Archivos por Etiqueta: Marga L.Barreiro

Os nomes da cidade

marea-de-vigo_os-nomes-da-cidade_vigo_2017

A cidade é un palimpsesto. Está composta de sucesivas vagas de poboación, arquitectura e modos de vida que se van superpoñendo como capas de arxila.

Unha desas capas, unha capa que nos permite, en moitos casos, acceder a outras moito máis antigas, a constitúen os nomes de lugar, os topónimos.

Na cidade de Vigo, a toponimia inclúe e vai máis alá do nome oficial das grandes rúas e avenidas. Hai tamén unha toponimia e unha microtoponimia vencellada ao Vigo do pasado: o Vigo da pesca tradicional e o agro, o Vigo das parroquias e dos montes; e hai, ademais, unha toponimia que se afinca no máis afastado do tempo, en idades menos documentadas historicamente, a través dos vestixios de linguas prerromanas que perviviron no galego e na rica autonomía que deixou a nosa lingua.

A toponimia é un valor cultural, un patrimonio inmaterial e unha cartografía para saber quen somos, de onde vimos e cara onde queremos ir.

Convido, a través desta charla, a descubrir con nós este tesouro que son os nomes da cidade.

Día: Martes 7 de Marzo de 2017

Lugar: Rúa Camelias 85

Hora: 20:00 horas

Cartaz

cartaz-marea-de-vigo_toponimia_vigo_2017

Anuncios

ை Xornadas. O sector lácteo desde a cidade.

ilcanallarubens_xornadas leiteiras_ Alternativa Galega de Esquerdas_Vigo_2015

Hai xa ben anos que pechou a Central Leiteira de Balaídos, poderíase cuestionar, logo, o sentido de organizar un acto sobre o sector lácteo na nosa cidade.

E porén, é preciso achegar o conflito lácteo ao mundo urbano. Compre informar ás grandes bolsas de consumidores urbanos da problemática duns produtores non só maltratados pola industria leiteira senón tamén pola industria distribuídora.

As clases traballadoras urbanas, con toda a lóxica do mundo, tratan de acceder aos produtos de mellor prezo. O uso do leite como produto reclamo por parte das grandes superficies, crea unha fenda entre os intereses desas clases traballadoras urbanas e os produtores de leite do rural.

Compre traballar nunha alianza deses dous mundos. Compre crear pontes para que chegue o día en que se poida sortear ás grandes cadeas distribuídoras.

Por outra banda, o sector lácteo contribúe a manter vivo o mundo rural. Un mundo rural do que os habitantes urbanos se benefician polo seu papel como fornecedor de alimentos de calidade, de espazos naturais coidados e como lugar de esparcemento e lecer; sen desprezar, tampouco, a alternativa que un rural socioeconomicamente vivo sempre pode significar para un mundo urbano onde o traballo escasea.

Informarse é un primeiro paso. Convidan a todo o mundo a este acto que terá lugar o vindeiro venres 9 de outubro en Vigo no salón de actos do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Delegación de Vigo ubicada na rúa Doctor Cadaval 5.

Aquí vos paso o enlace do evento de Facebook (aquí).

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]