Archivos por Etiqueta: informacion

Comentario dun home Prol-PortoCabral

Como sabedes e é publico e notorio que eu o autor deste blogue esta totalmente en contra o proxecto Liñeiriños comunmente chamado Porto Cabral, bueno, buscando pola rede de redes queria dar cun comentario dun home nun fío dunha publicación dun dos diarios de tirada local viguesa polo ano 2013 cando pois se anunciou aos catro ventos, un comentario que pois o lembraba moito e tiña gañas de sacalo.

Porque tiña gañas de sacalo e me parece oportuno publicalo no meu blogue? porque mostra realmente o que é en se o significado da palabra MAMERTO e mostra en se tamén o grao de intoxicación que se fixo por aquel entón na poboación viguesa que lamentablemente hoxe en dia volve espertar ese dinosauro que levaba un tempo morto pero coa campaña PROL PORTO CABRAL resucitou e grazas ese revivir aínda se pode atopar discursos como o que poderán ler acontinuación ou discursos similares.

Significado de Mamerto: Persoa que ten escasa intelixencia ou habilidade. Exemplo “a estupidez dos mamertos tena escravizado”, sinonimo: Bobo.

Dito comentario estaba en castelan pero tiven tempo para traducilo ao Galego.

Eu estou a favor do Portos de Cabral, porque? porque mira fágovos o exemplo, un habitante de Cabral da zona Marcote, ese habitante chama para pedir unha pizza ao telepizza da rotonda de Genaro de la Fuente e Gregorio Espino, o telefonista cóllelle o pedido, á hora de dicirlle a dirección o telefonista dille; síntoo estas fóra de área de cobertura de entrega a domicilio, isto que digo é real… Non só pasa iso con telepizza senón con outras pizzerias da cidade polo cal se quere unha pizza desexa pizza para comer ou cear ten que agarrar o seu vehículo se é que ten vehículo e trasladarse á máis próxima.

Poñereivos outro exemplo, o centro comercial de travesía de Vigo, os habitantes de travesía de Vigo manifestábanse conxunto aos do Barrio de Candean para non ter o centro comercial de travesía de Vigo, segundo os balances da cámara de comercio de Vigo é o centro comercial que máis gaña de todo Vigo por estar situado nun gran barrio obreiro, tenda que abriu tenda que quedou por e para sempre e vende e vende, soamente hai un caso excepcional que é a de animais foise, a cal viu que o baixo que adquiriran quedaba pequeno e trasladáronse a García Barbón onde o negocio vai vento en popa a toda ver.

Os que se manifestaban son asiduos ao centro comercial travesía de Vigo. Isto que che argumento é certo, os vin eu nas manifestacións dos de Candean e travesía de Vigo e esas persoas hoxe son compradoras do centro comercial.

Cabral que ten? un GYM que está de capa baixa ao ver que non teñen áreas de consumo preto, un estadio de fútbol que só ten transito en días de partido porque en días de adestro soamente van os que aí practican fútbol, varios colexios. Porque está de capa baixa o GYM? Pola sinxela razón, porque non teñen centros de consumo alimenticio, cousa que din moitos que alí ían exercitarse, o máis próximo están en Ramón Neto ao principio desta avenida co Eroski e o Froiz.

As tendas pequenas como os colmados que pechan porque a xente prefire ir consumir ao Alcampo ou ao Mercadona ou Lidel da avenida de Madrid? ou tamén pechan porque se xubilan.

Eses de Cabral que tanto se queixan son persoas que se van a comprar a Coruña ao Marineda City e non só ao Marineda City senón a Porto. Canto diñeiro deixaron en Coruña e no Porto? moito, o gasto dos produtos que adquiren + o combustible + mais alimentarse… non só compran en Ikea como adoitan dicir senón tamén compran en Primark xa que cando van os vigueses é para matar dous paxaros dun tiro.

O proxecto de Cabral é idéntico pero idéntico tal como tiven o pracer de ver ao de XANADU pero este con mais aparatos, Xanadu está en Madrid, en Xanadu concéntranse franquías de diversas marcas como tamén unha pista de Esquí, este centro comercial ou área comercial e lecer está entre Navalcarnero e Móstoles, similar está este que pretenden en Vigo construír devandito centro comercial e lecer entre Vigo e Mos. Xanadu é dos máis rendibles da comunidade madrileña segundo a cámara de comercio de Madrid.

Os de Cabral din que farán un impacto horrible na natureza, pero?? o recinto industrial de Valladares non houberon manifestacións pagaron aos que lles expropiaron terreos… Ese recinto industrial hoxe en día dá moita pena xa que de dez empresas que alí estaban agora está a metade e ese centro foi un gran impacto natural e ninguén pero ninguén en Vigo botouse ás rúas ou os veciños de Valladares e ningún de Cabral queixouse polo impacto natural.

Eu non apoiei o centro comercial praza E e tampouco apoiei o centro comercial A LAXE e Camelias xa que eses centros comerciais elitistas para a raza denominada adiñeirada e non só iso, senón que cando acudín a descargar material para a obra sentín que non tiña alma e espírito iso que cando entras a un lugar e non mais que sentes é frió non sentes esa calor especial tampouco non me convenceu moito o centro comercial de Gran Vía xa que cando alí acudín a descargar material para a obra tal como fixen nos outros dous centros comerciais notei a mesma sensación, note que carecía de alma e espírito… sentín unha frialdade tremenda soamente iso experiménteo cando algún ser querido íase de xira no cemiterio.

Eu sen ningunha dúbida vendo o proxecto do de Cabral convénceme e gústame polas áreas que alí queren estar. A primeira vez que pisei o de XANADU namórome gústome por esa calor esa alma e espírito que ten o centro comercial. Nese centro comercial teñen moitos empregados cousa que a cidade de Vigo necesita xa que é a Cidade onde máis desempregados hai na actualidade a nivel galego.

P.D. Os manifestantes aínda non viron o proxecto e dou fe diso.

Pois o que acaban de ler é verídico e moita xente segue co mantra ese que lle venderon cando pois realmente non coñecen en se o que hai detrás de devandito CCT, Liñeiriños é unha coroa que é fundamental para os vigueses e viguesas e a súa área, é importante para a súa saúde publica, pero como ben é sabido o mamerto só estará a favor do capital e os mantras falsos que lles insere o capital.

Vou deixar unha pregunta aberta, cando a poboación vai deixar de ser mamerta e cando van a rematar os lumbreras e lumbreras mal informado?

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

 

Anuncios

Grazas a todas vós | #OmonteNONseVENDE #PortoCabralNON

En noticiasvigo.es publique o vídeo de Porto Cabral «Máis alá dos números» de “Porto Cabral Cara B” o día 12 de outubro, tivo unha repercusión ata ás 03:17h de hoxe 4.464 reproducións e 73 veces persoas compartírono.

No meu perfil público de facebook tamén publique dito vídeo, tivo unha repercusión ata ás 16:36h de hoxe 19.971 reproducións e 632 persoas compartírono.

Un total de 24.435 persoas reproducírono e 705 persoas compartírono, grazas a todas esas persoas que compartiron o video, grazas de verdade.

Desde que se presentou dito proxecto empecei a investigar o que hai detrás de tal proxecto e a verdade que o obtido foi para min coma se cravasen un puñal no corazón.

É tan noxento que dúas forzas políticas como son PP e PSOE estean a favor de asasinar un punto crave para a saúde dos veciños e veciñas de Vigo e a súa área.

Cabe dicirlles a estas dúas forzas politicas que en “LIÑEIRIÑOS” ao entrar no seu parque forestal di:

Monte “Bandeira”
Comunidade de montes Cabral
O teu e Coidalo!

Non lles entra nas molleras que di “O TEU E COIDALO” non especular con el, pero bueno estes dous partidos só gústalles o capital en contra da saúde dos seus cidadáns e cidadás, e logo cando hai lumes nos montes tiranse un a outro merda cando pois teñen a defensa de aniquilar unha coroa fundamental na cidade olivica e a sua área.

O proxecto de “PORTO CABRAL” é un proxecto especulativo, un proxecto que non só queren facer un “CCT” senón tamén desenvolver unha cidade á marxe onde pois os defensores de dito CCT non din nin tapouco os promotores de dita area comercial, gañarían algún diñeiro pola cidade ao marxe e polo CCT? que respondan eles…

A área é publica é de todos e todas, dos vigueses e viguesas, os vigueses e viguesas non queren aniquilar unha zona verde, destruír un monte dá nosa cidade fundamental para a nosa saúde, destruír emprego non comercio local e trasladar negocios do centro urbano ao monte xenerando molestias como as que ocasiona ir ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

E se hai algún vigues ou viguesa que diga “NON MAIS LUMES – LUMES NUNCA MAIS” que tamén digan xa que si se esta contra os lumes que destrozan/anquilan montes tamén hai que decir NON A PORTO DE CABRAL xa que aniquilaria o monte.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

O video finaliza cunha frase, e con esa frase pois finalizo este artigo, «LER – DOCUMENTARSE – REFLEXIONAR – DIFUNDIR + info no video»

 

Grazas publicas a paxina “O MONTE NON SE VENDE”

Quero dar publicamente as grazas á paxina de facebook O MONTE NON SE VENDE por estar a compartir todo o meu traballo na defensa do parque forestal de “LIÑEIRIÑOS” onde se quere construír un “CCT” (centro comercial temático).

Desde que se presentou dito proxecto empecei a investigar o que hai detrás de tal proxecto e a verdade que o obtido foi para min coma se cravasen un puñal no corazón.

É tan noxento que dúas forzas políticas como son PP e PSOE estean a favor de asasinar un punto crave para a saúde dos veciños e veciñas de Vigo e a súa área.

Cabe dicirlles a estas dúas forzas politicas que en “LIÑEIRIÑOS” ao entrar no seu parque forestal di:

Monte “Bandeira”
Comunidade de montes Cabral
O teu e Coidalo!

Non lles entra nas molleras que di “O TEU E COIDALO” non especular con el, pero bueno estes dous partidos só gústalles o capital en contra da saúde dos seus cidadáns e cidadás, e logo cando hai lumes nos montes tiranse un a outro merda cando pois teñen a defensa de aniquilar unha coroa fundamental na cidade olivica e a sua área.

O proxecto de “PORTO CABRAL” é un proxecto especulativo, un proxecto que non só queren facer un “CCT” senón tamén desenvolver unha cidade á marxe onde pois os defensores de dito CCT non din nin tapouco os promotores de dita area comercial, gañarían algún diñeiro pola cidade ao marxe e polo CCT? que respondan eles…

A área é publica é de todos e todas, dos vigueses e viguesas, os vigueses e viguesas non queren aniquilar unha zona verde, destruír un monte dá nosa cidade fundamental para a nosa saúde, destruír emprego non comercio local e trasladar negocios do centro urbano ao monte xenerando molestias como as que ocasiona ir ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

E se hai algún vigues ou viguesa que diga “NON MAIS LUMES – LUMES NUNCA MAIS” que tamén digan xa que si se esta contra os lumes que destrozan/anquilan montes tamén hai que decir non a PORTO DE CABRAL xa que aniquilaria o monte.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

O video finaliza cunha frase, e con esa frase pois finalizo este artigo, «LER – DOCUMENTARSE – REFLEXIONAR – DIFUNDIR + info no video»

Que hai detrás do proxecto liñeiriños «PortoCabral»

A saúde ante o capital | Grazas a todas vós | #OmonteNONseVENDE #PortoCabralNON

En noticiasvigo.es publique o vídeo de Porto Cabral «Máis alá dos números» de “Porto Cabral Cara B” o día 12 de outubro, tivo unha repercusión ata as 0:48h de 3054 reproducións e 40 persoas compartírono.

No meu blogue persoal, este blogue, o ilcanallarubens,  tamén publique dito vídeo cun artigo, tivo unha repercusión ata as 0:48h de 60 visitas.

No meu perfil público de facebook tamén publique dito vídeo, tivo unha repercusión ata as 0:48h de 6682 reproducións e 260 persoas compartírono.

Un total de 9.736 persoas reproducírono e 300 persoas compartírono, grazas a todas esas persoas que compartiron o video, grazas de verdade.

A campaña deshonesta/fraudulenta/rastrera dos promotores do proxecto nun mes lograran menos de 10.000 sinaturas, fala claramente que os vigueses e viguesas non queren aniquilar unha zona verde, destruír un monte da nosa cidade fundamental para a nosa saúde, destruír emprego no comercio local e trasladar negocios do centro urbano ao monte xenerando molestias como as que ocasiona ir ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

O video finaliza cunha frase, e con esa frase pois finalizo este artigo, «LER – DOCUMENTARSE – REFLEXIONAR – DIFUNDIR + info no video»

Que hai detrás do proxecto liñeiriños «PortoCabral»

As tendas na cidade de Vigo, as árbores no monte de Vigo | O vídeo viral que desmonta o proxecto de Liñeiriños “Porto Cabral”

O vídeo foi subido á plataforma de vídeo Youtube o 11 de outubro de este mesmo ano, co titulo Porto Cabral «Mais alá dos números», o usuario ou usuaria da conta de youtube faise chamar Porto Cabral Cara B.

É un vídeo mostra un breve análise do impacto negativo do Centro Comercial Porto Cabral na zona de Vigo, dito vídeo foi publicado na nosa conta facebook para que o poidan visionar.

Cabe sinalar que durante catro meses, os promotores do macrocentro comercial Porto Cabral realizaron unha intensa campaña de recollida de sinaturas en Vigo e a súa comarca, logrando uns 30.000 apoios argumentando que crearán 4.000 postos de traballo.

Este redactor acudiu a unha desas mesas que ubicaron en Vigo para formularlle unha pregunta de interese público, a pregunta foi “Deses supostos 4.000 empregos cantos serán realmente de nova creación?” os integrantes da mesa non superon respostar a esa pregunta.

Agora e a quenda para informar, a todos aqueles que sabemos que Porto Cabral implica destruír unha zona verde, destruír un monte da nosa cidade, destruír emprego no comercio local e trasladar negocios do centro urbano ao monte xenerando molestias como as que ocasiona ir ao Hospital Álvaro Cunqueiro.

O video finaliza cunha frase, e con esa frase pois finalizo este artigo, «LER – DOCUMENTARSE – REFLEXIONAR – DIFUNDIR + info no video», tamén recomendo a lectura do artigo que xa publicamos hai un tempo que poden ler aquí:

Que hai detrás do proxecto liñeiriños -PortoCabral-

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

 

 

As burbullas tóxicas

IMG-20170827-WA0032

A maior parte da xente vive nesa burbulla na que din que é un mundo xusto, unha pequena minoría vive fóra desa burbulla querendo ensinar aos da burbulla que viven nunha ilusión.

Hoxe esa minoría subiu ata Liñeiriños|Cabral a defender o parque, parque no cal desexa vender un indeseado xunto aos seus acólitos a unha empresa privada para un Centro Comercial Temático en vez de coidar do que foi encomendado e iso e coidar o monte non vendelo.

Mentres que os da maior parte desexaban estar na rúa Colon para tirarse dun tobogán despilfarrador de auga, cando hai seca declarada e “O goberno de Vigo recomenda consumo responsable de auga e optimizará o uso público!”. Quen son eles para recomendar algo?

Cando pois fan todo o contrario, como cando chove na cidade limpar as rúas con mangueiras desperdiciando a auga.

Cando pois fan todo o contrario, como cando pois as súas regas automáticas no canto de botar auga á flora bota a auga para as estradas e beirarrúas, que por certo un macetero de 60Litros non necesita estar botarlle auga mais de 30 minutos.

Cando pois fan todo o contrario, como é instalar tobogans pola cidade nos cales se desperdicia moita auga, tobogans que non teñen efecto retorno de auga tal como debería ser.

Algo que nunca chegarei entender é esa xente que se manifestou por unha sanidade pública e en contra da privatización do Hospital Álvaro Cunqueiro, esa xente que di agora SI a Porto de Cabral, esa xente do SI que antepon o CAPITAL para unha empresa á SAÚDE de todas as persoas que facemos cidade.

Algo que nunca chegarei a entender que un individuo como é o da foto se achegásese a Liñeiriños cando pois se manifestou de acordo con PORTO DE CABRAL dicindo “Porto de Cabral non se fará se non hai PXOM” e resulta QUE o día 23/08/2017 Medio Ambiente somete a consulta pública a ordenación provisional do concello de Vigo o PXOM.

Na política viguesa últimamente hai unha clara enfermidade e esa é a denominada BIPOLARIDADE cousa que é tratabel pero non consideran tratarse xa que así esa burbulla desa maioría gústalle vivir BAIXO ESE LEMA “Ollos que no ven corazón que no sente “.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
Jose Ramon Cabaleiro Rodriguez [Foto]
#Vigo
#OmonteNONseVENDE
#OmonteEdeTODOS
#OmonteEnoso
#NONaPORTOdeCABRAL

As chaves | Proxecto Liñeiriños

Esta editorial que escribirei a continuación narra unha serie de feitos comprobables, esta editorial saíume no día de onte mentres falabamos da actualidade viguesa cunha compañeira.
Nesa actualidade sacamos a relucir o tema máis noxento que existe, ese é o proxecto Liñeiriños ou como o andan a vender popularmente como o Proxecto de Porto Cabral, proxecto que interpoñen a saúde o capital e a destruccíon dun pulmón fundamental para a cidade olivica.

Empezamos coas chaves

01º A finais de Agosto e principios de Setembro do pasado ano, 2016, o grupo Eurofund aterra novamente na cidade de Vigo, en silencio. Sabemos que nunca se foi pero mantiase en silencio.
02º En decembro do pasado ano, 2016, inaugúrase un tramo novo do paseo de Lagares concretamente na altura da praza de abastos de Cabral (Mercado de Cabral), tras a inauguración hai unha reunión, pero na mesma inauguración o presidente da mancomunidade de montes Luisito dá o pistoletazo deixando caer PORTO DE CABRAL.
03º Eurofund emprega os Mass Media e medios subvencionados pola alcaldía de Vigo
04º A inicios deste ano en xaneiro, 2017, sae por todos os medios da cidade menos en noticiasvigo.es a aparición do representante do Grupo Eurofund reavivando o proxecto.
05º Marzo/Abril/Maio a aparición do representante do Grupo Eurofund é constante.
06º Logo deses feitos, a primeira formación en mover ficha e manifestándose non a Porto de Cabral é Marea de Vigo e logo o BNG Vigo e logo EU e logo En Marea e logo BNG (creo lembrar así a orde).
07º En Xuño día se e día tabién sae nos Mass Media constantemente Porto de Cabral.

08º En xullo empeza a campaña de captación de persoas para o apoio do proxecto na cal teñen que facer unha sinatura para presentar as ditas sinaturas para que a Xunta de Galicia de o permiso para facer o CCT en Liñeiriños. (Conseguiron máis de 10.000 firmas segundo os organizadores da campaña).

 

23 sept. 2013 “Porto Cabral traerá a Vigo case tres mil postos de traballo” | No 2017 prometen 4000 empregos.
10º En xullo Luisito e distintos presidentes de federacións de comerciantes da cidade asinan un convenio para impulsar Porto de Cabral, cousa que ao parecer ditos representantes non pensan no impacto que fará nos comerciantes que eles representan.
11º Desde o 1º de Agosto a ata o día de hoxe mesmo unha empresa de enquisas chama aleatoriamente a teléfonos fixos dos habitantes da cidade de Vigo facendo unha enquisa sobre Porto de Cabral, unha enquisa con tons de manipular a opinión e mente da xente.
13º Dise que en setembro ou en outubro o proxecto de Porto de Cabral será debatido no Parlamento Galego (Esta sen confirmar aínda).
14º Núñez Feijóo quere que se realice tal proxecto na cidade de Vigo. Abel Caballero quere que se realice tal proxecto na cidade de Vigo.
15º Falta nada para as eleccións municipais que están aí ao virar a esquiña, e isto Abel Caballero poderiao empregar como un redito político máis como ben sendo a tónica habitual a un ano cara as eleccións.
Estas son as 16 chaves e agora as tedes, tan fagan uso resposable de metalas onde queirades, chaves nas que se falaron na charla, charla cunha gran compañeira, temémonos que o de PORTO DE CABRAL está máis que cociñado ou sexa vaise facer se ou se a pesar do NON rotundo de nós a dito proxecto.
Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
#NonAPORTOdeCABRAL #OmonteNONseVENDE #oMONTEeNOSO

NON A PORTO CABRAL

O MONTE NON SE VENDE. TEN QUE SER XESTIONADO E DEFENDIDO POR UNHA COMUNIDADE TRANSPARENTE E DEMOCRÁTICA. SERVINDO AOS FINS DA VECIÑANZA TRABALLADORA E NON AOS FINS DOS ESPECULADORES PROVOCADORES DA MISERIA.

O VINDEIRO DOMINGO 27 DE AGOSTO,QUEREMOS CONTAR CON VOS NO MONTE DE COTOGRANDE-CABRAL-VIGO NA ROMARÍA DO PAN DE MILLO

OS VECIÑ@S QUE LEVAMOS ANOS NA DEFENSA DO MONTE VECIÑAL EN MAN COMUN, DESEXAMOS CONVIDAROS A CONCENTRACIÓN – XUNTANZA QUE IMOS TER DE 12H A 14 H CO GALLO DE DITA ROMARÍA

Que hai detrás da obsesión da venda do Parque Liñeiriños a mans privadas

A Xunta Rectora volta cun novo intento de apropiación do monte veciñal para fins diferentes dos propios da súa natureza. Porto Cabral volta sair à palestra parece ser coa finalidade de contruir un macrocentro comercial tematico, a expensas dun monte mancomunal.

Despois de case unha ducia de anos ao fronte da Comunidade de Montes de Cabral, em maio de 1999, a persoa que se puxera à fronte da Parroquia para reivindicar que os montes comunais foran propiedade dos viciños, dá por concluida a súa xestión polo que em maio dese ano , accede à presidencia o actual presidente (Luís Rodríguez),que leva xa 18 anos no cargo. Nun principio e durantRe un periodo corto de tempo foi tamén presidente da Asociación de viciños.

O interés polo monte de Cabral ven xa de antigo. A finais do ano 1999 , com tan só un ano no cargo, suscitouse o primeiro enfrontamento na CM de Cabral pola criación dunha praza de touros e propúñase como ubicación Cotogrande.

En abril do 2000, preséntase unha proposta ante a asembleia de comuneiros que consistía en desenvolver tres proxectos: o Coliseum- praza de touros que faría as funcións de multiusos; un xeriátrico e a estación de transferencias de mercancías de Liñeiriños. Tres proxectos de iniciativa privada. Nunha asembleia moi concurrida, os comuneiros votaron contra estes tres proxectos contra a opinión do presidente da xunta directiva que defendía que se tiña perdido unha grande oportunidade para o desenvolvemento da zona. Fixéronse 3 asembleias sobre este asunto nas que non houbo acordo, ata que na última se botou abaixo.

No ano 2006 comeza a política da CM de alugar o seu monte para verquidos de terra e entullosacambio de diñeiro, nessa altura comeza a se denunciar un aterramento de grandes dimensións realizado pola CM que transforma un pequeno val, cun rego de auga, nuha superficie totalmente chan que mudaba o rasante do río, todo isto sen licencia municipal. Preséntase parte da policia local informando do asunto , denuncia tamén o servizo de protección da natureza de Pontevedra. O seprona presenta tamén escrito onde explicaba a realización dos seguintes feitos:

  • depósito e movementos de terras máis explanación dos mesmos
  • depósito de escombros de obra en lugar non autorizado, misturados coas terras depositadas,
  • realización de canalización de augas procedentes dunha mina sen contar coa preceptiva autorización de Augas de Galicia.

Por este tema incoouse proceemento sancionador ordinario á CM por unha infracción administrativa grave que supón “depósito de escombros de obra en lugar non autorizado”, días máis tarde a proposta de resolución ditamina que se multe a CM de Cabral con 30050,61€. (adxúntases documentación sobre este asunto).

Posteriormente aparece o Proxecto de Parque Liñeiriños, actuación recollida no PXOM de Vigo de 2008 (que non foi aprobado polo que hoxe sigue vixente o do ano 93) e que parece redactado a medida para o encaixe deste proxecto. A nivel político o debate sobre Liñeiriños foi mínimo. Cando Corina Porro chegou á alcaldía, pisou o acelerador de liñeiriños, aínda que de maneira escura, coa burbulla inmobiliaria en fase expansiva, a promotora ING Real Estate quixo executar, na mesma zona onde se impulsaría despois Porto Cabral, un investimento moito maior. Os seus executivos aseguraban ter amarrada a compra de medio millón de metros cadrados coa CM, dentro dunha operación de 1,4 millóns de metros cadrados polo que se desembolsarían 114 millóns de euros, o obxectivo era criar un grande parque comercial onde se asentarían grandes superficies comerciais, zonas residenciais e un hotel. Naquela altura, parece ser que Abel Caballero e a súa concelleira de urbanismo Carmela Silva, foron os encargados de arrefriar o tema, cousa que contrasta coa súa defensa posterior de Porto Cabral. Esta empresa , que tamén impulsou o centro comercial Gran Vía, asinara un convenio coa alcaldía por 1.5 millóns de euros do que se executaron ao redor duns 500.00€. Este proxecto tamén se parou.

Parte do Aeroporto de Peinador está construido em terra comunal de Cabral, Cotogrande, polo que no ano 2011, a Comunidade de Montes ingresa nas súas arcas a cantidade de 7,260,000 € (sete milllóns douscentos sesenta mil euros), para non pagar o imposto de sociedades correspondentes polos ingresos da venda dos terreos a Aena, comprometeuse coa Administración Tributaria a gastar o diñeiro em catro anos e de aí todo este dispendio e sensentido.

Ao longo destes 18 anos de mandato, as Xuntas reitoras, presididas por Luis Rodríguez, non foron quen de facer nengún tipo de ordenación forestal, que unida a unha máis que cuestionable e escurantista xestión económica, fai mirar o futuro com certo pesimismo.

Coas arcas cheas, no ano 2011 (co diñeiro da venda dos terreos), a CM organiza unha mariscada, á que asisten uns 3000 comensais e entre eles o Ministro de Fomento e o Alcalde de Vigo (Isto em campaña electoral) Este acto foi para celebrar o contrato con AENA e tivo un custe de 180.000€.

No comezo do ano 2013, os viciños e comuneiros de Cabral entéranse pola prensa do proxecto Porto Cabral na zona de Parque Liñeiriños. En Febreiro deste ano, os directivos do fondo de inversión Eurofund, Ian Sandford e Salvador Arenere, reúnense co conselleiro de Economía e Industria da Xunta de Galicia e posteriormente co alcalde de Vigo Abel Caballero co obxecto de recabar apoios para PortoCabral, o macrocentro comercial que supostamente proxectan desenvolver en Liñeiriños, Vigo, ocupando uns 300.000 metros cadrados de monte comunal. A receptividade e valoración positiva tanto da Xunta como do Concello de Vigo a PortoCabral son recollidas naquela altura na prensa a pesar de que o proxecto supuña a práctica eliminación da maior parte do monte comunal na parroquia.

Segundo información de prensa naquela altura, plantexaba ocupar ¼ parte de Liñeiriños e ofrecer 187000 metros cadrados para superficie alquilable. Eurofond viña coa disculpa dun investimento de 500 millóns de euros e 3000 postos de traballo. Sinalar que a zona de Liñeiriños estaba contemplado no pxom do 2008 como un ámbito a desenvolver dentro da euro-rexión Galicia-norte de Portugal, O 65% sería de uso comercial e un 35% de uso residencial.

No mes de abril do 2013, os viciños que se tiñan enterado polos medios, fan un chamamento a todas e todos os viciños e viciñas de Cabral e especialmente a comuneiras e comuneiros alertando sobre as intencións da xunta directiva de na asembleia que se ía celebrar o día 21 de abril de vender o monte de Cabral nun proxecto totalmente especulativo, o que pretendía a xunta directiva nesta asembleia era colar un acordo soterrado entre outras cousas (entre 8 pontos) nunha asembleia ordinaria, non convocada para ese fin, e con votación a man alzada, para que se habilitase a xunta directiva para negociar con Eurofond.

Pretendíase conseguir a aprobación dos comuneiros para negociar sem lles expor proxecto nen nada. Previamente a xunta directiva tiña falado con varios colectivos da zona, comentándolles as bondades dun proxecto que ninguén coñecía. O que se pretendía ao falar con estes colectivos como os das traidas de augas, deportes, asociacións diversas de viciños era convencelos de que era bon para a zona para que apoiasen na asembleia e criasen opinión, todo isto sen que houbese exposición pública nen exposición ante os viciños dos obxectivos da CM e sem saber en que realmente consistía o proxecto.

Nesta asembleia, os viciños protestaron polo atropelo e falta de transparencia e rompeuse a asembleia xa non concebían que un asunto de tal transcendencia non se informase e se votase a man alzada.

A xunta directiva ante que o medo de que non saise adiante a súa proposta, arremeteu contra esa asembleia diciendo que fora un boicot ecoloxista o que acontecera e que eran persoas alleas á entidade as que alí participaban. Nada máis lonxe da realidade xa que eran comuneiras e comuneiros indignados.

Convocouse unha nova reunión o 26 de maio na que podemos considerar unha asembleia violenta. Nada máis chegar os comuneiros e comuneiras estaba ateigado de grilleiras da policia e o interior do recinto de guardas de seguridade que decidían quen podía entrar en quen non, e máis dun comuneiro ou comuneira quedou fora sen poder acceder ao recinto. Esta decisión non foi comunicada previamente. Tiveron que pasar tres filtros para poder acceder aon recinto nunha CM onde as asembleias sempre foran abertas. Os opositores a Porto Cabral fan chamamentos entre os viciños e comuneiros a que protesten e esixan máis información e voto en furna contra unha actuación da xunta directiva antidemocrática, de costas á parroquia e incumprindo os propios estatutos da CM. Nesta asembleia de maio, tomada pola policía, foron detidas tres persoas por presuntos insultos e agresións á policía. O obxectivo de todo isto é vender o monte para conseguir cartos e máis cartos e a pregunta é: para que máis cartos se se están a dilapidar os que hai. Naquela altura O IFEVI apareceu tomado por un grande número de policias e gardas de seguranza, a carga policial foi brutal e, o que alí pasou, foi nova na maioría de meios de comunicación, pero a asembleia foi boicoteada ao berro de “Asembleia informativa aberta a toda a parroquia”. Os viciños e viciñas de Cabral, que se opuñan ao proxecto, luitaron sem nengún tipo de complexo nunha luita desigual contra unha directiva máis própria de réximenes autoritarios, e venceron.

Despois desta asembleia de maio, descúbrese unha operación entre a xunta directiva e unha inmobiliaria, nunha operación gravosa para a CM, na que se pretende facer unha permuta de terreos de solo urbano por unhas parcelas de monte que un señor particular mercara en 2005. Esta operación comezou no ano 2006 e culminou a comezos do ano 2012 pero aínda se coñeceu a meiados do 2013. a permuta realizase co titular dunha inmobiliaria denominada Grucave SL, a CM achegou na troca 3140 metros cadrados de terreo industrial na zona de Puxeiros e recebeu a cambio 4300 metros cadrados de terreo rústico clasificado como comunal, a CM invertiu tamén 239580 € para mercar unha parcela de 714 metros cadrados e completar así a finca que lle interesaba á promotora. Todo isto se fixo con informe desfavorable da Xunta.

Fíxose denuncia ante a fiscalía, denuncia que a fiscalía atendeu e denunciou ante o xulgado. No mes de novembro a fiscalía ve indicios de delito e actúa de oficio ante as denuncias dos viciños. Isto que xa era coñecido polos viciños faise público en maio de 2014.

nesa altura sae tamén unha sentencia que da a razón a uns particulares aos que a CM lles reclamaba uns terreos para incorporar á CM, a razón é que estaban no entorno onde se construiría a nave e o que se buscaba era legalizar esa nave.

No mes de outubro de 2013 faise outra asembleia aberta informativa pero con policía. Antes desta asembleia mandóuse por parte da xunta directiva unha circular ás e aos comuneiros coa promesa de postos de traballo e inculcando o medo a que se non vendías ías perder todo porque se ía expropiar.

No mes de novembro en asembleia con votación en urna perden os que apoian porto cabral. 344 votos en contra e 297 votos a favor. O proxecto foi rexeitado a pesar dos sucesivas tentantivas da xunta reitora de levalo adiante. De saír adiante, Eurofund xustificaría a utilidade pública e faríase cos terreos, que serían expropiados.

En decembro de 2013, hai outra asembleia ordinaria de funcionamento ordinario, previamente a esta asembleia tíñanse detectado irregularidades na xestión das contas e aos comuneiros somente se lles da 1 minuto para falar e se reventa a asembleia xa que se aproban a xestión das contas coa xente abucheando, a xunta no medio de aquel caos as da por aprobadas. As irregularidades son moitas, apróbanse as contas de 21 meses (máis dun exercicio) desde o 01/01/2012 ata o 30/09/3013, apróbanse sen votación e entre os abucheos da xente. Esta asembleia está impugnada.

En xuño de 2014 faise outra asembleia ordinaria, a acta da anterior non se somete a votación porque está impugnada , hai unha querela contra o secretario e o presidente por falsificación de documento. Nesta asembleia vótanse as contas dos tres meses que quedaban pendentes do 2013, sométese a votación e perden clamorósamente pero aprobanse igual dicindo que había máis votos a favor, non se fai un 2º reconto , é escandaloso a manipulación da votación. Hai vídeos onde se ve o resultado das votacións. Vóltase impugnar esta asembleia. No segundo ponto do orde do día eran os orzamentos e se suspende a asembleia.

No 2014 fanse aterros en varios pontos da CM. A CM o que fai é alugarse como un vertedeiro para verquer en terros da CM terras que están sacando de obras e material de refugallo.

A finais do ano 2016, a vicepresidencia xeral de urbanismo, resolve contra a CM por varias infraccións urbanísticas cometidas em diversos lugares, Nesta altura as infraccións son as seguintes:

  • Solo urbanizable non programado:
    • Apertura de novos camiños com movementos de terra (excavacións, recheos e explanacións) e de muros de contención.
    • Ampliación de camiños existentes com movementos de terra.
    • Recheos e explanación de terras nunhas superfícies de 1600m2 e 5400m2.

A lei 02/2016 di claramente que non está permitida a apertura de camiños que non estexan expresamente recollidos no planeamento urbanístico ou nos instrumentos de ordeación do territorio, agás no caso dos camiños rurais contidos nos proxectos aprobados pola admón competente en materia de agricultura, minas, montes ou medio ambiente. Tamén di que debe manterse o estado natural dos terreos e as condicións de abancalamento obrigatorio e debe garantirse o mínimo impacto visual sobre a paisaxe e a mínima alteración da topografía dos terreos. A vicepresidencia xeral de urbanismo conclúe que estas obras non son legalizables.

  • Solo urbano coas condicións urbanísticas de aplicación de solo urbano non consolidado:
    • Apertura de novos camiños com movementos de terra (excavacións, recheos e explanacións) e de muros de contención.
    • Recheos e explanación de terras nunhas superfícies de 1500m2 e 13000m2.

Aquí conclúe tamén que as obras non son legalizables.

  • Solo urbano com ordenanza de zonas verdes e libres grao B :
  • Construcción dunha caseta de formigón duns 15m2 para deposito de algas. Concluindo tamén que as obras non son legalizables.

Falamos da mesma Comunidade de Montes que cando a Zona Hidrográfica Galicia-Sur publicou o anuncio somentendo a información pública a implantación dunha senda peonil no río Lagares.Comezou as obras de construcción da senda, desde Manuel Alvarez ata Valadas, sem respetar o periódo de exposición pública e sem licencia municipal. 4960 metros que custaron aproximadamente 1,5 millóns de euros que pagará a Comunidade de Montes, otorgándose uns atributos que deberían ser do Municipio, atopándonos co absurdo de que xa estaban a traballar as máquinas no mesmo periódo que nós estabamos alegando. Ante as denuncias de viciños e organizacións ambientalistas, em outubro de 2014 a Xerencia Municipal de Urbanismo, mandou paralisar as obras e a retirada de materiais e maquinaria e, indicando a súa vez que se lle daría traslado ao ministerio fiscal por posible ilicito de desobediencia regulado no artigo 556 do código penal. Indicar que un total de 129 comuneiros presentaron alegacións contra estas obras e lembraban que nen os orzamentos pasados nen actuais recollían o orzamento destas obras.

O presidente da Comunidade de Montes presentou recurso de reposición contra esta paralización das obras realizadas na marxe do río e consistentes em movementos de terra e construccións de muros de contención na ribeira do río (sem como dixemos houbese licencia municipal nin as autorizacións perceptivas) . O recurso que presentou baseabase em diversos pontos: que a CMVCM ten a misión, por imperativo legal de adoptar as medidas necesarias para a xestión e explotacióndo monte veciñal e que entre estas actuacións está a construcción da senda peonil (a resolución contestalles que essa “misión” das CMVCM non lles autoriza a realizar obras sem as autorizacións oportunas), a necesidade imperiosa de comezar as obras antes da tempada de choivas (a resolución indicalles que tampouco isso é xustificante para incumplir a lei), os perxuizos que ian ter os operarios contratados (ao que se lle contesta que isso é problema da empresa comezar unhas obras sem permisos. Dito recurso foi desestimado e nel indicouse que o proxecto presentado para a autorización de Augas de Galicia non prevé as intervencións na ribeira do Lagares detectadas polos inspectores de urbanismo e policía local e que em nengún parágrafo do informe elaborado contempla a construcción de muros de contención na ribeira do río, a realización de movementos de terra nen a derruba de muros lindantes , o documento propuña únicamente a realización dunha senda de peóns que incluía a construcción de pontes de madeira, sinalización da lonxitude percorrida , actuacións de reforestación ou acondicionamento da senda.

A resposta da Comunidade de Montes foi a de continuar coa obra seguendo a política de feitos consumados destruir totalmente a escasa vexetación de ribeira que había, deforestar e non reforestar e construir valados e paseos de formigón. Segundo a lexislación estatal de augas no se pode construir nada nos primeiros 5m a cada marxem do río salvo algunha excepción que require autorización. Como se pode comprobar, no paseo feito, había feches a menos de 3m do domínio público hidráulico. Na actualidade está comezando coa segunda parte do paseo. Debemos parar isto antes de que non haxa solución porque este paseo vai afectar a unha zona de interés natural que hai que protexer e as obras van significar a destrucción de toda a vexetación e xa pouca queda no Lagares. Non se podem facer as cousas así de calquer maneira, sem nengún tipo de control ambiental, acabando coas poucas zonas verdes que nos quedan.

A nivel administrativo, a actuación da Xunta Rectora da CM de Cabral é totalmente escura, non hai xeito de que se informe dos pasos que se están dando a nivel contable nen noutros terreos.

Estes últimos meses estamos asistindo a un novo episodio dantesco:

A Xunta Rectora volta cun novo intento de apropiación do monte veciñal para fins diferentes dos propios da súa natureza. Porto Cabral volta sair à palestra parece ser coa finalidade de contruir un macrocentro comercial, a expensas dun monte mancomunal

o que atenta contra a conservación e protección do medio natural, suporía o beneficio dunhas poucas mans privadas a costa da expropiación dun monte que é de todos, e afogaría ao comercio local. Debemos lembrar à Consellaría de Medio Rural que lle corresponde velar polo cumprimento da Lei 13/1989, de montes veciñais en man común de Galicia, e en consecuencia garantir que os usos do monte son acordes á súa natureza rústica, sen cambios indebidos ou fraudulentos.

Pisotean as leis e asembleias soberanas. Os viciños xa falaron, votaron e esixiron non máis especulación co noso monte, em novembro de 2013 e dixeron ven alto:

NON A PORTO CABRAL

O MONTE NON SE VENDE. TEN QUE SER XESTIONADO E DEFENDIDO POR UNHA COMUNIDADE TRANSPARENTE E DEMOCRÁTICA. SERVINDO AOS FINS DA VECIÑANZA TRABALLADORA E NON AOS FINS DOS ESPECULADORES PROVOCADORES DA MISERIA.

OS VECIÑ@S QUE LEVAMOS ANOS NA DEFENSA DO MONTE VECIÑAL EN MAN COMUN, DESEXAMOS CONVIDAROS A CONCENTRACIÓN – XUNTANZA QUE IMOS TER DE 12H A 14 H CO GALLO DE DITA ROMARÍA

Se de verdade queres enerxías renovables, deixa de construír

Se de verdade queres enerxías renovables, deixa de construír muíños e hortos solares

Contra os prognósticos máis optimistas, as turbinas eólicas están a xurdir como cogomelos e o prezo da enerxía solar sitúase xa en mínimos históricos. Con todo, cada vez máis países que ata agora lideraban a transición enerxética están a planear frear os seus investimentos e proxectos.

Países como Alemaña ou China teñen tanta enerxía renovable que sinxelamente non poden manexala. Vivimos tempos estraños, uns tempos nos que as enerxías renovables están a piques de morrer de éxito.

Problemas no paraíso (verde)

En 2011, Angela Merkel anunciou que quería pechar todos os reactores nucleares para o ano 2022. Como adoita ocorrer con estas cousas, as dúbidas empezaron a xurdir con forza. Pero a día de hoxe, os parques eólicos do norte xeran tanta enerxía que pagar ás empresas para que apaguen as súas turbinas converteuse en algo habitual.

Como é ben coñecido, o maior problema que temos coas enerxías renovables é que aínda non podemos almacenar ben a electricidade. Por iso, en teoría, as granxas eólicas do norte de Alemaña ían nutrir os estados industriais do sur. Pero non foi así: a gran ‘autoestrada enerxética’ do país está parada por problemas políticos e, todo apunta a que, vai custar moitos millóns máis do previsto.

Por iso, Alemaña está a tomar medidas para frear a súa transición enerxética cara ás renovables. Segundo filtrou a principios de semana o Süddeutsche Zeitung, o goberno alemán pretende reducir os seus obxectivos de creación de parques eólicos no norte do país porque non saben que facer coa enerxía que producen.

Para que nos fagamos unha idea: en 2015, o norte de Alemaña produciu 4.100 xigavatios hora de máis. É dicir, xeraron un exceso equivalente ao necesario para abastecer a 1.2 millóns de fogares durante un ano. Unha descomunal cantidade de enerxía que se deixou perder porque non se podía levar onde era necesaria. A isto, habemos de sumarlle o case mil millóns de gastos de mantemento derivados do excesivo nivel de enerxía que ten a rede.

Pensar no sistema no seu conxunto

Países como India, Australia ou China están a atoparse co mesmo problema. En China, sen ir máis lonxe, a rede de turbinas eólicas ten que permanecer apagada ata un 15% do tempo. E, en moitas provincias, o crecemento da enerxía solar ha feito que non se poida consumir nin a metade do que se produce.

Paradoxalmente, a presión social para construír e desenvolver as enerxías renovables (o investimento en enerxía eólica, solar e térmica) están a poñer en perigo toda a rede eléctrica. E, de paso, están a poñer en evidencia a política enerxética de medio mundo. Sobre todo, os que se están facendo ‘renovables’ sen pensar que ser verde é algo máis que poñer en marcha muíños e hortos solares.

En Texas, a infraestrutura necesaria para levar enerxía desde as zonas desérticas ás grandes cidades do sueste custou 7 mil millóns de dólares. Esta é unha lección moi importante: a transición cara a economías baseadas en enerxías renovables non se pode facer se non pensamos no sistema no seu conxunto.

Reforzar a rede eléctrica non é sexy e os recursos necesarios para a súa renovación non adoitan ser un tema importante no debate público. E iso é un problema. Ao final, vai ser verdade que o máis importante é invisible aos ollos (e ás cámaras dos fotógrafos).

Os nomes da cidade

marea-de-vigo_os-nomes-da-cidade_vigo_2017

A cidade é un palimpsesto. Está composta de sucesivas vagas de poboación, arquitectura e modos de vida que se van superpoñendo como capas de arxila.

Unha desas capas, unha capa que nos permite, en moitos casos, acceder a outras moito máis antigas, a constitúen os nomes de lugar, os topónimos.

Na cidade de Vigo, a toponimia inclúe e vai máis alá do nome oficial das grandes rúas e avenidas. Hai tamén unha toponimia e unha microtoponimia vencellada ao Vigo do pasado: o Vigo da pesca tradicional e o agro, o Vigo das parroquias e dos montes; e hai, ademais, unha toponimia que se afinca no máis afastado do tempo, en idades menos documentadas historicamente, a través dos vestixios de linguas prerromanas que perviviron no galego e na rica autonomía que deixou a nosa lingua.

A toponimia é un valor cultural, un patrimonio inmaterial e unha cartografía para saber quen somos, de onde vimos e cara onde queremos ir.

Convido, a través desta charla, a descubrir con nós este tesouro que son os nomes da cidade.

Día: Martes 7 de Marzo de 2017

Lugar: Rúa Camelias 85

Hora: 20:00 horas

Cartaz

cartaz-marea-de-vigo_toponimia_vigo_2017