Archivos por Etiqueta: galiza

Vulcano na década dos 2010

vulcano vigo

Tal como fíxose vaise, pero iso si as instalacións quedarán, abandonadas mentres se especulan con elas tal como é o ADN da cidade de Vigo no eido co patrimonio industrial.

E o persoal que aínda traballaba nel? pois nestes meses saberase que será del, aínda hoxe e un gran dilema.

Historia

O estaleiro foi fundado no ano 1919 por Enrique Lorenzo Docampo​ e o enxeñeiro belga Ludovico Morlon no barrio de Teis, na cidade de Vigo.

No ano 2011 debido a diversos problemas económicos provocados pola quebra da súa filial Juliana, empresa situada na cidade de Xixón, e á cancelación de dous contratos, o estaleiro vese obrigado a presentar voluntariamente un concurso de acredores. Saíndo do mesmo no ano 2012, o que permite ao estaleiro volver ao mercado de construción de buques.

No verán de 2015 a empresa diversifica a súa actividade adxudicándose os contratos para a construción dunha rampla Ro-Ro no Porto de Vigo, a cal está destinada ao acceso da carga rodante aos buques que cobren os roteiros de transporte da Autoestrada do mar entre Vigo e Nantes/Saint Nazaire (Francia). E tamén a instalación dun xerador a gas natural no ferry Abel Matutes da naviera Baleària, sendo o primeiro estaleiro español que realiza unha obra desas características nun buque.

En 2016 a empresa volveu correr serio perigo de peche ante a falta de actividade e ao quedar fóra da licitación para a construción das dovelas das obras de ampliación da ponte de Rande, finalmente en setembro dese mesmo ano o estaleiro esquivou a liquidación grazas á venda dun ferry a medio construír á naviera Trasmediterránea, que naquela época pertencía ao grupo empresarial Acciona. A construción do buque foi iniciada polos desaparecidos Estaleiros de Sevilla e o casco inacabado do mesmo trasladouse a Vigo no ano 2013, unha vez o estaleiro sevillano entrou en proceso de liquidación. En abril do ano 2017 e tras varios meses de negociación entre as partes implicadas, asinouse o contrato definitivo para a construción do ferry, a operación foi financiada polo Banco Santander, entidade propietaria do buque tras o peche do estaleiro sevillano.

En marzo de 2018 a empresa inicia unha colaboración co estaleiro West Sea Estaleiros Navais, situado na localidade de Viana do Castelo, os traballos realizados por Factorías Vulcano para o estaleiro luso foi a fabricación de bloques metálicos para un cruceiro fluvial construído na instalacións do estaleiro portugués.

No 2019 acabouse a viaxe. Factorías Vulcano acaba de poñer fin a cen anos de azarosa traxectoria coa solicitude de liquidación voluntaria no Xulgado do Mercantil 3, con sede en Vigo. O seu último e único pedido no 2019, o Villa de Teror, que partiu con destino Motril (Granada).

Nas dúas últimas décadas, protagonizou tres soados procesos concursais tal como citei que derivaron en máis de 200 millóns de euros en quitas. Pola quebra da súa exfilial Factorías Juliana foi condenada en firme polo Tribunal Supremo a unha multa de 25 millóns de euros; tras a aplicación de quítaa, a sanción rebaixouse a cinco millóns.

Fotos dos períodos 1908/1955

13416878_10209152582946655_7457790553234442836_o13458714_10209152581186611_4222421575338984246_o

13422369_10209152603667173_3874600370075840549_o13418503_10209152602827152_1232704116805805688_o13247838_10209152601427117_4028324739353644244_o13415426_10209152599667073_6327696880904104161_o13433099_10209152604827202_2583568532581006556_o13443047_10209152678429042_7817443341158493602_o13417002_10209152596747000_3038824027457756687_o13482819_10209152600227087_266857902264094129_o13422381_10209152589786826_3132540084236667757_o

O Celta non se politiza!


■ A empresa deportiva Real Club Celta fai caso omiso aos seus siadeiros/abonados/simpatizantes cando din que o clube non é pra facer política, o clube ten que escoitar a sua xente, xente que deixa o seu salario nel.

■ E lamentabel que dita empresa este cada vez máis politizada.

■ A liorta que ten dita empresa co Concello, o Concello con ela.

■ 1º lugar ás liortas insitucionais, 2º lugar o negocio e 3º lugar o deportivo.

■ O Celta como insitución non se merece nin mereceu ter uns dirixentes como o Horacio e actual.

■ Os custos das entradas elevado e cada vez menos xente indo a Balaidos.

■ Que pensarían hoxe os fundadores galeguistas do Celta no 1923 se visen que na sede que se dí de todos acolle unha charla sobre a unidade do estado español.

■ En resumidas contas, a deriva emocional dos simpatiazantes/siadeiros cada día aumenta como as criticas a xunta directiva e onte na rúa do Príncipe e nas redes sociais.

■ Debería o capital do clube traballar pola unidade do celtismo e coa contorna social en lugar de prestarse a batallas rancias pola unidade allea empregado coma instrumento con data de caducidade política. A primeira vez foi un erro, pero cando o erro se repite denota un problema e causa unha fenda. Agardemos que non se convirta en irreparable.

■ O Celta non se politiza.

■ O Celta non é a casa feixista.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Unha semana en Vigo da batalla “PIROLA VS PIROLA!”

 

Tal hora como agora pechábase o evento deportivo urbano O MARISQUIÑO 2018, tal hora como agora caíase o paseo de madeira das AVENIDAS no concerto peche de dito evento.

Unha semana na que os vigueses e viguesas fomos testemuñas da COMPETICIÓN de quen ten o MEMBRO MAIS LONGO.

Unha semana na que non houbo dimisións, unha semana sen responsables, unha semana para o esquecemento dunha cidade que non se merece que haxa batalla de PIROLA CONTRA PIROLA.

» Unha semana patética onde o PPdeVigo facia o que vén no seu ADN, iso de facer POLITICA coas vitimas.
» Unha semana patética dun Alcade do PSOE facia o que vén no seu ADN, iso de facer POLITICA empregando o ton dun conta contos.
» Unha semana patética onde os Palmeiros (prol Abel Caballero) e os CORRUPTOS (prol PPdeG) botábanse merda mutuamente.
» Unha semana patética na cal se me veu á cabeza Pepiño Blanco e M.Rajoy, pero nisto non hai un maquinista nin un capitán.
» Unha semana patética, se señores e señoras, unha semana patética, as formacións políticas da cidade que mantiveron a coherencia e manifestáronse tranquilamente sen atacar Marea de Vigo e BNG.
» Unha semana para o esquecemento pero non se pode esquecer, é difícil esquecer o ocorrido como é o meu caso que estiven a cubrir o INCIDENTE vendo aos mais mozos da nosa cidade manchados de sangue e con crise de pánico e ansiedade.
» Unha semana para o esquecemento pero non se pode esquecer, é difícil esquecer o ocorrido…

• Moitos vigueses e viguesas viñan denunciando o mal estado de onde se produciu o acidente.
• Moitos vigueses e viguesas non lle fixeron caso cando estes denunciaron o mal estado onde se produciu o acidente.
• Moitos vigueses e viguesas tiveron acidentes nese tramo do paseo e levaron o seu acidente a xustiza e esta ditou sentencia?
• Moitos vigueses e viguesas temos claro quen é o resposabel, máis esperaremos que a xustiza SEXA XUSTA por e para as citimas e os cidadans de a pé.

Dato de hemeroteca

Estes son os alcaldes de Vigo dos últimos 20 anos de abandono do paseo das avenidas.

Carlos Príncipe (PSdeG-PSOE), 1991-1995.
Manuel Pérez (PPdeG), 1995-1999.
Lois Pérez (BNG), 1999-2003.
Ventura Pérez (PSdeG-PSOE), 2003.
Corina Porro (PPdeG), 2003-2007.
Abel Ramón Caballero (PSdeG-PSOE), Desde 2007 hasta la actualidad.

Presidentes da Autoridade Portuaria de Vigo últimos 20 anos.

Elena Espinosa Mangana (PSdeG-PSOE), 1988-1996.
Juan Curral Pérez (PPdeG), 1996-1999.
Xullo Pedrosa Vicente (PPdeG), 1999-2005.
Abel Ramón Caballero (PSdeG-PSOE), 2005-2007.
Jesús Paz Arias (PSdeG-PSOE), 2007-2009.
María Corina Porro Martínez (PPdeG), 2009-2011.
Ignacio López-Chaves Castro (PPdeG), 2011-2015.
Enrique César López Veiga (PPdeG), Desde 2015 ata a actualidade.

Documentación sobre o tema

Documento do convenio asinado en novembro de 1992 onde o Concello din que ten que manter o paseo. Documento sacado de https://www.elindependiente.com/politica/2018/08/13/el-convenio-de-1992-obliga-al-ayuntamiento-de-vigo-a-mantener-la-pasarela-derrumbada/

 

Documento do BOE-A-20115312. Resolución do 16 de febreiro de 2011, aprobada pola Comisión Mixta para as Relacións co Tribunal de Contas, en relación co Informe de fiscalización das actividades realizadas polo Consorcio da Zona Franca de Vigo no período 2002-2006. Descargar BOE aquí https://www.boe.es/boe/dias/2011/03/23/pdfs/BOE-A-2011-5312.pdf

 

 

Segundo o Código Técnico de Edificación mantemento refírese a mantemento estrutural. Desgargar aquí o documento https://sedeelectronica.ayto-cnarcea.es/action/perfilcontratante?method=descarga&nombreFPublicacion=1-instrucciones%20de%20uso%20y%20mantenimiento.pdf&idDocumento=260939

Saquen as vosas conclusións.

Que a xustiza sexa XUSTA!

Video do incidente e declaracións

Seguridade alimentaria na ración de polbo?

Algo que nunca entenderei, a consellería de sanidade hai un tempo atrás prohibiu o uso de estes pratos de madeira pero aínda a día de hoxe úsanos para dar a ración de polbo.

Cabe sinalar tamén que cando un sácase o carné de manipulador de alimentos nun dos apartados do temario di que queda totalmente prohibido o emprego de materiais de madeira para elaborar/servir alimentos, esta prohibición xa estaba antes que a consellería de sanidade prohibíseo.

Cónstame porque fun a varias festas do polbo en Galiza na que a ración cha poñen nun prato de plástico ou nunha bandeixa de aceiro inox.

O que me chama a atención que as forzas de seguridade do estado vexan como estas pulperas ou pulperos sirvan o polbo no prato de madeira e non sancionen, como tamén me chamen a atención como ditas forzas estando presente vexan como limpan os pratos de madeira baixo unhas condicións pouco hixiénicas como é o coller o prato que uso unha familia e estes collan o prato déanlle por encima cun papel e logo métano onde cociñaron o polbo e este déanllo a outro cliente mais non sancionen.

Porque esta prohibido o emprego de madeira para os alimentos? A madeira é porosa, por iso aínda que lavemos os utensilios de cociña deste material despois de ser utilizados, estes absorben restos dos alimentos e supoñen un niño perfeito para un chea de bacterias. Ter un foco de infeccións en contacto continuo cos alimentos non é san…

Ante todo a seguridade alimentaria debese cumprir pola parte dos hosteleiros/cociñeiros como tamén os corpos do estado sancionar baixo as directrices da inspeción sanitaria sen previa denuncia dun cidada.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
Todo isto saíu a relucir nun típico coloquio de bar.

Camiñar o Vigo Vello

O pasado domingo estiven representando a noticiasvigo no roteiro baixo o nome “Camiñar o Vigo vello”, que é así como chámase o libro do vigues Pedro Feijoo o cal organizo este roteiro que desde noticiasvigo ten o pracer de compartir con todos vós neste video, é un paseo pola historia da cidade.

De a cabalo entre os manuais de historia e as guías turísticas, o libro de Pedro Feijoo propón un xogo diferente. É certo que, como as guías, vén cos seus planos, mapas e mesmo percorridos propostos. E que, como os libros de historia, tamén conta cun amplo relatorio de anécdotas, memorias, imaxes de época e documentos nalgúns casos inéditos a día de hoxe. Pero en realidade este libro é outra cousa… É a carta dun namorado, o convite para saír a camiñar e redescubrir a cidade a través das rúas e prazas do seu barrio vello.

A proposta de coñecer Vigo da man dun paseo que, sobre todo, se fai sen présa, devagar, deixando que os nosos pasos se perdan polo mar de anécdotas e historias que conforman a memoria da cidade. Porque, á fin e ao cabo, esa é a verdade: nada máis hai que saber onde observar con atención para descubrir que entre as luces e sombras da cidade vella aínda permanecen visibles os vestixios das moitas vidas que amalgamaron o Vigo vello. Eis a eterna vila mariñeira, si, pero tamén aqueloutra que os seus veciños defenderon a ferro e lume en máis dunha ocasión, e o Vigo industrial, e o metropolitano, e mais tamén o corsario.

Esta é a proposta que se fai neste libro: saír a camiñar o Vigo vello, e coñecelo de primeira man, a través do seu paseo.

“Camiñar ou Vigo vello” é un pretexto do escritor, que demostrou o seu apego por estas rúas nas súas exitosas novelas, para animar aos vigueses para saír á rúa e “xogar a ser turistas” na súa propia contorna. Un paseo con Feijoo polas rúas do Casco Vello é rico en anécdotas. Desde a Praza dous Pescadores, o escritor resalta ao sobrevivente que preside o lugar: “Esta oliveira é o único que garda a memoria de cando Vigo era unha cidade cuberta de oliveiras. Leva aquí toda a vida, non o trasplantó ninguén”. Esta árbore é mesmo máis antigo que o do Paseo de Alfonso XIII, sen dúbida, o máis fotografado.

O vídeo non esta completo xa que se desexas saber o seu final NoticiasVigo anima e recomenda a todos a participar nestes roteiros. Pido desculpas porque nalguns treitos do video o audio non e moi bo pero como ben sabedes traballo de forma precaria.

Quen pagara o non gañado na festa de San Roque 2018?

Este mércores publique a noticia do peche dos postos na romaría de San Roque, pois moitos usuarios e usuarias da social media increpáronme dicindo que era falsa.

 
Pois ao día seguinte os medios locais e autonómicos fixéronse eco da noticia, pois ben, como dixera na información lanzada en “noticiasvigo” “A poucas horas do comezo da festa de San Roque a Policía Local de Vigo pechou todos os tenderetes de fora da leira de San Roque baixo, “Non hai plan de evacuación” así o manifestan os comerciantes.
Cabe sinalar que a comisión de festas non tramitou todos os permisos necesarios para a festa. A orde de peche ben dende o concello”
 
Pois no día de onte púxenme en contacto con organizacións de festas en Vigo, as cales me atenderon moi ben ás cal llo agradezo e moito. Estas comentáronme que o concello de Vigo non informo a estas sobre a nova lei de espectáculos de Galicia, algunhas enteraronse pola prensa, o concello ten a obriga de informar.
 
Non me estraña que o ocorrido este mércores a culpa non a ten a comisión de festas xa que esta entrego toda a documentación como en pasados anos, só que neste ano fáltolle entregar o novo documento, o da lei de espectáculos de Galicia.
 
Agora ben, os comerciantes da festa perderon un día de traballo, será o concello quen pague o que non puideron gañar por non informar á comisión de festas do novo documento? sera a comisión de festas quen pague o que non puideron gañar pola orde do concello? porque o concello non informa as organizacións de festas en Vigo? preguntas que seguro non atopar respostas xa que o concello de Vigo non responde nunca a noticiasvigo.
 
Nunha editorial na miña conta de facebook perosal a cal tamén aquí no wordpress publiquei decia “O de hoxe no ocorrido na gran festa de Vigo como é a de San Roque é lamentabel, e lamentabel que lles pechen os tenderetes aos comerciantes, comerciantes que pagaron para estar na festa e que estes lle pechen os tenderetes desde o Concello por falta de documentación que non entregou a comisión de festas cando o concello ten que informar a todos os que organizan eventos da nova lei de espectáculos de galicia”…”o que me resulta curioso que esto so afecte aos de fora e non aos que estan dentro da leira de San Roque cando dita leira e pública como tamén o é a rúa Felipinas, que curioso… e que mal polos que estan dentro da leira en non solidarizarse cos comerciantes de afora, que mal, xa que sen o actrativo de fora non van ter tantas gañanzas bueno eles saberan”
 
Vin na prensa local os comentarios á noticia que demos en noticiasvigo primeiro, a xente pregunta porque esta en decadencia a festa de San Roque e tamén piden unha nova comisión de festas para que esta reviva, cousa curiosa que eses comentarios foran ao dia seguinte da noticia eu dixera no día da noticia na miña editorial “San Roque precisa dunha renovación urxente, tanto pola banda da asociación como da comisión de festas (e o que pide moita veciñanza pero ninguen atrevese a decilo)… estan deixando morrer a festa e vai a rematar como pasou no Berbés.
O 2011 foi o ultimo ano dos fogos artificiais o espetaculo mais importante despois do de Bouzas.
Desde o 2011 a cantidade de actracións e postos de fora da leira vai decaindo.
E que falar dos recortes pola parte do concello na festa”.
 
Xa non teño máis que decir, todo esta dito.
Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Nin patrón ni patrona

Moitos vigueses e viguesas din que San Roque é o patrón da cidade e cabe sinalar que non o é, San Roque non é o patrón de Vigo. Como tampouco o é o Cristo da Vitoria. Sinálase como patroa da cidade a Santa María, que a Igrexa celebra un día antes, o 15 de agosto, coa festividade da Asunción. O segundo erro é máis grave, pero non tan fácil de comprender. Porque a cidade de Vigo non ten ningún patrón. Como sinala a Constitución de 1978, vivimos nun Estado aconfesional. Polo tanto, Santa María é patroa só para os vigueses católicos. Nada máis (e nada menos). Non o é para quen profesa outra confesión relixiosa; ou simplemente, ningunha. E tampouco o é oficialmente da cidade. Vigo ten escudo, ten bandeira e ten lema. Pero non ten nin patrón nin patroa. É un erro común dar carácter oficial a un patronazgo que existe. Porque se mañá un musulmán decidise que estamos baixo a protección do arcanxo Gabriel ou un hindú proclamase que nos amparan Shiva ou Visnú, o resultado tería o mesmo carácter oficial que o católico: ningún.

Aclarado a lea, entramos na festividade máis popular da cidade. Porque a romaría de San Roque transpórtanos ao Vigo rural, nunha cidade que aínda conta cunha cabana gandeira cifrada, segundo o último censo, en 309 vacas, 409 porcos e 526 cabalos. O número de ovellas pode calcularse observando as que ocasionalmente pastan nalgunhas leiras de Navia ou da avenida de Madrid.

Este Vigo rural, que aínda pervive, conserva na leira de San Roque a súa romaría de verán, do mesmo xeito que o fai no inverno en Bembrive coa festa de San Blas. Desde tempos remotos, o evento celébrase os días 15, 16 e 17 de agosto. A primeira data chamábase “vésperas”, a segunda “San Roque” e a terceira “O Can”. Esta última, de despedida, rendía homenaxe ao can chamado Rouna que, na imaxinería relixiosa, acompaña ao santo de Montpellier lamiendo as súas feridas. Segundo as crónicas antigas, O Can, o día de peche, a festa era bastante máis “rachada” que nas dúas xornadas precedentes.

O día 15 comezaba cun gran repique de campás na parroquia á tardiña. Nese momento saía a procesión da Virxe do Rosario, que era recibida na capela pola imaxe de San Roque. Ambas se reunían logo baixo un fornelo e expúñanse durante os tres días que duraba a romaría.

O día de San Roque celebrábase unha misa, a cuxo termo se iniciaba a procesión, que percorría as rúas de San Roque, Couto Piñeiro, Rola e Santa Rita. Ao concluír a marcha, lanzábanse foguetes. Describe a estampa da xornada de hai un século Amador Montenegro: «O número de casetas instaladas con atraccións de todas clases, e con gran número, en que constantemente se servían refrescos e comidas, animaba e atraían xentes en cantidade ata altas horas da madrugada, postos que co abono do canon fixado, pagaban con fartura os gastos da festa».

O 17 de agosto, popularmente coñecíase como O Can. Nesta xornada, unha nova procesión devolvía á Virxe do Rosario coa mesma cerimonia e lanzamento de bombas de palenque.

O médico Nicolás Taboada e Leal, primeiro cronista oficial da cidade de Vigo, xa destacaba en 1840, na súa «Descrición topográfico-histórica da cidade de Vigo, a súa ría e arredores», que a romaría de San Roque era unha de «as máis famosas e de máis nombrandía». Na súa crónica, aludía á «abundancia de froitas, sandías, melones, recoiro, tamboriis, gaitas, danzas e a algarada e o bulicio».

«Á distancia dun curto paseo desta cidade áchase unha extensa e ben poboada dehesa de robustos carballos, en cuxo sitio se solemniza a súa festividade», engade Taboada, que considera grato «observar os xúbilos públicos, os varios corros con danzas do país, e pola noite asisten aos fogos artificiais» cabe sinalar que desde o 2011 estes fogos se deixaron de facer. Consérvanse gravados con estas tradicións, como unha estampa na que se ve o baile da hogaza, que era un clásico en San Roque ata o século XIX.

Agora, as tómbolas, o tiro ao branco e certa obsesión polo pasodobre, fronte á música tradicional galega, talvez fágannos esquecer o pasado tradicional de San Roque. Pero non custa moito atopar as pegadas dunha festa ancestral, que aínda conecta a cidade coa súa antiga identidade rural. Así que haberá que ir festexar, aínda que non a honrar a patroa nin patrón algún. Porque Vigo, xa queda dito, non ten patrón.

A festa do Barrio de San Roque en decadencia.

Atopome ben desolado.

Eu medrei en tres barrios da cidade, San Roque, A Pastora e O Calvario, pois ben o primeiro hoxe esta máis que triste, un barrio ao caron da miña vivenda.

Non sei que demos pasa, pero o barrio vai en decadencia dende o 2010, oito anos de decadencia, cada vez menos servizos, cada vez mais horfo… 

O de hoxe no ocorrido na gran festa de Vigo como é a de San Roque é lamentabel, e lamentabel que lles pechen os tenderetes aos comerciantes, comerciantes que pagaron para estar na festa e que estes lle pechen os tenderetes desde o Concello por falta de documentación que non entregou a comisión de festas cando o concello ten que informar a todos os que organizan eventos da nova lei de espectáculos de galicia… 

Na festa de San Roque, cada 16 de agosto, o santo milagreiro converte o barrio que rodea o pazo de San Roque (onde se garda a súa figura) na maior romaría urbana de Vigo. A celebración mantén todos os costumes das festas campestres tradicionais.

Cada ano, son miles os fieis que se dan cita nos arredores da Praza de España, no barrio de San Roque, para manter viva a maior romaría de Vigo. Os exvotos son o máis típico desta celebración: o costume manda comprar a reprodución en cera da parte do corpo enferma e pedir a San Roque que a cure. Os fieis aseguran que o ‘santo milagreiro’ é capaz de sandalo todo.

Bueno despois de botarlle flores o que me resulta curioso que esto so afecte aos de fora e non aos que estan dentro da leira de San Roque cando dita leira e pública como tamén o é a rúa Felipinas, que curioso… e que mal polos que estan dentro da leira en non solidarizarse cos comerciantes de afora, que mal, xa que sen o actrativo de fora non van ter tantas gañanzas bueno eles saberan.

San Roque precisa dunha renovación urxente, tanto pola banda da asociación como da comisión de festas (e o que pide moita veciñanza pero ninguen atrevese a decilo)… estan deixando morrer a festa e vai a rematar como pasou no Berbés.

O 2011 foi o ultimo ano dos fogos artificiais o espetaculo mais importante despois do de Bouzas.
Desde o 2011 a cantidade de actracións e postos de fora da leira vai decaindo.
E que falar dos recortes pola parte do concello na festa.

En fin, estou desolado, moi desolado. E lamentabel o ocorrido hoxe… e todo polo que pasou no O Marisquiño xa que se non pasara hoxe poderiamos decir que estabamos de festa.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

A leira de San Roque, un lugar cheo dunha historia e maxia

Vin anunciando nas miñas redes sociais que faría unha entrada especial sobre a illa urbana da leira de San Roque, unha área da Detroit Viguesa cheo de historia e maxia.

Esta illa componse por tres áreas; o pazo, a leira e a capela.

Irei describindo dando información cada unha das áreas pero antes debo de dicir que esta illa aínda respírase ese Vigo rural, é unha das zonas que mellor conservadas, aínda que haxa moitas leiras en abandono en fase de especular nas que sobrevoa por encima ese ser do urbanismo salvaxe e cando este sobrevoa pon en perigo as boas conservadas.

Bueno vou a entrar en detalle das tres áreas da leira e deixarei para outro pos o dito anteriormente. Á leira accédese grazas a un portalón de pedra cun amplo panel, cun oco con dinteles decorado con brasóns. Ten unha superficie de 17.000m².

O PAZO

Pazo de San Roque, un dos pazos máis antigos de Vigo, levantouse a finais do século XVII e foi habitado pola familia Méndez de Sotomayor. O Comandante de Mariña de Vigo Francisco Xavier Quiroga foi o último conde que residiu no pazo, xa que, en 1925 foi adquirido pola Caixa de Aforros Municipal de Vigo.

Despois das obras de reparación e conservación realizadas por Banco Nova Galicia, o pazo conta con dúas plantas ( semisótano e planta baixa) cunha superficie total de 640 metros cadrados ( semisótano de 218 metros cadrados e planta baixa de 422 metros cadrados).

As dependencias e instalacións coas que conta o pazo son as seguintes:

Na planta semisótano: vestíbulo, aseos, almacén, cociña e salón-comedor.

Na planta baixa: vestíbulo, zona de recepción de autoridades, aseos, gardarroupa, despacho, sala de xuntas e dúas salas de conferencias.

Os seus espazos poden ser alugados por entidades públicas e privadas, así como por organizacións non gobernamentais que desempeñen actividades acordes coa filosofía do centro.

Tras a conclusión das obras, nas dependencias do pazo leva a cabo actividades do Instituto de Desenvolvemento Banco Nova Galicia, cursos da Escola de Negocios Novacaixagalicia para altos directivos, cursos de formación de Novacaixagalicia, encontros empresariais, reunións de traballo de empresas, actos institucionais e recepcións de empresas. Para iso, as instalacións do pazo están dotadas dos máis modernos medios audiovisuais, como ordenadores con acceso a internet, canón de vídeo, medios para realizar videoconferencias…

O pazo alberga importantes mostras do patrimonio artístico e cultural da Galiza.

O Pazo de San Roque, xestionado por un equipo de excelentes profesionais con ampla experiencia na organización de actos, é un lugar único para celebrar de maneira exitosa os seus eventos ou reunións de traballo.

A LEIRA

A leira de San Roque aparece por primeira vez contemplada como parque no Plan de Extensión de Vigo elaborado por Antonio Palacios e aprobado polo Concello en 1935. Trátase dun fermoso parque urbano de máis de 17.000 metros cadrados.

No seu interior hai un rico mostrario de especies vexetais, con máis de 28 variedades de árbores, arbustos e plantas, entre as que podemos citar o carballo, o castiñeiro, o camelio, a cerdeira, o bidueiro, o magnolio, o abeto, o loureiro ou a acacia. Sobre todo esta contorna vexetal acometéronse accións de melloras para recuperar aqueles especímenes que están deteriorados e repoñer os que, polo paso dos anos, son irrecuperables.

A CAPELA

Dentro da leira está siutada a capela dedicada a San Roque, patrón da cidade. A construción veu motivada tras a peste que azoutou Vigo en 1598 e na contabilizáronse máis de 2.000 vítimas. Aos poucos foi cedendo e esta normalización atribuíuse a San Roque, polo que o pubelo levantou unha ermida na súa honra. A tradición de celebrar a festividade de San Roque o día 16 de agosto data do século XVIII, data de gran devoción para os vigueses e viguesas.

A capela, de uso da Diocese, comunícase co pombal do pazo a través dunha construción ponte. Esta construción, que se asenta sobre un arco, servía de corredor á familia da casa para acceder á tribuna da ermida. A restauración da capela consistiu no saneamento dos muros e na rehabilitación dos elementos existentes incluíndo os tres retablos que datan do século XIX.

A contorna da capela e xardins son de aceso público os 365 días do ano, recomendo visitar por detrás Detras da capela cara a Avenida de Madrid onde se pode gozar dunhas fermosas vistas do interior da cidade e os seus arredores para min un lugar mais que maxico.

A REHABILITACIÓN

A rehabilitación da casa e da capela e o acondicionamento da leira comezaron no ano 2001. Construíuse na propiedade un novo palco, baixo o que se habilitaron oficinas para a irmandade de devotos do santo. A leira constitúe un céntrico lugar de esparexemento público.

COMO CHEGAR

Autobuses. Líñas: 12B, L14, C3.  Información da estación de autobuses de Vigo.

Estación de tren Guixar: R/ Areal, s/n Vigo. Información da estación de trens Vigo-Guixar.

Aeroporto: a 16 km de distancia. Información do aeroporto de Peinador.

INFORMACIÓN E RESERVAS DO PAZO

Se tes algunha dubida cos espacios, ou se che gustaría facer unha reserva, contacta no seguinte telefono 986 120 082 ou no correo electrónico socioculturales@afundacion.org

DATO IMPORTANTE

Moitos vigueses e viguesas din que San Roque é o patrón da cidade e cabe sinalar que non o é, San Roque non é o patrón de Vigo. Como tampouco o é o Cristo da Vitoria. Sinálase como patroa da cidade a Santa María, que a Igrexa celebra un día antes, o 15 de agosto, coa festividade da Asunción. O segundo erro é máis grave, pero non tan fácil de comprender. Porque a cidade de Vigo non ten ningún patrón. Como sinala a Constitución de 1978, vivimos nun Estado aconfesional. Polo tanto, Santa María é patroa só para os vigueses católicos. Nada máis (e nada menos). Non o é para quen profesa outra confesión relixiosa; ou simplemente, ningunha. E tampouco o é oficialmente da cidade. Vigo ten escudo, ten bandeira e ten lema. Pero non ten nin patrón nin patroa. É un erro común dar carácter oficial a un patronazgo que existe. Porque se mañá un musulmán decidise que estamos baixo a protección do arcanxo Gabriel ou un hindú proclamase que nos amparan Shiva ou Visnú, o resultado tería o mesmo carácter oficial que o católico: ningún.

Aclarado a lea, entramos na festividade máis popular da cidade. Porque a romaría de San Roque transpórtanos ao Vigo rural, nunha cidade que aínda conta cunha cabana gandeira cifrada, segundo o último censo, en 309 vacas, 409 porcos e 526 cabalos. O número de ovellas pode calcularse observando as que ocasionalmente pastan nalgunhas leiras de Navia ou da avenida de Madrid.

Este Vigo rural, que aínda pervive, conserva na leira de San Roque a súa romaría de verán, do mesmo xeito que o fai no inverno en Bembrive coa festa de San Blas. Desde tempos remotos, o evento celébrase os días 15, 16 e 17 de agosto. A primeira data chamábase  “vésperas”, a segunda San Roque” e a terceira “O Can”. Esta última, de despedida, rendía homenaxe ao can chamado Rouna que, na imaxinería relixiosa, acompaña ao santo de Montpellier lamiendo as súas feridas. Segundo as crónicas antigas, O Can, o día de peche, a festa era bastante máis “rachada que nas dúas xornadas precedentes.

O día 15 comezaba cun gran repique de campás na parroquia á tardiña. Nese momento saía a procesión da Virxe do Rosario, que era recibida na capela pola imaxe de San Roque. Ambas se reunían logo baixo un fornelo e expúñanse durante os tres días que duraba a romaría.

O día de San Roque celebrábase unha misa, a cuxo termo se iniciaba a procesión, que percorría as rúas de San Roque, Couto Piñeiro, Rola e Santa Rita. Ao concluír a marcha, lanzábanse foguetes. Describe a estampa da xornada de hai un século Amador Montenegro: «O número de casetas instaladas con atraccións de todas clases, e con gran número, en que constantemente se servían refrescos e comidas, animaba e atraían xentes en cantidade ata altas horas da madrugada, postos que co abono do canon fixado, pagaban con fartura os gastos da festa».

O 17 de agosto, popularmente coñecíase como O Can. Nesta xornada, unha nova procesión devolvía á Virxe do Rosario coa mesma cerimonia e lanzamento de bombas de palenque.

O médico Nicolás Taboada e Leal, primeiro cronista oficial da cidade de Vigo, xa destacaba en 1840, na súa «Descrición topográfico-histórica da cidade de Vigo, a súa ría e arredores», que a romaría de San Roque era unha de «as máis famosas e de máis nombrandía». Na súa crónica, aludía á «abundancia de froitas, sandías, melones, recoiro, tamboriis, gaitas, danzas e a algarada e o bulicio».

«Á distancia dun curto paseo desta cidade áchase unha extensa e ben poboada dehesa de robustos carballos, en cuxo sitio se solemniza a súa festividade», engade Taboada, que considera grato «observar os xúbilos públicos, os varios corros con danzas do país, e pola noite asisten aos fogos artificiais» cabe sinalar que desde o 2011 estes fogos se deixaron de facer. Consérvanse gravados con estas tradicións, como unha estampa na que se ve o baile da hogaza, que era un clásico en San Roque ata o século XIX.

Agora, as tómbolas, o tiro ao branco e certa obsesión polo pasodobre, fronte á música tradicional galega, talvez fágannos esquecer o pasado tradicional de San Roque. Pero non custa moito atopar as pegadas dunha festa ancestral, que aínda conecta a cidade coa súa antiga identidade rural. Así que haberá que ir festexar, aínda que non a honrar a patroa nin patrón algún. Porque Vigo, xa queda dito, non ten patrón.

Fotos da leira de San Roque

 

Case unha década de abandono do Sanatorio “O Magnolio” coñecido como “Santa Cristina”, a súa historia

Historia do Sanatorio “O Magnolio”

Nunha das illas urbanas que hai no barrio vigués de O Calvario atópase o Sanitario Privado “O Magnolio”, situado na rúa Sagunto tamén coñecido como Santa Cristina.

“Este Sanatorio pertenceu aos Doutores Amoedo e Corbal”. O autor do deseño do proxecto foi un gran mestre da época, PACEWICZ da escola parisiense que na Exposición Universal de París, contactou con D. Paulino Yáñez importador de madeiras exóticas, que tiña almacén no Arenal á beira do Callexón do Chinito, e por este motivo viño a Vigo o aresta e aquí realizou gran parte dos mellores edificios que hoxe podemos admirar nesta cidade, tales como a Casa de Yáñez, El Moderno, Grupo de casas de Urzáiz,  Banco Español de Crédito, etc…

O edificio foi proxectado por Pacewicz no ano 1918 para residencia de D. Manuel Montes, natural de Riomao (Lavadores), coñecido na zona por O Mogino que fixo fortuna en América (Chile), onde marchou de mozo e ao regreso encargou a obra, que foi construída en canto á súa mampostería por Reboreda, canteiro que vivía na rúa Numancia e o resto polos albaneis irmáns Galegos “Os Coxos”.

Descoñécese a data, quizá ao pouco de ser construído, en que pasou a ser propiedade dos doutores Corbal e Amoedo, que o dedicaron a Sanatorio cirúrxico.

O edificio ten relevo nas súas fachadas, os seus balcóns e frontispicio de clara influencia parisiense, escola da que procedía o artista. Ten catro plantas, a baixa lixeiramente enterrada, principal ou primeira, segunda e ático superior central retranqueado. O seu destino segue sendo sanatorio cirúrxico, e o seu estado actual- con excepción do seu interior que se atopa remazado- é lastimoso xa que se cambiou a súa carpintería de madeira orixinal, por unha pouco agraciada de aluminio, e pintáronse as súas fachadas sen gusto algún, mesmo embadurnando de pintura o azulexo do frontispicio da fachada frontal.

O peche do Sanatorio

A clínica privada pechou por que se someteu a Lei Concursal no 2009, con data 19 de maio, o Boletín Oficial do Estado publicou que a sociedade limitada “O Magnolio” está sometida á lei concursal e nomea como administrador ao letrado Enrique Fonterigo.

A quebra do centro pillou aos 45 traballadores por sorpresa, 45 traballadores á rúa, o último paciente foi Miguel Pazó Figueroa, un mozo de 29 anos tetrapléxico por mor dun atropelo, este paciente tívose que desprazar fóra de Vigo concretamente a Pontevedra o curioso deste paciente esque a dirección deste sanitario comunícolle aos familiares do peche do centro a poucos días do peche.

“O Magnolio” foi unha das poucas clínicas de Vigo que non estivo sometida a ningún concerto público, tras décadas de funcionamento. Especializada en accidentes e traumatoloxía, derivada das mutuas aseguradoras, ten un centro de fisioterapia anexo. Con todo, realiza outras intervencións como cirurxías privadas.

Algunhas aseguradoras como Adeslas, que si aparecia nos datos da web por aquel entón, desvincúlanse do seu concerto coa clínica.

Persoal sanitario de Vigo por aquel enton aseguraban que tiña moitos concertos con compañías de seguros e dedicábase aos accidentes de tráfico.

Un dato interesante

O propio Plan do calvario afecta a este edificio, para construción en parte dunha praza ou centro cívico do Barrio, cando se decida no seu día polos seus propietarios, se é que non queren protexelo e conservalo”.

Sen dúbida hoxe o edificio con fisuras nas súas fachadas, fan que o seu interese decaese despois desta e outras reformas que alteraron as súas balaustradas exteriores e planta superior nas fachadas Norte e Sur, os que lle fixo perder o seu trazado equilibrado e sentido estético de conxunto.

Un recado

Pediríalle ao Concello de Vigo que comprase o inmoble e dedicáseo ao que a veciñanza pide, pide un centro cívico cunha zona de esparexemento que tanto carece o barrio.

Fotos

A ubicación

A entrada principal

Fachada principal

Fachada principal

Fachada principal

Zona privada aparcamento

Vista desde un costado Sanatorio “O Magnolio” coñecido como “Santa Cristina”

Vista desde un costado Sanatorio “O Magnolio” coñecido como “Santa Cristina”