Archivos por Etiqueta: CC.OO

Rolda de asembleas nos centros sanitarios de Galicia

ilcanallarubens_asembleas-informativas-sanidade_-dereitos-laborais-_-recortes-_-2017

Os sindicatos, como anunciaron o pasado día 1 en Santiago, inician unha rolda de asembleas nos centros sanitarios de Galicia.

En Vigo, a primeira será o martes día 7 ás 11 horas no Hospital do Meixoeiro. O venres no Hospital Álvaro Cunqueiro ás 11 horas e o Luns 13 será no Nicolás Peña ás 11 horas.

Nas asembleas INFORMARAN das suas demandas de recuperar o recortado nos últimos anos os traballadores-as do SERGAS e da decepcionante reunión co conselleiro de sanidade Vázquez Almuiña, así como das primeiras medidas de presión-mobilización.

Cartaz

cartaz-asembleas-informativas-sindicatos-sanidade_vigo_2017

 

 

Sanidade privada: beneficios millonarios pero incrementos salariais de “miseria”

ilcanallarubens_2016-11-08-acorunha-mobilizacionconvenioprivada-sanrafael-2016

As organizacións sindicais CIG, UGT e CCOO retomaron esta semana as mobilizacións contra o bloqueo patronal na negociación do convenio colectivo da sanidade privada da Coruña, cunha protesta no Hospital San Rafael, no se realizou tamén un reparto de folletos para informar do conflito ás usuarias e usuarios deste centro.

As negociacións, explica o delegado da CIG e voceiro do colectivo, Milton Pérez, están totalmente bloqueadas porque a patronal “se nega a entrar a calquera tipo de negociación que non sexa o incremento salarial do 0,625% para 2016, 2017 e 2018. Isto supón hipotecar o futuro das traballadores e dos traballadores para os próximos tres anos. Por iso continuamos hoxe coas medias de presión para que a patronal sente a negociar un convenio digno”.

A patronal négase unha e outra vez a un incremento dos salarios de máis do 0,625% anual”

Neste senso, apuntou que dende que comezaron as negociacións a principios de ano, a representación social, co ánimo de chegar a un acordo “foi facendo concesións”, rebaixando a petición de incremento salarial até o 1,8% anual e renunciando a outras melloras laborais.

“Pero a parte empresarial négase unha e outra vez a un incremento dos salarios de máis do 0,625% anual e non acepta nin tan sequera que os permisos por enfermidade ou por falecemento se concedan en días hábiles e non solapando as libranzas semanais que xa corresponden por dereito as traballadoras e traballadores”, critica. Melloras sociais, subliña, que non suporían ningún custe económico ás empresas.

Incremento dos beneficios empresariais

En canto ás retribucións no sector, Pérez informou que os salario bruto para un/unha enfermeiro/a está nos 1.002,76€/mes, nos 841,05€ para un/unha auxiliar de enfermaría ou nos 755,33€ para un /unha pinche de cociña, limpador/a, etc. Uns salarios que cualificou de “miserábeis”, tendo en conta que “estes hospitais privados están recibindo un cantidade importante de doentes derivados/as do SERGAS e que cada ano incrementan a súa facturación”.

Só no ano 2012, os hospitais privados de Galiza facturaron uns 300 millóns de euros”

Sobre o negocio que supón a sanidade privada, mencionar que xa no ano 2012, os hospitais privados de Galiza facturaron uns 300 millóns de euros. “E ao tempo que incrementan beneficios pretenden reducir o persoal para facer o mesmo traballo e recortar os salarios”, censura.

“As e os profesionais da sanidade privada merecen e teñen dereito a que os beneficios empresariais tamén repercutan nun incremento digno dos seus salarios e nunha mellora das condicións laborais”, aseverou.

Por iso, continuarán coas mobilizacións ao longo desta semana en diferentes centros.

CCOO critica a “propaganda engañosa” do SERGAS sobre a mellora das listas de espera da área de Vigo

Para o sindicato Comisions Obreiras a situación da área de Vigo é sustancialmente a mesma de hai uns meses e a mesma de hai anos. Cada vez que falan de listas de espera anuncian melloras, pero a REALIDADE SEN MAQUILLAXE é que as listas de espera cirúrxicas, a estructural + a non estructural (da que o SERGAS nunca fala) e do CHUVI + POVISA ven sendo dende hai anos de perto de 25.000 persoas, din dende o sindicato. Falar só da lista estructural supón excluir á maioría dos que tamén esperan, ainda que o fagan esperando un hospital privado.

Desde CCOO mándalle un recado ao Conselleiro de Sanidade, por hixiene democrática, debería respostar no Parlamento de Galicia á seguinte pregunta: Cantos cidadáns da área sanitaria de VIgo, están agardando por unha intervención cirúrxica?. E iso independentemente de en que lista figuren, din desde o sidicato.

Vigo está, desgraciadamente, á cabeza de Galicia, con diferencia. Ademais temos listas de espera importantes en probas diagnósticas, consultas, atención primaria, engaden desde o sindicato.

Para CCOO, a situación non se soluciona nin con peonadas nin con propaganda e tampoco anunciando para dentro dun ano a finalización da reordenación da área.

CCOO quere solucións, e entenden que deben pasar polo rescate do novo hospital de Vigo e polo potenciamento do Hospital Meixoeiro, coa apertura de tódalas súas camas, e do Nicolás Peña. Que o hospital Álvaro Cunqueiro conte cun  LABORATORIO CENTRAL e cun un SERVIZO DE ESTERILIZACIÓN, e que o Hospital do Meixoeiro conte cunha UNIDADE DE CRÍTICOS que permita intervencións cirúrxicas de media/alta complexidade.

Rubens Rocha

ை Os celadores e celadoras máis a Xunta de perosal non se dan por vencidos

ICR-Photographer© Cunqui 143

A xunta de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) esixiron a pasada maña do mercores 7 de outubro que o novo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, e o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, fagan unha rectificación e reúnanse cos portavoces dos traballadores para dar “unha solución” aos problemas detectados no Hospital Álvaro Cunqueiro (HAC).

En rolda de prensa, a xunta de persoal ratificou que van continuar coas mobilizacións e que levarán a cabo unha folga xeral o martes día 13, á que foron convocados preto de 5.000 traballadores, dos que 4.000 son do novo hospital.

Segundo trasladou o presidente da xunta, Ángel Cameselle, os problemas cos celadores, os ratios de persoal “insuficientes”, a privatización de servizos e os defectos estruturais son as principais razóns que lles levaron a convocar a folga e manter as mobilizacións ata que haxa unha negociación co novo conselleiro que se plasme en solucións, non en palabrería”.

Neste marco, indicou que este martes mantiveron unha reunión coa dirección de recursos humanos para tratar de chegar a un acordo sobre os servizos mínimos da folga –reclamaban que o día fose programado cos servizos mínimos dun domingo ou festivo e non como un día normal–, que ao final non conseguiron.ICR-Photographer© Cunqui 098

Así as cousas, trasladaron que os mínimos decretados pola dirección de recursos humanos “son tremendamente abusivos” e sitúanse “por encima do 40 por cento”, chegando a superar o 90 por cento nas quendas de tarde e noite en determinados colectivos e servizos.

“Xa lles dixemos que a dirección debería anunciar e advertir aos cidadáns que o día 13 hai folga e corren risco de non ser atendidos”, manifestou, antes de engadir que aos que se vexan afectados terían que facilitarlles outra cita “canto antes”.

Durante a xornada de folga, que dará comezo á primeira hora do día 13, tamén haberá concentracións ás 12,00 e ás 18,00 horas, onde adiantaron que na da tarde iniciarán unha marcha ata a avenida Clara Campoamor para manter as súas reivindicacións de que “o hospital sexa rescatado para a sanidade pública”.

A xuízo dos representantes do persoal, o que se estableceu aquí é “un gran negocio á conta dos cidadáns” sen que importen nin os traballadores nin os pacientes, argumento polo cal pediron o cesamento ou a dimisión do xerente da área Sanitaria de Vigo, o doutor Félix Ruibal que, consideran, é cómplice da deterioración da sanidade pública e que, aseguran, dirixe a área sanitaria impoñendo o seu criterio sen ter o menor interese en dialogar estando máis preocupado por tentar ocultar os problemas do novo hospital.

Previamente á rolda de prensa tivo lugar unha concentración, na que participaron varios centos de traballadores e traballadoras máis xente do común (Pacientes), antes de iniciar unha manifestación polo exterior do hospital ata concluír ante as portas de acceso aos despachos da Xerencia, onde se atopaba neses intres o Xerente Felix Rubial reunido.

As faixas que aportaban os manifestantes como tamen as pancartas de ‘Sanidade pública. Xunta de persoal‘ e ‘Sanidade pública. Celadores si, TIGAS non‘, os traballadores fixeron o percorrido ata chegar á parte exterior do ICR-Photographer© Cunqui 188despacho do xerente da EOXI, onde pediron a berros a súa dimisión á vez que propinaban golpes nos cristais e daban palmas. A titulo persoal de opinión Felix Rubial fixo oídos sordos ao que afora das instalacións estaba acontecendo.

Ademais, durante a mobilización gritaron xuntos reclamando “máis celadores e menos directores”; “non, non, non, á privatización”; “máis persoal, que isto funciona mal”; “incompetencia, incompetencia total”; “que se vaia, que se vaia dunha puta vez, que se vaia, que se vaia para non volver”; e “que lle pedimos ao xerente: dimisión, dimisión”.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]