 2010-2011, 26 postos (dos que sete son de promoción interna) para a administración xeral e Bombeiros, coas probas programadas para o próximo mes de outubro, do 3 ao 22 do nomeado mes.

Á mesma segunda fase da OEP 2010-2011 corresponden outras 23 prazas para a Policía Local. Segundo avanzou o rexedor, o goberno local abrirá un novo prazo de admisión de solicitudes coa supresión do límite de idade e da obrigatoriedade de dispor do carné de conducir vehículos de emerxencias.

Abel Caballero tamén informou dos pasos que está a dar o Concello coas ofertas correspondentes aos anos 2013, 2014 e 2015. Aquí, a administración que preside conta con 79 vacantes (das que 22 son de quenda libre e 57 de promoción interna). Paralelamente, informou o alcalde, se avanza nunha oferta de emprego de 2016 con 58 prazas -31 de quenda libre e 27 de promoción interna-, cuxas bases poderían estar validadas a comezos do próximo 2017.

Rubens Rocha