Archivos por Etiqueta: marco

Concello de Vigo a favor das acrobacias e experto en aniquilar a cultura máis os puntos de reunión da xente nova

Despois dos peches de Subete Castro e da Casa da Xuventude por parte da administración Abel Caballero, o MARCO queda sen director, logo de que o Concello de Vigo baleirara o seu orzamento.

Cabe sinalar o malestar xeneralizado en artistas os cales deixan claro que mentres sigan así as cousas “NON EXPOÑERAN OS SEUS TRABALLOS” xa que non son ninguns “PELELES”, argumentan.

O alcalde da cidade de VIGO desde que colleu o poder no 2007 adicouse a aniquilar todo o tecido cultural da cidade e todas as alternativas socioculturais da mocidade, en cambio nos eventos da cidade como O’marisquiño o seu patrocinador maior e unha marca de cerveixas como noutros eventos da cidade facendo así un fraco favor para os máis novos, e que decir das numerosas denuncias do botellon as cales pois non se atenden ou as molestias dos hosteleiros… como solo decir últimamente “alcohol alcohol hemos venido a cargarnos la cultura y mientras matar el higado”.

En fin o modelo de Vigo é alcohol e comer e charramangadas para entreter aos foraneos e cidadas con precariedade neuronal.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
#winteriscomingtoMarco

SOS MARCO de VIGO

Unha recollida de sinaturas que avalen unha loita veciñal para que o museo referencial de Vigo, o MARCO, non perda a identidade que o caracterizou. Dese fundado temor, desa ameaza inminente, xorde esta iniciativa da Agrupación de Amigos do MARCO, entidade independente, sen adscrición política e representante da sociedade civil amante da arte, que pretende aglutinar todas as voces que desexen un museo cun proxecto libre e profesionalizado.

Por que asinar este comunicado?

1_Dende a súa apertura a fins de 2002, o MARCO desenvolveu a súa programación conforme aos enunciados dos Estatutos da Fundación, que o definen como centro dedicado á investigación, exhibición e difusión da creación artística contemporánea. Esa idea esencial foise enriquecendo “cunha mirada” universal sobre a arte ao longo da súa traxectoria ata o presente.

2_Nestes 15 anos leváronse a cabo 117 exposicións cunha media de 82.000 visitantes ao ano, a grande maioría delas con produción propia, e outras en colaboración con centros, museos e institucións de Galicia, España e de ámbito internacional. As liñas de programación abrangueron dende a revisión histórica —recuperación de autores e movementos artísticos do pasado recente en Galicia— ata mostras temáticas, individuais e colectivas, cuxo obxectivo foi ofrecer e situar a cidade de Vigo, que o acolle, como un referente no mapa da arte contemporánea.

3_O devandito labor ten sido acompañado dunha intensa programación de actividades educativasademais de funcións de investigación, conservación, documentación e formación de profesionais, que fan do museo algo máis ca un simple colector ou expositor de obras. Na súa vertente máis participativa, a área de formación materializouse en cursos (pintura, escultura, fotografía, cinema, música contemporánea, arquitectura, urbanismo…), encontros, obradoiros de artistas, e estadías en prácticas para estudantes, ademais de programas e actividades en colaboración con outros centros e institucións dirixidas a centos de escolares, adultos, público infantil e familias.

4_Para realizar este proxecto foi indispensable un equipo de profesionais, elixidos por concurso público, conscientes da importancia do seu labor. Dende a súa creación, a Fundación MARCO foi a forma xurídica que permitiu un modelo de xestión e de cooperación entre institucións, así como a consolidación dun equipo técnico profesionalizado.

5_A riqueza de relacións e intercambios, de ida e volta, xerados dende o MARCO ao longo destes anos, serviu para configurar un polo de atracción na cidade de Vigo, ao igual que para difundir e proxectar o traballo dos nosos artistas e profesionais.

6_A importancia do MARCO non é só presencial, senón tamén simbólica. Vigo é unha cidade moderna, berce de movementos de vangarda que ten neste museo un faro que —xa dende a súa orixe, coa transformación en centro de arte contemporánea dun edificio tan vencellado á memoria colectiva— contribúe a potenciar unha identidade de progreso para a cidade.

Por que agora?

Dende que, en decembro de 2016, o actual director presentase a súa renuncia a renovar o seu contrato, numerosas persoas, colectivos e institucións alertaron sobre a necesidade de poñer en marcha un concurso público para a nova dirección, facilitando unha transición que permitise a continuidade do MARCO como proxecto libre e profesional.

A Agrupación de Amigos do MARCO solicitou reiteradamente reunirse con Abel Caballero, (alcalde de Vigo e presidente da Fundación MARCO), ata o momento sen éxito. Este silencio só foi roto polas súas declaracións extraoficiais a medios de comunicación nas que avanza a súa intención de reformular toda a rede museística, sen achegar información precisa sobre os criterios ou protagonistas deses cambios.

As devanditas manifestacións, na nosa opinión, cuestionan gravemente o que ata agora foi o único proxecto definido, consolidado, exitoso e independente da cidade de Vigo: o MARCO. E a isto súmase a incerteza na que se está a sumir o seu equipo humano.

Por todo iso, dende a Agrupación de Amigos do MARCO:

Demandamos información sobre os plans que afectan ao futuro do MARCO.

Esiximos que se apoie e reforce este proxecto, que se foi consolidando con éxito ao longo de 15 anos, e que pode correr serio risco de desaparecer como espazo profesional e independente dedicado á cultura e a arte contemporánea.

Para mostar o apoio tan so tedes que entrar nesta ligazón https://sosmarcodevigo.wordpress.com/2017/10/09/manifesto/

SÚMATE! VIGO E A CULTURA MERÉCENO

 

ை Flashmob (baile sorpresa) Navidad Centro Príncipe Vigo.

21 de diciembre de 2012 – Una divertida coreografía con música de ambiente sorprendió ayer a los viandantes de Príncipe, que se encontraron de pronto con el flashmob promovida por los comerciantes. El monitor y coreógrafo Ángel Martínez Piñeiro fue el encargado de organizarlo, y con este objetivo colgó vídeos explicativos del baile en youtube con meses de antelación para que todo saliese perfecto y se pudiese sumar cualquier persona.

Los participantes se citaron en las escalinatas del museo marco a las 19.30 horas para organizarse brevemente y reencontrarse como si fuese casualidad en la calle, donde protagonizaron un baile al que cada vez -tal y como estaba previsto- se fue sumando más gente. Después, como en cualquier flashmob, se dispersaron disimuladamente, igual que en apariencia habían llegado. La coreografía incluyó varios temas, entre ellos el “gangnam style”, y finalizó con “Mi tierra” de Gloria Estepan.

No es la primera vez que se realiza un flashmob en la ciudad, estudiantes universitarios protagonizaron meses atrás una guerra de almohadas en la plaza de la Independencia.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

ை Concentracion Comision Neae – Fonpas