Archivos por Etiqueta: detroit viguesa

Quen pagara o non gañado na festa de San Roque 2018?

Este mércores publique a noticia do peche dos postos na romaría de San Roque, pois moitos usuarios e usuarias da social media increpáronme dicindo que era falsa.

 
Pois ao día seguinte os medios locais e autonómicos fixéronse eco da noticia, pois ben, como dixera na información lanzada en “noticiasvigo” “A poucas horas do comezo da festa de San Roque a Policía Local de Vigo pechou todos os tenderetes de fora da leira de San Roque baixo, “Non hai plan de evacuación” así o manifestan os comerciantes.
Cabe sinalar que a comisión de festas non tramitou todos os permisos necesarios para a festa. A orde de peche ben dende o concello”
 
Pois no día de onte púxenme en contacto con organizacións de festas en Vigo, as cales me atenderon moi ben ás cal llo agradezo e moito. Estas comentáronme que o concello de Vigo non informo a estas sobre a nova lei de espectáculos de Galicia, algunhas enteraronse pola prensa, o concello ten a obriga de informar.
 
Non me estraña que o ocorrido este mércores a culpa non a ten a comisión de festas xa que esta entrego toda a documentación como en pasados anos, só que neste ano fáltolle entregar o novo documento, o da lei de espectáculos de Galicia.
 
Agora ben, os comerciantes da festa perderon un día de traballo, será o concello quen pague o que non puideron gañar por non informar á comisión de festas do novo documento? sera a comisión de festas quen pague o que non puideron gañar pola orde do concello? porque o concello non informa as organizacións de festas en Vigo? preguntas que seguro non atopar respostas xa que o concello de Vigo non responde nunca a noticiasvigo.
 
Nunha editorial na miña conta de facebook perosal a cal tamén aquí no wordpress publiquei decia “O de hoxe no ocorrido na gran festa de Vigo como é a de San Roque é lamentabel, e lamentabel que lles pechen os tenderetes aos comerciantes, comerciantes que pagaron para estar na festa e que estes lle pechen os tenderetes desde o Concello por falta de documentación que non entregou a comisión de festas cando o concello ten que informar a todos os que organizan eventos da nova lei de espectáculos de galicia”…”o que me resulta curioso que esto so afecte aos de fora e non aos que estan dentro da leira de San Roque cando dita leira e pública como tamén o é a rúa Felipinas, que curioso… e que mal polos que estan dentro da leira en non solidarizarse cos comerciantes de afora, que mal, xa que sen o actrativo de fora non van ter tantas gañanzas bueno eles saberan”
 
Vin na prensa local os comentarios á noticia que demos en noticiasvigo primeiro, a xente pregunta porque esta en decadencia a festa de San Roque e tamén piden unha nova comisión de festas para que esta reviva, cousa curiosa que eses comentarios foran ao dia seguinte da noticia eu dixera no día da noticia na miña editorial “San Roque precisa dunha renovación urxente, tanto pola banda da asociación como da comisión de festas (e o que pide moita veciñanza pero ninguen atrevese a decilo)… estan deixando morrer a festa e vai a rematar como pasou no Berbés.
O 2011 foi o ultimo ano dos fogos artificiais o espetaculo mais importante despois do de Bouzas.
Desde o 2011 a cantidade de actracións e postos de fora da leira vai decaindo.
E que falar dos recortes pola parte do concello na festa”.
 
Xa non teño máis que decir, todo esta dito.
Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A festa do Barrio de San Roque en decadencia.

Atopome ben desolado.

Eu medrei en tres barrios da cidade, San Roque, A Pastora e O Calvario, pois ben o primeiro hoxe esta máis que triste, un barrio ao caron da miña vivenda.

Non sei que demos pasa, pero o barrio vai en decadencia dende o 2010, oito anos de decadencia, cada vez menos servizos, cada vez mais horfo… 

O de hoxe no ocorrido na gran festa de Vigo como é a de San Roque é lamentabel, e lamentabel que lles pechen os tenderetes aos comerciantes, comerciantes que pagaron para estar na festa e que estes lle pechen os tenderetes desde o Concello por falta de documentación que non entregou a comisión de festas cando o concello ten que informar a todos os que organizan eventos da nova lei de espectáculos de galicia… 

Na festa de San Roque, cada 16 de agosto, o santo milagreiro converte o barrio que rodea o pazo de San Roque (onde se garda a súa figura) na maior romaría urbana de Vigo. A celebración mantén todos os costumes das festas campestres tradicionais.

Cada ano, son miles os fieis que se dan cita nos arredores da Praza de España, no barrio de San Roque, para manter viva a maior romaría de Vigo. Os exvotos son o máis típico desta celebración: o costume manda comprar a reprodución en cera da parte do corpo enferma e pedir a San Roque que a cure. Os fieis aseguran que o ‘santo milagreiro’ é capaz de sandalo todo.

Bueno despois de botarlle flores o que me resulta curioso que esto so afecte aos de fora e non aos que estan dentro da leira de San Roque cando dita leira e pública como tamén o é a rúa Felipinas, que curioso… e que mal polos que estan dentro da leira en non solidarizarse cos comerciantes de afora, que mal, xa que sen o actrativo de fora non van ter tantas gañanzas bueno eles saberan.

San Roque precisa dunha renovación urxente, tanto pola banda da asociación como da comisión de festas (e o que pide moita veciñanza pero ninguen atrevese a decilo)… estan deixando morrer a festa e vai a rematar como pasou no Berbés.

O 2011 foi o ultimo ano dos fogos artificiais o espetaculo mais importante despois do de Bouzas.
Desde o 2011 a cantidade de actracións e postos de fora da leira vai decaindo.
E que falar dos recortes pola parte do concello na festa.

En fin, estou desolado, moi desolado. E lamentabel o ocorrido hoxe… e todo polo que pasou no O Marisquiño xa que se non pasara hoxe poderiamos decir que estabamos de festa.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A leira de San Roque, un lugar cheo dunha historia e maxia

Vin anunciando nas miñas redes sociais que faría unha entrada especial sobre a illa urbana da leira de San Roque, unha área da Detroit Viguesa cheo de historia e maxia.

Esta illa componse por tres áreas; o pazo, a leira e a capela.

Irei describindo dando información cada unha das áreas pero antes debo de dicir que esta illa aínda respírase ese Vigo rural, é unha das zonas que mellor conservadas, aínda que haxa moitas leiras en abandono en fase de especular nas que sobrevoa por encima ese ser do urbanismo salvaxe e cando este sobrevoa pon en perigo as boas conservadas.

Bueno vou a entrar en detalle das tres áreas da leira e deixarei para outro pos o dito anteriormente. Á leira accédese grazas a un portalón de pedra cun amplo panel, cun oco con dinteles decorado con brasóns. Ten unha superficie de 17.000m².

O PAZO

Pazo de San Roque, un dos pazos máis antigos de Vigo, levantouse a finais do século XVII e foi habitado pola familia Méndez de Sotomayor. O Comandante de Mariña de Vigo Francisco Xavier Quiroga foi o último conde que residiu no pazo, xa que, en 1925 foi adquirido pola Caixa de Aforros Municipal de Vigo.

Despois das obras de reparación e conservación realizadas por Banco Nova Galicia, o pazo conta con dúas plantas ( semisótano e planta baixa) cunha superficie total de 640 metros cadrados ( semisótano de 218 metros cadrados e planta baixa de 422 metros cadrados).

As dependencias e instalacións coas que conta o pazo son as seguintes:

Na planta semisótano: vestíbulo, aseos, almacén, cociña e salón-comedor.

Na planta baixa: vestíbulo, zona de recepción de autoridades, aseos, gardarroupa, despacho, sala de xuntas e dúas salas de conferencias.

Os seus espazos poden ser alugados por entidades públicas e privadas, así como por organizacións non gobernamentais que desempeñen actividades acordes coa filosofía do centro.

Tras a conclusión das obras, nas dependencias do pazo leva a cabo actividades do Instituto de Desenvolvemento Banco Nova Galicia, cursos da Escola de Negocios Novacaixagalicia para altos directivos, cursos de formación de Novacaixagalicia, encontros empresariais, reunións de traballo de empresas, actos institucionais e recepcións de empresas. Para iso, as instalacións do pazo están dotadas dos máis modernos medios audiovisuais, como ordenadores con acceso a internet, canón de vídeo, medios para realizar videoconferencias…

O pazo alberga importantes mostras do patrimonio artístico e cultural da Galiza.

O Pazo de San Roque, xestionado por un equipo de excelentes profesionais con ampla experiencia na organización de actos, é un lugar único para celebrar de maneira exitosa os seus eventos ou reunións de traballo.

A LEIRA

A leira de San Roque aparece por primeira vez contemplada como parque no Plan de Extensión de Vigo elaborado por Antonio Palacios e aprobado polo Concello en 1935. Trátase dun fermoso parque urbano de máis de 17.000 metros cadrados.

No seu interior hai un rico mostrario de especies vexetais, con máis de 28 variedades de árbores, arbustos e plantas, entre as que podemos citar o carballo, o castiñeiro, o camelio, a cerdeira, o bidueiro, o magnolio, o abeto, o loureiro ou a acacia. Sobre todo esta contorna vexetal acometéronse accións de melloras para recuperar aqueles especímenes que están deteriorados e repoñer os que, polo paso dos anos, son irrecuperables.

A CAPELA

Dentro da leira está siutada a capela dedicada a San Roque, patrón da cidade. A construción veu motivada tras a peste que azoutou Vigo en 1598 e na contabilizáronse máis de 2.000 vítimas. Aos poucos foi cedendo e esta normalización atribuíuse a San Roque, polo que o pubelo levantou unha ermida na súa honra. A tradición de celebrar a festividade de San Roque o día 16 de agosto data do século XVIII, data de gran devoción para os vigueses e viguesas.

A capela, de uso da Diocese, comunícase co pombal do pazo a través dunha construción ponte. Esta construción, que se asenta sobre un arco, servía de corredor á familia da casa para acceder á tribuna da ermida. A restauración da capela consistiu no saneamento dos muros e na rehabilitación dos elementos existentes incluíndo os tres retablos que datan do século XIX.

A contorna da capela e xardins son de aceso público os 365 días do ano, recomendo visitar por detrás Detras da capela cara a Avenida de Madrid onde se pode gozar dunhas fermosas vistas do interior da cidade e os seus arredores para min un lugar mais que maxico.

A REHABILITACIÓN

A rehabilitación da casa e da capela e o acondicionamento da leira comezaron no ano 2001. Construíuse na propiedade un novo palco, baixo o que se habilitaron oficinas para a irmandade de devotos do santo. A leira constitúe un céntrico lugar de esparexemento público.

COMO CHEGAR

Autobuses. Líñas: 12B, L14, C3.  Información da estación de autobuses de Vigo.

Estación de tren Guixar: R/ Areal, s/n Vigo. Información da estación de trens Vigo-Guixar.

Aeroporto: a 16 km de distancia. Información do aeroporto de Peinador.

INFORMACIÓN E RESERVAS DO PAZO

Se tes algunha dubida cos espacios, ou se che gustaría facer unha reserva, contacta no seguinte telefono 986 120 082 ou no correo electrónico socioculturales@afundacion.org

DATO IMPORTANTE

Moitos vigueses e viguesas din que San Roque é o patrón da cidade e cabe sinalar que non o é, San Roque non é o patrón de Vigo. Como tampouco o é o Cristo da Vitoria. Sinálase como patroa da cidade a Santa María, que a Igrexa celebra un día antes, o 15 de agosto, coa festividade da Asunción. O segundo erro é máis grave, pero non tan fácil de comprender. Porque a cidade de Vigo non ten ningún patrón. Como sinala a Constitución de 1978, vivimos nun Estado aconfesional. Polo tanto, Santa María é patroa só para os vigueses católicos. Nada máis (e nada menos). Non o é para quen profesa outra confesión relixiosa; ou simplemente, ningunha. E tampouco o é oficialmente da cidade. Vigo ten escudo, ten bandeira e ten lema. Pero non ten nin patrón nin patroa. É un erro común dar carácter oficial a un patronazgo que existe. Porque se mañá un musulmán decidise que estamos baixo a protección do arcanxo Gabriel ou un hindú proclamase que nos amparan Shiva ou Visnú, o resultado tería o mesmo carácter oficial que o católico: ningún.

Aclarado a lea, entramos na festividade máis popular da cidade. Porque a romaría de San Roque transpórtanos ao Vigo rural, nunha cidade que aínda conta cunha cabana gandeira cifrada, segundo o último censo, en 309 vacas, 409 porcos e 526 cabalos. O número de ovellas pode calcularse observando as que ocasionalmente pastan nalgunhas leiras de Navia ou da avenida de Madrid.

Este Vigo rural, que aínda pervive, conserva na leira de San Roque a súa romaría de verán, do mesmo xeito que o fai no inverno en Bembrive coa festa de San Blas. Desde tempos remotos, o evento celébrase os días 15, 16 e 17 de agosto. A primeira data chamábase  “vésperas”, a segunda San Roque” e a terceira “O Can”. Esta última, de despedida, rendía homenaxe ao can chamado Rouna que, na imaxinería relixiosa, acompaña ao santo de Montpellier lamiendo as súas feridas. Segundo as crónicas antigas, O Can, o día de peche, a festa era bastante máis “rachada que nas dúas xornadas precedentes.

O día 15 comezaba cun gran repique de campás na parroquia á tardiña. Nese momento saía a procesión da Virxe do Rosario, que era recibida na capela pola imaxe de San Roque. Ambas se reunían logo baixo un fornelo e expúñanse durante os tres días que duraba a romaría.

O día de San Roque celebrábase unha misa, a cuxo termo se iniciaba a procesión, que percorría as rúas de San Roque, Couto Piñeiro, Rola e Santa Rita. Ao concluír a marcha, lanzábanse foguetes. Describe a estampa da xornada de hai un século Amador Montenegro: «O número de casetas instaladas con atraccións de todas clases, e con gran número, en que constantemente se servían refrescos e comidas, animaba e atraían xentes en cantidade ata altas horas da madrugada, postos que co abono do canon fixado, pagaban con fartura os gastos da festa».

O 17 de agosto, popularmente coñecíase como O Can. Nesta xornada, unha nova procesión devolvía á Virxe do Rosario coa mesma cerimonia e lanzamento de bombas de palenque.

O médico Nicolás Taboada e Leal, primeiro cronista oficial da cidade de Vigo, xa destacaba en 1840, na súa «Descrición topográfico-histórica da cidade de Vigo, a súa ría e arredores», que a romaría de San Roque era unha de «as máis famosas e de máis nombrandía». Na súa crónica, aludía á «abundancia de froitas, sandías, melones, recoiro, tamboriis, gaitas, danzas e a algarada e o bulicio».

«Á distancia dun curto paseo desta cidade áchase unha extensa e ben poboada dehesa de robustos carballos, en cuxo sitio se solemniza a súa festividade», engade Taboada, que considera grato «observar os xúbilos públicos, os varios corros con danzas do país, e pola noite asisten aos fogos artificiais» cabe sinalar que desde o 2011 estes fogos se deixaron de facer. Consérvanse gravados con estas tradicións, como unha estampa na que se ve o baile da hogaza, que era un clásico en San Roque ata o século XIX.

Agora, as tómbolas, o tiro ao branco e certa obsesión polo pasodobre, fronte á música tradicional galega, talvez fágannos esquecer o pasado tradicional de San Roque. Pero non custa moito atopar as pegadas dunha festa ancestral, que aínda conecta a cidade coa súa antiga identidade rural. Así que haberá que ir festexar, aínda que non a honrar a patroa nin patrón algún. Porque Vigo, xa queda dito, non ten patrón.

Fotos da leira de San Roque

 

Barrio do Cura: cronoloxía da especulación en pleno corazón de Vigo

O pasado mércores 19 Vigo levantábase cunha sorpresa, o proxecto do Barrio do Cura resucitava ao acordar Concello e unha promotora retomar o plan de 2014.

Este humilde blogue publicara diferentes entradas ao respecto do Barrio do Cura.

1º Entrada: 30 novembro, 2011 » Barrio do Cura flashback.

2º Entrada: 28 setembro, 2013 » O Barrio do Cura.

3º Entrada: 28 xuño, 2014 » O concello de Vigo e o sua socia chamada Xentrificacion, a mostra o Barrio do Cura.

4º Entrada: 24 xulio, 2015 » Testemuño dun Vigues que reside nun inmoble en ruínas.

5º Entrada: 28 xuño, 2016 » Vigo flashback: Presentación do proxecto Barrio do Cura.

6º Entrada: 20 xuño, 2018 » O real Barrio do Cura e a sua situación.

Pois ben imos ir ao gran despois desa sorpresa, este proxecto está a piques de volver á vida despois de alcanzarse un acordo entre Concello e o fonod Autonomy Global Opportunities para reactivar un proxecto de recuperación que leva máis dunha década tratando de poñerse en marcha.

Segundo informo Carlos Prego en FdV o convenio recollerá as obrigacións de ambas as partes na recuperación do Barrio do Cura e en Urbanismo farase unha modificación puntual do PXOM de 1993 para adaptalo á lei. O trámite desta nova etapa da actuación urbanística levará un ano e a execución, catro. Un lustro que se se suma a unha historia que arrincou na principios do século XXI:

2004 » Os primeiros pasos do proxecto. En 2004, fai xa case unha década e media, Karpin lanza un ambicioso proxecto para recuperar o Barrio do Cura tras comprar a maior parte das parcelas. O investimento estimado que se facilita entón ascende a 130 millóns. Valery asóciase con Míchel Salgado e José Crespo.

2007 » Diferenzas sobre a vivenda protexida. O proxecto queda en suspenso tres anos despois de lanzarse, a finais de 2007, debido a diferenzas entre o promotor e o Concello sobre a porcentaxe de vivenda protexida. O Concello a fixa nun 29%, mentres Karpin afirma que con ese dato a operación non é viable.

2010 » Reactivación do plan con novo financiamento. O promotor logra novo financiamento co BBVA e o Santander. A firma chega mesmo a presentar o seu proxecto en sociedade na sede do Círculo Financeiro de Vigo. O desenvolvemento do Barrio do Cura volve atrasarse con todo debido a diferenzas en Patrimonio.

2012 » Acordo municipal e poxas en cernes. O Concello e o promotor da actuación asinan un protocolo para desbloquear o proxecto e elabórase un plan especial. A principios de 2013 con todo os bancos estiveron a piques de executar varias veces poxas xudiciais de bens que botarían por terra a actuación.

2014 » Novo investimento para relanzar o proxecto. Grazas a intensas negociacións, a empresa consegue aprazar as poxas. Karpin presenta un novo investidor ruso interesado en entrar na operación. A aprobación do plan preséntase entón como o paso necesario para salvar o proxecto urbanístico.

2015 » Anulación do Plan Xeral de 2008. A finais de 2015 o Tribunal Supremo estima un recurso presentado pola asociación Alternativa Veciñal contra a formulación urbanística, en vigor desde 2008, e anula o Plan Xeral de Ordenación Municipal dese ano. Retómase o PXOM de 1993.

2016 » O Superior anula o PERI do barrio. A principios de febreiro de 2016 transcende a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de anular o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) de Barrio do Cura ao excluír unha parcela da Casa da Caridade de Vigo Hogar San José.

Agora aten cabos vostedes e miraran e respiraran a esencia da Xentrificación.

 

 

 

O real Barrio do Cura e a sua situación

O grave abandono e detorio no que ten a propiedade ao Barrio do Cura. Este abandono crónico conlevou que, durante os temporais do outono de 2014, o esboraemento de boa parte dos perpiaños dunha das súas partes máis belas, valiosas e recoñecidas: o conxunto de vivendas populares dos números 10,11,12 e 13.

O estado xeral do conxunto, recoñecido como Ben de Interese Cultural de Galicia no 2006, é lamentable, unha vergoña para a nosa cidade, que demostra cales son auténticos intereses do poder político e económico da nosa sociedade.

Dende que a especulación urbanística forzou o despoboamento e abandono deste Barrio e outras zonas incluidas no ” Ámbito de Planeamento Remitido A-4-01″ (cousa odiosa en si mesma) non se teñen feito ningún traballo de consolidación e mantemento destes bens que son patrimonio de todas as galegas.

De tal xeito que todos temos que lamentar o dano (quizais non irreparable, pero si moi custoso e desvirtuador) deste tipico, e ao mesmo tempo senlleiro, conxunto do s XIX que consistia de casas populares que contan cuns interesantes espazos comúns (soportais-pasarela, praziña e lavadoiro).

É evidente que a propiedade (actualmente Valery Karpin & asociados) está a infrixir gravemente a Lei Patrimonio cultural da Comunidade Autónoma de Galicia (en concreto o artigo 91 c) da Lei 8/1995, de 30 de outubre).

Ademáis, a día de hoxe, tampouco se fixeron ningún traballo de reparación dos danos ou sequera consolidación dos perpiaños que está arredor do derrube, co que é posible que se volten a reproducir feitos semellantes.

Fotos Rubens Rocha [IlCanallaRubens]
Texto a cova dos ratos.

PD. As autoridades deberían actuar e sancionar aos responsables COUSA QUE NON O FARÁN XA QUE SON AS SUAS AMIZADES!

A bipolaridade da xente Viguesa e a do Alcalde

 

Para esta entrada elixín un bo titulo como tamén unha boa imaxe que é a mostra de que o medio ambiente aos cidadáns e cidadás de Vigo como á institución que representa tal cidade impórtalles ben pouco como dicir nada o MEDIO AMBIENTE. Esta é unha editorial/artigo na que fío palabras e feitos reais.

 

Despois da introdución imos á cuestion

 

A bipolaridade da xente Viguesa e a do Alcalde

A cidadanía viguesa é un tanto rara ao que é coidar o medio ambiente xa que consigo arrastan a denominada síndrome anos 70, esa síndrome que é o de construír unha cidade sen orde con tal de construír sen importar o que leve por diante xa que o que importa é poñer formigón e ladrillo, así é cidadanía rara por dicilo de forma branda con ese sindrome.

A ciudadania viguesa é esa que se acorda da importancia do medio ambiente cando as súas costas sofren un atentado ou cando os seus bosques son invadidos por eucaliptos cando arden xa que devanditos arboles son os mistos para os bosques.

O curioso disto que mencione anteriormente é ver cando esta cidadanía concienciada cando pasan eses desastres é a capacidade de mutación que ten pasadas unhas semanas, porque digo iso de pasadas unhas semanas? porque pasadas unhas semanas esa cidadanía posiciónanse a favor de botar formigón en bosques… posiciónanse a favor de destruír bosques para construír centros comerciais como “PORTO CABRAL” e ” Recare” este ultimo foi clave para que o PXOM aprobado polo actual alcalde e a concelleira de urbanismo cando o bipartito da Xunta fósese abaixo por non respectar o medio ambiente.

Esas mesmas persoas que se posicionan a favor deses centros comerciais abalados polo alcalde o cal quixo facerse o heroe nos pasados incendios forestais sucedidos en Vigo o pasado ano no mes de outubro, ese alcalde que é un experto en que os cidadáns repitan os seus mantras esquecendo o pasado recente dos seus mantras.

Ese alcalde que pasado uns meses da catástrofe mais recente de Vigo vénselle á cabeza a idea de facer un anel contra lumes natural é o mesmo que dixo aquilo “MENTRES NON HAXA PXOM NON HABRA PORTO CABRAL!”, afirmación totalmente incompatible coa creacion dese anel que prometio que brindara a seguridade da cidadanía xa que realmente Vigo dispón dunha coroa a cal brinda de saúde aos e as viguesas a cal nun dos seus eixos sitúase onde queren construír dito macro proxecto do centro comercial e lecer PORTO CABRAL, proxecto que seria no parque forestal de Cabral- Liñeiriños parque fundamental nesa coroa saudabel… polo cal se cumpre iso de que dito alcalde acórdase da importancia do medio ambiente cando o ve en perigo pero logo tal como di o refraneiro “se che e visto non me acordo”.

O alcalde que temos en Vigo é fanático de “HUMANIZAR” as rúas para mostrarlle ao mundo unha nova imaxe da cidade ao exterior pero eso si humanizar sen integrar os bens naturais que xa hai xa que máis de 4.000 árbores segundo el se puxeron onde xa habia polo cal 4.000 tallas “baixo a escusa de estar enfermos” árbores que se poden salvar pero eso e custoso e segundo el ás árbores son “adornos“, cousa que non esta nada mal pero bueno sigo fiando fino, humanizacións que van cos seus correspondentes xardineiras e as súas respectivas árbores escobillas así é como lles denomino eu aos que poñen para substituír aqueles árbores que levan décadas e centenares de anos na cidade, arboles sans, arboles grandes que en se teñen a súa gran importancia, a cal desenvolverei mais tarde pero isto agora no momento fiando fino, humanizacións que fai pero logo ditas humanizacións non se manteñen xa que hai moitas delas co granito totalmente roto e xardineiras con ervas salvaxes e algunhas sen nada e outras esnquizadas… bueno iso non che ten moita importancia xa que o que máis importancia ten é que este alcalde que temos é tamén fanático de tallar arboles grandes, de onde vén iso de tallar as árbores grandes? pois vén desgraciadamente cando Vigo foi prexudicado por un temporal, cando un deses arboles caiu na Avenida de Castelao enrriba dun coche dun amigo do alcalde e empresario (así o dixo no seu programa Vigo de Cerca da canle localia televigo), pasado o temporal daquel suceso onde só houbo danos materiais empeza a talla indiscriminada de CHOPOS da Avenida de Castelao e logo progresivamente foi tallando outras partes da cidade na que dicía que moitos das árboles estaban enfermos mentres que enxeñeiros e expertos forestais que colaboran en movementos cidadáns e en organizacións non gobernamentais concienciadas co medio ambiente contradicían ao alcalde polas súas decisións de talla de arboles baixo supostamente que estaban enfermos.

O máis recente ao tema de talla de árbores e que as 128 árbores plantados no tramo da Gran Vía comprendido entre Urzaiz e a praza de España desaparecerán coa transformación que planea o Concello para dotar de ramplas mecánicas a esta rúa.

Sen voz o noso verde Gran Vía pende dunha motoserra que borre todos os castiñeiros de indias, non tan indios, nin castiñeiros, pero moi queridos polos vigueses que colleitabamos como o maior dos tesouros as súas castañas dás bruxas. Comentarvos que non se se axudará moito esta curiosidade para salvalos pero aos cabalos (non os pétreos de praza España) resúltanlles especialmente agradables estas castañas, tanto que coñecen esta árbore por media Europa como horse chestnut ou castaña de cabalo.

Aquí líbrase unha batalla contra outras moitas cousas, afirma o grupo creado en Facebook “Salvemos a Gran Vía de Vigo”: o que non nos deixen sen forzudos rederos e que non nos pinten tan de gris o progreso.

No proxecto da obra recolle que quedaremos sen 45 camelios e 29 naranxos do bulevar e sufriremos vendo como os 41 castiñeiros das Indias e os 13 tilos das beirarrúas laterais tállanse, e o alcalde di que poñeran no seu lugar 300 árbores novos “arbores escobilla”.

O futuro da nosa cidade ha de ser para nós verde esperanza. O proxecto contempla o traslado dos 74 camelios e naranxos e a talla doutros 54.

Non saben se conseguirán parar ao xigante de ferro, o que si está claro que ata os Dinosetos indígnanse ante tan pouco sentimento que non é outro que o de sacar para poñer outros miniárbores máis substanciosos, aínda que non para nós, o palmatum, cornus florida, magnolia loebneril ou cotinus coggygria, o ginkgo biloba ou algunhas magnolia kobus, onde vai parar, nada que ver cos nosos queridos aesculus hippocastanum pertencentes á robusta familia dos arces.

O futuro sempre estará nas mans dos que ven máis aló aínda que sempre teñen ese peso do que dita unha sentenza en beneficio, non dicimos nin propio nin impropio porque agora sae á luz co proxecto un “as árbores están malitos e por se caen cortámolos moito antes” e ante isto, confiar na boa fé do que fai o estudo, é o que nos queda para que a talla de 128 árbores de Gran Vía sexa menos dolorosa e en conciencia limpa, veremos o que pasa porque xa vos van avisando que estas escaleiras traerannos á parte de comodidade gastos e contaminación aí van os datos que se manexan, que asustan, e moito.

A cifra final da emisión de CO2 traduciríase en 30 toneladas ao ano. Case ná.

As árbores no medio ambiente urbano

As árbores son moi beneficiosos para o medio ambiente urbano. Cumpren varias funcións que favorecen á cidade e, polo tanto, aos seus habitantes. En primeiro lugar, melloran a calidade do aire pois son axentes activos que reducen a contaminación atmosférica. Se nas grandes cidades non houbese árbores, o tráfico faría case imposible vivir nelas.

As árbores xeran osíxeno, absorben dióxido de carbono e reteñen os pos e partículas que se manteñen no ambiente. Pero, ademais, tamén reducen o molesto ruído que se produce na maioría das grandes cidades, tráfico, cláxones, sirenas, berros, obras, todos estes molestos sons resultan atenuados polas follaxes das árbores, que fan un labor de barreiras antisonido, de illantes acústicos, atrasando ou, mesmo, detendo as ondas sonoras.

Ademais, regulan e actúan sobre o clima, xa que aumentan a humidade do ambiente e diminúen a temperatura no verán e auméntana no inverno, ademais de xerar correntes de aire e constituír pantallas contra o vento, a choiva, a neve, a saraiba ou os raios solares. Así mesmo, as árbores que non están rodeados de formigón e cemento, purifican as augas que se filtran polo chan, pois as súas raíces actúan como descontaminantes, retendo nutrientes e axentes patógenos. Tamén hai que pensar que as árbores serven como morada de aves, que alegran a cidade coa súa presenza e cantos.

A importancia das árbores

1.Unha árbore grande pode absorber ata 150 kg de CO2 ao ano, por tanto son de gran importancia nunha cidade onde a contaminación adoita ser unha problemática importante. As árbores poden mellorar a calidade do aire, facendo das cidades lugares máis saudables para vivir.

2.Ademais, i na mesma liña que no punto 1, as árbores grandes son excelentes filtros para contaminantes urbanos e partículas finas. Absorben gases contaminantes como monóxido de carbono, óxidos de nitróxeno, ozono e óxidos de sulfuro. Tamén filtran partículas finas como po, sucidade ou fume do aire atrapándoos sobre as follas e a cortiza.

3.As árbores xogan un papel importante no aumento da biodiversidade urbana, proporcionando ás plantas e animais un hábitat, alimento e protección.

4.A localización estratéxica das árbores nas cidades pode axudar a arrefriar o aire entre 2 e 8 graos Celsius, reducindo así o efecto de “illa de calor” urbana, unha acumulación de calor polo inmensa mole de formigón, e demais materiais absorbentes de calor.

5.As investigacións demostran que vivir preto dos espazos verdes urbanos e ter acceso a eles pode mellorar a saúde física e mental, por exemplo diminuíndo a tensión arterial alta e a tensión. Isto, á súa vez, contribúe ao benestar das comunidades urbanas.

6.As árbores maduras regulan o fluxo da auga e desempeñan un papel crave na prevención de inundacións e na redución de riscos de desastres naturais. Un perennifolio ou árbore madura de folla verde permanente, por exemplo, pode interceptar máis de 15 000 litros de auga ao ano.

7.A colocación correcta das árbores ao redor dos edificios pode reducir a necesidade de aire acondicionado nun 30 por cento e reducir as facturas de calefacción no inverno entre un 20 e 50 por cento.

8.As árbores poden contribuír ao aumento da seguridade alimentaria e nutricional local, proporcionando alimentos como froitas, froitos secos e follas tanto para o consumo humano como para a forraxe. A súa madeira, á súa vez, pódese utilizar para cociñar e quentar.

9.A planificación de paisaxes urbanas con árbores pode aumentar o valor dunha propiedade nun 20 por cento.

A verdade é que as árbores e o medio ambiente terían que ser tan respectados nas grandes cidades como as propias persoas.

Non descarto en facer a segunda parte desta editorial/artigo xa que da para moito o asunto do MALTRATADO MEDIO AMBIENTE EN VIGO e MENOS PREZADO polo habitante da cidade xa que ten esa bipolaridade reflectida neste humilde blogue da DETORIT VIGUESA e deste home chamado Rubens Rocha.

 

 

Algunas das fontes

La Vanguardia | Ecologia verde | Hemeroteca FdV

Demolición do Hotel Baía de Vigo e reconstrución do antigo Mercado dá Laxe

ilcanallarubens_hotel-baia-de-vigo_foto-artistica-de-icr-photographer_2016

Un cidadán co nome de Pablo Manuel López Cons lanzouse no mundo das campañas de recollidas de sinaturas dun portal archí coñecido no mundo.

Pablo Manuel López Cons na súa campaña a titúla Demolición do Hotel Baía de Vigo e Reconstrución do antigo Mercado dá Laxe, no día de hoxe xa leva 105 asinantes.

Na descrición da súa campaña da derriba de Hotel Baía vén dicir que durante anos as viguesas e vigueses lamentamos a perda de edificios simbólicos e o remplazo destes por auténticas aberracións urbanísticas. Foron decisións dun “franquismo” tardío e as súas nefastas políticas. Chega xa o momento de comezar a reparalo dano feito (sobretodo da época Portanet) a nosa fermosa cidade e de preocuparnos de verdade por Vigo e non estar nun eterno lamento polas actuacións que por desgraza, aínda hoxe, seguen sen contar cun bo plan pensado de actuación urbana.

Por iso, comecemos pouco a pouco. O primeiro, derribar ese monstruoso edificio que é o Hotel Bahía sen ningún sentido estético que fai de pantalla a nosa Ría dende dentro da cidade e que dende a Ría cara Vigo destrúe a imaxe do Casco Vello.

Lembrando que non é só unha cuestión estética, senón unha mellora do espazo para a convivencia veciñal e unha mellora no plano económico o xerar moitas máis oportunidades cara o turismo e outros negocios.

Isto situaría a Vigo como cidade valente para tomar decisións nun mundo globalizado que ten que aspirar a unha maior habitabilidade.

Esta campaña acaba de comezar e ao finalizar dita campaña de Manuel entregara as sinaturas ao Concello de Vigo que é o destinatario desta campaña, aquí poden empezar a asinar.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

ை Vigo flashback: Presentación do proxecto Barrio do Cura

O 9 de marzo de 2010 dicíase que: Despois de alcanzar un acordo para o financiamento e o apoio do goberno local onte presentou no Club Financeiro o proxecto de de o Barrio do Cura. O resultado deste proxecto, deseñado polo arquitecto Alfonso Penela e xestionado por Valery Karpin S. L., será a construccion de 320 vivendas (o 35% en regimen de vivenda protexida), un hotel, un centro de negocios e zonas comerciais. Ademais prolongarase cale Conde de Torrecedeira ata o Paseo de Alfonso.

O 2 de xuño de 2014 dicíase que: O pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou este luns, co voto de todos os concelleiros, o Plan Especial de Reforma Interior ( PERI) do Barrio do Cura, o que dá vía libre á iniciativa privada (dirixida polo exfutbolista Valery Karpin) para o desenvolvemento deste ámbito, tras máis de 10 anos de trámites e informes.

As obras iniciaranse coa demolición este verán do asilo de Paseo de Alfonso, e as obras empezarán na primavera de 2011, comezando por un edificio en Torrecedeira, no que se reacollerán as 40 familias do barrio. O investimento previsto é ao redor de 100 millóns de euros financiados polo Banco de Santander e o BBVA, e a superficie para rehabilitar alcanza os 23.000 metros cadrados.

A tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Carmela Silva, defendeu a proposta do goberno, e lembrou que ese ámbito dispoñerá de 5.000 metros cadrados de zonas verdes e espazos libres, máis de 300 vivendas (un 29 por cento delas protexidas), novos viarios e zonas peonís.

Así mesmo, o proxecto, que conta con todos os informes favorables, prevé conservar a fachada neogótica do antigo asilo, manterase a gardería municipal e construiranse un edificio para dotación sociocultural, e un aparcadoiro de 300 prazas. A estas actuacións súmanse outras como a instalación de ascensores e escaleiras mecánicas para comunicar as partes altas e baixa do Casco Vello.

Carmela Silva subliñou que ese desenvolvemento urbanístico supoñerá a rehabilitación integral «dunha zona estratéxica» de Vigo e unha «peza fundamental» no futuro urbanístico da cidade.

Pola súa banda, o portavoz do grupo municipal do PP, José Manuel Figueroa, limitouse a sinalar que o seu grupo sempre apoiou o desenvolvemento do Barrio do Cura, e a subliñar a importancia de que todos os partidos apoien o PERI porque «é un proxecto de cidade».

Protestas

As protestas dun grupo de persoas, que coreaban consignas contra a aprobación do PERI do Barrio do Cura, obrigaron a suspender momentaneamente a sesión plenaria. Os berros comezaron cando a concelleira de Urbanismo e tenente de alcalde, Carmela Silva, iniciaba a súa exposición para defender a proposta de aprobación definitiva do PERI.

Nese momento, varios dos asistentes á sesión comezaron a corear consignas como «ou Barrio do Cura non véndese», « non á especulación» ou «ou barrio é noso, e non deses mafiosos», en alusión á iniciativa privada, que promoverá o desenvolvemento urbanístico dese ámbito.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

O tren do porto da Vila de Bouzas ou o túnel de Beiramar? ou os dous? o conto de nunca acabar

ilcanallarubens_tren vila de bouzas_2016

A Autoridade Portuaria adxudicou por 44.500 euros máis IVE a GOC, especialista en proxectos de enxeñería avanzada, o estudo previo de alternativas da conexión ferroviaria entre a terminal de Bouzas e a rede xeral de mercadorías, así como a redacción dun anteproxecto da alternativa elixida. Foi en xaneiro: en maio deberá presentar a súa proposta así como un estudo sobre os seus custos.

Enrique López Veiga, aínda que esperará a coñecer o estudo, advertiu de que “non descarto nada sobre a forma de levar o tren, a máis fácil é por Beiramar”. Unha vez en poder do Porto a proposta técnica, será sometida a información pública para que tanto as institucións implicadas –sobre todo o Concello e Zona Franca- como os propios veciños realicen alegacións e propostas.

GOC barallaría tres alternativas principais de conexión: a primeira, en superficie e máis económica, unha vía en superficie pola avenida para que pasen os trens de noite a paso de home –uno ao día de media- ou,  é a elixida,  que conectaría dita terminal coa terminal de Guixar ao longo da Avenida de Beiramar, co referido custo de sete millóns, e a segunda e terceira, similares ás expostas no estudo para  a saída ferroviaria sur  de Vigo, conectarían a terminal de Bouzas cos polígonos de Balaídos, A Granxa e As Gándaras, con 350 millóns que tería que achegar Fomento, e un túnel de 10 ou máis quilómetros baixo o Meixoeiro. Con todo, a pesar da negativa, o Porto encargou a GOC un proxecto máis definido do trazado do tren portuario a Bouzas para unha revisión no futuro. Tamén hai alternativa que e máis complexa, unha ponte desde Barreras á terminal.

Mentres que Abel Caballero rexeita de forma tallante a opción portuaria do tren por Beiramar sen saber aínda como sera o proxecto en fase de estudo, “Mentres eu sexa alcalde, non permitirei que un convoi atravese a cidade”, pero olvidase que el obrigou a José Blanco que os trens da estación Vigo-Urzaiz se fixera un túnel para que os trens chegase a ela, atravesando kilomentros por debaixo da cidade.

Mentres que o presidente da Autoridade Portuaria de Vigo, Enrique López Veiga, recoñeceu que a negativa do alcalde, exposta durante o consello do Porto, supoñía un paso atrás e por tanto, deixar o asunto encima da mesa “porque non imos facer nada contra a opinión da cidade”, asegurou. A primeira das tres opcións, o tren por Beiramar, foi elixida polos técnicos do Porto por ser a máis barata, eficiente e rápida. Con todo, sinalou López Veiga que non é un proxecto que pareza prioritario porque non parece que haxa unha demanda clara dos usuarios da terminal. Insistiu na súa comparecencia ante a prensa que o informe solicitado pola consultora de enxeñería ía quedar encima da mesa “para o futuro” ante a oposición municipal e porque, engadiu, a prioridade principal radica no desenvolvemento dunha terminal ferroviaria na Plisan e no estudo de conexión desta coa terminal de colectores de Guixar e á súa vez, coa rede ferroviaria de interese xeral.

Este notero di que o alcalde da Detroit Viguesa esta máis interesado en facer o proxecto do TÚNEL DE BEIRAMAR o cal aquí nesta ligazón podedes ver como tamén o interese do CENTRO DE BEIRAMAR co cal se presentou ás eleccions a primeira vez que aquí nesta outra ligazón podedes ver.

Alberto Núñez Feijóo puxo o acento o 7 de Xulio do pasoado ano 2015 que se constituirá unha comisión técnica para o impulso dunha estación intermodal en Vigo. Desta forma, o mandatario autonómico trasladou a decisión da Xunta de que Vigo “poida ser a primeira cidade de Galicia cunha estación intermodal”, como xa informara este diario. Unha vez que estea redactado o proxecto construtivo, confiou en que, en 2016, poida licitarse e iniciarse a obra, que supoñerá conectar o tren na estación de Vigo-Urzaiz co autobús, nunha terminal nova que se construirá ao seu lado, nunha parcela xa sinalada.

Pola súa banda, Abel Caballero -que ante os medios en Vigo por aquel entón non falou sobre a estación intermodal- si  explicou que se alcanzou un principio de acordo sobre outro asunto crave para a cidade: o desenvolvemento dos túneles de Beiramar e Julián Estévez, en especial o primeiro. Caballero lembrou que se expuxo un primeiro proxecto sendo conselleira a agora concelleira María José Caride para un paso inferior desde Ou Berbés á rúa Coruña e máis tarde cos conselleiros do PP Agustín Hernández e Ethel Vázquez, “e agora pídennos ao Concello que teñamos a iniciativa”, ironizou. Con todo, aceptou presentar unha proposta de deseño “un proxecto para ir xuntos, Concello e Xunta”. O seu custo iríase a uns 70 millóns de euros.

Rubens Rocha

Roteiro pola contorna do Hospital Xeral

ilcanallarubens_roteiro pola contorna do Hospital Xeral_2016

O pasado xoves día 3, a Plataforma de Afectados polo peche do Hospital Xeral de Vigo e a Asociación de Comerciantes contorna do Xeral realizou un roteiro pola zona para mostrar a deterioración que esta sufrindo a zona que esta en fase de Xentrificación, concretamente sinaláronse sete puntos.

Os sete puntos son negocios pechados na rúa Pizarro e do Padre Feijóo, as casas deshabitadas da rúa Porto rico, o policlínico Cíes, o edificio da Fundación de San Rosendo e os chalés abandonados en Vázquez Varela.

Ven na instalación da Cidade da Xustiza no hospital unha boa solución e piden que o proxecto sirva para rexenerar toda a contorna. Queren que a proposta non “caia no esquecemento” e, para iso, apoian a petición do alcalde, Abel Caballero, para que se asine un convenio que garanta que vai seguir ” adiante” e que “non o poida botar abaixo calquera cambio en Goberno central ou na Xunta”. “Para respirar tranquilos”.

A primeira parada foi nos negocios pechados na rúa Pizarro, tras a baixada de actividade que supuxo clausúraa do hospital. As casas abandonadas da rúa Porto Rico tamén están entre as súas preocupacións, así como a falta dun destino para un edificio como o policlínico Cíes. Fronte á parroquia de Santa Rita, denunciaron o desvalijamiento do que está a ser obxecto o edificio da Fundación San Rosendo e concluíron coa visión dos chalés deshabitados de Vázquez Varela. “Que multen aos seus donos para obrigarlles a mantelos”.

No seu particular calvario, a segunda estación de veciños e comerciantes foron as antigas urxencias do Xeral. Xunto á Plataforma pola Defensa dá Sanidade Pública reivindican que o Sergas dea uso de forma inmediata a este anexo (o 1) e sitúe nel o centro de alta resolución planificado na época do bipartito e asumido na época de Pilar Farjas na consellería de Sanidade. Vicepresidencia da Xunta anunciou que este edificio se reserva para a Cidade da Xustiza, así como a torre, mentres que é o anexo 2 o que se destina a usos sanitarios -no que xa está operativo un centro de saúde, urxencias extrahospitalarias, o Centro de Orientación Familiar…

Rubens Rocha

Galería de fotografías

Video do roteiro