Archivos por Etiqueta: Falperra

Barrio do Cura: cronoloxía da especulación en pleno corazón de Vigo

O pasado mércores 19 Vigo levantábase cunha sorpresa, o proxecto do Barrio do Cura resucitava ao acordar Concello e unha promotora retomar o plan de 2014.

Este humilde blogue publicara diferentes entradas ao respecto do Barrio do Cura.

1º Entrada: 30 novembro, 2011 » Barrio do Cura flashback.

2º Entrada: 28 setembro, 2013 » O Barrio do Cura.

3º Entrada: 28 xuño, 2014 » O concello de Vigo e o sua socia chamada Xentrificacion, a mostra o Barrio do Cura.

4º Entrada: 24 xulio, 2015 » Testemuño dun Vigues que reside nun inmoble en ruínas.

5º Entrada: 28 xuño, 2016 » Vigo flashback: Presentación do proxecto Barrio do Cura.

6º Entrada: 20 xuño, 2018 » O real Barrio do Cura e a sua situación.

Pois ben imos ir ao gran despois desa sorpresa, este proxecto está a piques de volver á vida despois de alcanzarse un acordo entre Concello e o fonod Autonomy Global Opportunities para reactivar un proxecto de recuperación que leva máis dunha década tratando de poñerse en marcha.

Segundo informo Carlos Prego en FdV o convenio recollerá as obrigacións de ambas as partes na recuperación do Barrio do Cura e en Urbanismo farase unha modificación puntual do PXOM de 1993 para adaptalo á lei. O trámite desta nova etapa da actuación urbanística levará un ano e a execución, catro. Un lustro que se se suma a unha historia que arrincou na principios do século XXI:

2004 » Os primeiros pasos do proxecto. En 2004, fai xa case unha década e media, Karpin lanza un ambicioso proxecto para recuperar o Barrio do Cura tras comprar a maior parte das parcelas. O investimento estimado que se facilita entón ascende a 130 millóns. Valery asóciase con Míchel Salgado e José Crespo.

2007 » Diferenzas sobre a vivenda protexida. O proxecto queda en suspenso tres anos despois de lanzarse, a finais de 2007, debido a diferenzas entre o promotor e o Concello sobre a porcentaxe de vivenda protexida. O Concello a fixa nun 29%, mentres Karpin afirma que con ese dato a operación non é viable.

2010 » Reactivación do plan con novo financiamento. O promotor logra novo financiamento co BBVA e o Santander. A firma chega mesmo a presentar o seu proxecto en sociedade na sede do Círculo Financeiro de Vigo. O desenvolvemento do Barrio do Cura volve atrasarse con todo debido a diferenzas en Patrimonio.

2012 » Acordo municipal e poxas en cernes. O Concello e o promotor da actuación asinan un protocolo para desbloquear o proxecto e elabórase un plan especial. A principios de 2013 con todo os bancos estiveron a piques de executar varias veces poxas xudiciais de bens que botarían por terra a actuación.

2014 » Novo investimento para relanzar o proxecto. Grazas a intensas negociacións, a empresa consegue aprazar as poxas. Karpin presenta un novo investidor ruso interesado en entrar na operación. A aprobación do plan preséntase entón como o paso necesario para salvar o proxecto urbanístico.

2015 » Anulación do Plan Xeral de 2008. A finais de 2015 o Tribunal Supremo estima un recurso presentado pola asociación Alternativa Veciñal contra a formulación urbanística, en vigor desde 2008, e anula o Plan Xeral de Ordenación Municipal dese ano. Retómase o PXOM de 1993.

2016 » O Superior anula o PERI do barrio. A principios de febreiro de 2016 transcende a decisión do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de anular o Plan Especial de Reforma Interior (PERI) de Barrio do Cura ao excluír unha parcela da Casa da Caridade de Vigo Hogar San José.

Agora aten cabos vostedes e miraran e respiraran a esencia da Xentrificación.

 

 

 

O real Barrio do Cura e a sua situación

O grave abandono e detorio no que ten a propiedade ao Barrio do Cura. Este abandono crónico conlevou que, durante os temporais do outono de 2014, o esboraemento de boa parte dos perpiaños dunha das súas partes máis belas, valiosas e recoñecidas: o conxunto de vivendas populares dos números 10,11,12 e 13.

O estado xeral do conxunto, recoñecido como Ben de Interese Cultural de Galicia no 2006, é lamentable, unha vergoña para a nosa cidade, que demostra cales son auténticos intereses do poder político e económico da nosa sociedade.

Dende que a especulación urbanística forzou o despoboamento e abandono deste Barrio e outras zonas incluidas no ” Ámbito de Planeamento Remitido A-4-01″ (cousa odiosa en si mesma) non se teñen feito ningún traballo de consolidación e mantemento destes bens que son patrimonio de todas as galegas.

De tal xeito que todos temos que lamentar o dano (quizais non irreparable, pero si moi custoso e desvirtuador) deste tipico, e ao mesmo tempo senlleiro, conxunto do s XIX que consistia de casas populares que contan cuns interesantes espazos comúns (soportais-pasarela, praziña e lavadoiro).

É evidente que a propiedade (actualmente Valery Karpin & asociados) está a infrixir gravemente a Lei Patrimonio cultural da Comunidade Autónoma de Galicia (en concreto o artigo 91 c) da Lei 8/1995, de 30 de outubre).

Ademáis, a día de hoxe, tampouco se fixeron ningún traballo de reparación dos danos ou sequera consolidación dos perpiaños que está arredor do derrube, co que é posible que se volten a reproducir feitos semellantes.

Fotos Rubens Rocha [IlCanallaRubens]
Texto a cova dos ratos.

PD. As autoridades deberían actuar e sancionar aos responsables COUSA QUE NON O FARÁN XA QUE SON AS SUAS AMIZADES!

ை Vigo flashback: Presentación do proxecto Barrio do Cura

O 9 de marzo de 2010 dicíase que: Despois de alcanzar un acordo para o financiamento e o apoio do goberno local onte presentou no Club Financeiro o proxecto de de o Barrio do Cura. O resultado deste proxecto, deseñado polo arquitecto Alfonso Penela e xestionado por Valery Karpin S. L., será a construccion de 320 vivendas (o 35% en regimen de vivenda protexida), un hotel, un centro de negocios e zonas comerciais. Ademais prolongarase cale Conde de Torrecedeira ata o Paseo de Alfonso.

O 2 de xuño de 2014 dicíase que: O pleno da Corporación Municipal de Vigo aprobou este luns, co voto de todos os concelleiros, o Plan Especial de Reforma Interior ( PERI) do Barrio do Cura, o que dá vía libre á iniciativa privada (dirixida polo exfutbolista Valery Karpin) para o desenvolvemento deste ámbito, tras máis de 10 anos de trámites e informes.

As obras iniciaranse coa demolición este verán do asilo de Paseo de Alfonso, e as obras empezarán na primavera de 2011, comezando por un edificio en Torrecedeira, no que se reacollerán as 40 familias do barrio. O investimento previsto é ao redor de 100 millóns de euros financiados polo Banco de Santander e o BBVA, e a superficie para rehabilitar alcanza os 23.000 metros cadrados.

A tenente de alcalde e concelleiro de Urbanismo, Carmela Silva, defendeu a proposta do goberno, e lembrou que ese ámbito dispoñerá de 5.000 metros cadrados de zonas verdes e espazos libres, máis de 300 vivendas (un 29 por cento delas protexidas), novos viarios e zonas peonís.

Así mesmo, o proxecto, que conta con todos os informes favorables, prevé conservar a fachada neogótica do antigo asilo, manterase a gardería municipal e construiranse un edificio para dotación sociocultural, e un aparcadoiro de 300 prazas. A estas actuacións súmanse outras como a instalación de ascensores e escaleiras mecánicas para comunicar as partes altas e baixa do Casco Vello.

Carmela Silva subliñou que ese desenvolvemento urbanístico supoñerá a rehabilitación integral «dunha zona estratéxica» de Vigo e unha «peza fundamental» no futuro urbanístico da cidade.

Pola súa banda, o portavoz do grupo municipal do PP, José Manuel Figueroa, limitouse a sinalar que o seu grupo sempre apoiou o desenvolvemento do Barrio do Cura, e a subliñar a importancia de que todos os partidos apoien o PERI porque «é un proxecto de cidade».

Protestas

As protestas dun grupo de persoas, que coreaban consignas contra a aprobación do PERI do Barrio do Cura, obrigaron a suspender momentaneamente a sesión plenaria. Os berros comezaron cando a concelleira de Urbanismo e tenente de alcalde, Carmela Silva, iniciaba a súa exposición para defender a proposta de aprobación definitiva do PERI.

Nese momento, varios dos asistentes á sesión comezaron a corear consignas como «ou Barrio do Cura non véndese», « non á especulación» ou «ou barrio é noso, e non deses mafiosos», en alusión á iniciativa privada, que promoverá o desenvolvemento urbanístico dese ámbito.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

O concello de Vigo e o sua socia chamada Xentrificacion, a mostra o Barrio do Cura

 

“Paseando polo camiño da Barroca dende a Ribeira do Berbés, paro a beber na fonte do mesmo nome. Quero probar a súa auga porque din que é máxica e parece que é certo pois cando remato de beber e empezo a camiñar cara á porta da muralla da Falperra doume conta de que a cada paso que ando van pasando os anos rapidamente, como se fora un meigallo.
Ó chegar vexo unha nova Fonte na Falperra e todo está cambiado ó meu redor, por todos lados parecen querer empezar formarse construccións horribles que tapan o ceo e as vistas cos seus grises, así que decido coller o camiño que vai directamente dende a Falperra ata a igrexa de San Francisco, para rezar e quitarme este meigallo que parece obra do demo. Sigo por este camiño que para min é tan coñecido ou máis que o camiño da Barroca e deixo á dereita un grande asilo de anciáns, baixo as escadas do que parece ser o Barrio do Cura, paso entre preciosas casas baixas de Pedra, escada tras escada, e continúo logo o camiño comunal que segue perfectamente marcado polo medio das leiras dos curas, saíndo directamente a Santa Marta. Ó chegar alí miro atrás e o camiño desaparece xunto coas leiras e hai monstruos que ruxen guiados por homes, levantando o que parece ser o pai de todas as edificacións horribles que vira antes, coido que estou a ver ó demo. Comezo a rezar e, sen querer, no meu subconsciente lembro as historias que contaba a miña avoa sobre a Ermida e que pasaron de xeración en xeración e doume conta de que o tempo volve empezar ir para atrás ó facer iso; e canto máis tempo recordo as historias, máis para atrás volvo no tempo. Así que vou seguir recordando a historia para volver ó meu tempo e á miña historia.”

Todos sabemos do mamotreto elitista de casas con vistas ao mar para ricos, estilo Marbella e do outro típico e vulgar centro comercial máis ou comecartos xigante que nos queren impoñer, no Centro Histórico de Vigo, o alcalde Abel Caballero e o exfutbolista do Celta, e agora home de palla da especulación inmobiliaria de luxo, Karpin.

Pois ben, este é o relato dos aniquiladores que queren matar esta historia, a historia de Vigo, a nosa historia e a nosa identidade e para que?, pois para encherse os seus petos:

En 1572 é doada polos monxes Bernardos ou Cistercienses de Melón aos Franciscanos a Ermida de Santa Marta, chamada polo menos ata 1411 Ermida de Santa Eugenia e é tan antiga que se remonta como mínimo ao século XI, onde aparece por primeira vez na historia escrita. Ademais da Ermida, dóanlles as viñas, ata seis cavaduras e as terras anexas próximas para levantar o convento e facer hortas. Todo isto concédeselles de forma graciosa aos franciscanos, casando a viña e as terras coa Ermida, para que a seu goze e as súas rendas sexan entregadas aos pobres. Si, aos pobres.

Non é irónico que agora boten por centos de pobres á rúa?

Nunha época na que en Vigo a maioría somos pobres, lexitimamente o pobo reclama a terra que antes xa lle foi dada e, por tanto, é súa e non desexa que se lucre unha minoría rica, como outrora. O pobo reclama que todo ese espazo sexa público e sexa para o goce colectivo.

O terreo, agora chamado “Horta do Berbés”, foi e é xestionado por numerosos colectivos e asociacións da cidade, ademais de por quen queira, mediante unha asemblea aberta e xa se está traballando, desde hai anos, como unha gran Horta Comunitaria Okupada Autoxestionada (a primeira de Vigo na que calquera pode participar sen ningún requisito previo e da que o propio alcalde Abel Caballero tomou bo exemplo para crear as súas burocráticas “hortas urbanas” prefabricadas no resto da cidade).

No edificio (antigo asilo dos anciáns desamparados, aos que os avariciosos curas e monxas roubaban todos os seus bens en vida e en testamento con enganos) agora viven centos de persoas que non teñen onde ir, xa que o último gran albergue feito polo concello é de xoguete e non ten capacidade para case ninguén, por non falar dos seus días de máxima permanencia ou tempos rotativos e outros requisitos tan pouco éticos para persoas que necesitan unha vivenda e estabilidade real para saír da marxinación. Así que o máis recomendable e xusto é facer deste lugar un bo Hospital no centro da cidade, cun albergue no seu interior e unha zona de vivenda independente para o internamento, seguimento e tratamento dos drogadictos (a poder ser con medios máis naturais e humanos que os que usan agora no esperpéntico CEDRO e o resto de irrisorios servizos sociais de Vigo).

O edificio, lonxe de estar en ruínas (como lles gustaría ás “persoas” que mandaron serrar todas as enormes vigas do tellado para que caese e a auga derrubáseo todo, ou a esas mesmas “persoas” que pagaban, de cando en vez, aos drogadictos 20 euros ou menos por plantarlle lume ao edificio ou a outras casas do barrio), ten a estrutura perfecta segundo a opinión de todos os arquitectos consultados.

E as casas na contorna do barrio agora están deshabitadas, por culpa dos enganos dos comerciais de Karpin aos seus propietarios para que se fosen con falsas promesas que caducaban e outras reviravoltas como a propiciación por parte do concello para que este sexa unha gran contorna de drogadicción e marxinalidade, ademais dunha zona ruinosa, falsamente declarada masivamente como tal (como fixeron hai pouco novamente na contorna da rúa Santa Marta con vivendas en perfecto estado e habitadas). Habería que rehabilitar as casas e cederllas a persoas que non poden pagar as súas vivendas, como os membros da PAH (Plataforma de Afectados pola Hipoteca) en Vigo.

“Ou pobo é quen máis ordena”, por iso isto é só o comezo desta historia, porque esta historia comezou polo seu final e esta vez non imos rezar.