Archivos por Etiqueta: Concello de Vigo

A asociación veciñal de Teis denuncia que o Concello retira a pancarta da ETEA

A Asociación Veciñal de Teis, informa que a primeira hora desta mañá o Concello retirou a pancarta reivindicativa colocada na torre de vixilancia da ETEA, pola asociación este pasado martes.

A Asociación, quere denunciar a actitude do goberno municipal de Vigo, que en vez de preocuparse de mellorar o estado do paseo marítimo, a praia da Punta e dos espazos públicos da ETEA, a súa prioridade e retirar unha pancarta.

O paseo marítimo, realizado polo Concello de Vigo en 2011,  carece de papeleiras, non se realiza un traballo de mantemento habitual neste paseo, onde tamén abunda a vexetación.

A falta de mantemento da ETEA, provoca que a vexetación invada todo e afecta as vivendas próximas, como os edificios da rúa Doutor Corbal, lindeiros con estes terreos. Situación que se denunciou a Concellaría de Parques e Xardíns, e que depende  do Concello.

No caso do espazo do parque público e paseo marítimo, son dous espazos, cun gran potencial desaproveitados, en contacto coa praia da ETEA e A Punta.

Sorprende a rapidez do Concello de Vigo en retirar unha pancarta, pero non dar solucións as demandas veciñais, coma sempre descalificando a Asociación Veciñal de Teis.  

Mentres a preocupación do goberno municipal e retirar unha pancarta reivindicativa, os espazos públicos da ETEA, seguen abandonados pola deixadez da Xunta e do Concello de Vigo.  

O casino de Vigo xa é unha realidade

Este pasado sábado día 30 en pleno almorzo lendo a prensa chámome poderosamente a atención un titular, o titular era “Zona Franca reformará o Centro de Comercial A Laxe“, pois ben, como ben saben este blogue ten o costume de colleitar chaves, cando digo colleitar chaves é iso de usar unha chave para abrir un caixón no cal se atopa un proxecto e sempre xunto a ese proxecto hai outra chave que abre outro caixón, esa chave hai que buscar en que fechadura encaixa.

Centro Comercial A Laxe renovará a súa imaxe e tamén a súa oferta para incluír máis actividades de lecer e máis servizos, entón ao ler isto atopei onde encaixaba dita chave, concretamente esa chave lévome ao caixón do proxecto do casino en Vigo.

O primeiro intento oficial de abrir unha sala en Vigo realizouno Cirsa en xullo de 2004 cando era propietaria única do Casino La Toja. Tal foi o seu interese pola cidade olívica e a súa intención de aproveitar o mercado do norte portugués que expuxo un posible cambio de localización nos tribunais e recibiu senllos paus do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (2008) e do Tribunal Supremo (2012), que consideraban necesario convocar un novo concurso antes de conceder un cambio de localización. Respecto da apertura dunha nova sala, vía necesario unha modificación da Lei do Xogo.

O 2015 e 2016

A tramitación anunciada pola Xunta arrincará o próximo mes xunto ao Orzamento de Galicia para 2015 e quedaría o camiño despexado para iniciar a instalación dun terceiro casino xa o próximo ano. No 2016 desconocia a localización elixida para o seu novo negocio en Vigo, as súas dimensións ou a previsión de postos de traballo.

O 2018

O 18 de xuño deste mesmo ano anunciouse a localización do Casino en Vigo, a localización é no Centro Comercial A Laxe, o cal terá unha entrada propia e un interior de luxo segundo púidose desprender da información que Luckia e Cirsa entregaron no proxecto no Concello para obter a licenza para a inminente apertura do establecemento. O deseño está a cargo do prestixioso arquitecto Willy Gómez e o novo salón de xogos espera crear 105 empregos directos.

O futuro Casino de Vigo, deseñado polo prestixioso arquitecto peruano Willy Gómez, presenta como principal novidade a creación dunha entrada independente que sobresairá sobre a fachada da Laxe máis próxima ao porto deportivo. Así está plasmado no proxecto presentado no Concello polos responsables de Luckia e Cirsa para tramitar a licenza urbanística. Se todo continúa segundo o previsto, abrirá as súas portas antes da Semana Santa de 2019.

Os promotores do proxecto, que estará situado no Centro Comercial A Laxe, prevén realizar un investimento de entre 5,5 e 6 millóns de euros. As instalacións ocuparán máis de 2.000 metros cadrados, dos que 500 serán exclusivos para zona de xogo.

O establecemento terá unha estrutura similar á de coñecidos casinos de fóra e dentro das nosas fronteiras, como o Admiral Prater (Viena), Al Gadeed (El Cairo) o el Luckia de Bilbao.

Haberá a disposición dos usuarios multitude de mesas, apostas e máquinas, ademais dun bar, unha cafetería e unha zona reservada para o persoal do salón. O estudo económico prevé xerar 105 empregos directos e 75 indirectos.

Mentres tanto o 18 de xuño pero hai unha semana atrás asinouse o contrato de aluguer coa concesionaria do centro comercial para ocupar un baixo na primeira planta da Laxe durante os próximos 25 anos. Ademais, Zona Franca comprometeuse a abrir o aparcamento as 24 horas para favorecer a entrada e saída dos clientes.

Curiosidade

Este pasado sábado día 30 na prensa venian as declaracións do delegado especial do Consorcio de Zona Franca, David Regades, que se destinará investirá un millón de euros a esta reforma e actualización do centro, cando cumpre dez anos de actividade.

Un primeiro medio millón de euros consignarase xa no orzamento do consorcio para este ano, que Regades prevé aprobar en agosto. Con esta iniciativa perseguen afianzar o comercio instaurado, que ocupa o 90% da superficie, e atraer novas tendas e servizos de lecer, para chegar o próximo ano ao 100%.

Ademais, o proxecto para transformar o parking robotizado nun tradicional estará acabado no mes de setembro, para poder proceder á súa licitación e que “para o verán que vén” xa se poida utilizar. Na actualidade, ten unha ocupación dun 60% en comparación aos do resto da zona e esperan que a situación cambie con este cambio.

En canto ao aparcadoiro do propio centro comercial, ampliarase o seu horario “de forma inmediata” para atender as demandas da asociación de comerciantes e hostaleiros do Casco Vello. Estará, practicamente, as 24 horas de día

O casino

Do casino cabe sinalar que unha das particularidades do novo salón de xogos da cidade olívica é que, ao estar configurado segundo as directrices do peruano Gómez, non será parecido a ningún dos máis de 100 que xa deseñou este profesional, porque o seu estilo consiste en adaptarse aos metros cadrados dos que dispón en cada ocasión.

Emprego

O 13 de xuño anunciábase na prensa local baixo o titulo “Queres traballar no casino de Vigo? estes son os pasos que debes seguir“. O recinto do casino creará 105 empregos directos e outros 75 indirectos, unha vez que os aspirantes sexan seleccionados deberán pasar por unha escola que poñerán en marcha os propios promotores do salón. “Algunhas das profesións, por exemplo a de crupier, require dunha atención e unha técnica específica que require dunha preparación”, apuntaba González Fontes, que adianta que os candidatos poden estar “entre tres e catro meses” recibindo clases.

As miñas fontes indican que o Concello e Xunta de Galicia mais a Zona Franca puxéronse de acordo para que o casino é unha realidade co ocorrido, tras ese acordo e esas reformas anunciadas o pasado sabado as autoriedades estan en fase de busqueda de persoal, busqueda que non é nada sinxela xa que estan na procura da excelencia e profesionalidade.

Infografías do futuro Casino de Vigo

A situación

O Centro Comercial

As chaves (“As pistas”)

Hemeroteca 2015: http://www.sectordeljuego.com/noticia.php?id=84115


30 de xullo 2018https://www.farodevigo.es/gran-vigo/2018/07/30/zona-franca-destinara-millon-euros/1936773.html


Case unha década de abandono do Sanatorio “O Magnolio” coñecido como “Santa Cristina”, a súa historia

Historia do Sanatorio “O Magnolio”

Nunha das illas urbanas que hai no barrio vigués de O Calvario atópase o Sanitario Privado “O Magnolio”, situado na rúa Sagunto tamén coñecido como Santa Cristina.

“Este Sanatorio pertenceu aos Doutores Amoedo e Corbal”. O autor do deseño do proxecto foi un gran mestre da época, PACEWICZ da escola parisiense que na Exposición Universal de París, contactou con D. Paulino Yáñez importador de madeiras exóticas, que tiña almacén no Arenal á beira do Callexón do Chinito, e por este motivo viño a Vigo o aresta e aquí realizou gran parte dos mellores edificios que hoxe podemos admirar nesta cidade, tales como a Casa de Yáñez, El Moderno, Grupo de casas de Urzáiz,  Banco Español de Crédito, etc…

O edificio foi proxectado por Pacewicz no ano 1918 para residencia de D. Manuel Montes, natural de Riomao (Lavadores), coñecido na zona por O Mogino que fixo fortuna en América (Chile), onde marchou de mozo e ao regreso encargou a obra, que foi construída en canto á súa mampostería por Reboreda, canteiro que vivía na rúa Numancia e o resto polos albaneis irmáns Galegos “Os Coxos”.

Descoñécese a data, quizá ao pouco de ser construído, en que pasou a ser propiedade dos doutores Corbal e Amoedo, que o dedicaron a Sanatorio cirúrxico.

O edificio ten relevo nas súas fachadas, os seus balcóns e frontispicio de clara influencia parisiense, escola da que procedía o artista. Ten catro plantas, a baixa lixeiramente enterrada, principal ou primeira, segunda e ático superior central retranqueado. O seu destino segue sendo sanatorio cirúrxico, e o seu estado actual- con excepción do seu interior que se atopa remazado- é lastimoso xa que se cambiou a súa carpintería de madeira orixinal, por unha pouco agraciada de aluminio, e pintáronse as súas fachadas sen gusto algún, mesmo embadurnando de pintura o azulexo do frontispicio da fachada frontal.

O peche do Sanatorio

A clínica privada pechou por que se someteu a Lei Concursal no 2009, con data 19 de maio, o Boletín Oficial do Estado publicou que a sociedade limitada “O Magnolio” está sometida á lei concursal e nomea como administrador ao letrado Enrique Fonterigo.

A quebra do centro pillou aos 45 traballadores por sorpresa, 45 traballadores á rúa, o último paciente foi Miguel Pazó Figueroa, un mozo de 29 anos tetrapléxico por mor dun atropelo, este paciente tívose que desprazar fóra de Vigo concretamente a Pontevedra o curioso deste paciente esque a dirección deste sanitario comunícolle aos familiares do peche do centro a poucos días do peche.

“O Magnolio” foi unha das poucas clínicas de Vigo que non estivo sometida a ningún concerto público, tras décadas de funcionamento. Especializada en accidentes e traumatoloxía, derivada das mutuas aseguradoras, ten un centro de fisioterapia anexo. Con todo, realiza outras intervencións como cirurxías privadas.

Algunhas aseguradoras como Adeslas, que si aparecia nos datos da web por aquel entón, desvincúlanse do seu concerto coa clínica.

Persoal sanitario de Vigo por aquel enton aseguraban que tiña moitos concertos con compañías de seguros e dedicábase aos accidentes de tráfico.

Un dato interesante

O propio Plan do calvario afecta a este edificio, para construción en parte dunha praza ou centro cívico do Barrio, cando se decida no seu día polos seus propietarios, se é que non queren protexelo e conservalo”.

Sen dúbida hoxe o edificio con fisuras nas súas fachadas, fan que o seu interese decaese despois desta e outras reformas que alteraron as súas balaustradas exteriores e planta superior nas fachadas Norte e Sur, os que lle fixo perder o seu trazado equilibrado e sentido estético de conxunto.

Un recado

Pediríalle ao Concello de Vigo que comprase o inmoble e dedicáseo ao que a veciñanza pide, pide un centro cívico cunha zona de esparexemento que tanto carece o barrio.

Fotos

A ubicación

A entrada principal

Fachada principal

Fachada principal

Fachada principal

Zona privada aparcamento

Vista desde un costado Sanatorio “O Magnolio” coñecido como “Santa Cristina”

Vista desde un costado Sanatorio “O Magnolio” coñecido como “Santa Cristina”

Unha alternativa ao PROXECTO CINTAS MECÁNICAS da Gran Vía

 

Unha alternativa para a “Pasarela mecánica da Gran Vía” a cal Abel Ramón Caballero non pensou. Por sentido común, coherencia e viabilidade medioambiental, a Rúa VAZQUEZ VARELA sería a idónea para facer a pasarela mecánica, tanto pola conexión ca estación do “futuro” AVE (falso AVE) e autobuses, a vía verde da antiga vía do tren e como pola comunicación directa ca futura cidade da xustiza… evitando así o impacto medioambental e con elo a talla das árbores na Gran Vía.

»Requisitos

ESO SÍ, a pasarela tería que ser con baixo consumo catalogada como A+++, tería que contar tamén cun equipo auxiliar en caso de fallo de enerxía, tería que contratar o concello de Vigo a xente especializada en manipulación en cadeiras de rodas e cocheciños de bebe para que estas podan ser empregadas por ese sector da cidadanía, instalación de máis árbores e plantas e unha pequena praza do número 1 ao 9, esta praza seria para o disfrute dos veciños e veciñas como os futuros maiores da futura residencia de anciáns e o novo hotel da zona.

»Hemeroteca Recente

NoticiasVigo.es sacaba o día 10 de Maio de 2018: Novo pau a Abel Caballero, a obra de Gran Vía

• A Cadena Ser informaba o día 11 de Maio de 2018: Segundo o informe dos técnicos de patrimonio da Xunta, o proxecto non respecta a contorna da rúa Gran Vía, nin a harmonía do espazo, ao non respectar o valor do conxunto urbano. Os 15 millóns de financiamento europeo quedan agora no aire.

•La Voz de Galicia sacaba o día 12 de Maio de 2018: Caballero busca unha saída para non perder os fondos europeos da Gran Vía

Tras o pau da Xunta, obrigando ao goberno municipal a cambiar o proxecto de reforma da Gran Vía, o alcalde, Abel Caballero, busca unha solución para non perder os fondos europeos cos que ía financiarse a obra, enmarcada no plan Edusi. «Non podo dicir si están en perigo ou non. Hai un proxecto presentado e hai que gastar os fondos», sinalou o rexedor. Europa concedeu a Vigo 15 millóns para fomentar a mobilidade e a accesibilidade dentro do denominado Vigo Vertical. Dese montante, 9 millóns son para remodelar a Gran Vía.

Patrimonio dá un prazo de quince días ao goberno local para que formule as súas alegacións e propostas porque considera que o actual proxecto non é compatible coa contorna.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, manifestouse onte sobre o particular: «Ningún político pode modificar unha decisión técnica da Dirección Xeral de Patrimonio. Polo tanto, correspóndelle ao Concello. E eu espero que adecúe o proxecto ás prescricións dos técnicos da dirección xeral. Non podo dicir outra cousa porque sería non actuar conforme a dereito».

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, non puido aclarar si o novo proxecto que lle esixe a Xunta para Gran Vía estará redactado e aprobado no curto prazo de semanas. «En quince días faremos moitas cousas» dixo Caballero, que non as concretou.

Desde a Xunta sinalaron que o Concello pode enviar un escrito solicitando un prazo máis amplo para redactar un novo proxecto. En calquera caso ten que haber comunicación oficial antes de tres meses porque en caso contrario, a Administración autonómica arquivará o expediente da obra e haberá que reinicialo máis adiante, dilatando máis o proceso, co consecuente risco de non ter financiamento.

Segundo o rexedor, a arquitecta da Xunta que informou o proxecto «en ningún momento» recomenda paralo, polo que cre que a decisión partiu desde instancias superiores á funcionaria por motivos «políticos» co fin suposto de que a obra non estea concluída para as próximas municipais. O alcalde sostén que a parte técnica do informe de Patrimonio da Xunta que ordena paralizar o proxecto de Gran Vía «non di unha soa palabra sobre parar a obra e non menciona incompatibilidade algún co contorno». A técnica di literalmente: «Ou conxunto urbano do que forma parte a Gran Vía non que cabe identificar valores socias e culturais (…) debe ser preservado facendo compatibles a conservación deste patrimonio urbano co súa transformación, integrando harmónicamente as intervencións»

Na reunión na que Patrimonio analizou o proxecto de Gran Vía, tamén se informou sobre Porta do Sol e o palco de Bouzas, pero estas dúas últimas resolucións aínda non chegaron ao Concello, polo que Caballero considerou «sorprendente» a rapidez en enviar o informe do bulevar.

O rexedor deu conta dun nutrido número de expedientes municipais que levan moitos meses en Patrimonio e están sen resposta mentres que o da rampla emitiuse cunha «présa desmesurada». Trátase dun «escándalo sen precedentes, unha decisión política, sen aval ou sustento técnico algún», opinou.

O proxecto de Gran Vía aprobouse o 21 de decembro e foi notificado á Xunta o 8 de xaneiro. O 27 de marzo, a Administración autonómica enviou un escrito explicando que «dado que é un espazo singular, parece que o instrumento urbanístico non dáa cobertura» e, a continuación, desde Patrimonio Histórico reclamárono telefonicamente. O Concello enviouno o 11 de abril e «a partir de aí comeza a mobilización política», segundo Caballero. Vinte días despois, en tempo marca» chega esta decisión política, rematou o rexedor.

Prema

A oposición urxiu ao alcalde a presentar« canto antes» un novo proxecto para a Gran Vía que sexa acorde co conxunto arquitectónico con moitos edificios catalogados pola Xunta, segundo dixo a portavoz do PP, Elena Muñoz. A concelleira confía en que non se perdan os fondos europeos si tramítase un novo proxecto. E subliñou que o Concello sabía que o informe de Patrimonio era obrigatorio.

Marea de Vigo insistiu en que en lugar da rampla hai que volver instalar un tranvía circular que percorra a avenida. Para o portavoz Rubén Pérez, «a reforma non debe implicar a talla de árbores nin unha rampla no medio».

»Recado de Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Pois a alternativa para a “Pasarela mecánica da Gran Vía” a cal Abel Ramón Caballero non pensou acábolla de dar eu, espero que bueno que pense e recapacite.

 

ICR-Photographer©

ICR-Photographer©

A bipolaridade da xente Viguesa e a do Alcalde

 

Para esta entrada elixín un bo titulo como tamén unha boa imaxe que é a mostra de que o medio ambiente aos cidadáns e cidadás de Vigo como á institución que representa tal cidade impórtalles ben pouco como dicir nada o MEDIO AMBIENTE. Esta é unha editorial/artigo na que fío palabras e feitos reais.

 

Despois da introdución imos á cuestion

 

A bipolaridade da xente Viguesa e a do Alcalde

A cidadanía viguesa é un tanto rara ao que é coidar o medio ambiente xa que consigo arrastan a denominada síndrome anos 70, esa síndrome que é o de construír unha cidade sen orde con tal de construír sen importar o que leve por diante xa que o que importa é poñer formigón e ladrillo, así é cidadanía rara por dicilo de forma branda con ese sindrome.

A ciudadania viguesa é esa que se acorda da importancia do medio ambiente cando as súas costas sofren un atentado ou cando os seus bosques son invadidos por eucaliptos cando arden xa que devanditos arboles son os mistos para os bosques.

O curioso disto que mencione anteriormente é ver cando esta cidadanía concienciada cando pasan eses desastres é a capacidade de mutación que ten pasadas unhas semanas, porque digo iso de pasadas unhas semanas? porque pasadas unhas semanas esa cidadanía posiciónanse a favor de botar formigón en bosques… posiciónanse a favor de destruír bosques para construír centros comerciais como “PORTO CABRAL” e ” Recare” este ultimo foi clave para que o PXOM aprobado polo actual alcalde e a concelleira de urbanismo cando o bipartito da Xunta fósese abaixo por non respectar o medio ambiente.

Esas mesmas persoas que se posicionan a favor deses centros comerciais abalados polo alcalde o cal quixo facerse o heroe nos pasados incendios forestais sucedidos en Vigo o pasado ano no mes de outubro, ese alcalde que é un experto en que os cidadáns repitan os seus mantras esquecendo o pasado recente dos seus mantras.

Ese alcalde que pasado uns meses da catástrofe mais recente de Vigo vénselle á cabeza a idea de facer un anel contra lumes natural é o mesmo que dixo aquilo “MENTRES NON HAXA PXOM NON HABRA PORTO CABRAL!”, afirmación totalmente incompatible coa creacion dese anel que prometio que brindara a seguridade da cidadanía xa que realmente Vigo dispón dunha coroa a cal brinda de saúde aos e as viguesas a cal nun dos seus eixos sitúase onde queren construír dito macro proxecto do centro comercial e lecer PORTO CABRAL, proxecto que seria no parque forestal de Cabral- Liñeiriños parque fundamental nesa coroa saudabel… polo cal se cumpre iso de que dito alcalde acórdase da importancia do medio ambiente cando o ve en perigo pero logo tal como di o refraneiro “se che e visto non me acordo”.

O alcalde que temos en Vigo é fanático de “HUMANIZAR” as rúas para mostrarlle ao mundo unha nova imaxe da cidade ao exterior pero eso si humanizar sen integrar os bens naturais que xa hai xa que máis de 4.000 árbores segundo el se puxeron onde xa habia polo cal 4.000 tallas “baixo a escusa de estar enfermos” árbores que se poden salvar pero eso e custoso e segundo el ás árbores son “adornos“, cousa que non esta nada mal pero bueno sigo fiando fino, humanizacións que van cos seus correspondentes xardineiras e as súas respectivas árbores escobillas así é como lles denomino eu aos que poñen para substituír aqueles árbores que levan décadas e centenares de anos na cidade, arboles sans, arboles grandes que en se teñen a súa gran importancia, a cal desenvolverei mais tarde pero isto agora no momento fiando fino, humanizacións que fai pero logo ditas humanizacións non se manteñen xa que hai moitas delas co granito totalmente roto e xardineiras con ervas salvaxes e algunhas sen nada e outras esnquizadas… bueno iso non che ten moita importancia xa que o que máis importancia ten é que este alcalde que temos é tamén fanático de tallar arboles grandes, de onde vén iso de tallar as árbores grandes? pois vén desgraciadamente cando Vigo foi prexudicado por un temporal, cando un deses arboles caiu na Avenida de Castelao enrriba dun coche dun amigo do alcalde e empresario (así o dixo no seu programa Vigo de Cerca da canle localia televigo), pasado o temporal daquel suceso onde só houbo danos materiais empeza a talla indiscriminada de CHOPOS da Avenida de Castelao e logo progresivamente foi tallando outras partes da cidade na que dicía que moitos das árboles estaban enfermos mentres que enxeñeiros e expertos forestais que colaboran en movementos cidadáns e en organizacións non gobernamentais concienciadas co medio ambiente contradicían ao alcalde polas súas decisións de talla de arboles baixo supostamente que estaban enfermos.

O máis recente ao tema de talla de árbores e que as 128 árbores plantados no tramo da Gran Vía comprendido entre Urzaiz e a praza de España desaparecerán coa transformación que planea o Concello para dotar de ramplas mecánicas a esta rúa.

Sen voz o noso verde Gran Vía pende dunha motoserra que borre todos os castiñeiros de indias, non tan indios, nin castiñeiros, pero moi queridos polos vigueses que colleitabamos como o maior dos tesouros as súas castañas dás bruxas. Comentarvos que non se se axudará moito esta curiosidade para salvalos pero aos cabalos (non os pétreos de praza España) resúltanlles especialmente agradables estas castañas, tanto que coñecen esta árbore por media Europa como horse chestnut ou castaña de cabalo.

Aquí líbrase unha batalla contra outras moitas cousas, afirma o grupo creado en Facebook “Salvemos a Gran Vía de Vigo”: o que non nos deixen sen forzudos rederos e que non nos pinten tan de gris o progreso.

No proxecto da obra recolle que quedaremos sen 45 camelios e 29 naranxos do bulevar e sufriremos vendo como os 41 castiñeiros das Indias e os 13 tilos das beirarrúas laterais tállanse, e o alcalde di que poñeran no seu lugar 300 árbores novos “arbores escobilla”.

O futuro da nosa cidade ha de ser para nós verde esperanza. O proxecto contempla o traslado dos 74 camelios e naranxos e a talla doutros 54.

Non saben se conseguirán parar ao xigante de ferro, o que si está claro que ata os Dinosetos indígnanse ante tan pouco sentimento que non é outro que o de sacar para poñer outros miniárbores máis substanciosos, aínda que non para nós, o palmatum, cornus florida, magnolia loebneril ou cotinus coggygria, o ginkgo biloba ou algunhas magnolia kobus, onde vai parar, nada que ver cos nosos queridos aesculus hippocastanum pertencentes á robusta familia dos arces.

O futuro sempre estará nas mans dos que ven máis aló aínda que sempre teñen ese peso do que dita unha sentenza en beneficio, non dicimos nin propio nin impropio porque agora sae á luz co proxecto un “as árbores están malitos e por se caen cortámolos moito antes” e ante isto, confiar na boa fé do que fai o estudo, é o que nos queda para que a talla de 128 árbores de Gran Vía sexa menos dolorosa e en conciencia limpa, veremos o que pasa porque xa vos van avisando que estas escaleiras traerannos á parte de comodidade gastos e contaminación aí van os datos que se manexan, que asustan, e moito.

A cifra final da emisión de CO2 traduciríase en 30 toneladas ao ano. Case ná.

As árbores no medio ambiente urbano

As árbores son moi beneficiosos para o medio ambiente urbano. Cumpren varias funcións que favorecen á cidade e, polo tanto, aos seus habitantes. En primeiro lugar, melloran a calidade do aire pois son axentes activos que reducen a contaminación atmosférica. Se nas grandes cidades non houbese árbores, o tráfico faría case imposible vivir nelas.

As árbores xeran osíxeno, absorben dióxido de carbono e reteñen os pos e partículas que se manteñen no ambiente. Pero, ademais, tamén reducen o molesto ruído que se produce na maioría das grandes cidades, tráfico, cláxones, sirenas, berros, obras, todos estes molestos sons resultan atenuados polas follaxes das árbores, que fan un labor de barreiras antisonido, de illantes acústicos, atrasando ou, mesmo, detendo as ondas sonoras.

Ademais, regulan e actúan sobre o clima, xa que aumentan a humidade do ambiente e diminúen a temperatura no verán e auméntana no inverno, ademais de xerar correntes de aire e constituír pantallas contra o vento, a choiva, a neve, a saraiba ou os raios solares. Así mesmo, as árbores que non están rodeados de formigón e cemento, purifican as augas que se filtran polo chan, pois as súas raíces actúan como descontaminantes, retendo nutrientes e axentes patógenos. Tamén hai que pensar que as árbores serven como morada de aves, que alegran a cidade coa súa presenza e cantos.

A importancia das árbores

1.Unha árbore grande pode absorber ata 150 kg de CO2 ao ano, por tanto son de gran importancia nunha cidade onde a contaminación adoita ser unha problemática importante. As árbores poden mellorar a calidade do aire, facendo das cidades lugares máis saudables para vivir.

2.Ademais, i na mesma liña que no punto 1, as árbores grandes son excelentes filtros para contaminantes urbanos e partículas finas. Absorben gases contaminantes como monóxido de carbono, óxidos de nitróxeno, ozono e óxidos de sulfuro. Tamén filtran partículas finas como po, sucidade ou fume do aire atrapándoos sobre as follas e a cortiza.

3.As árbores xogan un papel importante no aumento da biodiversidade urbana, proporcionando ás plantas e animais un hábitat, alimento e protección.

4.A localización estratéxica das árbores nas cidades pode axudar a arrefriar o aire entre 2 e 8 graos Celsius, reducindo así o efecto de “illa de calor” urbana, unha acumulación de calor polo inmensa mole de formigón, e demais materiais absorbentes de calor.

5.As investigacións demostran que vivir preto dos espazos verdes urbanos e ter acceso a eles pode mellorar a saúde física e mental, por exemplo diminuíndo a tensión arterial alta e a tensión. Isto, á súa vez, contribúe ao benestar das comunidades urbanas.

6.As árbores maduras regulan o fluxo da auga e desempeñan un papel crave na prevención de inundacións e na redución de riscos de desastres naturais. Un perennifolio ou árbore madura de folla verde permanente, por exemplo, pode interceptar máis de 15 000 litros de auga ao ano.

7.A colocación correcta das árbores ao redor dos edificios pode reducir a necesidade de aire acondicionado nun 30 por cento e reducir as facturas de calefacción no inverno entre un 20 e 50 por cento.

8.As árbores poden contribuír ao aumento da seguridade alimentaria e nutricional local, proporcionando alimentos como froitas, froitos secos e follas tanto para o consumo humano como para a forraxe. A súa madeira, á súa vez, pódese utilizar para cociñar e quentar.

9.A planificación de paisaxes urbanas con árbores pode aumentar o valor dunha propiedade nun 20 por cento.

A verdade é que as árbores e o medio ambiente terían que ser tan respectados nas grandes cidades como as propias persoas.

Non descarto en facer a segunda parte desta editorial/artigo xa que da para moito o asunto do MALTRATADO MEDIO AMBIENTE EN VIGO e MENOS PREZADO polo habitante da cidade xa que ten esa bipolaridade reflectida neste humilde blogue da DETORIT VIGUESA e deste home chamado Rubens Rocha.

 

 

Algunas das fontes

La Vanguardia | Ecologia verde | Hemeroteca FdV

Veciños da contorna de Pizarro inician unha campaña para solicitar que se controlen as pombas e gaivotas

Un grupo de veciños da contorna da rúa Pizarro de Vigo veñen iniciar unha campaña para solicitarlle a concelleira de medio ambiente do concello de Vigo María Jesús  Lago Rey para que inicie un control do exceso de pombas e gaivotas que proliferan a zona.

Nesta campaña apoiada por veciños, comunidades de propietarios, xuntas de propietarios, propietarios individuais, e usuarios do espazo público das rúas Pizarro, Condesa Casa Bárcena, e Couto Piñeiro; con relación manifestan que a proliferación de gaivotas e pombas que se produce nesta zona de forma acusada desde os últimos dous anos causan mal estar aos veciños.

Moitos veciños da zona bótanlle a culpa que varias persoas facilitan alimentación ás devanditas aves as cales as que son da zona fan efecto chamada e a proliferación xa está a ser un gran problema.

Respecto diso debe tomarse en consideración o testemuño dos propietarios de vivendas, e comercios da zona das rúas apuntadas. Afirmacións probadas polas visibles deposiciones das ditas aves nos toldos dos comercios; como o local de Pizarro 87, na confluencia de cálelas Condesa Casa Bárcena – Pizarro; no edificio Condesa Casa Bárcena 15, o no local de Pizarro 81. Estes últimos obrigados a instalar pinchos disuasorios, para evitar que as aves se pousen provocando o problema anterior.

O descrito pode corroborarse nos tendales das roupas, á altura delos patios interiores; e o testemuño das mulleres e homes que se atopan gran número de veces, as sabanas, toallas e demais pezas sucias de excrementos, á vez que manteñen as festras pechadas para evitar que entren.

Por outra banda o prexuízo aos locais de hostalería e comercio en xeral resulta obvio.

Problemas de salubridade

A situación de risco de infección a través do aire e o contacto con excrementos, que as concentracións deses animais poden transmitir podemos resumilas en:

1.- as gaivotas .- salmonella, fungos ou botulismo.
2.- As pombas .- criptococosis ( a máis estendida e provocada pola infección por aire e contacto de parasito, por fungos e esporas que se xeran nos seus excrementos), a histoplasmosis ou a psitacosis.

Os veciños desta campaña, empadroados e contribuíntes do Concello de Vigo, ampáranlles o dereito para evitar esta situación potencial de prexuízo para a saúde, debida á mala utilización do espazo público por parte dalgunhas persoas.

Por todo iso

Solicitan a esa Concellería que tendo por presentado dito escrito se digne admitilo a trámite e, previo os trámites correspondente, inste á colocación dun cartel municipal que advirta da prohibición de dar alimento ás aves.

Os veciños desta campaña tamén solicitan que se instale unha cámara de vixilancia na zona axardinada do referido tramo comprendido entre as rúas Pizarro e Condesa Casa Bárcena, adoptándose as medidas oportunas de sanción que correspondan aos infractores da normativa ambiental. Xa que se trata dun problema de saúde pública.

Alegan que se cumpran estas leis

  • Lei de responsabilidade ambiental do 23 de outubro de 2007, artigo 45 e concordantes.
  • Lei de calidade aire e protección atmosférica do 15 de novembro de 2007.
  • Ordenanza municipal sobre alime.

Fotos

Non podemos permitir, que non se esxecute o “Campús do mar” na ETEA

ilcanallarubens_distribucion-de-espacios-dentro-de-la-ETEA_2016-758x381

Que diante da posibilidade real de que o proxecto do “Campus do Mar”, non se execute nos terreos da ETEA. A Asociación Veciñal de Teis, desde o comezo apoiaron a realización deste proxecto, promovido pola Universidade de Vigo, desde a asociación din que permitirá: a presenza da universidade na ETEA, recuperar edificios agora abandonados, darlle utilidade a estes terreos e compatíbel con outros usos.

Para a Asociación Veciñal de Teis, o desenvolvemento do “Campus do Mar” é unha prioridade e non se pode permitir máis atrasos. É necesario o acordo e o entendemento entre as tres administracións (Concello, Xunta e Consorcio) implicadas no desenvolvemento da ETEA.

A “Cidade do Mar“, esta proxectada desde fai sete anos e impulsada pola Universidade de Vigo,  que estivo realizando un gran traballo para por de acordo as diferentes  administracións.

O  pasado 3 de maio de 2016, Abel Caballero, Alcalde de Vigo e Salustiano Mato, reitor da Universidade de Vigo, mantiveron unha xuntanza. Abel Caballero, afirmou que a xuntanza  “serviu para darlle luz verde á nova dimensión e ao estabelecemento da universidade na ETEA”, comprometéndose a que o Concello levará esta proposta ao seguinte pleno do Consorcio da Zona Franca, algo que non aconteceu logo de dez meses.

Abel Caballero, mantén unha actitude irresponsábel, pondo en perigo este proxecto. Os intereses xerais deben estar por riba, de egos e de intereses partidistas.

Abel Caballero, deberá preocuparse das súas responsabilidades e compromisos na ETEA, como o mantemento do paseo marítimo ou a apertura da piscina, engaden desde a asociación veciñal de teis. No caso da piscina logo de investir diñeiro público, de anunciar a súa posta en funcionamento en varias ocasións agora quer cubrila, manifestan.

A Asociación levan anos denunciando o abandono dos terreos da ETEA, por parte de ambas administracións Concello e Xunta e reivindicando unha maior implicación nos mesmos.

A asociación reitera

Agora hai un proxecto e fondos para investir na ETEA, atopámonos coa paralización do mesmo. Chega xa de utilizar a ETEA, para o enfrontamento entre as administracións. Non podemos  perder o proxecto do “Campus do Mar” na ETEA.

Editoral do campamento da “Pobreza Mata”

icr-photographer_ilcanallarubens_-campamento-pola-pobreza_praza-do-rei_vigo_2017
Máis de quince días levan acampando Juan e David na Praza do Rei, quince días resistindo aos fortes ventos que ten dita praza, quince días resistindo á choiva, quince días resistindo, resistindo.
Ese concello que di que recibe a todo tempo de persoas, ese concello que di escoitar a todo tipo de persoas, ese concello que farda de que máis políticas sociais destina do estado español, todo falacias, todo falsidades, todo mentiras, todo trapalladas, todo populísmo, quince días que levan sen interesarse por Juan e David as caras visibles das persoas sen fogar cansos de ser maletas que dun día a outro son movidas.
Albergue municipal, ese albergue que foi dos vigueses e viguesas, foi, se foi, foi porque agora lévao a CRUZ ROJA a cal de no canto de ser solidaria segue mantendo un regulamento excluínte, albergue que o máximo de estancia é de 10 días, o que supoñen que en 10 días a man de deus sácache de pobre a rico, Cruz Roja que agora se atreve a cortar dereitos aos seus traballadores, Cruz Roja que escraviza con soldos miserables aos traballadores e traballadoras non o digo eu senón a denuncia desta semana dos seus traballadores e traballadoras, noticia que moitos que falan da dignidade non tiveron os miolos de compartila nas suas redes sociais.
Quince días dun campamento cheo de dignidade e de respecto, quince días nos cales só os chamou a Xunta de Galicia a cal só se presto a pagarlles os almorzos no canto de aceptar as peticións da xente invisible esa que calquera cidadán cruza a cara para non velas ou esa que estigmatiza emitindo xuízos noxentos con falsas lendas urbanas ao estilo dun hoax que os que ten pouca masa gris se os creen.
Quince días, quince días de loita constante, quince días sen ser escoitados, e os que os escoitan xa que se dignan a ir ata o campamento quedan pampos desa falacia de que VIGO É UNHA CIDADE FERMOSA, cómplices diso son os MASS MEDIA (medios de comunicación) da cidade que venden oasis faltando á etica e a veracidade cosa que son as dúas bandeiras do xornalismo pero vendense por un puñado de euretes, se oasis, xa saben que é un oasis para que definilo cando o mais feo é crer que ese oasis é de verdade, pobre sexa a inxenuidade a cal se conforma coas humanizacions e pensan que Xentrificación e nome dunha muller de bo estatus.
PD. Tan so decir que mañá podes ser ti un sen teito e sufrir o insufrible. A que esperas a achegarte ao CAMPAMENTO e informarte de verdade da tua cidade esa que era amiga e hoxe e elitista?
Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
#EuSonDigno #EuSonJUANeDAVID

Porque están acampando na Praza do Rei do Concello de Vigo?

icr-photographer_ilcanallarubens_-campamento-pola-pobreza_motivos_praza-do-rei_vigo_2017

Porque están acampando na Praza do Rei do Concello de Vigo?

Movementos sociais, políticos, sindicais e cidadans do común queren manifestar a súa preocupación por tres puntos concretos respeto a cidade de Vigo:

a) As cifras oficiais de desafiuzamentos son desgarradoras e nin o Concello nin a Xunta de Galicia nos dán unha solución para erradicalos.
Tamén o bono “aluguer” autonomico de 200€ concédeselle soamente a familias desafiuzadas xudicialmente e non a todas as centos de familias empobrecidas e con baixos ingresos.

Esixinlle a ambas administracións que se poñan de acordo e elaboren un protocolo de urxente de actuacións para atallar esta emerxencia, CREANDO UN PARQUE PÚBLICO DE VIVENDAS EN ALUGUEIRO SOCIAL.

b) Ao mesmo tempo esixen melloras no albergue municipal, que precisa un incremento no número de prazas e un espazo de encontro diurno onde as persoas poidan reconllerese polo día. Ao mesmo tempo e esencial acabar co límite de permanencia de 10 días. Urxe mellorar os servizos e co cumprimento das normas de funcionamiento.

PRECISASE ABRIR UN CENTRO DE INCLUSIÓN SOCIAL

c) Sobre os sen teito. O señor alcalde de Vigo di que non hai ninguén durmindo na rúa, pero o certo é que hai moita xente durmindo nela. Tamén é certo que non hai un censo oficial de persoas sen fogar na cidade e saben que están entre caixeiros, choupanos e pisos pateira que non se corresponde coa informacion do servizo de Benestar Social.

DEBE SER UNHA PRIORIDADE EN VIGO QUE NINGUEN DURMA NA RÚA, QUE TODO O MUNDO TEÑA UNHA OPCIÓN DE REFUXIO DIÚRNO E NOCTRUNRO ESTABLE!

Ata cando van estar acampados na Praza do Rei?

Tras varios escritos presentados ás administracións e non optendo resposta algunha nesta ocasión volven a presentar outro escrito apoiando con esta concentración/manifestación/acampada ata que haxa unha resposta imediata as esixencias mencionadas anteriormente.

Video manifestación

Video do primeiro día pola tarde

Video do sexto día

Video do septimo día

Video do octavo día

O persoal do albergue municipal vigués demanda a Cruz Roja por modificar as súas condicións de traballo

ilcanallarubens_albergue-municipal-de-vigo-privatizado_2017_vigo-758x426

Os traballadores/as do albergue municipal de Vigo veñen de presentar unha demanda xudicial colectiva contra Cruz Roja Española despois de que a ONG, adxudicataria da xestión do centro, lles comunicase a súa intención de modificar substancialmente as condicións de traballo e de non aplicar o convenio colectivo que regula o sector.

Segundo explica a delegada de persoal do Centro Integral de Inclusión e Emerxencia Social (CIIES), da CIG, os problemas laborais comezaron pouco despois de que Cruz Roja resultase adxudicataria da súa xestión o pasado 11 de novembro por un importe cercano aos 3,7 millóns de euros. Esta ONG encárgase do servizo a través das súas asembleas Comarcal e Provincial, cuxas máximas responsábeis na provincia de Pontevedra son Teresa Álvarez Quincler en calidade de presidenta; María Xesús Fernández Cortegoso, como secretaria; e Pilar Méndez Méndez, que é coordinadora.

A representante dos traballadores/as sinala que Cruz Roja, dende a súa entrada no CIIES -situado na rúa Marqués de Valterra e máis coñecido na cidade como albergue municipal- o pasado 1 de decembro, mantén un pulso cos empregados/as despois de que solicitasen por escrito a información necesaria para aclarar as condicións de subrogación do actual cadro de persoal. “Ao contrario do que agardabamos, e tras un período de silencio, a ONG responde convocando aos traballadores/as a acudir á súa sede comarcal de Vigo para presentarlles un documento cuxa forma non se axusta á legalidade e que ratifica o non cumprimento das condicións de subrogación”.

Demanda xudicial colectiva

Diante disto o cadro de persoal, integrado por máis de 20 persoas, decide presentar unha demanda xudicial colectiva por modificación substancial das condicións de traballo, que inclúe a negativa a aplicar o convenio colectivo que regula o sector, “do que Cruz Roja é asinante como membro da Asociación Estatal de Organizaciones y Acción e Intervención Social (OIES)”.

Ao mesmo tempo, o conxunto dos traballadores/as do albergue municipal quere deixar moi claro que “a pesar da presión exercida polo xigante do terceiro sector” sobre un cadro de persoal que forma parte dun servizo “especialmente sensíbel” e que atende “os casos máis extremos de vulnerabilidade” que se producen na cidade, “os empregados/as reiteran o seu compromiso co centro e con todas as persoas que acuden a el”.

Finalmente, anuncian a súa intención de adoptar todas as medidas que, dentro da lei, consideran oportunas para protexer os dereitos adquiridos polos empregados/as ante os “abusos” da coñecida ONG.