Archivos por Etiqueta: hospital

Case unha década de abandono do Sanatorio “O Magnolio” coñecido como “Santa Cristina”, a súa historia

Historia do Sanatorio “O Magnolio”

Nunha das illas urbanas que hai no barrio vigués de O Calvario atópase o Sanitario Privado “O Magnolio”, situado na rúa Sagunto tamén coñecido como Santa Cristina.

“Este Sanatorio pertenceu aos Doutores Amoedo e Corbal”. O autor do deseño do proxecto foi un gran mestre da época, PACEWICZ da escola parisiense que na Exposición Universal de París, contactou con D. Paulino Yáñez importador de madeiras exóticas, que tiña almacén no Arenal á beira do Callexón do Chinito, e por este motivo viño a Vigo o aresta e aquí realizou gran parte dos mellores edificios que hoxe podemos admirar nesta cidade, tales como a Casa de Yáñez, El Moderno, Grupo de casas de Urzáiz,  Banco Español de Crédito, etc…

O edificio foi proxectado por Pacewicz no ano 1918 para residencia de D. Manuel Montes, natural de Riomao (Lavadores), coñecido na zona por O Mogino que fixo fortuna en América (Chile), onde marchou de mozo e ao regreso encargou a obra, que foi construída en canto á súa mampostería por Reboreda, canteiro que vivía na rúa Numancia e o resto polos albaneis irmáns Galegos “Os Coxos”.

Descoñécese a data, quizá ao pouco de ser construído, en que pasou a ser propiedade dos doutores Corbal e Amoedo, que o dedicaron a Sanatorio cirúrxico.

O edificio ten relevo nas súas fachadas, os seus balcóns e frontispicio de clara influencia parisiense, escola da que procedía o artista. Ten catro plantas, a baixa lixeiramente enterrada, principal ou primeira, segunda e ático superior central retranqueado. O seu destino segue sendo sanatorio cirúrxico, e o seu estado actual- con excepción do seu interior que se atopa remazado- é lastimoso xa que se cambiou a súa carpintería de madeira orixinal, por unha pouco agraciada de aluminio, e pintáronse as súas fachadas sen gusto algún, mesmo embadurnando de pintura o azulexo do frontispicio da fachada frontal.

O peche do Sanatorio

A clínica privada pechou por que se someteu a Lei Concursal no 2009, con data 19 de maio, o Boletín Oficial do Estado publicou que a sociedade limitada “O Magnolio” está sometida á lei concursal e nomea como administrador ao letrado Enrique Fonterigo.

A quebra do centro pillou aos 45 traballadores por sorpresa, 45 traballadores á rúa, o último paciente foi Miguel Pazó Figueroa, un mozo de 29 anos tetrapléxico por mor dun atropelo, este paciente tívose que desprazar fóra de Vigo concretamente a Pontevedra o curioso deste paciente esque a dirección deste sanitario comunícolle aos familiares do peche do centro a poucos días do peche.

“O Magnolio” foi unha das poucas clínicas de Vigo que non estivo sometida a ningún concerto público, tras décadas de funcionamento. Especializada en accidentes e traumatoloxía, derivada das mutuas aseguradoras, ten un centro de fisioterapia anexo. Con todo, realiza outras intervencións como cirurxías privadas.

Algunhas aseguradoras como Adeslas, que si aparecia nos datos da web por aquel entón, desvincúlanse do seu concerto coa clínica.

Persoal sanitario de Vigo por aquel enton aseguraban que tiña moitos concertos con compañías de seguros e dedicábase aos accidentes de tráfico.

Un dato interesante

O propio Plan do calvario afecta a este edificio, para construción en parte dunha praza ou centro cívico do Barrio, cando se decida no seu día polos seus propietarios, se é que non queren protexelo e conservalo”.

Sen dúbida hoxe o edificio con fisuras nas súas fachadas, fan que o seu interese decaese despois desta e outras reformas que alteraron as súas balaustradas exteriores e planta superior nas fachadas Norte e Sur, os que lle fixo perder o seu trazado equilibrado e sentido estético de conxunto.

Un recado

Pediríalle ao Concello de Vigo que comprase o inmoble e dedicáseo ao que a veciñanza pide, pide un centro cívico cunha zona de esparexemento que tanto carece o barrio.

Fotos

A ubicación

A entrada principal

Fachada principal

Fachada principal

Fachada principal

Zona privada aparcamento

Vista desde un costado Sanatorio “O Magnolio” coñecido como “Santa Cristina”

Vista desde un costado Sanatorio “O Magnolio” coñecido como “Santa Cristina”

Logo de dous meses, aínda non funciona a liña de autobús H3 desde Teis ao Hospital Álvaro Cunqueiro

A Asociación Veciñal de Teis, ven a denunciar publicamente, que logo de dous meses do anuncio realizado por Abel Caballero, Alcalde de Vigo, aínda non esta en funcionamento a nova liña de autobús H3, que comunique Teis co hospital Alvaro Cunqueiro.

O pasado 16 de febreiro, Abel Caballero, anunciaba aos medios de comunicación, que nun prazo de “algo de más dos semanas se habilitara una tercera linea de autobús”, deste anuncio xa pasaron dous meses e aínda non temos unha data para posta en funcionamento desta liña.

Non se pode realizar anuncios e dar prazos que logo non se cumpren, esta é unha practica moi habitual de Abel Caballero, é en Teis, temos varios exemplos; a piscina da ETEA, biblioteca,… manifestan desde a asociación veciñal.

Desde esta asociación, levan meses denunciando, convocaron 7 manifestacións, recolleron case 4 mil sinaturas, para contar cunha liña de autobús desde Teis ao hospital e con frecuencias.

A proposta da liña H3, só inclúe dous servizos ás 7:45 horas e ás 11:00 horas, con regreso ás 10:15 horas e ás 13:15 horas. A proposta de liña non recolle ningún servizo no resto da xornada, nin sábados, nin festivos.

Desde a Asociación Veciñal de Teis, xa valora como insuficientes os horarios da nova liña de autobús H3, anunciada por Abel Caballero, que comunicara Teis co hospital Álvaro Cunqueiro, pero un logro da veciñanza, logo de meses de mobilizacións.

ை Por un novo hospital con laboratorio central

ICR-Photographer© SOS SANIDADE LABORATORIOA Xunta de persoal da Área sanitaria de Vigo convocou unha Manifestación-concentración de novo, xa que levan varias no que levan de mes dende que se sabiu que o novo hospital da cidade de Vigo non contara cun laboratorio central. A Manifestacion-Concentracion tivo lugar este martes, 29 de xullo, ás 11 da mañá no Xeral, a Manifestacion-Concentracion “por un novo hospital de Vigo dotado de laboratorio central”. A marcha pasou pola Praza dos Cabalos con volta ao Xeral.
Os traballadores esixen ao Servizo Galego de Saúde (SERGAS) que dote ao Novo Hospital de Vigo dun laboratorio central, así como o “cese do regueiro de privatizacións que este goberno está a promover na sanidade pública”.
Nesta Manifestacion-Concentracion estibo presente Alterantiva Galega de Esquerdas coa a sua deputada Eva Solla unha loitadora pola sanidade Publica e de Calidade.
A xunta de persoal a os medios ali presentes no dia de hoxe subliña que dende o goberno decidiron entregar a construción do novo hospital a empresas e bancos para que o xestionen de forma privada, “multiplicando o prezo por 5 e recortando camas, dimensión e servizos, incluso segregando algúns deles como o laboratorio, privatizando a lavandería, cociña ou mantemento”.
Traballadores sanitarios e médicos califican de “inconcebible” desde un punto de vista científico que o novo hospital careza do devandito laboratorio e advirten que esta decisión suporá, ademáis dun peor servizo para os doentes, un risco moi serio para a súa saúde ademáis de que ista segregación “abre a porta a novas privatizacións de máis servizos que, de consentir a do laboratorio, serán moito máis doadas”. A proxima Manifestacion-Concentracion tera lugar no Hosptal do Menxueiro co mesmo proposito de estas movilizacions que se levan facendo dende este mes.

Rubens Rocha [@ilcanallarubens]

#Vigo #Sanidade #Saude