Archivos por Etiqueta: Compostela

A Plataforma SOS Sanidade Pública Compostela, desmente o SERGAS, no caso relativo as agullas de inxección de insulina para persoas diabéticas

informe_sin_nome_da_paciente_das_agullas-758x426

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, vén de manifestar o seu profundo malestar polo contido da nota emitida pola consellaría de Sanidade, na que se afirma que “se utilizaron probas falsas” no proceso xudicial da causa sobre o procedemento da contratación de subministro de agullas de insulina, cando no Auto Xudicial non se fai mención algunha a unha cuestión semellante. (Pódese ver o informe do Médico de Cabeceira da paciente afectada da radiografía que pon en cuestión o SERGAS, así como a sentencia na sua totalidade , para ver as mentiras da consellaría).

O Auto emitido polo Xulgado de Instrución nº 1 de Compostela, comunica o acordo de sobresemento provisorio e arquivamento da causa, toda vez que o SERGAS toma en consideración “as múltiples reclamacións relativas aos graves efectos secundarios que, segundo as e os doentes, provoca a utilización das agullas da marca INSUPEN” e tendo iso en conta, toma a decisión de “convocar un novo procedemento de contratación para a subministración sucesiva das agullas de inxección de insulina”.

No auto, recóllese tamén que o SERGAS constituíu, a raíz das denuncias, un grupo técnico de traballo, e que nos criterios de selección da adxudicataria, outorgaráselle un maior peso á proba do produto por parte das e dos doentes, até 36 puntos.

Xunto a isto, a administración incluirá no grupo que vai efectuar a avaliación do produto, ademais de a profesionais sanitarios, a 100 doentes diabéticos e diabeticas captados nos centros de saúde, nas consultas de diabetoloxía, persoal do SERGAS insulinodependentes e doentes diabétic@s captados a través da asociación de diabéticos e diaveticas.

A Plataforma SOS Sanidade Pública de Compostela, entende, diante disto, que o SERGAS recoñece a veracidade da denuncia presentada e manifesta a súa satisfacción, porque se muden os criterios de selección das adxudicatarias destes productos, atendendo aos efectos secundarios dos mesmos e non só a criterios económicos.

Por iso, non entendemos dende a Plataforma SOS de Compostela, que o SERGAS teña que recorrer “á mentira institucional” poñendo en cuestión as probas presentadas (máis de 400 denuncias, xunto ca radiografía) logo de recoñecer implícitamente a súa veracidade, até o punto de abrir un novo concurso e mesmo mudar os criterios de selección.

Anuncios

A PGDEP considera que Rajoy recúa pola loita continua da comunidade educativa contra a LOMCE e as reválidas

ilcanallarubens_concentracion-conta-a-lomce-e-revalidas_00_vigo_2016-758x505

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) considera que o paso atrás que acaba dar Rajoy a respecto das reválidas é consecuencia das continuas accións e loita de toda a comunidade educativa en contra das reválidas e da LOMCE. Valora, con todo, que é totalmente insuficiente, porque o profesorado e alumnado de 2º de Bacharelato terá que se enfrontar este ano a unhas probas das que descoñece por completo o seu contido.

Ante o anuncio no Parlamento do presidente en funcións, o Sr. Rajoy, a respecto de que as reválidas de ESO e bacharelato non serán necesarias para adquirir o título e terán unicamente valor para acceder á Universidade, até que se conclúa o pacto pola educación, a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público quere manifestar o seguinte:

–  Este paso atrás é, sen dúbida, resultado das múltiples e exitosas mobilizacións que levamos a cabo contra a LOMCE e as reválidas. A sociedade galega amosou en repetidas e numerosas ocasión o seu total rexeitamento baleirando as aulas e participando nas folgas, non enviando o alumnado a realizar as reválidas de primaria e participando en diferentes accións. Unha mostra da oposición ao desatino e calvario ao que se pretende someter o alumnado foi a folga total de onte, 26 de outubro, no ensino galego.

–  Para a PGDEP é totalmente insuficiente a última posición do Partido Popular, xa que o alumnado de bacharelato terá que sufrir unha proba para acceder á Universidade este curso, da que non  coñece o seu contido, deseño e características. Unha irresponsabilidade e desprezo absoluto co profesorado e co alumnado.

–  Non serven as medias tintas. A única saída é a derrogación da LOMCE e a supresión das reválidas. Iso é o que exixe a Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público e con ese obxecto continuará a mobilizarse até a súa consecución.

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público valora como un rotundo éxito a xornada de loita contra as reválidas

ilcanallarubens_concentracion-conta-a-lomce-e-revalidas_vigo_2016-758x426

Denuncia que supoñen un “ataque directo contra o dereito á educación e á igualdade de oportunidades”

A Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público (PGDEP) valora como un rotundo éxito o seguimento desta xornada de loita contra as reválidas e a LOMCE e a participación nas concentracións convocadas nas cidades de Pontevedra, Compostela, Vigo, A Coruña, Lugo, Ferrol e Ourense e nas vilas de Carballo, Cee e Vilagarcía.

O portavoz da PGDEP, Anxo Louzao, considera que “tanto o Ministerio como a Consellaría de Educación deben cesar na súa obstinación por aplicar esta lei e as reválidas” porque tal e como se constatou nesta xornada de loita “van contra a vontade unánime da sociedade en xeral e da comunidade educativa en particular”.

Louzao sinala ademais que para a PGDEP as reválidas supoñen “un ataque directo ao dereito á educación e á igualdade de oportunidades” e denuncia que van provocar unha estratificación dos centros, a segregación do alumnado e mesmo a expulsión do sistema educativo daquel alumnado que precise máis apoio ou reforzo ou que pertenza ás clases sociais máis desfavorecidas.

A isto engade que supoñen tamén un ataque á avaliación continua e ao traballo do profesorado e opostas a unha concepción da educación como formación integral das persoas. “As reválidas pretenden orientar o sistema educativo cara a unha visión neoliberal e competitiva do mesmo”, asegurou, e “teñen como obxectivo negar, mediante o seu contido, que en Galiza contemos cun sistema educativo que teña en conta a nosa realidade social, cultural, histórica e lingüística”.

Acto “tiránico”

O portavoz da PGDEP cualifica, ademais, de “acto tiránico” contra o alumnado a imposición destas probas nas que “se xoga todo o seu futuro académico e profesional a unha carta”, mais tamén contra o profesorado, que ve desprezado o seu labor docente, ao afastarse a avaliación do alumnado do seu contexto social e familiar.

Para Anxo Louzao as mobilizacións de hoxe contra as reválidas e a LOMCE “teñen que ser un punto e final desta lei tan lesiva para un sistema educativo galego, público e de calidade”.

O sector de ambulancias da área sanitaria de Compostela mobilizarase durante a campaña se non se unifican as condicións laborais

ilcanallarubens_rolda de prensa 16-09-01 RP ambulancias

A primeira mobilización está prevista para o vindeiro mércores, día 7 de setembro, ás 11:00 horas, na entrada do Hospital Clínico.

Todos os delegados/as da CIG de todas as empresas de ambulancias que operan na área sanitaria de Santiago compareceron este xoves en rolda de prensa para anunciar o inicio dunha serie de mobilizacións –que inclúen concentracións e mesmo unha acampada- durante a campaña electoral. Reclaman que se equiparen as condicións laborais de todos os traballadores/as independentemente da empresa para a que traballen e exixen da administración que adopte medidas para evitar esta situación.

Na rolda de prensa, Mario Rodríguez, delegado en Ambulancias Casablanca, lembrou que desde setembro de 2015, cando se produciu o cambio na contrata da Xunta de Servizo de transporte urxente, os traballadores/as da área sanitaria de Santiago veñen loitando por unhas condicións dignas e iguais en todas as empresas, tanto no referido a xornada, como a salario.

Rodríguez subliñou ademais que aínda que son contratas diferentes e servizos diferentes os que prestan as empresas (transporte urxente -emerxencias- e transporte programado –altas hospitralarias, traslados, citas médicas ou diálise…-), o convenio que rexe para todas e o mesmo.

O delegado de Casablanca denunciou que, malia ser un servizo público dependente da Xunta de Galiza, “funciona como se fora economía somerxida”. Por iso, sinalou, “a nosa pretensión final é ordenar este sector e dignificar as condicións de traballo”.

A este respecto explicou que unha persoa que vai nunha ambulancia ten a sensación  de estar nun servizo público, “pero non sabe que igual, a persoa que o atende na ambulancia ten un contrato en `prácticas e cobra 700€”.

As empresas que operaban na área sanitaria de Compostela son Ambulancias Casablanca, Ambupadrón e Ambuibérica, pero neste momento só que Casablanca, con 50 traballadores/as, (só para transporte urxente e programado de Santiago e urxente de Ordes) e Ambuibérica para todo o demais, sumando entre ambas arredor de 180 traballadores/as

Inácio Pavón, da FGAMT-CIG de Compostela explicou que existe un acordo, acadado logo de moitas mobilizacións, en Casablanca e no que era Ambupadrón, que foi mercado por Ambuibérica, pero queda todo o que gañou Ambuibérica no concurso urxente sen pechar un acordo e, polo tanto, sen aclarar nin cales van ser as tripulacións, nin cales van ser as condicións económicas e de tempos de traballo.

Pavón denunciou que, ao igual que pasa noutras moitas contratas públicas, “o criterio principal da administración, á hora de conceder unha contrata, é o económico e, neste caso, ademais os criterios son pouco claros, até o punto de que, moitas veces. Xa se sabe antes de resolver o concurso , a que empresas se lles vai entregar”, como ocorreu recentemente na concesión do transporte programado da área sanitaria de Santiago.

Por iso denunciou que a responsabilidade da solución definitiva deste problema é compartida entre empresas e administración.

Contratos en prácticas

O representante da CIG chamou tamén a atención sobre o feito de que agora, nas empresas hai un importante número de traballadores/as en prácticas, logo da Xunta de Galiza sacar unha liña de axudas para a contratación con esta modalidade.

Explicou que son contratos que se regulan por un Real Decreto que permite a contratación durante 2 anos e que estes traballadores/as cobran entre o 60% e o 70% dos salarios do resto do persoal. Xunto a isto, especificou que en todo caso, neste RD tamén se recolle que se negociarán esas condicións no ámbito das empresas. Porén “as empresas néganse a negociar esta parte no convenio”.

Isto unido á axuda da Xunta, de 3,5 millóns de euros este ano, provoca segundo Pavón dous efectos: a creación dun corpo de precariedade no medio do sector que cobra unj 40% menos polo mesmo traballo e que esa situación se cronifique porque ás empresas lles vai interesar non facer a este persoal indefinido aos 2 anos para repetir de forma permanente esta operación.

Por iso, e para reclamar igualdade de condicións laborais e salariais nas distintas empresas e entre os/as traballadores/as, anunciaron unha intensa campaña de mobilizacións durante o mes de setembro ás portas dos centros de saúde, a primeira o vindeiro mércores día 7 de setembro, ás 11:00.

Xunto a isto advertiron que, se a situación non se resolve, teñen acordado facer unha acampada permanente diante dun edificio oficial do que informarán no seu momento cun dobre obxectivo: presionar ás empresas que non cumpren e responsabilizar á administración destes incumprimento. “A Feijóo directamente se fai falla. Sempre miraron para outro lado e non o imos permitir máis”, sentenciou Pavón.

Rubens Rocha

A CIG reclama a reformulación “radical” dos servizos de extinción de lumes forestais e a recuperación do medio rural para evitar incendios

ilcanallarubens_2016-08-25-RoldaPrensaVagaLumes-758x426

Alerta da “máis que evidente desorganización actual do dispositivo” e denuncia a “estratexia de confusión” practicada pola Xunta do PP para eludir responsabilidades

Representantes de Seaga, SPDCIF, brigadas dos Concellos e bombeiros compareceron este xoves en rolda de prensa en Santiago xunto ao secretario nacional da CIG-Servizos, Paulo Rubido, e o secretario xeral da CIG, Suso Seixo, para denunciar a desorganización dos servizos de extinción de lumes forestais , “que se fixo máis evidente durante esta vaga de incendios”. Culpan do que está a acontecer ás políticas para o medio rural e ao modelo de xestión dos efectivos de prevención e extinción de incendios imposto pola Xunta do PP, polo que esixen a súa “reformulación radical , coa unificación do servizo nun só ente público xunto con políticas de recuperación do medio rural.

Os responsábeis sindicais sinalaron que unha vez máis, e como ciclicamente acontece cada poucos anos, este ano o lume volta a ser o triste protagonista do verán en Galiza, con grandes incendios que máis alá do enorme dano ambiental e económico que supoñen, mesmo xeran perigo para a povoación e as suas vivendas. Queda novamente en evidencia que a existencia de determinadas condicións ambientais (seca, calor e vento) de forma prolongada automáticamente implica o inicio dunha vaga de incendios de grandes dimensións que poden arder totalmente descontrolados durante varios días.

Igualmente, e tamén con carácter cíclico, diante desta situación o Goberno galego bota man do discurso da intencionalidade incendiaria, e mesmo desta volta chégase a falar de grupos organizados de carácter terrorista que actúan cun plan de actuación a escala nacional. Resulta evidente a intencionalidade dos lumes, e tamén da necesidade de aplicar severos castigos a aqueles/as que prenden lume de forma intencional, pero en todo caso dista moito de ser esta unha situación novedosa, e non existe absolutamente ningunha proba seria dunha trama organizada das características suxeridas polo presidente da Xunta.

Mesmo nestes días os medios de comunicación recollen as informacións emitidas pola Xunta do constante goteo de detencións e identificacións de supostos incendiarios. Pero o certo é que non se fai distinción de nengún tipo, e reciben o mesmo tratamento de terrorista organizado tanto unha persoa detida por provocar un lume de forma totalmente intencional, como unha neglixencia dunha mala práctica agrícola que non ten intencionalidade, ou mesmo un traballador portugués que supostamente provocou unha chispa cunha empacadora, algo demasiado sofisticado a todas luces para ser propio dunha trama organizada.

O certo é que con esta estratéxia da confusión practicada pola Xunta o que se pretende é afastar o debate que realmente se debe de dar, que é a problemática estrutural dos incendios forestais en Galiza, e o tipo de xestión que se fai e se debe facer tanto á hora de prevelos e evitalos como de extinguilos.

No referido ao servizo de extinción, o actual modelo establecido polo Partido Popular ten as seguintes características:

-A fragmentación do dispositivo de extinción nun sinfín de entes, tales como o servizo propio público da Xunta, a empresa pública Seaga, Tragsa, Concellos, empresa privadas, parques comarcais, exército, etc.

-A entrada de capital privado que obtén beneficio económico da extinción de incendios, co que se convirte o lume nun negocio, e con toda a problemática que isto pode supoñer.

-A precarización absoluta dos traballadores/as dedicados/as á extinción, na medida en que que cada ente aplica a súa propia normativa laboral específica, xerando un auténtico caos de xornadas e salarios diferentes, que nalgúns casos non superan o Salario Mínimo Interprofesional.

-Limitación do traballo dos servizos de extinción a tres meses na maioría dos casos, o que implica a perda de prestacións por desemprego para eses traballadores/as, e a precarización absoluta para quen pretenda ser un profesional do servizo.

-Esta situación laboral caótica provoca a conversión do que debera ser un servizo profesional nun traballo estacional mal pagado, apto para quen necesita un traballo temporal no verán, e polo tanto sen vocación de futuro, e isto significa traballadores/as sen experiencia nen formación. Xa non é só ter uns medios de extinción sen profesionalizar, é mesmo poñer en perigo a vida de persoas sen medios nen experiencia diante de lumes de grandes dimensións que requiren de actuacións perfectamente estudadas.

-Adscripción de máis de 1500 prazas de extinción aos concellos por só tres meses, que ou ben optan pola contratación directa ou subcontratación a empresas privadas. Estas brigadas están conformadas moi maioritariamente por xente sen experiencia, e na maioria dos casos nen sequer actúan na extinción, dedicándose a outras tarefas.

-A utilización de fondos FEADER previstos para a prevención para financiar a contratación de brigadas de extinción. Esta estratexia de finaciamento provoca situación tan surrealistas como facer traballar ás brigadas en limpeza forestal durante horas en días de IRDI (índice de risco diario) extremo, e despois de cinco horas de traballo cunha desbrozadora no monte enviar o persoal a apagar un lume.

-Desorganización absoluta no conxunto do dispositivo, privatizando incluso a coordenación do mesmo.

-Negativa á creación da categoría de bombeiro forestal, co que existe unha renuncia tácita a dotar o país dun servizo público de extinción profesionalizado.

Segundo denuncian, esta práctica cos servizos de extinción forestal tamén se lles aplica aos bombeiros urbanos e dos parques comarcais, onde tamén actúan empresas privadas e existe a mesma problemática laboral de diferentes condicións e salarios.

Diante disto, sinalan que para a CIG é necesaria unha reformulación radical dos servizos de extinción, que pasa polos seguintes puntos:

-Unificación do servizo nun só ente de carácter público, de ámbito galego e profesional, cun tempo de traballo mínimo garantido, coas mesmas condicións laborais e coa formación e categoría axeitada para poder desenvolver o seu traballo con eficacia.

-A expulsión das empresas privadas dos servizos de extinción. O lume non pode converterse nun negocio ou nun modo de vida.

-Non derivar parte dos servizos de extinción nen a Concellos nen ao exército, remitindo esa dotación orzamentaria ao servizo público galego.

-Unificación con carácter público dos parques comarcais e bombeiros urbanos, igualando as condicións laborais, expulsando as empresas privadas, e creando realmente un corpo profesional de emerxencias que colabore e se coordine co servizo público de extinción de incendios forestais, xa que os lumes afectan cada vez a máis vivendas.

Tamén indican que pese á máis que evidente desorganización actual do servizo de extinción, non se pode abordar a problemática incendiaria en Galiza sen falar das suas causas estruturais, que van moito máis alá da necesidade de dotarse dun servizo de extinción profesionalizado. Dende a CIG entenden como principais problemas os seguintes:

-Existencia desde hai anos dunha política de abandono total e absoluto do rural galego. Os datos en canto á avellentamento e despoboamento son demoledores, ao igual que os de actividade económica. Se falamos de actividade agraria e láctea, os datos aínda son peores no referido ao abandono de explotacións e altas e baixas na actividade agraria na Seguridade Social.

-Este abandono do rural ten consecuencias brutais nas novas características dos incendios en Galiza, e apesar de que a conselleira do Medio Rural o negue no Parlamento, explican os grandes incendios e o achegamento ás casas dos lumes, situación que antes non acontecía:

  • Falta de limpeza do perímetro dos nucleos de poboación, polo avellentamento ou abandono dos seus habitantes.
  • Falta de aproveitamento dos montes, polo mesmo motivo.
  • Proliferación de especies de crecemento rápido, máis pirófitas que outras especies, dado que moitos propietarios non residen xa neses concellos e só queren uns ingrexos rápidos dos recursos forestais sen que ocasione gasto.
  • Falta dunha planificación forestal e territorial por parte da Xunta.

Finalmente, para a CIG, só coa recuperación do rural galego como un medio vivo, con actividade económica, e co entendimento da superficie forestal como un ben valioso e un recurso económico que pode xerar moitos empregos neste país, se poderá realmente poñer freo e minimizar un problema que ano tras ano, e dependendo das condicións metereolóxicas, evidencia a desastrosa situación do rural de Galiza.

 

Redúcese o persoal sanitario e o horario de atención no aeroporto de Santiago

ilcanallaruebens_areoporto lavacolla santiago de compostela_compostela_2016

A CIG-AENA reclama a cobertura total do servizo sanitario en Lavacolla

O servizo sanitario do aeroporto de Santiago reduciuse desde hai un ano de 6 Técnicos de Medicina Aeroportuaria (TMA-enfermeiros/as) a 5 e pasou de garantir unha cobertura de 24 horas a tan só 18. Así o denuncia a CIG Aena que alerta das consecuencias que isto pode ter para pasaxeiros/as, usuarios/as e clientes de Lavacolla.

Juan Manuel González Méndez, enfermeiro do aeroporto e representante da CIG no comité, lembra que o 1 de agosto deste ano a dirección do aeroporto impuxo ao colectivo sanitario unha modificación substancial do horario laboral e remitiu aos traballadores un escrito segundo o que “para evitar situacións de incertidume, sobre se hai servizo de sanidade ou non, ante unha incidencia e/ou accidente que requira a intervención dun TMA: ATS, considera necesario que, para garantir un servizo axeitado, rápido e continuado dentro dunha franxa horaria, durante os 365 días do ano, é necesario modificar o horario habitual deste colectivo”.

Porén, transcorrido menos dun mes este obxectivo non se está cumprindo porque “a dirección do aeroporto non está contratando persoal para cubrir baixas, permisos e demais, malia estar así contemplado no convenio colectivo”, afirma o representante da CIG.

González Méndez explica que “con cinco traballadores facemos unha cobertura continuada de 18 horas. O problema é que neste momento hai unha persoa de vacacións e dúas de baixa polo que somos incapaces de cubrir todas as quendas quedando así moitos servizos descubertos”. A isto engade que “isto contradí claramente as razóns esgrimidas pola dirección para impor o cambio de xornada”.

Para a CIG-AENA esta situación é moi preocupante porque precisamente agora, no mes de agosto, é cando máis fluxo de pasaxeiros hai. Fluxo que ademais se incrementou nun 10,6% no último ano. “Hai franxas horarias, como de 7:30 a 10:00h, 14:00 a 16:30 ou de 20:00 a 22:30 horas, nas que podemos estar falando de máis de 3.000 persoas circulando a un tempo por Lavacolla entre chegadas e saídas”, matiza.

O representante da CIG no comité explica que “se estamos nós calquera incidencia sanitaria que ocorra no aeroporto atendémola de xeito inmediato e segundo sexa a gravidade solucionámola in situ ou avisamos ao 061. O problema é que se a incidencia ocorre nos horarios non cubertos, non queda outra que chamar a emerxencias”.

Lembra que o tempo medio de resposta e chegada do 061 ao aeroporto é duns 20 minutos, que “de ser unha incidencia leve estaríanse malgastando medios públicos e que, porén, de ser unha incidencia grave, como un infarto, habería que agardar eses 20 minutos para atendelo, co grave risco que isto supón para a vida da persoa afectada, mentres que tería atención inmediata se estamos nós”.

Diante desta situación a CIG-AENA demanda que desde a dirección do aeroporto se garanta a cobertura completa do servizo e o persoal necesario para que funcione coa continuidade necesaria para garantir a mellor atención sanitaria posible nas instalacións do noso aeroporto os 365 días do ano.

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19:30 horas de hoxe

ilcanallarubens_incendio Soutomaior-Arcade_01_2016

Lumes en “situación 2”

Situación 2 en Santiago

Segue decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Santiago de Compostela, parroquia de Fecha, pola proximidade do lume ao núcleo de Vilar do Rei. O lume iniciouse ás 12:25 horas do mércores e permanece activo arestora. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 800 hectáreas. No lugar levan traballado 1 técnico, 9 axentes, 27 brigadas, 14 motobombas, 3 pas, 7 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Porto do Son (parroquias de Baroña, Xuño e Caamaño)

Segue decretada a “Situación 2” no incendio iniciado no concello de Porto do Son, parroquia de Baroña, que tamén afecta ás de Xuño e Caamaño, pola proximidade do lume a núcleos habitados. Cabe mencionar que a zona afectada na parroquia de Baroña xa está controlada desde as 14:49 horas deste mediodía.

Segundo novas estimacións, a superficie alcanza entre as tres parroquias unhas 880 hectáreas. No lugar levan traballado 3 técnicos, 13 axentes, 41 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 5 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Arbo

Tamén está activo desde as 20:23 horas de onte o lume no concello de Arbo, parroquia de Mourentán. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 1.515 hectáreas. Alí traballan 2 técnicos, 4 axentes, 20 brigadas, 12 motobombas, 4 pas, 8 helicópteros e 5 avións.

Situación 2 en Crecente

Decretada a Situación 2 no lume, activo arestora, no concello de Crecente, parroquia de Albeos, que comezou ás 17:52 horas da tarde de onte. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é dunhas 200 hectáreas. Participan na súa extinción 1 técnico, 7 axentes, 19 brigadas, 14 motobombas, 1 pa e 2 helicópteros.

Lumes activos

Activo Vimianzo

Activo desde as 23:46 horas de onte o lume rexistrado no concello de Vimianzo, parroquia de Carnés. Segundo unha primeira estimación, a superficie afectada é dunhas 70 hectáreas. Traballan no lugar 1 técnico, 5 axentes, 11 brigadas, 8 motobombas e 1 helicóptero.

Activo Cee

Permanece activo desde as 18:25 horas de onte o lume rexistrado no concello de Cee, parroquia de Toba. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 180 hectáreas. No lugar están traballando 10 axentes, 23 brigadas, 11 motobombas e 1 helicóptero.

Activo Avión-Nieva

Este lume do concello de Avión, rexistrado na parroquia de Nieva e que tamén afectou á de Avión, permanece activo desde as 16:51 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada total é de 345 hectáreas. No lugar están a traballar 1 técnico, 16 axentes, 37 brigadas, 17 motobombas, 4 pas, 7 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Soutomaior-Arcade

O lume rexistrado na parroquia de Arcade comezou ás 18:02 horas de onte e permanece activo. Este lume uníuse ao rexistrado no concello de Pontevedra, parroquia de Ponte Sampaio. Segundo novas estimacións, a superficie afectada total é de 400 hectáreas. No lugar están a traballar 2 técnicos, 9 axentes, 22 brigadas, 17 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 4 avións.

Activo Soutomaior-Soutomaior

Permanece activo tamén o outro incendio en Soutomaior, parroquia homónima, tras comezar ás 16:01 horas do martes. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 230 hectáreas. No seu control traballan 2 técnicos, 16 axentes, 32 brigadas, 27 motobombas, 3 pas, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboraron efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Lumes controlados

Controlado Cotobade-Viascón

Controlado ás 17:49 horas o incendio rexistrado no concello de Cotobade, parroquia de Viascón, que comezou onte ás 20:21 horas. Segundo novas estimacións, a superficie afectada é de 40 hectáreas. No lugar están a traballar 1 técnico, 5 axentes, 7 brigadas, 7 motobombas e 2 pas.

Controlado Cotobade-Tenorio

O lume iniciouse ás 17:20 horas do luns na parroquia de Tenorio e permanece controlado desde as 10:45 horas de onte. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas, das cales 255 son arboradas e 110 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 18 motobombas, 7 pas, 15 helicópteros e 3 avións.

Controlado Pontevedra-Lérez

Controlado ás 14:38 horas de onte o lume rexistrado ás 23:35 horas do martes no concello de Pontevedra, parroquia de Lérez. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 17 hectáreas, das cales 15 son arboradas e o resto rasas. Na súa extinción traballan 1 técnico, 5 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Controlado Mondariz

Tamén permanece controlado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas do luns e quedou controlado ás 11:30 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas, 160 de arborado e 40 de raso. No lugar levan traballado 2 técnicos, 12 axentes, 38 brigadas, 25 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.

Controlado Caldas de Reis

Permanece controlado dende as 09:00 horas de onte o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas do luns e, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 300 hectáreas de arborado. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 20 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 2 avións.

Lumes extinguidos

Extinguido Fisterra

O lume de Fisterra, parroquia de Duio, quedou extinguido ás 19:08 horas desta tarde tras comezar onte ás 2:35 horas da madrugada. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 28 hectáreas, 2 arboradas e o resto de monte raso. Na súa extinción participaron 5 axentes, 12 brigadas, 8 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 13:30 horas de hoxe

ilcanallarubens_incendio Soutomaior-Arcade_00_2016

Lumes en “Situación 2”

Situación 2 en Santiago

Segue decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Santiago de Compostela, parroquia de Fecha, pola proximidade do lume ao núcleo de Vilar do Rei. O lume iniciouse ás 12:25 horas do mércores e permanece activo arestora. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada supera as 500 hectáreas. No lugar levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 25 brigadas, 12 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Porto do Son (parroquias de Baroña, Xuño e Caamaño)

Segue decretada a “Situación 2” no incendio iniciado no concello de Porto do Son, parroquia de Baroña, que tamén afecta ás de Xuño e Caamaño, pola proximidade do lume a núcleos habitados. Este lume uníuse ao que estaba localizado nas parroquias de Xuño e Caamaño e xuntos afectan unha superficie provisional que supera as 500 hectáreas. No lugar levan traballado 2 técnicos, 13 axentes, 29 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 9 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Cee

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Cee, parroquia de Toba, pola proximidade do lume ao núcleo do Sembra. Este lume iniciouse ás 18:25 horas de onte e segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada sobrepasa as 180 hectáreas. No lugar están traballando 9 axentes, 18 brigadas e 10 motobombas.

Situación 2 en Arbo

Tamén está activo desde as 20:23 horas de onte un lume no concello de Arbo, parroquia de Mourentán. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada está por riba das 500 hectáreas. Alí traballan 2 técnicos, 3 axentes, 14 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 7 helicópteros e 3 avións.

Situación 2 en Crecente

Decretada a Situación 2 no lume, activo arestora, no concello de Crecente, parroquia de Albeos, que comezou ás 17:52 horas da tarde de onte. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é de máis de 200 hectáreas. Participan na súa extinción 1 técnico, 5 axentes, 13 brigadas, 10 motobombas e 2 helicópteros.

Lumes activos

Activo Soutomaior-Arcade

Desactivada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Soutomaior, parroquia de Arcade. O lume comezou ás 18:02 horas de onte e permanece activo. Este lume uníuse ao rexistrado no concello de Pontevedra, parroquia de Ponte Sampaio. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada total supera as 180 hectáreas. No lugar están a traballar 2 técnicos, 8 axentes, 13 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 4 avións.

Activo Avión-Nieva

Desactivada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello ourensán de Avión, parroquia de Nieva. Este lume uníuse ao rexistrado na parroquia de Avión. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada total é de arredor de 400 hectáreas. O lume comezou ás 16:51 horas de onte e permanece activo. No lugar están a traballar 1 técnico, 16 axentes, 37 brigadas, 17 motobombas, 4 pas, 7 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Soutomaior-Soutomaior

Permanece activo outro incendio en Soutomaior, parroquia homónima, no que estivo decretada a “Situación 2” e xa foi desactivada. O lume iniciouse ás 16:01 horas do martes. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada supera as 230 hectáreas e no seu control traballan 2 técnicos, 16 axentes, 32 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Vimianzo

Activo desde as 23:46 horas de onte o lume rexistrado no concello de Vimianzo, parroquia de Carnés. Segundo unha primeira estimación, a superficie afectada é dunhas 70 hectáreas. Traballan no lugar 1 técnico, 5 axentes, 11 brigadas, 8 motobombas e 1 helicóptero.

Activo Cotobade

Permanece activo o incendio rexistrado no concello de Cotobade, parroquia de Viascón, desde as 20:21 horas de onte. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. No lugar están a traballar 5 axentes, 7 brigadas, 7 motobombas e 2 pas.

Lumes controlados

Controlado Fisterra

Ademais, rexistrouse tamén un lume no concello coruñés de Fisterra, parroquia de Duio, controlado dende as 10:52 horas, cunha superficie afectada estimada en 28 hectáreas. Comezaba ás 02.35 horas de onte e na súa extinción levan traballado 5 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

Controlado Pontevedra

Controlado ás 14:38 horas o lume rexistrado ás 23:35 horas de onte no concello de Pontevedra, parroquia de Lérez. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 17 hectáreas. No seu control traballaron 1 técnico, 5 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Controlado Cotobade

O lume iniciouse ás 17:20 horas do luns na parroquia de Tenorio e permanece controlado desde as 10:45 horas de onte. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas, das cales 255 son arboradas e 110 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 18 motobombas, 7 pas, 15 helicópteros e 3 avións.

Controlado Mondariz

Tamén permanece controlado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas do luns e quedou controlado ás 11:30 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas, 160 de arborado e 40 de raso. No lugar levan traballado 2 técnicos, 12 axentes, 38 brigadas, 25 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.

Controlado Caldas de Reis

Permanece controlado dende as 09:00 horas de onte o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas do luns e, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 300 hectáreas de arborado. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 20 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 2 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha

A consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 9:30 horas de hoxe

ilcanallarubens_nube de fume desde o Monte do O Castro_Vigo_2016

Lumes en “Situación 2”

Situación 2 en Soutomaior-Arcade

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Soutomaior, parroquia de Arcade, pola proximidade do lume ao núcleo de Xunqueiriñas. O lume comezou ás 18:02 horas de onte e permanece activo. Este lume uníuse ao rexistrado no concello de Pontevedra, parroquia de Ponte Sampaio. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada total é dunhas 180 hectáreas. No lugar están a traballar 2 técnicos, 8 axentes, 13 brigadas, 9 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 4 avións.

Situación 2 en Santiago

Permanece decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Santiago de Compostela, parroquia de Fecha, pola proximidade do lume ao núcleo de Vilar do Rei. O lume iniciouse ás 12:25 horas do mércores e permanece activo arestora. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 500 hectáreas. No lugar levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 22 brigadas, 11 motobombas, 3 pas, 6 helicópteros e 4 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Porto do Son (parroquias de Baroña, Xuño e Caamaño)

Segue decretada a “Situación 2” no incendio iniciado no concello de Porto do Son, parroquia de Baroña, que tamén afecta ás de Xuño e Caamaño, pola proximidade do lume ao núcleo do Castro. Este lume uníuse ao que estaba localizado nas parroquias de Xuño e Caamaño e xuntos afectan a unha superficie provisional dunhas 500 hectáreas. No lugar levan traballado 2 técnicos, 10 axentes, 24 brigadas, 17 motobombas e 4 helicópteros. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Cee

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Cee, parroquia de Toba, pola proximidade do lume ao núcleo do Sembra. Este lume iniciouse ás 18:25 horas de onte e segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 180 hectáreas. No lugar están traballando 7 axentes, 15 brigadas e 8 motobombas.

Situación 2 en Avión

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello ourensán de Avión, parroquia de Nieva, pola proximidade do lume ao núcleo de Porreira. Este lume uníuse ao rexistrado na parroquia de Avión. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada total é dunhas 400 hectáreas. O lume comezou ás 16:51 horas de onte e permanece activo. No lugar están a traballar 1 técnico, 8 axentes, 22 brigadas, 12 motobombas, 4 pas, 6 helicópteros e 2 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Lumes activos

Activo Soutomaior-Soutomaior

Permanece activo outro incendio en Soutomaior, parroquia homónima, no que estivo decretada a “Situación 2” e xa foi desactivada, por proximidade do lume ao núcleo de San Martiño de Ventosela, no concello de Redondela. O lume iniciouse ás 16:01 horas do martes. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é dunhas 230 hectáreas e no seu control traballan 2 técnicos, 16 axentes, 32 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Activo Vimianzo

Activo desde as 23:46 horas de onte o lume rexistrado no concello de Vimianzo, parroquia de Carnés. Segundo unha primeira estimación, a superficie afectada é dunhas 70 hectáreas. Traballan no lugar 1 técnico, 2 axentes, 5 brigadas e 5 motobombas.

Activo Cotobade

Permanece activo un incendio rexistrado no concello de Cotobade, parroquia de Viascón, desde as 20:21 horas de onte. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. No lugar están a traballar 4 axentes, 7 brigadas, 7 motobombas e 2 pas.

Activo Arbo

Tamén está activo desde as 20:23 horas de onte un lume no concello de Arbo, parroquia de Mourentán. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada está nunhas 500 hectáreas. Alí traballan 1 técnico, 2 axentes, 12 brigadas, 8 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Activo Crecente

O lume no concello de Crecente, parroquia de Albeos, comezou ás 17:52 horas da tarde de onte e permanece activo. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada é dunhas 200 hectáreas. Participan na súa extinción 2 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

Lumes controlados

Controlado Fisterra

Ademais, rexistrouse tamén un lume no concello coruñés de Fisterra, parroquia de Duio, controlado dende as 10:52 horas, cunha superficie afectada estimada en 28 hectáreas. Comezaba ás 02.35 horas de onte e na súa extinción levan traballado 4 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

Controlado Pontevedra

Controlado ás 14:38 horas o lume rexistrado ás 23:35 horas de onte no concello de Pontevedra, parroquia de Lérez. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 17 hectáreas. No seu control traballaron 1 técnico, 5 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Controlado Cotobade

O lume iniciouse ás 17:20 horas do luns na parroquia de Tenorio e permanece controlado desde as 10:45 horas de onte. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas, das cales 255 son arboradas e 110 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 18 motobombas, 7 pas, 15 helicópteros e 3 avións.

Controlado Mondariz

Tamén permanece controlado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas do luns e quedou controlado ás 11:30 horas de onte. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas, 160 de arborado e 40 de raso. No lugar levan traballado 2 técnicos, 12 axentes, 38 brigadas, 25 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.

Controlado Caldas de Reis

Permanece controlado dende as 09:00 horas de onte o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas do luns e, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 300 hectáreas de arborado. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 19 axentes, 37 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 2 avións.

Lumes extinguidos

Extinguido Cerceda

Desde 04:20 horas de hoxe está extinguido o lume rexistrado no concello de Cerceda, parroquia homónima. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 15 hectáreas. No lugar traballaron 6 axentes, 7 brigadas e 6 motobombas.

Extinguido Rois

Extinguido ás 01:30 horas desta madrugada o incendio que comezaba ás 13:53 horas de onte no concello de Rois, parroquia de Augasantas. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada foi de 58,1 hectáreas, das cales 50 son de monte arborado. Traballaron na súa extinción 4 axentes, 16 brigadas, 7 motobombas, 2 pas e 6 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Rubens Rocha

A Consellería do Medio Rural informa da situación dos lumes forestais con datos recollidos ata as 19:30 horas de hoxe

ilcanallarubens_nube de fume e cinzas_ria de vigo_ Vigo_2016

Segue declarada a “Situación 2” no incendio de Soutomaior, parroquia homónima, por proximidade do lume ao núcleo de San Martiño de Ventosela no concello de Redondela. O lume iniciouse ás 16:01 horas de onte e permanece activo. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas e no seu control traballan 2 técnicos, 15 axentes, 32 brigadas, 27 motobombas, 2 pas, 14 helicópteros e 3 avións. Tamén colaboran efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME).

Situación 2 en Santiago

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Santiago de Compostela, parroquia de Fecha, pola proximidade do lume ao núcleo de Vilar do Rei. O lume iniciouse ás 12:25 horas e permanece activo arestora. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. No lugar traballan 1 técnico, 5 axentes, 16 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 4 helicópteros e 1 avión.

Situación 2 en Porto do Son

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Porto do Son, parroquia de Baroña, pola proximidade do lume ao núcleo do Castro. No lugar están traballando 2 axentes, 5 brigadas e 4 motobombas.

Situación 2 en Soutomaior-Arcade

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Soutomaior, parroquia de Arcade, pola proximidade do lume ao núcleo de Xunqueiriñas. O lume comezou ás 18:02 horas e permanece activo. No lugar están a traballar 1 axente, 5 brigadas, 4 motobombas e 1 helicóptero.

Situación 2 en Avión

Decretada a “Situación 2” no incendio rexistrado no concello de Avión, parroquia de Nieva, pola proximidade do lume ao núcleo de Porreira. O lume comezou ás 16:51 horas e permanece activo. No lugar están a traballar 3 axentes, 12 brigadas, 9 motobombas, 3 pas e 4 helicópteros.

Estabilizado Rois

Estabilizado ás 19:50 horas o incendio que comezaba ás 13:53 horas no concello de Rois, parroquia de Augasantas. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Están traballando no seu control 4 axentes, 16 brigadas, 7 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros.

Activo Pontevedra-Ponte Sampaio

O lume comezaba ás 16:44 horas desta tarde na parroquia de Ponte Sampaio, no concello de Pontevedra, e permanece activo polo de agora. Segundo as primeiras estimacións, a superficie afectada supera as 20 hectáreas. Nel están traballando 1 técnico, 3 axentes, 7 brigadas, 5 motobombas, 1 pa e 3 helicópteros.

Controlado Pontevedra-Lérez

Controlado ás 14:38 horas o lume rexistrado ás 23:35 horas de onte no concello de Pontevedra, parroquia de Lérez. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada está arredor de 30 hectáreas. No seu control están traballando 1 técnico, 5 axentes, 10 brigadas, 7 motobombas, 1 pa e 1 helicóptero.

Controlado Cotobade

O lume iniciouse ás 17:20 horas do luns na parroquia de Tenorio e permanece controlado desde as 10:45 horas desta mañá. Segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 365 hectáreas, das cales 255 son arboradas e 110 de monte raso. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 20 axentes, 38 brigadas, 18 motobombas, 7 pas, 15 helicópteros e 3 avións.

Controlado Mondariz

Tamén permanece controlado o incendio forestal rexistrado no concello pontevedrés de Mondariz, parroquia de Queimadelos. O lume comezou ás 22:16 horas do luns e quedou controlado ás 11:30 desta mañá. Segundo as últimas estimacións, a superficie afectada é de 200 hectáreas, 160 de arborado e 40 de raso. No lugar levan traballado 2 técnicos, 12 axentes, 38 brigadas, 25 motobombas, 2 pas e 5 helicópteros.

Controlado Caldas de Reis

Permanece controlado dende as 09:00 horas de hoxe o lume localizado no concello pontevedrés de Caldas de Reis, parroquia de Saiar. O lume iniciouse ás 15:51 horas do luns e, segundo as últimas estimacións provisionais, a superficie afectada é de 300 hectáreas de arborado. Na súa extinción levan traballado 3 técnicos, 19 axentes, 37 brigadas, 19 motobombas, 2 pas, 11 helicópteros e 2 avións.

Controlado Cee

Tamén permanece controlado dende as 03:00 horas da madrugada o incendio no concello coruñés de Cee, parroquia de Ameixenda. Comezaba ás 16:09 horas de onte e resultaron afectadas máis de 100 hectáreas pero só 21 de terreo forestal (15 arboradas e 6 rasas). Na súa extinción levan traballado 1 técnico, 8 axentes, 20 brigadas, 12 motobombas e 3 helicópteros.

Controlado Fisterra

Ademais, rexistrouse tamén un lume de máis de 20 hectáreas no concello coruñés de Fisterra, parroquia de Duio, pero está controlado dende as 10:52 horas. Comezaba ás 02.35 horas e na súa extinción levan traballado 4 axentes, 11 brigadas, 6 motobombas e 1 helicóptero.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.