Archivos por Etiqueta: Navia

Convocada unha marcha para reclamar máis persoal no centro de saúde de Navia

icr_rolda-de-prensa-mani-navia_2017-758x426

A xunta de persoal do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo (Chuvi) e a plataforma SOS Sanidade Pública convocan, co apoio da asociación veciñal Novo Vigo, unha manifestación para reclamar máis profesionais para o centro de saúde de Navia. Os colectivos apostan por un reforzamento da atención primaria para rematar cos problemas asistenciais da área sanitaria viguesa.

A marcha arrincará este mércores 11 dende a rúa Teixugueiras 18-20 ás 19.00 horas e rematará diante do centro de saúde co obxectivo de reclamar a dotación de máis persoal para rematar cos problemas asistenciais que padece a parroquia en particular e a área sanitaria viguesa en xeral. En concreto, para Navia demandan catro novos/as médicos/as, dous/as pediatras e alomenos catro enfermeiros/as.

A manifestación sairá dende a rúa Teixugueiras este mércores día 11 ás 19.00 horas

Os colectivos convocantes da manifestación explicaron hoxe en rolda de prensa que a falta de persoal na atención primaria “é ben coñecida por todos/as pois sufrímola cando pedimos cita para acudir a unha consulta de medicina de familia, de enfermaría ou necesitamos fisioterapia, situación que se agrava cando precisamos acudir ás consultas de pediatría”.

De feito, calculan que só en Vigo cada un dos 42 pediatras atenden de media arredor de 1200 cartillas, cando o ideal é que sexan como moito 900. “Deste xeito, sería necesario contar con 56, polo que abría que contratar 14 máis”. É por iso que solicitan que se saquen a concurso as prazas necesarias e que se cubran as baixas existentes.

Como exemplo do que acontece na atención primaria viguesa poñen o que está a suceder coa última vaga de gripe, que provocou o colapso das Urxencias do Álvaro Cunqueiro porque moitos/as pacientes tiveron que acudir ao hospital ante a falta de cobertura nos centros de saúde. En concreto, no caso de Navia durante a pasada ponte de decembro as dúas pediatras estiveron de baixa, polo que todos/as os doentes tiveron que desprazarse ao Cunqueiro ou a outros centros de saúde.

Recorte de prazas e mala planificación

Segundo denuncian, as causas desta situación son os recortes de prazas, o incumprimento da promesa electoral de construír novos centros de saúde en Vigo e a mala planificación nas necesidades dos profesionais -no caso da pediatría-, xunto cunha política de contratación centrada só no aforro económico.

Diante disto, decidiron iniciar mobilización para reclamar de xeito urxente que se utilicen todos os recursos dispoñíbeis na actualidade no centro de saúde de Navia, para o que é preciso dotalo de máis persoal de medicina de familia, pediatría, de enfermería, matronas, fisioterapeutas, auxiliares, persoal de servizos xerais, etc. Lembran que este centro ten unha importante lista de espera para cambiar de médico de familia e sosteñen que polas características da súa poboación precisa reforzar de xeito importante a pediatría.

Ademais, solicitan a creación dun centro de atención primaria no Anexo II do hospital Xeral que permita, ademais do traslado xa feito da rúa Bolivia, redistribuír tarxetas sanitarias dos servizos de atención primaria da Doblada e da rúa Cuba e adscribir as do barrio de San Roque na contorna do hospital Xeral.

Finalmente, apostan por dedicar os centros de especialidades que foron pechados á atención primaria para mellorar o espazo dispoñíbel no centro de saúde da Doblada e para desconxestionar os de López Mora (que está en malas condicións) e Coia.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

CCOO apoia a manifestación do 11 de xaneiro “polo centro de saúde que Navia necesita”

ilcanallarubens_centro-de-saude-navia_vigo_2016

A federación de Sanidade de CCOO de Vigo apoia a convocatoria unitaria de manifestación feita por A.VV. Novo Vigo, Xunta de Persoal da Área Sanitaria de Vigo e SOS Sanidade Pública para o 11 xaneiro ás 7 da tarde polo Centro de Saúde que Navia merece.

O Centro de Saúde inaugurouse con demora e en precario, incluso  “funcionou” polas mañáns onde estaba ubicado o P.A.C. de Coia. Por fin o 7 de maio do 2012 con 4 médicos xerais e un pediatra, ademais de enfermeiras, matrona, P.S.X., fisios, Tcae ,etc. En perto de 5 anos, o incremento de plantilla foi escaso e moi insuficiente. Actualmente conta con 6 médicos de familia, 2 pediatras, 6 enfermeras, 3 fisios, 3 PSX, 1 TCAE, 1 odontólogo, 1 hixienista, cando en realidade está diseñado para contar con 24 médicos de familia, 6 pediatras, 24 enfermeiras-os, 3 fisioterapeutas e outro persoal: odontólogo, hixienista, auxiliar de enfermería, asistenta social, p.s.x, matrona etc.

Por isto, CCOO, apoia a manifestación e futuras mobilizacións ata que tódolos veciños de Navia e do entorno teñan a posibilidade de ser atendidos neste centro de saúde.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Caballero eloxia a “combinación do lúdico e do cultural” que propón Vicus Spacorum

OLYMPUS DIGITAL CAMERA

 

O alcalde invitou á cidade a achegarse ao parque de Navia a fin de semana do 10 e 11 de setembro e participar da quinta edición dun “gran evento” que se compón “do lúdico, do cultural e do conmemorativo da historia”. A cita de ambientación romana e celta ofrece actividades para toda a familia: teatralizacións, xogos deportivos, unha Schola Romana, loitas de gladiadores, vodas celtas…

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, animou este mércores á cidadanía a participar deste “gran evento”, agradeceu o traballo da organización e eloxiou un Vicus Spacorum “que cada vez ademais colle máis corpo na cidade”.

O coordinador da festa, Rodrigo Vázquez, explicou que a quinta edición continúa a liña de 2015 e presenta actividades pensadas para o público familiar, marcadas pola visita de varias asociacións procedentes do Arde Lucus. Haberá múltiples propostas gastronómicas, mercado romano e celta, xogos infantís, obradoiros, exhibicións de cetrería, bandas de gaitas, desfile con percusión romana, loitas de gladiadores, etc.

Como propostas singulares, a organización citou as exposicións de Clicks de Playmobil romanos e sobre medicina romana, unha Schola Romana (a cargo da Federación de Asociacións de Nais e Pais de Alumnos) e os I Xogos Deportivos Vicus Spacorum, nas mañás do sábado e do domingo, para adultos e nenos.

Para as tardes da fin de semana, o Amphiteatrum acollerá teatralizacións de loita con Pau Galaico, didáctica de loitas entre romanos, celtas e suevos, vodas celtas na zona castrexa e, como prato forte, as loitas de gladiadores que o ano pasada causaron sensación, segundo apuntou Vázquez.

De cara ao final do día, a noite do sábado tamén pensa no público familiar cunha proposta de maxia romana e unha queimada con druída, pechando a xornada co culto ao deus Vulcano e malabares de lume. O domingo pechará a quinta edición do Vicus Spacorum un desfile de época.

Rubens Rocha

Vigo por un lado e Navia por outro | O estanque do orine do “Rinoseto”

ilcanallarubens_estanque barrio navia_vigo_agosto_2016

A empresa Valoriza lograba o contrato de parques e xardíns no mes de abril cunha oferta de 17 millóns e hoxe foi sancionada con 100.000€.

Segundo informábase por aquel entón a xunta de goberno aprobou o 15 de abril desde mesmo ano a clasificación de ofertas do concurso de parques e xardíns, no que obtivo a maior puntuación a empresa Valoriza, cunha oferta de 17,2 millóns durante un período de catro anos.

Séguenlle Althenia, actual concesionaria, e San José. Por detrás hai outras dez asinas que poxaron polo contrato, licitado por 24 millóns.

O concurso do Concello foi adxudicado a Althenia en agosto do ano pasado pero o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais aceptou a apelación de Valoriza, que fora excluída por baixa temeraria.

O goberno local retrotrajo o expediente e realizou un novo exame das ofertas. Hoxe producirase a adxudicación provisional a Valoriza, que asumirá o servizo tras cumprimentar os trámites finais e asinar o contrato.

É público e notorio que a cidade de Vigo desde o mes de abril ata o actual agosto sofre un abandono en parques e xardíns, xardíns que parecen selvas, estanques tal como este que encabeza este post, un estanque situado no Barrio de Navia, un barrio no que é actualmente a mostra dun gran abandono que está a sufrir a cidade de Vigo.

O “deixamento da concesionaria nos parques e xardins despois da sua adxudicación do contrato do servizo municipal ven de nada máis nin menos que catro meses” hoxe día 23 de agosto despois de que Abel Ramón Caballero defendese á actual concesionaria de parques e xardíns nos seus programas de televisión e radio e na prensa afin, decidiuse a sancionar á empresa, dita defensa durante estes catro meses por parte de Abel Ramón Caballero foron que “a empresa ten uns problemas administrativos” e eso podedes ver nos seus programas de LocaliaVigo… e eu sempre me preguntei; que problemas administrativos son eses? Non se decataron á hora do concurso o que podería pasar? na primeira descoñezo resposta na segunda a resposta que atopo é que ao parecer non estudaron e non investigaron á empresa gañadora do concurso.

Está claro que as políticas de Caballero son de lavado de fronte, sen planificación, son puros adornos para que a cidadanía se quede prendada dun envoltorio o cal ten un período de vencimiento e unha vez chegado a ese período vese a realidade das cousas, cousas das que levo escribindo que ia a pasar nesa cidade a que eu denominando desde o 2013 a Detroit Viguesa.

Ao que me refiro sobre o que é o envoltorio e o seu período de caducidade son a esas humanizacións, que nun ano moitas rúas recentemente arranxadas xa se atopan en estado de abandono e outras tantas non transcurrido un ano da sua obra volveron levantar.

Como é ben notorio con esta sanción realizada no día de hoxe á concesionaria de parques e xardíns de 100.000 euros é claramente un intento de salva vidas denominado electoralismo, xa que estamos á véspera das eleccións ao parlamento galego, eleccións que serán o 25 de Setembro, facer actuacións antes de entrar en período electoral é moi habitual pola parte do Concello de Vigo de Abel Ramón Caballero.

Ao parecer despois de comunicar no día de hoxe a sanción á empresa concesionaria de parques e xardíns o Concello, explica que de forma paralela aos expedientes, a finais de xullo “solicitamos á empresa unha auditoría externa para valorar a situación actual de todas as zonas verdes que figuran no prego de condicións cos estándares de calidade que recolle o mesmo. Esta auditoría foi solicitada a finais de xullo verbalmente e nos primeiros días de agosto formalizouse por escrito” “ante todos os incumprimentos por parte da empresa, o Concello está a valorar o inicio do proceso de rescisión do contrato no caso de que continúe a situación de deficiencia no servizo”. O Concello explica que as zonas de novas humanizacións que non estaban incluídas no contrato en vigor de zonas verdes están a ser atendidas xa por outras empresas mentres non finalice o proceso aberto de adxudicación, momento no que serán incorporadas ao contrato cunha ampliación do mesmo, tal e como figura no prego de condicións.

Non sei para que se perde o tempo en eses tramites, tan só fai falta andar pola cidade e ver a realidade de como esta a cidade dende o Centro ata o Rural.

Agora volvendo á foto que encabeza leste articulo da sección chamada #VigoVerdade, este estanque situado no Barrio de Navia é unha mostra do mal que se atopa a cidade, este estanque dá unha mala imaxe á xente que van de fóra do barrio a ese barrio, este estanque pode ser un foco de infeccións xa que a súa alta sucidade mais o calor que esta habendo neste verán acelera un proceso moi precupante, prcoeso que xunto a suciedade e ás altas temperaturas e a gran cantidade de insectos e bechos que se atopan na súa contorna e moi preocupante. Os veciños e veciñas aos cales este blogue preguntou sobre o estanque a gran maioria din que e moi habitual que nel se atope gaivotas mortas.

Ao parecer despois de tantos post realizados neste humilde blogue e centos de miles de visitas o Concello de Vigo vaise dando de conta da realidade de que o seu envoltorio se lle esta caendo.

  • Este humilde blogue dá as grazas a todas as persoas que o visitan e ás persoas que comparten os post.
  • Este blogue realizase nas seguintes datas máis post denunciando o abandono que esta sufrindo a cidade de Vigo.
  • Este blogue realizase nas seguintes datas post sobre promesas realizadas polo concello/xunta de Galicia aos cidadáns e cidadás á cidade de Vigo.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
A nota critica e informativa das cero horas e trinta minutos da media noite desde a DETROIT VIGUESA.

Fotografías individuais

Vigo por un lado e Navia por outro | Xardin Zen onde o Zen e perturbador

ilcanallarubens_xardin zen_navia_2016

Segundo reza a wikipedia o karesansui (枯山水), tamén coñecido como xardín zen, é un estilo de xardín xaponés seco que consiste nun campo de area pouco profunda e que contén area, pedras, grava, rocas e ocasionalmente herba, brión e outros elementos naturais. Son utilizados como forma de meditación polos monxes Zen xaponeses. Englóbase dentro da tipoloxía do «xardín plano» (hiraniwa), contraposta ao «xardín de outeiros e lagos» (tsukiyama).

Son xardíns-escena, e por tanto de dimensións limitadas (como moito 10×30 metros). A area rastrillada representa o mar, ao redor das rocas se rastrilla en aneis, coma se estas formasen ondulaciones na auga. No resto do xardín, se rastrilla en paralelo á plataforma. Estes xardíns son creados para a súa contemplación, xeralmente desde unha terraza ou plataforma superior, pero non para pasear por eles.

Pois as imaxes que encabezan en forma de colaxe nesta nova entrada que realizo sobre o abandono que ten o Barrio de Navia son do seu xardín zen, un xardín que está no absolutismo abandono por parte das institucións, un xardín onde ás súas anchas hai excrementos de animais e visitado por un numero grande de insectos.

Do Barrio de Navia pódese escribir un numero sen fin de entradas xa que é un barrio que como algúns din pola cidade é unha cidade á marxe da de Vigo, iso adóitano dicir en forma irónica ou como en galego dise con retranca que enfoca unha realidade existente.

Desde que Abel Caballero é alcalde da cidade por aquel entón do 2007 empezou a consentir moito o Barrio de Navia grazas ás queixas dos seus veciños xa que para que se faga algo decente na cidade é necesario facer unha queixa pública porque se non é por iso a cidade esa que se di que é fermosa estaría sen xeito nin modo.

É pública e notoria a problemática de parques e xardíns na cidade, a concelleira popular Teresa Egerique alertou con respecto ao abandono das zonas verdes da cidade non só esa concelleira xa que antes de que o PP de Vigo puxese o berro no ceo este redactor deste blogue se produnciou xa que como ben é publico e notorio que este humilde blogue é seguido por numerosas formacións políticas as que ingresan a ver a crúa realidade da cidade e logo poñer nas súas beizos cosas que non lles corresponden, con iso demostran en se que NON traballan polo ben do cidadán xa que descoñecen en persoa da realidade XA que parecen que empregan mais os seus vehículos cas pernas, non conformes que formacións políticas da cidade de Vigo acudan a este humilde blogue tamén se fan eco os MASS MEDIA xa que cando este blogue fai un post aos dous ou tres días aparecen nas súas páxinas os temas que trata este blogue.

“O Concello de Vigo só arranxa as zonas verdes da cidade polas que pasea o alcalde. Funciona a impulsos con pequenos lavados de fronte. Os exemplos máis claros son a Procesión do Cristo da Vitoria e o Marisquiño. Días antes deses acontecementos un retén traballou no amaño das contornas, pero o resto da cidade parece unha selva” destacou Egerique nunha nota, cousa que esta afirmación leva facéndoa este blogue desde fai mais de tres anos cosa que dita concelleira non era ninguén por aquel entón. Según o alcalde da cidade de Vigo din que a nova empresa que ten parques e xardins ten alguns problemas administrativos, desta afirmacion a leva facendo dende o mes de Maio.

Non hai máis que comparar o dinoseto de Porta do Sol co de Navia, ou darse unha volta por García Barbón, Salgueira ou o Calvario. Sempre dixen que con Caballero hai un Vigo de primeira e outro de segunda e con manifestacións deste tipo queda demostrado que as últimas entradas neste blogue na sección #VigoVerdade está demostrado en forma de denuncia pública xa que o redactor deste blogue realizou numerosas denuncias no portal web do Concello de Vigo das cales non foron aínda solucionadas cando antes dito portal web funcionaba as mil marabillas cousa que agora eche un mero adorno dun portal web.

O Faro de Vigo titulaba o 15 de abril de 2016

A empresa Valoriza logra o contrato de parques e xardíns cunha oferta de 17 millóns.

A xunta de goberno aprobará hoxe a clasificación de ofertas do concurso de parques e xardíns, no que obtivo a maior puntuación a empresa Valoriza, cunha oferta de 17,2 millóns durante un período de catro anos. Séguenlle Althenia, actual concesionaria, e San José. Por detrás hai outras dez asinas que poxaron polo contrato, licitado por 24 millóns.

O concurso do Concello foi adxudicado a Althenia en agosto do ano pasado pero o Tribunal Administrativo Central de Recursos Contractuais aceptou a apelación de Valoriza, que fora excluída por baixa temeraria. O goberno local retrotrajo o expediente e realizou un novo exame das ofertas. Hoxe producirase a adxudicación provisional a Valoriza, que asumirá o servizo tras cumprimentar os trámites finais e asinar o contrato.

Ao parecer dita empresa non está a desenvolver o seu traballo tal como foi adxudicada para o seu labor.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
A nota critica das catro da madrugada desde a DETROIT VIGUESA.

Fotografías individuais

Vigo por un lado e Navia por outro | O lixo adorna as medianeras e os Xardins (matorrais)

ilcanallarubens_navia emporcada_2016_Vigo

Antes de xerar outra entrada quero transmitir as grazas á Asociación de Veciños de Novo Vigo por dedicarme unhas palabras fai unhas 16h, palabras que poderán ler a continuación.

Un cidadán escribe sobre o abandono que está a sufrir o noso barrio. Dende a Asociación de veciñ@s Novo Vigo presentamos reclamacións ante a administración correspondente e seguiremos facéndoo. O mes pasado convocamos a Asemblea aberta onde fixemos partípices @s veciñ@s asistentes dos avances, e de novo facemos chamamento a todos e todas os que estades interesados en traballar por mellorar o barrio para facelo a través das Comisións da Asociación. Queremos contar convosco!

Grazas Asosacion de Veciños de Novo Vigo por estas palabras.

Bueno volvendo de novo, esta nova entrada da sección á cal denomino #VigoVerdade que naceu un día arto de ver que a caixa de correos de queixas e suxestións do concello de Vigo non funciona tal como funcionaba antes, e non falar do programa do programa de Abel Caballero no LocaliaVigo que é imposible entrar, como tamén é imposible que no pleno programa lean os correos electrónicos que se lles manda.

Esta entrada tamén vai enfocada outra vez sobre o BARRIO DE Navia, un barrio que mais ben é como outra cidade que ao parecer non se ten en conta, cidade na que lle falta moitos servizos para vivir en igualdade de condicións respecto ao centro da cidade, pero xa farei outra entrada sobre os servizos que lle falta a dito barrio, esta entrada basease na limpeza e abandono do barrio.

Volvo ao tema da limpeza de Navia, Navia componse de dúas rúas principais, unha chamada Rúa as Teixugueiras que ten de paralela á Rúa de Pedra Seixa cunhas transversais chamadas Rúa dás Ufas, Rúa dá Poza Cabalo e Río do Limpiño, como verán na foto que encabeza esta entrada de limpa NAVIA TEN POUCO. Tamén este barrio limita coa Autovía de Circuvalación de Vigo coa VG20 preto da Avenida Ricardo Mella.

A acumulación de papeis de plásticos de embalaxes e de botellas de vidro nos seus xardíns e medianeiras son visibles a todos e todas, a Asociación de veciños como ben comunicou no sua conta de facebook fixeron reclamacións ás administracións correspondentes, pero este cidadán volve recalcar que VIGO NON É A CIDADE MAIS LIMPA DE ESPAÑA tal como xonrais da cidade titularon mais tamén o que di o Alcalde xa que este cidadana se basea en mostrar estas probas que son realmente imposibles de rebater. Aquí poden ver como desmonto o tema da ESCOBA DE PLATINO.

Volvendo ao tema que dixen antes de que é imposible entrar no programa de televisión de LocaliaVigo de Abel Caballero, bueno no dito programa en poucas ocasións entra unha chamada reclamando zonas sucias na cidade, esas chamadas cando o cidadán ou cidadá reclámalle que se limpe tal zona o alcalde ten a valentía dicindo que a zona está limpa dicindo así que o cidadán ou cidadá mente, cando adoito ver iso, pois me entra o sangue en modo ON FIRE porque un Alcalde non pode dicir a un cidadán ou cidadá que mente cando realmente eu podo contrastar dicindo que a cidadá ou cidadán non mente con probas como esta de esta índole onde se pode ver lixo en todas as partes dun barrio como é NAVIA como tamén podo mostrar probas doutros barrios da cidade os cales se atopan en lamentables e insalubres condicións.

Os cidadáns e cidadás sabemos da problemática que ten o concello co tema de PARQUES E XARDÍNS, os cidadáns e cidadás sabemos que VIGO non só resúmese ao que é o centro da cidade o cal se atopa en fermosas condiciones pero VIGO non é só o centro VIGO é máis que iso.

Tamén hai cidadáns e cidadás que din que VIGO esta fermosa, que nunca estivo como estivo, que nunca se tivo un alcalde tan bo pero realmente como di o refraneiro español “non hai peor cego que non queira ver” e respetabel que haxa ese tipo de cidadania.

É público e notorio que o que moito fai pouco logo mantense e esta é unha mostra do que levo escribindo desde hai uns anos é a verdade.

Se que o Barrio de Navia hai zonas que son do ESTADO e outras da XUNTA e outras do CONCELLO, pero o concello TEN que VER polos cidadáns e cidadás e defendelos ante a institución que sexa dándolles solucións e NON ENFRETANDOSE a elas de forma déspota ou con arrogancia ou calumniándolas senon falando ben e con propiedade.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
A nota critica das tres da madrugada desde a DETROIT VIGUESA.

Fotografías individuais

Vigo por un lado e Navia por outro | O abandono sen respostas

ilcanallarubens_abandono en navia_vigo_2016Bueno, hoxe non me podía resistir outra vez para escribir sobre a CIDADE FERMOSA que é VIGO.

Esta foto que contén tres son do barrio de NAVIA, un barrio ao cal as miñas amizades saben que lle chamo o territorio consentido do señor alcalde e o apelativo que hai moito tempo púxenlle foi de BARRIO SNOB a modo de sorna.

Como poderán ver nesta fotografía o sebe en forma de dinosauro esta a tomar a súa verdadeira forma ou sexa de sebe non dun dinosauro, parece ser que desde o 24 de outubro do 2015 o sebe non o manteñen xusto.

Lembremos o dia da sua estrea na cidade.

Abel Caballero, David Regades, Carmela Silva mais Uxia Branco presentárono publicamente aos medios e á cidade o 24 de outubro do 2015 ao cal o bautizaron como «O Rinoseto», xa mais a súa presentación e nomeado mostrou a alcaldía de Vigo a súa falta de cultura cando pois non é un RINOCERONTE senón un TRICERAPTOS dous animais totalmente diferentes fisicamente,

Este sebe en forma de TRICERAPTOS atópase entre os primeiros edificios e o ximnasio MAIS QUE AUGA, unha zona chamada o parque da auga, patrocinado pola empresa que monopoliza a auga da cidade chamada AQUALIA, no xardín atópase tamén unhas instalacións nas que os mais nenos do lugar e da cidade poden xogar CUNHAS instalacións de ferro e auga para que podan ver os efectos da mesma, unhas instalacións que como tamén poderán observar na foto vese que leva un bo tempo sen ser limpadas, e o alcalde fártase de dicir que VIGO É A CIDADE MAIS LIMPA DE ESPAÑA mais de presumir de ESCOBA DE PLATINO, cando pois esa escoba sou gañou nunha categoría concreta con previo pago da figura.

É lamentable que dita zona axardinada atópese nestas circunstancias nas que vostedes poden observar, un alcalde tamén que na súa campaña electoral das pasadas eleccións municipais do 24M prometía en crear mais espazos verdes na cidade, como é ben sabido na cidade actualmente devandito alcalde ten unha problemática coa empresa de PARQUES E XARDÍNS a cal dicía que nunhas semanas xa estaría todo arranxado e xa vai para nada mais nin menos que 3 meses e aínda ese conflito non se arranxou.

O estanque este de auga leva sucio mais de 5 meses facendo así un foco de infeccións para os mais nenos da zona como tamén un perigo para os animais domésticos que pasean pola zona.

No obstante tamén decir que o alcalde fai moitas cousas pola cidade pero tamén lembrarlle que CANDO SE FAI ALGO SE MANTEN non so se fai e logo desfaste do feito.

Que se lle vai facer se pois por mais que se queixe un, neste caso eu no portal do concello de Vigo de queixas e suxerencias e ver que non teño resposta tal como se tiña antes e solucionaba antes non fan nada para solucionalo, tan só quédame facelo aquí no meu blogue persoal.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
A nota critica das tres e media da madrugada desde a DETROIT VIGUESA.

Fotos individuais

ை Vigo flashback: Proxecto milla verde.

ilcanallarubens_proyecto milla-verde-grafico

Por maio do 2014 informábase un novo proxecto para a cidade de Vigo, Abel Caballero o gobernante da torre do concello da Detroit Viguesa a conexión “verde” Travesas-Samil, un BULEVAR en que o comparo co Central Park. O BULEVAR pasaríase a chamar agora a “milla verde” que tería 1,8 quilómetros de CoiaSamil o proxecto bautizado como a MILLA VERDE o anuncio 2 meses despois do antigo chamado BULEVAR.

Este proxecto con algúns reaxustes en viais e rotondas tras aceptar en parte 23 alegacións e desestimar 9. Iniciará o procedemento expropiatorio sen descartar acordos de cesión cos donos. Terá unha anchura de 30 metros.

O proxecto da milla verde entre Coia e Samil a través da avenida de Europa está un pouco abandonado na actualidade pero naquel martes 15 xullo, en Faro de Vigo informaba que estaba máis preto de facerse realidade cinco anos despois de que o Concello o encargase ao estudo dos arquitectos Salvador Fraga, Francisco Javier García-Quijada e Manuel Portolés. O consello da Xerencia de Urbanismo aprobou o venres 18 definitivamente o Plan Especial do paseo, unha ambiciosa operación a desenvolver en cinco fases que abranguerá unha franxa de 116.450 metros cadrados e con 1,8 quilómetros de lonxitude. O documento recibiu 32 alegacións na fase de exposición pública, das que 23 teñen sido estimadas parcialmente, aínda que os reaxustes realizados non afectan á superficie do ámbito nin ás características xerais da senda, que tendria 30 metros de ancho con zonas verdes, carril bici e parques, entre outras dotacións públicas para uso dos cidadáns.

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

A milla verde recorreria a marxe dereita en sentido descendente da avenida de Europa cara a Samil ao longo de seis ámbitos do PXOM (Cruceiro, Pertegueiras, Dunas, Tomás Paredes, Fontes Pertegueirase Millareira) onde se prevenian urbanizacións que inclúen a reserva de chan para os diferentes tramos do paseo. O Concello iniciará tras a aprobación o expediente de expropiación dos terreos, valorados en 11,7 millóns no proxecto, e estudiaria, segundo sinalaban fontes municipais, acordos cos donos, xa sexa mediante permutas ou a través de cesións da edificabilidade que lles corresponde dentro das urbanizacións previstas. O plan afecta a máis dun centenar de parcelas, catro delas con vivendas.

O proxecto formulábase a longo prazo, en cinco etapas, e a construción do paseo estaba presupostada en 7,8 millóns polo que, sumado ao valor do chan que é necesario ocupar, a operación roldaría os vinte millóns de euros.

Fundación Sales

O paseo cruza os xardíns da Fundación Sales. Os seus responsables presentaron unha alegación solicitando a exclusión dos seus terreos do ámbito do plan ao argumentar, entre outros motivos, que o proxecto divide o xardín, cun patrimonio botánico de gran riqueza, e pon en risco a súa integridade e visibilidade. Os redactores do proxecto responderon a iso dicindo que “non” hai perigo de mutilación ningunha” do espazo natural, e mesmo se deixa marxe para unha posible ampliación futura. O proxecto integraba tamén a braña da Fochanca, formado por bosque de ribeira, unha frondosa vexetación e fauna diversa.

Outro grupo de alegantes solicitaba que se demore a construción do paseo ata que exista un maior desenvolvemento urbanístico do PXOM na zona. Os arquitectos contestaban no seu informe tras estudalo que o Plan Xeral reflicte a milla verde como un “obxectivo prioritario”, e en todo caso a operación se materializaría cun programa de etapas “flexible”.

Os principais reaxustes refírense a viais afectados pola actuación e correccións en datos de propiedades. Os autores do plan especialhabian realizado os cambios para o efecto e proposto alternativas para situar as rotondas que se instalarían na avenida de Europa para mellorar a mobilidade e os accesos a Alcabre e Navia.
Varias das alegacións presentadas sostinieron que o proxecto vulnera as determinacións do Plan Xeral. A iso responderon os redactores que o ámbito a ocupar delimitado no proxecto coincide co do PXOM e simplemente eran necesarios axustes no viario afectado. O plan especial, inicidial neste punto, conta con todos os informes favorables, dende o visto e prace do departamento autonómico de Protección de Patrimonio Cultural ata o de Estradas do Estado e o da área de Mobilidade do Concello. A Xunta determinou polo ano 2009 que non era necesario sometelo ao procedemento de avaliación estratéxica ambiental.

A aprobación definitiva do plan chegaría dous anos despois da inicial. O proxecto naquel entón avanzaba con lentitude e era necesario cubrir todo o trámite expropiatorio ou de ocupación por acordo mutuo. Paralelamente os arquitectos presentaron o proxecto de urbanización. Aínda que as obras dixeron que empezarían no prazo aproximado dun ano na actualidade non se ve tal inicio das obras, aínda serán necesarios varios máis ata despois das municipais do 2015 se o actual alcalde revalida o seu cargo para ver se este proxecto vai poñerse en marcha, todo me indica que parece ser que se así que teriamos o Central Park Vigues segundo así o comparo o gobernante da torre do concello da cidade da Detroit Viguesa, Abel Caballero, segundo Abel Caballero dixo que se recuperaría unha ampla avenida na que agora prima o tráfico de vehículos a motor fronte ao peonil e de ciclistas.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]