Archivos por Etiqueta: Coia

Centos de persoas apoian a absolución do activista de Coia Diego Lores

diego_absolucioncorA Asemblea Aberta de Coia conseguiu reunir o apoio de centos de persoas de todo o Estado en prol da absolución do activista e referente social Diego Lores. Nun manifesto publicado no segundo aniversario da loita veciñal na rotonda, o colectivo reiterou na súa inocencia e insistiu na falta de probas aportadas pola acusación de cara o xuízo do próximo 17 de xaneiro. Lores enfronta unha pena de tres anos e medio de prisión e 30.356 euros de responsabilidade civil pola denuncia dun axente municipal, que o acusa sen probas de agredilo e lesionalo.

Os feitos ocorreron o pasado 15 de decembro de 2014 durante unha das cargas policiais contra a veciñanza. “Diego sempre foi unha das caras máis visibles da loita da rotonda de Coia, polo que creemos que o seu procesamento non é casual. Pretenden que pague por toda a veciñanza, para que quede claro que sucede coas voces disonantes”, consideran desde a Asemblea Aberta, e recordan que iniciaron a protesta pacífica contra este “proxecto megalómano e esperpéntico” porque representaba “un insulto e unha provocación” ante a falta de fondos para emerxencias sociais.

O comunicado sinala o “cúmulo de contradicións e incongruencias por parte da acusación particular (a Policía Local)” durante toda a instrución do procedemento. De feito, a propia Fiscalía determinou en dúas ocasións que non existen indicios de delito, polo que pediu o sobresemento do caso. O Ministerio fiscal determinou que as probas aportadas eran insuficientes e que non queda “acreditado debidamente que por parte do acusado se cometese a infracción criminal da que se lle acusa”.

Por estes motivos, centos de artistas, representantes públicos e profesionais de todos os ámbitos veñen de amosar o seu apoio e solidariedade coa absolución de Lores. “O que nós berrabamos hai dous anos, seguímolo berrando agora: as nosas armas son a razón, as arelas de xustiza social, a utopía dun mundo mellor. Non precisamos nin da forza nin da violencia”, apuntan desde o colectivo veciñal, que sufriu numerosas multas e detencións, así como a condena do activista Xurxo Romero, pola súa defensa dos dereitos sociais da veciñanza de Vigo simbolizada na rotonda do Alfageme.

Listaxe de apoios:

“As abaixo asinantes manifestamos o noso apoio a Diego ante o proceso que está a piques de comenzar, solicitando a súa libre absolución. Sabemos da súa inocencia, e afirmamos a nosa decidida aposta pola desobediencia pacífica e a nonviolencia como ferramentas de traballo na loita por unha sociedade baseada na xustiza social e a igualdade”.

  • Teresa Forcades (Doutora, teóloga feminista e monxa beneditina)
  • Carlos Taibo (Escritor e profesor na Universidade Autónoma de Madrid)
  • Yayo Herrero (Directora de FUHEM e Ecoloxistas en Acción)
  • Manuel Rivas (Escritor e xornalista)
  • Laura Bugalho (Sindicalista e activista)
  • Xosé Manuel Beiras (Anova Irmandade Nacionalista)
  • Anna Gabriel (Deputada CUP-CC)
  • Arcadi Oliveres (Economista e profesor, activista de Justícia i Pau)
  • Miren Etxezarreta (Economista e catedrática emérita da Universidade Autónoma de Barcelona)
  • Raúl Zibechi (Escritor e pensador activista uruguaio)
  • María Reimóndez (Escritora, tradutora e feminista)
  • Jorge Riechman (Profesor de Filosofía da UAM e poeta)
  • María López Vigil (Xornalista e teóloga feminista)
  • Luis Villares (Deputado En Marea)
  • Ana Miranda (Europarlamentaria BNG)
  • David Fernàndez (Xornalista, ex deputado da CUP-CC)
  • Lidia Senra (Eurodeputada Anova)
  • Andrés Torres Queiruga (Teólogo)
  • Miren Koldobike Velasco Vázquez (Traballadora social e profesora de Traballo Social da Universidade de A Palmas de Gran Canaria)
  • Xosé Luis Méndez Ferrín (Escritor)
  • Alexandra Fernández (Parlamentaria En Marea)
  • Javier Baeza (Cura en San Carlos Borromeo)
  • Olalla Rodil (Xornalista e parlamentaria BNG)
  • Josep Manel Busqueta (Economista, panadeiro, Seminari d’Economia Crítica “Taifa”, ex deputado da CUP-CC)
  • Fermín Muguruza (Músico)
  • Carmen Santos (Deputada En Marea)
  • Francisco Sampedro (Filósofo e escritor)
  • Beatriz Campos (Actriz Migallas Teatro)
  • Fran Lorenzo (Escritor e xornalista)
  • María Campuzano (Alianza contra a Pobreza Enerxética)
  • Luis González Reyes (Ecoloxistas en Acción)
  • Alba María (Música)
  • Miguel Brieva (Debuxante)
  • Ohiana Etxebarrieta (Deputada EH Bildu)
  • Pepe Carreiro (Debuxante)
  • Albert Sales (Profesor de Ciencias Políticas da Universidade Pompeu Fabra)
  • Sechu Sende (Escritor)
  • García Mc (Músico, educador independente e activista social)
  • Belén Gopegui (Escritora)
  • Anxo Angueira (Filólogo, escritor e estudoso literatura galega)
  • Paula Quinteiro (Deputada En Marea)
  • Pedro Ramírez Pérez (OMAL)
  • Manolo Camaño Fandiño (Secretario xeral da CUT)
  • María González Reyes (Ecoloxistas en Acción e escritora)
  • Oleguer Presas (Economista, Crida per Sabadell, Seminari d’Economia crítica “Taifa”)
  • Lola Sánchez Caldentey (Europarlamentaria de Podemos)
  • Leo i Arremecaghoná (Músico)
  • Ruben Pérez Correa (Concelleiro Marea de Vigo)
  • Emiliano Tapia (Cura da parroquia de Buenos Aires – Salamanaca)
  • Clara Griera (Cooperativista L’Olivera)
  • Joserra Olarieta (Profesor da Universidadr de Lleida (ETSEA), Som lo que Sembrem)
  • Luis Correa “O Caruncho” (Músico)
  • Meritxell Domingo (Enxeñeira agrónoma, Som lo que Sembrem)
  • Emma Gascó (Debuxante e ilustradora)
  • José Iglesias Fernández (Economista)
  • Antonio Orihuela (Poeta)
  • Óscar García Jurado (Autonomía Sur)
  • Erika González Briz (OMAL)
  • Paco Segura (Coordinador de Ecoloxistas en Acción)
  • Nerea Ramírez Piris (Coordinadora de Ecoloxistas en Acción)
  • Elvira Cámara (Coordinadora de Ecoloxistas en Acción)
  • Alberto García-Teresa (Poeta)
  • Tom Kucharz (Ecoloxistas en Acción)
  • Pau Llonch ( Vocal do grupo AT Versaris, PAH Sabadell e Seminari d’economia crítica “Taifa”)
  • Samuel Martín-Sosa Rodríguez (Responsable de Internacional de Ecoloxistas en Acción)
  • Ivan Gordillo (Economista e membro Seminari d’economia crítica “Taifa”)
  • Ana Vega (Escritora)
  • Gonzalo Escarpa (Escritor e performer)
  • Ana Grandal Martín (Tradutora científica)
  • Patxi Zabalo (Profesor da Universidad do País Vasco)
  • Juan Hernández Zubizarreta (Profesor da Universidade do País Vasco)
  • Luis Nieto Pereira (Asesor do Concello de Madrid)
  • Ferrán Fernández (Editor e poeta)
  • Joan Turu (Debuxante)
  • Eduardo Rodriguez Cunha “Tatán” (Titiriteiro e actor)
  • María Ángeles Maeso (Escritora)
  • Eladio Méndez Fernández (Poeta)
  • Viviana Paletta (Poeta)
  • Matías Escalera Cordero (Escritor e profesor)
  • Marta Sanz (Escritora)
  • Núria Vidal de Llobatera (Ecoloxistas en Acción de Girona e Rede Anti-represión de familiares de detenidas)
  • Martin Mantxo (Ekologistak Martxan)
  • Lucía Bárcena Menéndez (Coordinadora Campaña #NoalTTIP en Ecoloxistas en Acción – Cataluña)
  • Marta Pascual Rodríguez (Ecoloxistas en Acción)
  • Antón Gómez Reino-Varela “Tone” (Parlamentario En Marea)
  • Xose Luis Xácome (Concelleiro Marea de Vigo)
  • Marga López Barreiro (Concelleira de Marea de Vigo)
  • David Carballal (Anova Irmandade Nacionalista)
  • Eva Solla (Deputada En Marea)
  • Juan Fajardo (Deputado En Marea)
  • Marcos Cal (Deputado En Marea)
  • Juan J. Merlo (Deputado En Marea)
  • Ánxeles Cuña (Deputada En Marea)
  • David Rodríguez (Deputado En Marea)
  • Antón Sánchez García (Deputado En Marea)
  • Luca Chao (Deputado En Marea)
  • Jose Manuel Lago (Deputado En Marea)
  • Magdalena Barahona (Deputada En Marea)
  • Francisco Casal (Deputada En Marea)
  • Paula Vázquez (Deputada En Marea)
  • Jesús Arteaga “Jipy” (Músico e activista)
  • Manolo Saez Bayona (Baladre)
  • Guillermo Contreras (Movimiento Antirrepresión de Córdoba, Plataforma Córdoba Aire limpio e Ecoloxistas en Acción)
  • Luis Fernando Jiménez Fuentes (Ecoloxistas en Acción Andalucía)
  • Sergi Saladie (Xeógrafo e deputado da CUP-CC)
  • Cristina Contreras Jiménez (Ecoloxistas en Acción Córdoba)
  • Carme Pagès Pallisé
  • Jordi figuerola i Solà
  • Javier Sáez Ibarra (Poeta)
  • Fernando Cembranos (Psicólogo e sociólogo)
  • Constantino Bertolo (Crítico e editor)
  • Carlos Gómez Gil (Profesor da Universidade de Alicante)
  • Jorge Fonseca (Profesor da Universidade Complutense de Madrid)
  • Rosana Acquaroni (Poeta)
  • Belén García Nieto (Poeta)
  • Ana Pérez Cañamares (Poeta)
  • Juanjo Álvarez (Bibliotecario)
  • Luis Miguel Uharte (Profesor da Universidade do País Vasco)
  • Jaime Pastor (Profresor da UNED)
  • Mikel de la Fuente (Colaborador honorífico da PUV/EHU)
  • Eladio Orta (Poeta)
  • Ana Cibeira (Poeta)
  • Jesús Carrión (Coordinador do Colectivo Ronda)
  • Joan Teran (Politólogo i documentalista, CUP-CC)
  • Vidal Aragonés (Avogado laboralista, profesor de dereito UAB, Concelleiro de En Comú crida per Cornellà)
  • Lucía Medina Navarro (Baladre)
  • Benet Salellas (Avogado e deputado da CUP-CC)
  • Diosadado Toledano (Marea de Mareas)
  • Josep Garganté (Sindicalista, concelleiro da CUP-CC no concello de Barcelona)
  • Isabel Vallet (Avogada, ex deputada da CUP-CC)
  • Mireia Vehí ( Socióloga, deputada da CUP-CC)
  • Rubens Rocha (Fotoxornalista-Fotoactivista)

O goberno de Vigo estuda unha rebaixa de ata o 50% nas taxas dos mercadiños

ilcanallarubens_mercadillo vila de bouzas_2013_Verán_Vigo

 

O alcalde de Vigo anunciou este xoves que o Concello que preside está a valorar unha rebaixa nas taxas de instalación dos postos nos mercadiños de Bouzas e Coia, que pasarían a custar un euro por metro cadrado. Actualmente en Coia a taxa é de 1,40 euros e de 2,05 euros en Bouzas.

O alcalde asegurou estar “satisfeito” do funcionamento dos mercadiños de Bouzas e de Coia (A Bouza), onde “cada vez hai máis vendedores”, e anunciou que o goberno de Vigo estuda “rebaixar as taxas a un euro por metro cadrado”.

O obxectivo, afirmou Caballero, é ter unhas taxas de ocupación “uniformes e absolutamente accesibles” en función do interese dos cidadáns que alí compran. Así, os pagos sería dun euro por metro cadrado, cando ata o momento ascende a 1,4 euros no caso de Coia e a 2,05 euros no de Bouzas.

Rubens Rocha

ை Vigo flashback: Proxecto milla verde.

ilcanallarubens_proyecto milla-verde-grafico

Por maio do 2014 informábase un novo proxecto para a cidade de Vigo, Abel Caballero o gobernante da torre do concello da Detroit Viguesa a conexión «verde» Travesas-Samil, un BULEVAR en que o comparo co Central Park. O BULEVAR pasaríase a chamar agora a «milla verde» que tería 1,8 quilómetros de CoiaSamil o proxecto bautizado como a MILLA VERDE o anuncio 2 meses despois do antigo chamado BULEVAR.

Este proxecto con algúns reaxustes en viais e rotondas tras aceptar en parte 23 alegacións e desestimar 9. Iniciará o procedemento expropiatorio sen descartar acordos de cesión cos donos. Terá unha anchura de 30 metros.

O proxecto da milla verde entre Coia e Samil a través da avenida de Europa está un pouco abandonado na actualidade pero naquel martes 15 xullo, en Faro de Vigo informaba que estaba máis preto de facerse realidade cinco anos despois de que o Concello o encargase ao estudo dos arquitectos Salvador Fraga, Francisco Javier García-Quijada e Manuel Portolés. O consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o venres 18 definitivamente o Plan Especial do paseo, unha ambiciosa operación a desenvolver en cinco fases que abranguerá unha franxa de 116.450 metros cadrados e con 1,8 quilómetros de lonxitude. O documento recibiu 32 alegacións na fase de exposición pública, das que 23 teñen sido estimadas parcialmente, aínda que os reaxustes realizados non afectan á superficie do ámbito nin ás características xerais da senda, que tendria 30 metros de ancho con zonas verdes, carril bici e parques, entre outras dotacións públicas para uso dos cidadáns.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A milla verde recorreria a marxe dereita en sentido descendente da avenida de Europa cara a Samil ao longo de seis ámbitos do PXOM (Cruceiro, Pertegueiras, Dunas, Tomás Paredes, Fontes Pertegueirase Millareira) onde se prevenian urbanizacións que inclúen a reserva de chan para os diferentes tramos do paseo. O Concello iniciará tras a aprobación o expediente de expropiación dos terreos, valorados en 11,7 millóns no proxecto, e estudiaria, segundo sinalaban fontes municipais, acordos cos donos, xa sexa mediante permutas ou a través de cesións da edificabilidade que lles corresponde dentro das urbanizacións previstas. O plan afecta a máis dun centenar de parcelas, catro delas con vivendas.

O proxecto formulábase a longo prazo, en cinco etapas, e a construción do paseo estaba presupostada en 7,8 millóns polo que, sumado ao valor do chan que é necesario ocupar, a operación roldaría os vinte millóns de euros.

Fundación Sales

O paseo cruza os xardíns da Fundación Sales. Os seus responsables presentaron unha alegación solicitando a exclusión dos seus terreos do ámbito do plan ao argumentar, entre outros motivos, que o proxecto divide o xardín, cun patrimonio botánico de gran riqueza, e pon en risco a súa integridade e visibilidade. Os redactores do proxecto responderon a iso dicindo que «non» hai perigo de mutilación ningunha» do espazo natural, e mesmo se deixa marxe para unha posible ampliación futura. O proxecto integraba tamén a braña da Fochanca, formado por bosque de ribeira, unha frondosa vexetación e fauna diversa.

Outro grupo de alegantes solicitaba que se demore a construción do paseo ata que exista un maior desenvolvemento urbanístico do PXOM na zona. Os arquitectos contestaban no seu informe tras estudalo que o Plan Xeral reflicte a milla verde como un «obxectivo prioritario», e en todo caso a operación se materializaría cun programa de etapas «flexible».

Os principais reaxustes refírense a viais afectados pola actuación e correccións en datos de propiedades. Os autores do plan especialhabian realizado os cambios para o efecto e proposto alternativas para situar as rotondas que se instalarían na avenida de Europa para mellorar a mobilidade e os accesos a Alcabre e Navia.
Varias das alegacións presentadas sostinieron que o proxecto vulnera as determinacións do Plan Xeral. A iso responderon os redactores que o ámbito a ocupar delimitado no proxecto coincide co do PXOM e simplemente eran necesarios axustes no viario afectado. O plan especial, inicidial neste punto, conta con todos os informes favorables, dende o visto e prace do departamento autonómico de Protección de Patrimonio Cultural ata o de Estradas do Estado e o da área de Mobilidade do Concello. A Xunta determinou polo ano 2009 que non era necesario sometelo ao procedemento de avaliación estratéxica ambiental.

A aprobación definitiva do plan chegaría dous anos despois da inicial. O proxecto naquel entón avanzaba con lentitude e era necesario cubrir todo o trámite expropiatorio ou de ocupación por acordo mutuo. Paralelamente os arquitectos presentaron o proxecto de urbanización. Aínda que as obras dixeron que empezarían no prazo aproximado dun ano na actualidade non se ve tal inicio das obras, aínda serán necesarios varios máis ata despois das municipais do 2015 se o actual alcalde revalida o seu cargo para ver se este proxecto vai poñerse en marcha, todo me indica que parece ser que se así que teriamos o Central Park Vigues segundo así o comparo o gobernante da torre do concello da cidade da Detroit Viguesa, Abel Caballero, segundo Abel Caballero dixo que se recuperaría unha ampla avenida na que agora prima o tráfico de vehículos a motor fronte ao peonil e de ciclistas.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

ை A Asemblea Aberta de Coia denunciará á Carmela Silva.

ilcanallarubens_rotondacoiatomadaenero_2015A ASEMBLEA ABERTA DE COIA DENUNCIARÁ Á TENENTE DE ALCALDE, CARMELA SILVA, POR CHAMARNOS “NAZIS” E “VIOLENTOS” NUNHA REDE SOCIAL

Nunha asemblea celebrada o mercores 8 de Abril a Asemblea Aberta de Coia tomou a decisión de denunciar a Carmela Silva pola comisión dun delito de inxurias e calumnias contra as integrantes do seu movemento, pola publicación na súa conta de twitter o pasado 29 de marzo, dunha afirmación na que se acusaba aos “antialfageme” de ser “nazis” e de impoñer a nosa opinión”exercendo a violencia”.

Ilcanallarubens_CarmelaSilva_nazislosdecoia_2015

Segun din: Parécenos intolerable que unha representante da cidadanía, cun cargo como o de Tenente de Alcalde, fale neses termos de persoas que non fan máis que denunciar a ineficacia e insuficiencia da política social do Concello.

A chamada loita da rotonda foi dende un principio e até o de agora un movemento reivindicativo pacífico e comunitario, no que diversas xentes do barrio de Coia e da cidade, intentamos visualizar a situación de precariedade e empobrecemento no que vive unha importante parte da cidadanía.

Fronte a isto o Goberno Municipal respondeu con descualificacións, ameazas e represión policial, co fin de acalar unha protesta xusta e necesaria.

Logo de sufrir as sancións, as imputacións e a violencia institucional por parte do Alcalde e os seus concelleiros, non imos tolerar as graves descualificacións feitas publicamente pola Srª Silva. Por iso presentaremos na vindeira semana unha denuncia penal colectiva asinada por ducias de persoas que estamos a loitar nos últimos meses en contra da dilapidación de cartos públicos en obras faraónicas, mentres miles de veciñas sofren o empobrecemento que unhas políticas sociais municipais deficientes non son quen de solucionar.

Asemblea Aberta de Coia

ை Carta a Emilio párroco da Parroquia o Cristo de la Victoria.

Ilcanallarubens_CartaAEmilio_GalardoneadoAViguesDestinguido2015 copiaNo mes de decembro do pasado ano comezaba a seguir unha loita cidadá, a loita polos dereitos sociais e a dignidade dun barrio. A miña intención tan só era cubrila pero pouco a pouco fun deixando cubrir esta loita e me unin a ela. A clave desta loita tivérona catro persoas, tres as coñecía, pero non as coñecía a fondo, na loita empecei a coñecelas de verdade.

Unha das persoas era Bea unha muller a cal a vida lle deu un revés pero con loita e tesón logro darlle a ese revés un xiro, a súa forza interior é descomunal ata un punto que a adquires. Outra persoa é Esther unha muller a cal loita contra as causas inxustas cun gran compañeiro ese é Diego, estas dúas persoas dan todo o que posúen por axudar a persoas que están en risco de exclusión social. E a cuarta e fundamental, Emilio, Emilio adoitábao ver cada vez que había un acto ou asembleas da plataforma de afectados da hipoteca (PAH) onde adoitan facer na parroquia como outras plataformas máis ás cales son un máis pero non o coñecía de falar ou tratar.

Séntome orgulloso de terte coñecido, de ti en pouco tempo aprendín moito, no tempo que estivemos dentro da rotonda, a rotonda na que convivimos xuntos e loitado por unha gran causa, a causa de loitar polos dereitos sociais e as necesidades dun barrio que é Coia no cal a crise se cebou inxustamente con el. Vostede Emilio é un referente para todas as persoas que loitamos na rotonda da vergoña, sempre nos alentou e nos fixo pasar o tempo máis ameno co seu grande humor, sabendo por compañeiros que vostede é un soporte para as persoas que non ten nada grazas ao servizo á comunidade que desenvolve.

Dende que o empecei a coñecer a través de escoitalo e tratalo quero que teña presente que a miña visión cara á igrexa á cal representa cambiou un pouco, a igrexa e esta cidade necesitan a máis xente como vostede, grazas á escoita puiden facer que cambiase a miña capacidade de compresión e esa capacidade xamáis cambiara xa que vostede dentro meu estará ata o que quede de vida.

Débolle de dar as grazas totais por abrirme as portas á súa parroquia e coñecer a grandes xentes como Bea, Diego,Esther, Roxana, David, Berto, Roi, Maria, Adrian, Juan, SerafinXose, Mon, Eloy, Maia, Paula, Jose, Lucas, Fini, Xurxo, Lola, XoanPablo, Xesús, Manuel, Manolo, Gabriela, Roberto, Nahiara, Carmen, Violeta e un longo elenco respectables grandes loitadores dos dereitos sociais e da xustiza social, ou sexa xente comprometida de verdade.

Risas, bágoas, horas interminables conversando ata quedar case sen voz. Obtiven tanto de vostede que creo que con esta carta que estou tipeando no meu vello computador do 2004 e posteando nesta paxina miña persoal non poderei pagalo polo tanto que vostede me deu e agora simboliza para a miña persoa moitisimo, dubido que poida superar alguen o outra persoa a sua esencia deixou na miña vida. Coa súa sabedoría e o seu ben estar fixo que eu crecese como persoa tanto ou o suficiente como para converterme nunha mellor persoa, aínda que moitas das leccións fosen moi amargas polas aparicións de homes vestidos de negro na nosa loita.

Quero trasmitirlle que os nosos camiños non remataran que non se separaran, quero camiñar polo seu camiño aínda que estou consciente de que eu non teño o control sobre iso xa que hai un destino que en ocasions é bastante caprichoso. O único que podo e quero facer é prometer que nunca me perderá xa que aquí estou para o que poida axudalo, porque quero a súa parroquia e vostede poidan contar cando máis o necesiten.

Decáteime grazas a unha mensaxe nun mensaxeiro moi coñecido que é candidato a Vigues Distinguido, decáteime por esa vía xa que debo de confesarlle que non adoito visitar o diario chamado Faro de Vigo por cuestións éticas e morais vostede xa me entende. Vostede para o min xa é gañador dese galardón xa que se gañou moito na miña persoa e en moitas outras da parroquia á cal dá o seu servizo e non só para os da parroquia senón para ese grupo que estivemos na rotonda dende o mes de Decembro ata o día bochornoso do traslado do buque á rotonda da vergoña da Detroit Viguesa, esas persoas que estamos unidas, persoas que lle agradecemos o seu bo estar e ese corazón grande e fermoso que ten, grazas a vostede formouse esta gran familia.

E con isto voume despedindo de vostede dicíndoo que todo o que vostede me soubo dar e demostrar coas súas ocorrencias e sabedoría, fixo que a miña vida sexa moito máis feliz. De non contar coa súa amizade e o seu compañeirismo a contar agora, creo que hai moito tempo eu perdera o rumbo e grazas a vostede agora teño o control de todo, grazas a vostede puiden transformarme nunha mellor versión de min mesmo. Felicidades por esa nominación e grazas totais por todo Emilio.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

PD. Algúns como eu temos de referente a Ernesto Guevara «o Che» pois tamén teño como referente a Emilio un dos parrocos da Parroquia do Cristo de la Victoria e tal como dicía o Che «ata a vitoria sempre». Emilio mereces que a cidade che recoñeza o teu traballo, e para min eres un gran referente porque non hai ninguén como o ti en Vigo que loite sen cesar.

ை Manifiesto dun cidadan que di NON e BASTA XA.

IlCanallaRubens_manifestacionxustizasocial_vigo
Boas lectores e lectoras.

Como cidadán da Detroit Viguesa e implicado na loita pola igualdade como activista de movementos sociais me vexo na necesidade de contarlles neste post unha cousa que teño que expulsar do meu corpo xa que levo necesitando un tempo sen dicir.

Dende o mes de decembro 2014 estou inmerso nunha reivindicación, a reivindicación de pedir á Torre do Concello que respecte a un emblema da cidade como é o Bernardo Alfageme, que respecte os plenos do 2000 e 2005 onde se acordou que o buque Bernardo Afageme ten que ir destinado ao Museo do mar de Galiza situado en Alcabre en Vigo, como tamén se respecte os dous plenos acontecidos no pasado ano 2014 onde tamén ratificaban coa votación do PP (Partido Popular) e o BNG (Bloque Nacionalista Galego) que o devandito buque ten que ir destinado ao museo para que sexa gozado polos vigueses e viguesas.

A Torre do concello de Vigo gobernada polo PSdeG-PSOE (Partido Socialista de Galicia – Partido Socialista Obreiro Español) o seu gobernante chamado Abel Ramón Caballero Álvarez coñecido por Caballero empéñase saltándose os catro plenos aí mencionados a atracar de forma definitiva o buque histórico e emblema da pesca viguesa na rotonda de Coia, dicindo que «é un clamor popular de toda a xente», dicindo que «todos os vigueses e viguesas así o queren», que seria «unha homenaxe aos mariñeiros da cidade» xa que «a cidade carece do devandito monumento»…

Nos diarios Faro de Vigo como o Atlántico Diario e tamén La Voz de Galicia realizaron para os seus lectores enquisas para saber a opinión dos vigueses e viguesas ao respecto do atraque do buque na rotonda, e o clamor popular da xente din que un 70% ~ 81% segundo as enquisas dos devanditos medios informativos publicaron din un NON rotundo ao atraque do Bernardo Alfageme na rotonda de Coia, a pesar do que di o clamor popular da xente nas devanditas enquisas de máis de 1000 persoas que primeron a súa opinión segue ERRE que ERRE en atracar o buque facendo así caso omiso ao que os Vigueses e Viguesas queren.

Non conforme co que di o clamor popular que é un NON rotundo, di que seria unha homenaxe aos mariñeiros da cidade xa que a cidade carece do devandito monumento cando o mesmo inaugurou un o 19 de novembro de 2014 fai cuestión nada máis nin menos que 3 meses que o denomino: Na memoria e no recordo aos pescadores que deixaron a súa vida no mar –  A súa luz acompáñanos e guíanos. Facelo recordar tamén que a cidade deVigo dispón de máis que ese monumento que inauguro en Novembro de 2014, senón hai estes monumentos referidos aos profesionais do mar:

  • Monumento ao traballo do mar.
  • Monumento aos Os Redeiros.
  • Monumento de Cidade á Xente do Mar.
  • Placa do Concello de Vigo na memoria dos mariñeiros mortos ou desaparecidos no mar.

O alcalde da cidade de Vigo leva tantos anos na torre do Concello de Vigo, dende o 2007 ata a actualidade nin recorda as cousas que fai e feitos que acomete, no argot científico e da medicina denomínase que ten Alzheimer temporal e no argot da xente do común se chama memoria selectiva e o que padece de memoria selectiva se lle considera un trapalleiro.

Non me gusta que un alcalde diga textualmente «que é o clamor da cidade» cando esa frase delata unha imposición, imposición sobre as conciencias das persoas as cales non son autómatas, unha persoa manipula para acometer accións nun autómata pódese dicir que é un pequeno ditador (Eu sendo electrónico e programador en sistemas informáticos) dóeme consideralo así pero é unha forma dicilo, e eu NON son un autómata xa que NINGUÉN me dictamina unhas ordes ou uns parámetros, para iso están os palmeiros, palmeiro e unha persoa que fai o que o seu dono quere que faga.

Dende hai moito tempo o gobernante que esta na torre do Concello de Vigo non me representa, xa que incumpre o que eu considero que son as funcións que debe desempeñar un cargo así, ese gobernante que esta na torre do Concello de Vigo, esta facer unha cidade para os turistas, para a xente que vén dende fóra me de para os cidadans que a habita os 365 días do ano facendo asi segundo a súa frase «Vigo unha cidade bonita» a que vende unha e outra vez nos seus programas de Televisión e Radio.

Hai moito tempo séntome nesta cidade como un macaco nun zoolóxico onde nada máis nin menos que vén xente a mirarme cun previo pagamento nunhas taquillas.

Un alcalde ten que ver pola totalidade dos cidadáns, cidadáns que o puxeron no cargo que ocupa, un cargo que non é de valde senón de moita responsabilidade e os cidadáns cando falan e se manifestan son soberanos, eses cidadáns din NON ao atraque do buque Bernardo Alfageme na rotonda de Coia e piden que o diñeiro que se esta gastando na rotonda sexa destinado para as persoas que están en risco de exclusión social como as persoas que están a punto de perdelo todo.

Coia é unha das zonas da cidade de Vigo onde máis se respira a crise e moitos dos seus cidadáns a Torre do Concello de Vigo lles a denegou as axudas cumprindo todos os requisitos.

No día de onte tomaron máis de 1500 persoas as rúas para dicir que se respecte o que nos plenos se acorda como tamén a voz dos cidadáns. Non só pediu máis axudas sociais de calidade e efectivas o denominado xustiza social, senón tamén se berrou que os imputados por presuntos atentados contra a autoridade, DiegoXurxo son inocentes berrando unha e outra vez Xurxo e Diego somos todos.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

#XurxoSomosTodos #DiegoSomosTodos #Vigo #NONaoBARCOnaROTONDAdeCOIA ‪#‎Coia‬

Video mostra da manifestación do dia de onte

ை Non ao barco na rotonda de Coia.

ilcanallarubens_nonaobarconarotondadecoia

A veciñanza do barrio Coia e da cidade paramos ás máquinas! E non marcharemos até que os centos de miles de euros que pensaban tirar nesta obra vaian destinados a cubrir as necesidades das persoas!

Levamos máis dunha semana na rotonda, e malia os intentos do alcalde e do seu goberno, aquí permaneceremos até que manifesten que o barco ficará no mar, ou á súa beira, e os cartos irán destinados a cubrir as necesidade da xente. Son momentos nos que o desemprego, os recortes, a insuficiencia das axudas sociais… están a deixar a moitas persoas sen uns mínimos para vivir con dignidade. Sen consultar a ninguén,e saltándose un acordo do pleno, pensaban tirar os cartos nunha obra de sospeitosa legalidade.

A nosa loita non é so por evitar que chanten o barco nesta rotonda, vai máis alá. É un berro, unha expresión do cansanzo cidadá ante as políticas duns gobernantes que viven moi afastados das necesidades reais que temos as persoas. Eles viven nesa “cidade fermosa” dos grandes cruceiros, das obras faraónicas, mentres que nós vivimos nos
barrios, nas rúas onde os meses son demasiado longos e os cartos, ao igual que os nosos dereitos, son sempre escasos.

Estes días lonxe de se escoitar o ruído das máquinas na rotonda, escoitáronse as voces e os berros dun barrio, dunha cidade que aposta por construír vida desde abaixo, desde a xente. Os zapatistas que saben escoitar moi ben, así o din:Es el sonido de su mundo derrumbándose.

Que hoxe este berro escóitese ben forte:

NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER!!

NON PODE SER, O BARCO NA ROTONDA E AS FAMILIAS SEN COMER!!

O luns seguiremos na rotonda e animamos a todos os colectivos e persoas que acodan á asemblea aberta que ás sete celebraremos para pensar en común como continuar coa loita.

Imaxes da manifestación do día 12 de decembro de 2014.