Archivos por Etiqueta: naturaleza para todos

Vigo flashback: A ponte de Toralla recuperada

O 25 de outubro de 1997 os vigueses coñecían que a xustiza lles había dado a razón no preito que mantiñan cos propietarios da illa de Toralla polo uso da ponte. Despois dun itinerario xudicial de dez anos, o Tribunal Supremo rexeitaba o último recurso interposto polos insulars, que reclamaban en exclusividade o uso e goce a ponte e das praias. Deste xeito, se liberalizaba o paso pola ponte, sen que para chegar á illa, fose necesario acceder en barco ou a nado. Ademais, a Lei de Costas tamén establecía que os propietarios da illa deberían ceder para dominio público seis metros de terreo a partir da máxima pleamar rexistrada.

Outros aspectos recolleitos na sentenza eran o mantemento da prohibición da entrada de vehículos alleos aos residentes da illa. Así mesmo, non se establecían indemnizacións para o grupo formado polas comunidades de propietarios Torre de Toralla e Castro de Toralla e pola entidade Toralla S.A..

Os propietarios obtiveron unha concesión por 99 anos condicionada ás necesidades do dominio público e decidiron construír a ponte cos seus propios recursos. A entrada en vigor da Lei de Costas de 1989 estableceu que as concesións outorgadas para construír accesos a illas de propiedade privada serían revisadas para que quedasen abertas a uso público en idénticas condicións de utilización que as particulares.

Traducción por Rubens Rocha

Artigo da Voz de Galicia

Vigo flashback: Proxecto Toralla 1978

O 29 de maio de 1978, o Tribunal Supremo sentenciaba a negativa para construír na mencionada insua un edificio de considerable lonxitude e nove plantas de altura. Unha especie de pantalla que viña complementar á xa construída torre.A sentenza viña dar a razón ao Concello de Vigo que nos primeiros anos setenta vetou o proxecto da sociedade Toralla. Os propietarios dos terreos lograran que a comisión provincial de urbanismo aprobase o proxecto en outubro de 1968.
«Vai contra toda idea non só paisaxística senón que ata teño medo de que se afunda a illa», chegou a dicir durante a sesión plenaria do 1 de agosto de 1975 o alcalde Joaquín García Picher, que impediu a ampliación do proxecto. Para iso, aludiu á entrada en vigor provisional do plan xeral do ano 1970. A xogada permitiulle paralizar momentaneamente. Só de momento porque a Audiencia da Coruña anulou o acordo municipal para permitir o desenvolvemento daquel proxecto urbanístico.

O Concello de Vigo recorreu ao Supremo, obtendo finalmente o resultado buscado. Nesta sentenza, o alto tribunal recoñecía á empresa o dereito para construír respecto ao plan xeral, o que consentiría unha ocupación máxima do 33 por cento das parcelas edificables. Isto traducíase nun edificio dun baixo e dúas plantas, pero non aquela pantalla de vivendas.

O alcalde Manuel Soto representou a alegría da maior parte dos habitantes de Vigo, e resaltou o feito de que se trataba da primeira sentenza que estimaba a defensa da paisaxe e a contorna ecolóxica. Na sentenza facíase alusión a esa circunstancia. Nun alarde de gran enxeño, os autores do proxecto bautizara este segundo edificio como Parque. A illa fora comprada aos herdeiros de Martín Echegaray en 1965. A orixinal empresa Toralla S.A. obtivo permisos para construír a ponte, varias defensas contra o mar e a actual torre, así como as 34 parcelas que agora ocupan os chalés.

No proxecto inicial contemplábase tamén un edificio pantalla de nove alturas e 120 metros de lonxitude, que debería achegar 85 vivendas máis. Por certo que tamén se opuxeron aquela mole os propietarios dos pisos da torre e tamén das vivendas unifamiliares.

Traducción Rubens Rocha
Artigo da Voz de Galicia

Toralla libre e para todos | Vigo

Toralla a illa esquecida e a illa para privilexiados

ilcanallarubens_toralla.png

Así titulo este artigo: Toralla libre e de todos

Eu non atopo explicación mais que a busque e investigue como en Vigo todas as construcións bochornosas de Franco o ditador foron derrubadas mentres segue en vida unha que debería irse á merda e esa unha é o edificio de Toralla, que por certo o edificio de Toralla esta posto como o 9 edificio mais feo e horrible mais espantoso de toda España.

Non entendo como a cruz do Castro non a derrubaron aínda coa lei de memoria histórica. Non entendo porque o scalextric foi derrubado, o cal se empezou a construír en 1976, 70.000.000 de pesetas e 4 anos despois detivéronse as obras, e empezouse a desmantelar metro a metro en 1986 durante 6 meses e cun custo de 90.000.000 das antigas pesetas… unha auténtica tolemia… no 86 do Boletín de Información Municipal (BIM), case monográfico dedicado á demolición do scalextric, que comezaría o 26 dese mes. O seu articulo titular «Vida, paixón e morte do scalextric». Da concepción ciclópea do Imperio, a Vigo quedou o scalextric, como cuña de progreso fascista atravesado na súa garganta urbana.

Volvendo ao de Toralla a soberbia é o principal dos pecados capitais. Quen incorre nel crese por encima de calquera autoridade ou poder. A torre de Toralla, e volvo incorrer que foi construída nos estertores do Franquismo, quedou para a posteridade como exemplo de burla á lei grazas aos ricos compradores de políticos de alto Standing e de baixo Standing. En España non existe as illas privadas ou non existen praias privadas xa que a costa é de todos pero bo neste caso nesta illa esta restrinxida o acceso ao pobo de Vigo cando as illas son publicas non privadas, bo mais ben soamente o pobo pode acceder a dous areais da illa: WoW Que chachi!!.

Dáme noxo a soberbia da xente que di que lle gusta a imaxe que se ve desde a praia do Vao ou desde Samil, esa imaxe que é das mais fotografadas, esa imaxe do atardecer ou anoitecer cando seria unha fotografía mais bela sen esa bochornosa torre construída por en a época escura de España ou sexa a do ditador e aínda por encima os políticos de todas as cores tantos pasados e presentes poñen como imaxe esa illa cando esa imaxe das guías de turismo da cidade debería desaparecer, tal como faise en España xa que en España é coñecida por eliminar restos de historia ou mais ben de borrar historia, os políticos da suposta transición empeñáronse e esforzáronse por supostamente quitar cousas construídas na época escura española.

Véxase por onde se vexa a Illa de Toralla é un dos exemplos máis ilustrativos dun bo atentado terrorista meidoambiental. En Vigo é unha das mostras ilustrativas do que é capaz dona “especulación”.

Nun marco incomparable como é o da ría de Vigo, sitúase este fermoso arquipélago que constituía non fai moito unha das máis belas estampas da nosa cidade. Porque hoxe en día esta preciosa illa atópase urbanizada.

No 65 cometeuse nela un auténtico atentado ecolóxico e permitiuse a construción dunha desproporcionada torre de 70 metros de altura e máis de 30 chalés. Estas construcións poboan o seu territorio esnaquizando esta gran paraxe natural e impedindo aos cidadáns do seu libre goce.

Pasaron os anos e ata o século XIX non se ten constancia da propiedade da illa. Ata o ano 1836 Toralla pertenceu ao Mosteiro de Celanova. Ese ano produciuse a desamortización de Mendizábal, e unha vez desamortizada a illa é comprada polo Marqués de Elduayen, daquela deputado provincial por Pontevedra. Tras a morte de Elduayen os seus familiares deciden vender a illa á empresa Thenaisie Provote. Esta empresa instala unha factoría de salgadura da que hoxe aínda se conserva a plataforma pola que subían as gamelas para depositar o peixe.

En 1884 créase a sociedade Cordelera Ibérica, fábrica de cordaje que constitúe a primeira construción moderna que se produce na illa. A industria era das que facían a cordelería máis longa de Europa, e chegou a ter entre os seus socios ao político Eugenio Montero Ríos e ao fabricante galego Matías López.

A Cordelera Ibérica tivo que pechar nos primeiros anos do Século XX. A súa materia prima prodecía da Illas Filipinas. Como en 1898 España perde a illa, a fábrica ten que importar a mercadoría doutros países, resultando bastante máis caro e facendo que a industria deixase de ser competitiva. Despois, Toralla pasou á familia Lameiro e en 1910 a illa é adquirida por Martín Echegaray.

Echegaray, un vigués enriquecido en Arxentina, acolleu na illa a moitos vigueses que estaban dispostos a promover o tranvía. Unha vez instalado o tranvía en Vigo, sábese que aceptou excursións á illa por 2,50 pesetas. Á morte de Echegaray en 1931, os seus descendentes refuxiaron na illa a algún perseguido, caso do mestre e xornalista Apolinar Torres (ao que fusilarían os franquistas en agosto de 1936) ou o industrial Eugenio Fadrique.Á súa morte, Martín Echegaray tiña máis dun trintena de herdeiros aos que a empresa Toralla S.A. puxo de acordo para comprar a illa en 1965.

Para conseguir grandes beneficios do terreo comprado, construíuse unha enorme torre de 70 metros cuxa autoría correspondeu ao gran arquitecto Xosé Bar Bóo. A pesar das críticas que puidese sufrir o arquitecto, ao seu favor débese dicir que decidiu asumir o proxecto porque outro alternativo habería constituído unha maior pantalla. Aínda así, ao final terminou mal cos promotores daquela obra.

Distribución da Illa de Toralla desde o 2006

Distribución da Illa de Toralla desde o 2006

A empresa ademais conseguiu unha concesión da illa de 99 anos. Ao principio a illa era de uso privado pero unha sentenza do Tribunal Supremo deu a razón ao Concello de Vigo e permitiu que os cidadáns puidesen acceder ás praias.

Hoxe a illa que ocupa 5 hectáreas, está dividida nunha zona pública e outra privada. A parte pública a forma a praia de area fina de 200 metros de longo por 20 de ancho. O resto é todo propiedade privada: vivendas e un parque que ocupa un terzo da illa.

Eu desde o meu pagina web e institucións son un de moitísimos dos que desde hai anos leva loitando pola destrución da torre e os chalés que aí están, Desde varios colectivos cidadáns esíxese ás administracións públicas a desprivatización da illa. E é que un paraíso natural como ese debería ser gozado por todos os vigueses.

A que estaba ben fermosa a illa sen a torre? Pois loitemos para que a tiren e ese espazo sexa goce dos vigueses non da clase alta.

#TorallaDeTodos #TorallaLibre #NaturalezaParaTodos

Rubens Rocha [@ilcanallarubens]

Fontes consultadas arquitecturavigo e hemerotecas.