Archivos por Etiqueta: Cintas

A letra pequena das futuras “cintas mecanicas” da Gran Vía de Vigo

Unhas cintas como a desta fotografia van a instalar na Gran Vía de Vigo, unhas cintas nas que o alcalde vende que sera boas para todas as persoas xa que é salvagardar a pendente do 9% da costa que ten a Gran Vía no proxecto Vigo Vertical, non so así vende as cintas mecanicas e para mostra este argumentario.

Argumentario:
»As cintas instalaranse entre Urzáiz e Praza de España para salvar esta pendente do 9% en pouco máis de dous minutos.
»Na actualidade, a paso normal, requírense máis de 10 minutos. Serán catro tramos de ramplas mecánicas cubertas por unha estrutura composta por sucesivos e irregulares pentágonos de cores unidas por cristal.
»O proxecto inclúe unha gran praza pública á altura do Corte Inglés, onde se creará un gran paso de peóns de practicamente 60 metros de ancho entre as rúas Ecuador e Venezuela.
»Este novo espazo estará elevado con respecto á calzada actual.
»A intervención obrigará a trasladar a icónica escultura dos Rederos que preside agora a parte baixa da Gran Vía.
»Abel Caballero asegurou que se colocará en “un emprazamento nobre e visible como se merece”.
»A finais de 2018 poderase percorrer os 650 metros deste tramo da Gran Vía mediante a mecanizada solución.
»O inicio das obras está programado para este o ano 2017.

Eu pregunto; serán para todas as persoas estas cintas mecánicas? tan só encontro nos fabricantes das ditas cintas mecánicas nos seus manuais o seguinte:

Cousas prohibidas:
»Prohibido carriños de bebe.
»Prohibido cadeiras de rodas.
»Prohibido carriños de compra / portamaletas.
»Prohibido sentar na varanda.
»Prohibido meter a man na cinta.

Agora ven o #VigoVerdade, cousas que son certas do Vigo mecánizado

As escaleiras mecánicas da Porta do sol non son para todos os públicos xa que pois quedan fóra a pais e nais cos carriños de bebe, a xente que usa cadeira de rodas, non teñen dispositivo para xente invidente, non ten sistema de emerxencia en caso que falte a enerxía.

O elevador da rúa de Camelias é un elevador para toda clase de cidadán e cidadá, ten dispositivo para xente invidente pero carece dun dispositivo de emerxencia en caso que falte enerxía, devandito elevador pasa períodos longos de avarías, avarías das cales se queixan os veciños da zona, avarías que constan na empresa do mantemento do mesmo elevador.

As escaleiras mecánicas e elevador do parque Pizarro-Ribadavia, as escaleiras non son para todos os públicos xa que pois quedan fóra a pais e nais cos carriños de bebe, a xente que usa cadeira de rodas, non teñen dispositivo para xente invidente, non ten sistema de emerxencia en caso que falte a enerxía mentres que o elevador é un elevador para toda clase de cidadán e cidadá, ten dispositivo para xente invidente pero carece dun dispositivo de emerxencia en caso que falte enerxía. A diferencia das escaleiras mecánicas da Porta do Sol e o elevador da rúa Camelias estes mecanismos electricos estan en funcionamento todo o día mentes que os dito anteriormente estan programados para activarse nunha hora e desactivarse noutra.

Volvo ás cintas futuras de Gran Via, moitas persoas que as empregan Alcampo ou Carrefour para facer as súas compras din ver a pais e nais co carriño de bebe e tamén miran a xente en cadeira de rodas usándoas pero estas persoas no caso de que tales cintas tivesen un fallo e sufrisen un accidente pois o centro comercial non se farían cargo do accidente xa que para eses sectores cidadáns están os ascensores e en caso remoto de non ter a correspondente pegatina que vai na caixa das cintas posta o responsabel e o centro comercial, as cintas só están para os carriños da compra e as persoas que acompañan a estes, ditos carriños están adaptados para poder ser utilizados na devandita plataforma xa que na parte das rodas teñen dita adaptación e as rodas mesmas tamén.

A xente cre que a pendente que ten os Alcampos e os Carrefour é igual á que hai en Gran Vía cosa que non é certa hai mais pendente na Gran Vía que nas áreas mencionadas.

En fin, para que se pon unhas cintas mecanicas na Gran Vía de Vigo?? pensen e saberán eu tan só deixo estes datos e vosas son as conclusións á miña opinión só para veneficiar a unha gran área comercial como é o Corte Ínguas e non pensar nos pequenos e medianos negocios que hai nos laterais da Gran Vía.

Por certo nas infografías  o argumentado pola miña banda o deixan tamén claro para que tipo de xente se fara ditas cintas, toda xente “normal” e nova.

 

Tema árbores

As 128 árbores plantados no tramo da Gran Vía comprendido entre Urzaiz e a praza de España desaparecerán coa transformación que planea o Concello para dotar de ramplas mecánicas a esta rúa. No proxecto da obra recóllese que os 45 camelios e 29 naranjos amargos do bulevar deben ser trasplantados, mentres que os 41 castiñeiros das Indias e os 13 tilos das beirarrúas laterais deben ser tallados.

Rubéns Rocha [@IlCanallaRubens]

Infografías do proxecto