Archivos por Etiqueta: nacemento

ை “Xénese”, solemnes delirios.

ilcanallarubens_recuperacion-cesarea_2015

Nadando atópome
nesta bolsa de auga,
flotando en corpo alleo
son unha bomba de tempo.

Non sinto dor nin pena,
non respiro, non vexo
e ,cal reloxo de area,
o último gran sopeso.

Detéñanse un momento
pois preparado non sinto
aínda que produto de óvulo e esperma
direi que nacer non quero.

Así pois retórzome
-perdoa nai, non podo…-.
De oír tanto sufrimento
saír de aquí dáme medo.

Maldito o corte transversal
que á miña nai fixo chorar
pois dándome pé a respirar
obrigáronme a comezar.

Rubens Rocha [@IlCanallarubens]
Un mal momento para saír ao mundo pero un gran tempo para a literatura.
Sigamos na procura da estrela vermella.