Archivos por Etiqueta: Health and Sanitation Index

Top 10 das cidades mais CONTAMINADAS do MUNDO

Mercer, a firma de recursos humanos máis importante do mundo, traballa en áreas como a saúde, a calidade de vida ou os plans de pensións, sendo unha das empresas máis concienciadas con algúns dos principais problemas do mundo actual. O seu último Health and Sanitation Index repasou as 10 cidades máis contaminadas do mundo en función de aspectos como a auga contaminada, a emisión de gases nocivos ou a acumulación de lixo. Os países son os seguintes.

10-Brazzaville (Congo) 39.1

Un dos epicentros do virus do Ébola é á súa vez un dos lugares máis contaminados do planeta debido á falta de medios para paliar a xestión do lixo, limpar a auga ou controlar as emisións de industrias nacionais e internacionais.

9-Almaty (Kazajistán) 39.1

O petróleo vertido na auga e a falta de control contra a contaminación desembocan en enormes vertedoiros que incrementan as enfermidades da cidade de Almaty.

8-Bagdad (Iraq) 39

A guerra converteuse no principal agravante dos problemas ambientais de Iraq, incrementando a contaminación ou as enfermidades (a onda de cólera de 2007 foi unha das máis devastadoras que se lembran).

7-Bombai (India) 38.2

Dharavi está considerado como o maior «slum» ou barrio pobre do mundo, cunha densidade de 300 mil persoas por quilómetro cadrado que viven entre lixo e auga sucia, adoecendo de tratamentos médicos competentes e contribuíndo ao mal estado dunha Mumbai desigual, enorme e bulliciosa.

6-Adís Abeba (Etiopía) 37.7

O principal problema da capital de Etiopía reside nunha sanidade incompetente, sumado a unha necesidade por restaurar a educación que se traduce en escasos remedios contras as moitas enfermidades producidas pola auga contaminada.

5-México D. F. (México) 37.7

Con 21 millóns de habitantes, a cidade máis grande de Latinoamérica é un fervedoiro de contaminación, especialmente cando un 85 % do ano emítense axentes contaminantes. Que estea encerrada entre montañas non axuda a disipar tan cargada atmosfera.

4-Porto Príncipe (Haití) 34

A cidade máis importante do considerado como país máis pobre o mundo adoece dos principais males dunha nación destas características: falta do control sobre a polución, escasa concienciación dos recursos naturais ou auga contaminada.

3-Antananarivo (Madagascar) 30.1

A pesar da súa natureza, a emisión de gases, a acumulación de lixo e si, quizais tamén unhas condutas nocivas por parte dos locais contribúen a converter esta cidade nunha das máis sucias do mundo.

2-Daca (Bangladesh) 29.6

A contaminación da auga e a emisión de gases nocivos son os principais problemas desta cidade.

1-Bakú (Acerbaixán) 27.6

Epicentro do petróleo durante varias décadas, o principal problema de Bakú reside nas cantidades de combustibles vertidos na auga.

As 10 cidades máis contaminadas do mundo segundo a sondaxe de Mercer confirman a falta de medidas e orzamentos (aínda que este aspecto merecerecía un post propio) aos que se enfrontan todos estes lugares onde os nenos nacen entre lixo e a esperanza de vida cada vez estréitase máis