Archivos por Etiqueta: Manifestacion

Non ao paso de camións, non a almacenaxe de contedores

A asemblea veciñal celebrada esta semana, acordou convocar unha manifestación para este vindeiro martes 17 de de outubro ás 19:00 horas, desde o cruzamento da rúa Santa Tegra e a avenida de Guixar ( antigas instalacións da Campsa), para esixir do Concello de Vigo, a paralización da almacenaxe de contedores nesta zona e prohibir o paso de camións de gran tonelaxe pola rúa Julian Estevez e a avenida de Guixar.

A Asociación Veciñal de Teis, calcula que diariamente (luns a venres) pasan máis de 300 camións polas rúas de Julian Estevez e a avenida de Guixar, con destino principal as instalacións denunciadas de transporte “ Crespo e Cousedo” e as antigas instalacións da Campsa. A zona de Guixar, tamén utilízana os camións que van ao porto de Vigo e os camións do lixo para a empacadora.

Isto é unha situación insoportábel debido as graves molestias provocadas a veciñanza (ruídos, po, problemas de tráfico,etc.,). Cando estes camións, teñen outros acesos ao porto e as instalacións de contedores, carecen de licenza municipal.

A Asociación Veciñal de Teis, reiteramos que o Concello de Vigo, debe precintar as instalacións de transporte “ Crespo e Cousedo” na avenida de Guixar, 12-14, ao non cumprir coa resolución de cese cautelar de actividade, ordenada pola Concellaría de Urbanismo e abrir un expediente tamén contra as instalacións da antiga Campsa,ao carecer de licenza municipal.

A paciencia da veciñanza acabouse cando a comezos de setembro a empresa transporte “ Crespo e Cousedo”, comezou a realizar traballos cunha pa escavadora para ampliar o espazo para depositar contedores, provocando danos nas vivendas da 1º Travesía de Guixar.

A veciñanza, concentrase diariamente diante das instalacións desta empresa, para pedir a paralización da ampliación e denunciar as molestias desta actividade. Ademais, hai dúas semanas concentrámonos na praza do Concello, coincidindo coa celebración do último pleno municipal.

Convocada unha marcha para reclamar máis persoal no centro de saúde de Navia

icr_rolda-de-prensa-mani-navia_2017-758x426

A xunta de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) e a plataforma SOS Sanidade Pública convocan, co apoio da asociación veciñal Novo Vigo, unha manifestación para reclamar máis profesionais para o centro de saúde de Navia. Os colectivos apostan por un reforzamento da atención primaria para rematar cos problemas asistenciais da área sanitaria viguesa.

A marcha arrincará este mércores 11 dende a rúa Teixugueiras 18-20 ás 19.00 horas e rematará diante do centro de saúde co obxectivo de reclamar a dotación de máis persoal para rematar cos problemas asistenciais que padece a parroquia en particular e a área sanitaria viguesa en xeral. En concreto, para Navia demandan catro novos/as médicos/as, dous/as pediatras e alomenos catro enfermeiros/as.

A manifestación sairá dende a rúa Teixugueiras este mércores día 11 ás 19.00 horas

Os colectivos convocantes da manifestación explicaron hoxe en rolda de prensa que a falta de persoal na atención primaria “é ben coñecida por todos/as pois sufrímola cando pedimos cita para acudir a unha consulta de medicina de familia, de enfermaría ou necesitamos fisioterapia, situación que se agrava cando precisamos acudir ás consultas de pediatría”.

De feito, calculan que só en Vigo cada un dos 42 pediatras atenden de media arredor de 1200 cartillas, cando o ideal é que sexan como moito 900. “Deste xeito, sería necesario contar con 56, polo que abría que contratar 14 máis”. É por iso que solicitan que se saquen a concurso as prazas necesarias e que se cubran as baixas existentes.

Como exemplo do que acontece na atención primaria viguesa poñen o que está a suceder coa última vaga de gripe, que provocou o colapso das Urxencias do Álvaro Cunqueiro porque moitos/as pacientes tiveron que acudir ao hospital ante a falta de cobertura nos centros de saúde. En concreto, no caso de Navia durante a pasada ponte de decembro as dúas pediatras estiveron de baixa, polo que todos/as os doentes tiveron que desprazarse ao Cunqueiro ou a outros centros de saúde.

Recorte de prazas e mala planificación

Segundo denuncian, as causas desta situación son os recortes de prazas, o incumprimento da promesa electoral de construír novos centros de saúde en Vigo e a mala planificación nas necesidades dos profesionais -no caso da pediatría-, xunto cunha política de contratación centrada só no aforro económico.

Diante disto, decidiron iniciar mobilización para reclamar de xeito urxente que se utilicen todos os recursos dispoñíbeis na actualidade no centro de saúde de Navia, para o que é preciso dotalo de máis persoal de medicina de familia, pediatría, de enfermería, matronas, fisioterapeutas, auxiliares, persoal de servizos xerais, etc. Lembran que este centro ten unha importante lista de espera para cambiar de médico de familia e sosteñen que polas características da súa poboación precisa reforzar de xeito importante a pediatría.

Ademais, solicitan a creación dun centro de atención primaria no Anexo II do hospital Xeral que permita, ademais do traslado xa feito da rúa Bolivia, redistribuír tarxetas sanitarias dos servizos de atención primaria da Doblada e da rúa Cuba e adscribir as do barrio de San Roque na contorna do hospital Xeral.

Finalmente, apostan por dedicar os centros de especialidades que foron pechados á atención primaria para mellorar o espazo dispoñíbel no centro de saúde da Doblada e para desconxestionar os de López Mora (que está en malas condicións) e Coia.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Ímos encher o Obradoiro decindo NON a Lei de Acuicultura

ilcanallarubens_non a lei de acuicultura_Galiza_2016

A Lei de Acuicultura suscita críticas de sectores do máis diverso, dende as confrearías até os ecoloxistas. A manifestación será o sábado 27 de febreiro dende a Alameda de Compostela até o Obradoiro.

Até 30.000 persoas enchendo o Obradoiro. Este é o obxectivo dos organizadores da manifestación contra a Lei de Acuicultura. Así o indicaron numerosos directivos de confrarías, colectivos de mariscadoras e bateeiros de todo o país na presentación da mobilización.
Nunha rolda de prensa esta mañá en Carril, o sector cualificou de “propaganda” a Lei de Acuicultura que está a tramitar a Xunta. Na súa opinión, o novo texto legal implicará privatizar as rías para facilitar “investimentos para as grandes empresas de peixecultura”.
Asustado pola negativa reacción do sector, tradicional votante conservador, o presidente da Xunta deu marcha atrás, pero só parcialmente. Alberto Nuñez Feijóo ordenou a Rosa Quintana, conselleira do Mar, non remitir a Lei para a súa votación no Parlamento e negociala cos afectados. Co vento a favor e consciente da proximidade dunhas eleccións, o sector pide agora retirada total do actual texto e comezar a negociar de cero, algo ao que Quintana négase.
A mobilización da próxima fin de semana pode ser moi numerosa. Ademais dos profesionais do mar, contará co apoio de todas as forzas da oposición e de numerosos grupos ecoloxistas.
ADEGA, o maior deles, asegura que o proxecto de Lei “está pensada para a industria acuícola -peixes- e posiblemente negociada con eles (Stolt-Nielsen e Pescanova)”. Así sinala que o texto expulsa aos concellos da tramitación de novas granxas, que se declaran de interese público polo que “se poderá expropiar a franxa litoral que precisen as empresas”. ADEGA tamén alerta que se permite ubicar piscifactorias en lugares protexidos mesmo sen informe ambiental.
Rubens Rocha

ை Unha parte representativa da cidade de Vigo e bisbarra mostra a súa repulsa contra o TTIP

ilcanallarubens_ICRPhotographer_ contra o TTIP_Comercio en beneficio do pobo, non das multinacionais_Vigo _ 2015

Este sábado pasado día 10 de outubro, unha parte da cidadania da Detroit Viguesa concentrouse na Praza da Independencia sobre as 19:45h para partir dende ela nunha marcha ata o Parque de Cástrelos onde ali esta ficada a Caravana Femenista Europea, o motivo da marcha era no dia mundial de acción global contra o TTIP, a marcha arrancou a eso das 20:10 co lema Comercio en beneficio do pobo, non das multinacionais.

“Non ao TTIP, CETA, TPP e TISA, Non a dictadura do capital” esa foi una das consignas ditas na manifestación e outra dita polas organizacións sociais, sindicais, campesiñas e activistas de base de ambas en Vigo foi “o imperialismo é o terrorismo”, opoñendose ao TTIP, CETA, TPP e TiSA. Estes tratados comerciais conculcan a democracia e a soberanía dos pobos, ameazan os servizos públicos, os dereitos sociais e laborais, a protección ambiental, poñen en perigo a agricultura sostíbel e a soberanía alimentar, eliminan garantías e controis farmaceúticos, supoñen un atranco para a indispensábel transición enerxética e van na liña de continuar a nos impor un modelo de sociedade ao servizo dos intereses do capital e da explotación da maioría social.  Xs únicxs beneficiarixs destes acordos son as grandes empresas transnacionais e o capital financeiro e bancario. No manifestó leído no Parque de Castrelos concluíu cunha consigna ben clara e esa foi “loitamos pola igualdade, os dereitos sociais e laborais, a defensa ambiental e a democracia real”.

Se o acordó TTIP (Transatlantic Trade and Investment Partnership) entre EEUU e a UE é asinado, suporá un beneficio para as multinacionais que poderán saltarse as normativas e soberanías dos estados europeos que adhiran este acordo. Na cidade de Vigo xa e a segunda vez que manifestase encontra deste acordó xa que eso quere dicir que as normativas de Europa non terán validez porque as grandes empresas poderán sancionar os estados, unha vez que se asinou, coas condicións que se establezan nos contratos, que non poderán modificar as normativas sobre seguridade, emprego, sanidade, etc., que prexudiquen os lobbies.

Calquera modificación en canto á lexislación de calquera estado que poida prexudicalos, sexa do modo que sexa, está exposta a unha demanda desorbitada porque estes contratos están por riba de calquera lexislación dos estados soberanos. Impoñerán aos estados membros da Unión Europea os menos esixentes convenios vixentes nos EE.UU. no momento do asinamento destes contratos, isto é:

– Dereitos laborais, incluídos convenios colectivos, que non poderán ser modificados polos países xa que serán sancionados só co feito de que se aleguen perdas.

– Privatización dos servizos públicos que nos impoñerán ilos reducindo ao mínimo asistencial.

– Eliminación das preferencias nacionais nos contratos públicos.

– As avaliacións destes contratos levaraas unha comisión independente dos estados ou da Unión Europea e de carácter privado.

– Restricción nos medicamentos xenéricos porque as farmacéuticas non quererán perder os seus ingresos multimillonarios.

– A pequena e mediana empresa sufrirá as imposiciones dos lobbies estadounidenses.Municipios e CC. AA. tamén perderán poder legislativo. A perda de soberanía será total no tocante a economía e comercio.E poderiamos seguir con máis restriccións, pero aínda queda a guinda do pastel porque a pregunta é: quen resolve os conflitos entre as multinacionais de EEUU e os Estados Soberanos Europeos? A resposta non é nada alentadora: farao un Comité Independente de -supostos- expertos, designados entre as multinacionais e os estados. Pero tamén temos que responder á pregunta de, se hai un conflito entre estas grandes empresas, cun exército de avogados especializados, e os estados soberanos de Europa, ¿quen terá todo para perder a contenda e ter que pagar unhas cantidades multimillonarias só por modificar a lexislación?. Os estados, é dicir, nós, todos, o noso erario público. Á corrupción súmase a impunidade e a patente de corso.

En América do Norte, América Latina e o Pacífico a xente estase organizando para poñer fin ao asalto do imperialismo corporativo, que se agrava en gran medida polo Tratado Transpacífico (TPP) e outros tratados “comerciais” como o TTIP, o CETA e o TISA. O TPP está moi preto de pecharse e está sendo fortemente impulsado polas grandes multinacionais e xefes de Estado como Barack Obama. En xuño de 2015 Barack Obama apoiouse na maioría republicana do Senado e a Cámara de Representantes para aprobar o Fast Track ou vía rápida, que permite discutir e aprobar tratados xigantescos como o TPP, o TTIP e o TISA no Congreso (sen emendas, obstrucións e cun tempo limitado para o debate) tras anos de negociación secreta. Obama asinou rapidamente esta lei antidemocrática e agora está presionando para pechar o primeiro dos tres tratados, o TPP.

Gran parte do mundo está totalmente en contra dun tratado feito por uns poucos e que afecta a moitos e que rouba soberanía para entregala ás grandes corporacións transnacionais. Como cidadáns neganse a perder dereitos e na tarde do sábado a pesares dunha climatoloxia bipolar manifestaronse moi enérxicamente na repulsa a este aldraxe. Se no teu entorno mais cercano non ten idea deste tratado seria bo que lle fixeras achegar este post xa que se achegara a asinar e aprobar afectará tamén ás futuras xeracións.

Tamén, non deixes de asinar (se non o fixeches xa), contra o TTIP e o CETA. Asina contra o TTIP e CETA desde o blogue da campaña contra o TTIP.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Galería de imaxes [Aquí]

ை Manifestación: Comercio en beneficio do pobo,non das multinacionais.

ilcanallarubens_non ao TTIP_Vigo_2015

O 10 de Outubro marcará o día de inicio para a Semana de loita contra os tratados de libre comercio: TTIP, TPP, CETA e TISA, e implicará que centos de localidades se unan a unha mobilización global que dará continuidade á do pasado 18 de Abril. Dende o 1 ao 15 de outubro miles de persoas marcharán dende diferentes localidade de toda Europa, para bloquear o cumio da Unión Europea que se dará ese día 15, en diversas protestas que se manterán ata o día 17. Os acordos bilaterais de comercio e investimento entre grandes potencias nacionais e rexionais empezan a ser un tema emerxente. E son ao mesmo tempo un galimatías de siglas (TTIP, CETA, TISA, etc) e de asuntos de difícil comprensión: tratados comerciais de servizos, tribunais de arbitraxe, macroeconomía, aranceis comerciais, hexemonía mundial…

Nestes acordos fálase moito de fomentar o comercio entre as partes e de defender os dereitos dos investidores. Pero non se mencionan cousas como defender os dereitos laborais, mellorar a calidade dos servizos públicos, protexer o medio ambiente ou de garantir a seguridade alimentaria, por poñer algúns exemplos.

Pero as persoas e o planeta están antes que os investimentos e os negocios, así que non queremos este tipo de acordos que na práctica supoñen a harmonización á baixa das regulacións entre ambos os bloques, acordos que poden supoñer o enfraquecemento dos estándares de calidade e seguridade dos produtos importados. É dicir, volta atrás con políticas de control de sustancias tóxicas, de organismos xeneticamente modificados, fracking, seguridade alimentaria, etc. En nome do “libre comercio”, quérese poñer en risco estándares de calidade e seguridade relevantes para a produción agrícola, a alimentación e a saúde dos ecosistemas.

Non, estes acordos non están pensados para as persoas e o planeta, senón para o interese das grandes corporacións.

Ademais, as conversacións para o acordo que están agora negociando a UE e EE.UU, o Acordo Transatlántico para o Comercio e o Investimento (coñecido como TTIP polas súas siglas en inglés) están a levarse a cabo en segredo: as negociacións son a porta pechada, os seus documentos reservados,  e mesmo para os europarlamentarios é unha odisea acceder a consultar (só consultar) a inxente documentación clasificada como “confidencial”. Os grandes lobbies das multinacionais non ten problema en estar ao tanto da marcha das negociacións.

Porque queren mantelo en segredo e porque o tratado afecta a temas como a nosa saúde, a alimentación e a saúde do planeta, neste acordo bilateral xogámonos moito.

Aínda que o TTIP aínda será obxecto de negociacións durante polo menos 2016, o acordo xa asinado entre Canadá e a UE podería afectarnos pronto: o CETA, que así se chama, será o primeiro deste tipo de tratados de comercio de nova xeración. Concluído hai un ano, o acordo nunca foi asinado formalmente. Xa que o acordo podería ser presentado en calquera momento aos estados membro da UE para a súa firma, debemos impedir tamén que os nosos gobernos asíneno.

Greenpeace España como outras organizacións e organizacións políticas están xa traballando na Plataforma contra o TTIP, e xunto con eles estamos a preparar a semana de acción internacional, que se celebrará a ambos os dous lados do atlántico do 10 ao 17 de outubro. Convidámosche a participar.

Que podes facer ti?

Pois acode á manifestación que terá o seguinte percorrido que empeza na Praza de Independencia paso pola Praza de América e coa chegada no Parque de Castrelos. Dito percorrido ten saída ás 20:00 dende Praza de Independencia. Aquí tes o enlace para o evento de Facebook (aqui)

Tamén, non deixes de asinar (se non o fixeches xa), contra o TTIP e o CETA. Firma contra o TTIP e CETA desde o blogue da campaña contra o TTIP.

Rubens Rocha [@IlcanallaRubens]

ை O 84 aniversario da proclamación da II República nas rúas de Vigo

ilcanallarubens_manifestacionrepublicanavigo2015O martes 14 de abril, foi o aniversario da proclamación da Segunda República. Como cada ano os nostálxicos e os seguidores da republica e algunhas persoas case a maioría delas nin sequera o viviron, saíron á rúa, baixo o bochorno que percorrían as rúas da cidade de Vigo a manifestación que saía dende o Farol da rúa Urzaizata a porta do sol, a manifestación foi convocada pola Asemblea Republicana e amig@s de republíca de Vigo.

A manifestación tivo unha asistencia moi frouxa comparándoa coa manifestación do pasado ano na que moita máis xente se envorcou tomando a rúa da Detroit Viguesa. Ao finalizar a manifestación leuse un manifesto como tamén soaron os himnos de republíca e o himno galego.
O manifesto dicía:

NÓS TÉMOLO CLARO¡¡¡ VIVA A REPÚBLICA¡¡¡

Agora que tanto se fala da necesidade de superar o réxime da chamada transición, esquécese , de forma premeditada, que esta adoptou unha forma monárquica, ergo, NON DEMOCRÁTICA. Onde haxa Rei non hai democracia, onde haxa cargos herdados non existe expresión da vontade popular. Porén esta idea basilar dos sistemas autenticamente democráticos, semella hoxe condenada caseque á marxinalidade.

As expectativas abertas coa abdicación de Juan Carlos Borbón cara un horizonte republicano, están agora, a pesares do descrédito da Coroa, máis lonxanas que hai un ano.

A desaparición da Monarquía, non está presente no pretendido discurso transformador das dinámicas electorais aparecidas ultimamente como única resposta alternativa ás maldades do sistema. Os debates, lexítimos desde logo e posiblemente necesarios, sobre as listas abertas, os códigos éticos, os revocatorios ou a corrupción invaden a area pública e concentran a atención da cidadanía. Preténdese así cambiar os usos do sistema en vez de erradicar os seus abusos. Tales dinámicas conforman a clave de bóveda que serve para explicar o silenciamento e desaparición progresiva que esta a sufrir a alternativa republicana como o escenario real desde o que se debe partir para abordar o cambio. Non hai transformacións verdadeiras se se expulsan dos espazos públicos os conflitos sociais, os movementos sociais, as loitas sociais, en suma, o debate politico e de ideas realmente transformadoras, e se opta por suplantalos e substituílos ou pola súa representación espectacular nas tertulias televisivas ou por medio de dinámicas electoralistas onde caiba todo.

NÓS TÉMOLO CLARO. Cremos que hai que REPUBLICANIZAR AS RÚAS E OS CONFLITOS e defender, mesmo a contracorrente agora , os valores republicanos como parte dunha estratexia imprescindible para acabar con esta Terceira Restauración Monárquica que padecemos.

Conceptos como os de liberdade, igualdade, fraternidade, Estado laico, dereito ao traballo, á vivenda, á sanidade e á educación publica, á igualdade de xénero, a loita contra o racismo, a xenofobia, o belicismo, o imperialismo e a defensa do ecoloxismo e do dereito das nacións sen estado para decidiren o seu futuro, son, entre outros, os valores que lle son propios á defensa da República.

Por todo isto, desde A ASEMBLEA REPUBLICANA DE VIGO damos as grazas aos vigueses e viguesas, asociacións sociais, culturais e veciñais, partidos e sindicatos a sua participacion nesta manifestacion con motivo do 84 aniversario da proclamación da II República.

¡¡¡ VIVA A REPÚBLICA ¡¡¡

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

ை A Columna Viguesa das marchas da dignidade volveu tomar a rúa

Ilcanallarubens_ICR-Photographer_Pan_Traballo_e_Teito_25_Febreiro_2015

Entorno a unhas 150 persoas da marcha Viguesa da dignidade saíron á rúa no día de onte baixo unha fina chuvia, esta manifestación que saliu dende a praza de Fernando ou Católico ás 20h co seu fin baixo o Siereno na Porta do Sol, foi o caletamento previo para volver tomar Madrid o día 21M.

O lema foi “O 21M VOLVEMOS A MADRID”, non só houbo manifestacion na cidade da Detroit Viguesa senón que foi simultaneo noutras cidades como Pontevedra, Ourense, Lugo, Ferrol, A Coruña e Compostela.

Na rolda de prensa feita previamente deron información sobre os motivos que nos levaron a convocar un calendario de movilizacións para 2015, a nivel estatal, e que comenzará ca VOLTA SOBRE MADRID o vindeiro 21 de Marzo para o que, dende Galiza, estamos a negociar o alquiler de tres trenes a Renfe así como autobuses que partiran de todos os currunchos do país.

A multitude de actos organizados para difundir a mobilización da Columna Galega sobre Madrid, (pancartas, cartelería, megafonía, concertos, debates, etc..) súmase o apoio de Diego Cañamero e Willy Toledo que estaran presentes nun acto que terá lugar en Vigo o vindeiro 10 de marzo, as 20:00 horas no Centro Cívico de Teis.

Será unha nova proba de forza para unha Columna Galega que logrou encher o Obradoiro o pasado 29 de novembro e que colleu músculo tras ser impulsada por varios sindicatos como a CUT, CGT, Sindicato Ferroviario ou Sindicato da Elevación e á que se foron sumando organizacións como SLG, STEG, Anova IN, FPG, Esquerda Unida ou Espazo Ecosocialista, así como de numerosos movementos sociais e veciñais, plataformas de Stop Desafiuzamentos, Frente Cívico, colectivos feministas, Ecoar ou a Plataforma Galega de Artes Escénicas, entre outros.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

ை Concentración contra a discriminación laboral das embarazadas no Sevizo Galego de Saude

ilcanallarubens_sergasConcentracion de Non á discriminación laboral das embarazadas no Sevizo Galego de Saude, que tivo lugar as 11 da maña de este día 20 de agosto na entrada de urxencias do Hospital Xeral de Vigo amosando a repulsa a este feito no cal se leeu este comunicado que vades a leer.

Non á discriminación laboral das mulleres embarazadas no SERGAS.

Este verán nas contratacións do Hospital Xeral aconteceu un feito moi grave. A unha
celadora embarazada non lle deixaron asinar o contrato tras o informe da unidade de prevención de riscos laborais (UPRL) declarandoa non apta, cando o procedemento a seguir seria adecuarlle o posto de traballo ou facilitarlle a baixa por maternidade. Tratase de protexelas e non de mandalas para a casa negandolles o dereito a un posto de traballo.
Estar embarazada nom é estar enferma, e tense todo o dereito a un posto de traballo, o contrario é cometer un acto de discriminación laboral e sexista vulnerando un dereito fundamental.
Dende o Poder, dende os que gobernan a economía e pretenden gobernar as nosas vidas, decidiron que o modelo de igualdade de mulleres e homes, o modelo da independencia e da autonomía das mulleres non é rentable para os seus intereses, e pretenden impor un modelo tradicional, no que as mulleres asuman o rol familiar e os homes sustentadores o de ‘cabeza de familia’. Un acordo da dereita política e económica que vai, por suposto, da man da Conferencia Episcopal sempre esperando a súa oportunidade para esmagar vidas e liberdades.
Neste modelo vai afondando o Partido Popular, no estado e na Galiza, con cada norma, con cada reforma, con cada recorte, cada vez que un dos seus fala libremente para amosar “a súa superioridade intelectual fronte a unha muller”. Así son e así se manifestan.
Queren que volvamos a ter a consideración de mulleres coidadoras, pechadas na casa, incapaces de decidir, mulleres dependentes e necesitadas esperando a que nos digan o que podemos ou non podemos facer. Mais hoxe, as mulleres traballadoras, as mulleres que enfrontamos as nosas vidas, con toda a enerxía e coraxe, non estamos dispostas a dar ningun paso atrás na conquista dos nosos dereitos.
Por eso dende a Plataforma Galega polo Dereito Aborto e dende os Sindicatos: CCOO, CIG-Saúde e UGT fazemos un chamado a denunciar enerxicamente o feito, de negarlle a unha muller no SERGAS o dereito a un posto de traballo por estar embarazada, pois sentaria un precedente gravísimo en recortes de dereitos das mulleres e do dereito ao traballo que non estamos dispostas nin dispostos a tolerar.

Convocaron:
Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto, CCOO, CIG-Saúde, UGT.

Rubens Rocha [@ilcanallarubens]
#DiscriminacionCero #Sergas #EmbarazosSergas #Vigo
 

ை La formula ideal

ilcanallarubens_diaorgullogayvigo.pngAndando y andando por una multitud de gentes, un día especial, una concentración especial, un ambiente genial, yo incomodo estaba, pero luchaba para no encontrarme peor aun todavía, algo en mi me decía que encontraría la formula ideal, una formula para sacarme ese estado, no me gustaba mi estado, mi estado es otro normalmente, mis manos mi cámara de fotos, música de batucada en mis oídos, andando y andando por la multitud, colores mil entre la multitud, buscando esa formula ideal, un paso y otro paso, aspirando oxigeno y echando el quemado, compañeros fotógrafos intentando sacarme una sonrisa, en mi nuca los presentes gritando, mi mano grabando lo que sucedía, suspiraba y suspiraba sin parar, en un momento me quede sin respiración, sentí que estaba cerca de esa formula ideal, de repente la nostalgia hizo presencia en mi, nostalgia en forma de mujeres, mujeres que no veía desde hace muchos años, nos pusimos hablar del pasado del presente y del futuro, me puse andar una vez mas, andando y andando, un altar frente a mi me encontré, no dude en subir, me puse a grabar el frente y los lados por los colores que se veían alrededor, una mujer se pone hablar en el altar, mis oídos abiertos y mi mano grabando hacia esa mujer, mis ojos buscando y buscando entre la multitud multicolor, de repente deje de escuchar a la mujer, mis oídos sintonizaron un tema de Fito Paez, el tema Mariposa Tecknicolor, respire profundo ya que el agobio iba a mayores, la canción se estaba terminando, baje del altar, me puse a la izquierda del, luego me puse a andar entre la gente allí asistente, me pare varias veces a saludar, gente conocida y amiga salía a mi paso, yo a punto del colapso, andando de derecha a izquierda de arriba a bajo, me paro, vapeo, tomo fotos, guardo la cámara, vapeo, vapeo, empiezo a sentir que mi estado cambia, la paz y tranquilidad empiezan a volver a mi, alado un compañero, giro la cabeza para la izquierda, allí tres muchachas, tres amigas, dos de ellas no me trasmitían nada, una si, una mujer con el cabello bien largo, cabello negro, una sonrisa como ver por la mañana nacer el sol, una sonrisa espectacular, una sonrisa radiante, una piel suave y blanca, una figura maravillosa, pero eso no es lo que me llamo la atención, sino su alma entera, un alma llena de riqueza, ella me hablo, yo la hable, me sentí que volaba, nos tomamos una foto juntos, le tome una foto a ellas, las deje temporalmente, fui a un establecimiento a buscar una servilleta de papel, en el medio me encontré a unas compañeras políticas, les pedí un bolígrafo, escribí mi usuario de twitter, devolví el boli, le entregue el papel a la alma que estaba buscando, ella era la formula idea, para hacer mas tiempo aguarde hasta el final, quería que ese día continuase, mis ojos no hacían mas que observarla, mi cara esbozaba una sonrisa, sonrisa rara en mi, ella deseaba hacerse una foto con la estrella de la noche, yo quería capturar el momento en que dos estrellas estarían en cada uno de mis ojos, ella luego se despido, cada uno para su casa, en el camino yo pensando en ella, ahora ella actualmente es importante en mi vida, compañera de la fotografía, compañera en voluntariado, compañera para todo el resto de mi vida. 

» Gracias por estar gracias por venir gracias totales por estar en mi.

Rubens Rocha [@ilcanallarubens]
#Vigo #Simbiosis #Compañerismo #Amistad #Sentimiento

ை Una concentración silenciosa por palestina

ilcanallarubens_concentracionsilenciosacontraelxenocidioiraeliapalestinavigo.png

[GALEGO] Colectivos sociais, sindicatos, organizacións e partidos políticos convocaron unha CONCENTRACIÓN SILENCIOSA para exixirmos a fin da agresión xenocida do Estado de Israel contra o povo palestiniano. A concentracion tivo esta quinta feira (xoves) 7 de agosto do 2014 ás 20:30h diante do museo de Arte contemporaneo M.A.R.C.O. onde se fixo un acto simbolico poñendo unhas velas e un silencio atronador despois do silencio viñerón os berros contra Israel decindo que Palestina vencerá.

Xa non e a primeira concentración que se fixo na cidade de Vigo, a primeira tivo lugar na farola da entrada da Rúa de Príncipe con unha asistencia de xente do común a cal se sorprendeu pola cantidade de xente que se concentrou, logo de esa concentracion tivo lugar unha manifestación que partiu dende o cruce da Rúa Vía del Norte ata o museo de arte contemporanea M.A.R.C.O. a cal contou con unha acollida de maís de mil persoas e tamen estiverón representantes políticos do parlamento galego por AGE (Alternativa Galega de Esquerdas) tamén entre os manifestantes se encontraban un amplo colectivo de xente palestina na cidade e os seus irmans marroquies.

[ESPAÑOL] Colectivos sociales, sindicatos, organizaciones y partidos políticos convocaron una CONCENTRACIÓN SILENCIOSA para exigir el fin de la agresión genocidio del Estado de Israel contra el pueblo palestino. La concentración tuvo lugar en esta quinta feira (jueves) 7 de agosto del 2014 a las 20:30h delante del museo de Arte contemporáneo M.A.R.C.O. donde se hizo un acto simbólico poniendo unas velas y un silencio atronador después del silencio vinieron los gritos contra Israel diciendo que Palestina vencerá.

Ya no es la primera concentración que se hizo en la ciudad de Vigo, la primera tuvo lugar en la farola de la entrada de la Rúa de Príncipe con una asistencia de gente común la cual se sorprendieron por la cantidad de gente que se concentro, luego de esa concentración tuvo un lugar una manifestación que partió desde el cruce de la Rúa Vía del Norte hasta el museo de Arte Contemporáneo M.A.R.C.O. la cual contó con una acogida de mas de unas mil personas y también estuvieron representantes políticos del parlamento gallego por AGE (Alternativa Galega de Esquerdas) tambien entre los manifestantes se encontraban un amplio colectivo de gente palestina en la ciudad y sus hermanos Marroquis.

Rubens Rocha [@ilcanallarubens]
#Vigo #Galiza #Palestina #GalizaConPalestina #StopXenocidio @ilcanallarubens

Primer acto Concentración na farola – Primer acto Concentración en la farola.

Segundo acto Manifestación polas ruas – Segundo acto Manifestación por las calles.

Tercer acto Concentración Silenciosa.