Archivos por Etiqueta: NoticiasVigo.es

A “Vía verde ou Senda Gris” un engano ou nos toman por parvos?

VÍA VERDE OU SENDA GRIS_vigo_noticiasvigo.es_ilcanallarubens_2019_Vigo_01

O 28 de xaneiro deste ano pola mañá nos erguimos co titular “O goberno municipal avanza na contratación da Vía Verde por 1,4 millóns de euros“, por aquel entonces viña a decir a nova:

“A Xunta de Goberno Local aprobou a clasificación de ofertas para a contratación das obras de implantación da vía verde sobre o antigo trazado ferroviario entre Teis e Urzáiz e o mantemento das zonas verdes, do mobiliario urbano e das instalacións eléctricas cun presuposto de licitación de 1,4 millóns de euros.

Tal e como expuxo o rexedor, a Vía Verde ten unha lonxitude de 3,597 quilómetros, cun ancho de 3 metros para o carril bici e de 2 metros para a senda peonil e contempla dúas actuacións para facilitar o acceso: unha pasarela entre Vía Norte e a rúa Navarra de 51 metros e unha rampla na Avenida de Bos Aires de 150 metros. Caballero engadiu que o Concello “abrirá o máximo posible de accesos”.

O proxecto contempla varias actuacións: o acondicionamento da plataforma ferroviaria e o dalgunhas zonas adxacentes para convertelas en áreas de descanso ou miradoiros, aproveitando os elementos propios da infraestrutura ferroviaria, citando como exemplo os postes das catenarias “para manter o espírito ferroviario da zona”, segundo Abel Caballero. Amais o goberno municipal instalará mobiliario, carteis e delimitará zonas de aparcamento”. Aquí a ligazón do artigo: https://www.noticiasvigo.es/o-goberno-municipal-avanza-na-contratacion-da-via-verde-por-14-millons-de-euros/

O pasado luns día 5 de agosto deste ano novamente nos erguimos co titular “O Concello abre ao público o primeiro tramo da Vía Verde“, na nova viña a decir:

““Quixemos empezar pola zona máis próxima a Mestre Chané, moi habitada”, anotou o alcalde, quen explicou que o tramo xa aberto supera os 400 metros de lonxitude e os 5.000 metros cadrados de superficie e está situado ao longo da rúa Mestre Chané.

A senda aberta, con espazos independentes para peóns e ciclistas, desemboca nunha zona de descanso e paseo de máis de 1.000 metros cadrados na que se conservan elementos ferroviarios, como sinalizacións, tramos da vía antiga, os postes da catenaria ou zonas de balastro.

Neste traxecto xa dispoñible, o Concello pechou o angosto paso soterrado que existía na rúa Mestre Chané e substituíuna por unha comunicación máis directa e en superficie, valorou Abel Caballero.

A Vía Verde contará con 3,6 quilómetros de lonxitude e discorrerá entre Urzáiz e Teis, polas antigas vías do tren. O Concello inviste na obra 1,4 millóns de euros para convertir o espazo nunha senda para peóns e ciclistas, con áreas de descanso, miradoiros e paneis informativos, mantendo a esencia ferroviaria no seu deseño. Para facilitar o acceso, o goberno de Vigo prevé habilitar pasarelas de acceso desde a rúa Navarra e desde a Avenida Buenos Aires”. Aquí a ligazón do artigo https://www.noticiasvigo.es/o-concello-abre-ao-publico-o-primeiro-tramo-da-via-verde/

Cal foi a miña sorpresa que ao ver unhas fotos do perfil de twitter Vigo Vindeiro (@VigoVindeiro) o que prometeu o Concello de Vigo non se parecía en nada ao que inauguraron, esto que narro acontecía pasadas ás 6:40 p.m, non daba credito ao que veía, sentinme totalmente enganado.

Tiña que ir a cubrir a inauguración dese tramo pero por razóns non puiden, adoito cubrir todo o que podo pero en ocasións hai cousas que impiden ir ao evento programado, pero en se non daba crédito ao que vin no perfil de twitter @VigoVindeiro, a verdade que non daba crédito como tampouco o din cando recibín de alcaldía a fotografía do acto inaugural para a crónica de NoticiasVigo.es que é no xornal no que traballo de luns a domingo.

As fotos do perfil de twitter @VigoVindeiro

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Xulguen vostedes, aquí están as infografías que presentou o Concello de Vigo aos medios do primeiro tramo da “Vía Verde” “Senda Verde” e logo ditas infografías foron repartidas aos medios.

En que se parecen ao que inauguraron o luns? Onde esta o verde? onde estan eses bancos e reposeiras fermosas? É un engano?

via verde 3_vigo_ilcanallarubens_NoticiasVigo.esvia verde 2_vigo_ilcanallarubens_NoticiasVigo.esvia verde 1_vigo_ilcanallarubens_NoticiasVigo.es

En fin, senda ou senda gris así é como debería chamarse, o de luns foi unha tomadura de pelo cara o pobo.

As fotos dos meus compañeiros do Metropolitano.gal

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Aquí poden ver a reportaxe dos meus compañeiros do Metropolitano.gal, reportaxe.

Só espero que nos seguintes tramos parézanse ao que nos prometeu o concello cosa que dubido que se parezan ao que prometeron xa que ditas infografías son infografías xenéricas aínda que tiña a ilusión que se parecesen en algo.

Aquí as fotografías dos seguintes tramos a realizar

El pase de diapositivas requiere JavaScript.

Estes son os datos súas son as conclusións

Unha alternativa ao PROXECTO CINTAS MECÁNICAS da Gran Vía

 

Unha alternativa para a “Pasarela mecánica da Gran Vía” a cal Abel Ramón Caballero non pensou. Por sentido común, coherencia e viabilidade medioambiental, a Rúa VAZQUEZ VARELA sería a idónea para facer a pasarela mecánica, tanto pola conexión ca estación do “futuro” AVE (falso AVE) e autobuses, a vía verde da antiga vía do tren e como pola comunicación directa ca futura cidade da xustiza… evitando así o impacto medioambental e con elo a talla das árbores na Gran Vía.

»Requisitos

ESO SÍ, a pasarela tería que ser con baixo consumo catalogada como A+++, tería que contar tamén cun equipo auxiliar en caso de fallo de enerxía, tería que contratar o concello de Vigo a xente especializada en manipulación en cadeiras de rodas e cocheciños de bebe para que estas podan ser empregadas por ese sector da cidadanía, instalación de máis árbores e plantas e unha pequena praza do número 1 ao 9, esta praza seria para o disfrute dos veciños e veciñas como os futuros maiores da futura residencia de anciáns e o novo hotel da zona.

»Hemeroteca Recente

NoticiasVigo.es sacaba o día 10 de Maio de 2018: Novo pau a Abel Caballero, a obra de Gran Vía

• A Cadena Ser informaba o día 11 de Maio de 2018: Segundo o informe dos técnicos de patrimonio da Xunta, o proxecto non respecta a contorna da rúa Gran Vía, nin a harmonía do espazo, ao non respectar o valor do conxunto urbano. Os 15 millóns de financiamento europeo quedan agora no aire.

•La Voz de Galicia sacaba o día 12 de Maio de 2018: Caballero busca unha saída para non perder os fondos europeos da Gran Vía

Tras o pau da Xunta, obrigando ao goberno municipal a cambiar o proxecto de reforma da Gran Vía, o alcalde, Abel Caballero, busca unha solución para non perder os fondos europeos cos que ía financiarse a obra, enmarcada no plan Edusi. «Non podo dicir si están en perigo ou non. Hai un proxecto presentado e hai que gastar os fondos», sinalou o rexedor. Europa concedeu a Vigo 15 millóns para fomentar a mobilidade e a accesibilidade dentro do denominado Vigo Vertical. Dese montante, 9 millóns son para remodelar a Gran Vía.

Patrimonio dá un prazo de quince días ao goberno local para que formule as súas alegacións e propostas porque considera que o actual proxecto non é compatible coa contorna.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, manifestouse onte sobre o particular: «Ningún político pode modificar unha decisión técnica da Dirección Xeral de Patrimonio. Polo tanto, correspóndelle ao Concello. E eu espero que adecúe o proxecto ás prescricións dos técnicos da dirección xeral. Non podo dicir outra cousa porque sería non actuar conforme a dereito».

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, non puido aclarar si o novo proxecto que lle esixe a Xunta para Gran Vía estará redactado e aprobado no curto prazo de semanas. «En quince días faremos moitas cousas» dixo Caballero, que non as concretou.

Desde a Xunta sinalaron que o Concello pode enviar un escrito solicitando un prazo máis amplo para redactar un novo proxecto. En calquera caso ten que haber comunicación oficial antes de tres meses porque en caso contrario, a Administración autonómica arquivará o expediente da obra e haberá que reinicialo máis adiante, dilatando máis o proceso, co consecuente risco de non ter financiamento.

Segundo o rexedor, a arquitecta da Xunta que informou o proxecto «en ningún momento» recomenda paralo, polo que cre que a decisión partiu desde instancias superiores á funcionaria por motivos «políticos» co fin suposto de que a obra non estea concluída para as próximas municipais. O alcalde sostén que a parte técnica do informe de Patrimonio da Xunta que ordena paralizar o proxecto de Gran Vía «non di unha soa palabra sobre parar a obra e non menciona incompatibilidade algún co contorno». A técnica di literalmente: «Ou conxunto urbano do que forma parte a Gran Vía non que cabe identificar valores socias e culturais (…) debe ser preservado facendo compatibles a conservación deste patrimonio urbano co súa transformación, integrando harmónicamente as intervencións»

Na reunión na que Patrimonio analizou o proxecto de Gran Vía, tamén se informou sobre Porta do Sol e o palco de Bouzas, pero estas dúas últimas resolucións aínda non chegaron ao Concello, polo que Caballero considerou «sorprendente» a rapidez en enviar o informe do bulevar.

O rexedor deu conta dun nutrido número de expedientes municipais que levan moitos meses en Patrimonio e están sen resposta mentres que o da rampla emitiuse cunha «présa desmesurada». Trátase dun «escándalo sen precedentes, unha decisión política, sen aval ou sustento técnico algún», opinou.

O proxecto de Gran Vía aprobouse o 21 de decembro e foi notificado á Xunta o 8 de xaneiro. O 27 de marzo, a Administración autonómica enviou un escrito explicando que «dado que é un espazo singular, parece que o instrumento urbanístico non dáa cobertura» e, a continuación, desde Patrimonio Histórico reclamárono telefonicamente. O Concello enviouno o 11 de abril e «a partir de aí comeza a mobilización política», segundo Caballero. Vinte días despois, en tempo marca» chega esta decisión política, rematou o rexedor.

Prema

A oposición urxiu ao alcalde a presentar« canto antes» un novo proxecto para a Gran Vía que sexa acorde co conxunto arquitectónico con moitos edificios catalogados pola Xunta, segundo dixo a portavoz do PP, Elena Muñoz. A concelleira confía en que non se perdan os fondos europeos si tramítase un novo proxecto. E subliñou que o Concello sabía que o informe de Patrimonio era obrigatorio.

Marea de Vigo insistiu en que en lugar da rampla hai que volver instalar un tranvía circular que percorra a avenida. Para o portavoz Rubén Pérez, «a reforma non debe implicar a talla de árbores nin unha rampla no medio».

»Recado de Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Pois a alternativa para a “Pasarela mecánica da Gran Vía” a cal Abel Ramón Caballero non pensou acábolla de dar eu, espero que bueno que pense e recapacite.

 

ICR-Photographer©

ICR-Photographer©

Empeza unha campaña de recollida de sinaturas nunha plataforma dixital contra a implatación das cintas transportadoras na Gran Vía

Ángeles De Andrés unha veciña de Vigo empezou a recoller sinaturas contra a colocación das cintas transportadoras na Gran Vía de Vigo, esta veciña da cidade ven dirixir unha carta ao alcalde da cidade Abel Ramón Caballero no que relata o seguinte.

“Estimado Alcalde de Vigo, D.Abel R Caballero; con estas sinaturas, nos diriximos a vostede para pedirlle que o conxunto escultórico coñecido como “Os Rederos” sito na confluencia Gran Vía- Urzáiz de Vigo; NON SEXA RETIRADO para implantar unha pasarela automáticaque podería arrincar un pouco máis arriba, xusto diante do que tras máis de 25 anos erixido, converteuse en moito máis que un ornamento urbano. Neste momento, “Os Rederos” son EMBLEMA DE VIGO. Por ela pasaron motivos festivos, reivindicativos e ata duelos. Simbolizan A FÓRZA TESÓN CAPACIDADE E POTENCIA DE VIGO e os seus cidadáns. Tras un cuarto de século, “Os Rederos” pertencen e son MOI QUERIDOS por tres xeracións de vigueses. Fai moito que pasaron de ser “unha estatua”A PATRIMONIO CREMATÍSTICO DE VIGO QUE PERTENCE AOS VIGUESES E HA DE QUEDAR FÓRA DE DECISIÓNS E ARBITRIOS POLÍTICOS. Non me imaxino a Carmena trasladando a fonte de Neptuno para colocar a pantalla de plasma circular como a nosa naquela rotonda.

Estimado ALCALDE, os asinantes desta petición solicitamos reconsidere a súa decisión e postura.”

Se desexas participar nesta recollida de sintautras tan so tes que ir a esta ligazón e votar “SALVEMOS AOS REDEIROS!

Construcción Pontevedra ven a abrir unha enquisa cidadá respeto se cambiarias os Rederos polo PezSeto

NoticiasVigo.es en colaboración con Construcción Pontevedra ven a abrir unha enquisa sobre o tema de moda da cidade olivica, CAMBIARÍAS OS REDEROS POLO PEZSETO?.

Nos últimos días xerouse en Vigo un importante debate pola intención do Concello, de substituír con motivo da reforma de Gran Vía, a emblemática escultura de “os rederos” por un ornamento vexetal con forma de peixe. O autor da obra Ramón Conde, mostrou as súas reticencias a esta decisión municipal. Por estas declaracións, o Alcalde de Vigo cualificou ao artista de “prepotente” e lembroulle que “en Vigo mandan os cidadáns”. Como en Vigo mandamos os cidadáns, queremos darvos a oportunidade de que votedes, a enquisa finaliza en 6 días e noticiasvigo.es anímavos a participar.

Para facer o voso voto tan so tedes que entrar nesta ligazón.

 

NoticiasVigo.es non ten teito, segue medrando día a día e todo iso grazas a ti.

A mediados do 98 iniciábame nisto da internet, estamos no 2018, 20 anos de experiencia. Un día de casualidade nesta rede social vin un diario dixital que publicaba as miñas fotos e iso poñíame ben por unha banda porque as valoraban e outra que non pedían permiso e ese diario era noticiasvigo.es, nun fío dunha conversación me cague en todo e derrepente salio un tal Borja García a calmarme.

Borja díxome que se quería colaborar no seu portal de noticias, e eu díxenlle que tenia un blogue que me levaba moito tempo e bo ao final rendinme e dixen que se.

Os meus primeiros post en noticiasvigo.es eran artigos de opinión moi nacionalistas tal como son eu.

Logo deixei pasar un bo tempo sen escribir, ofrecinme á competencia, a vigoalminuto e Vigo última hora o que é agora vigoe, ofrecinme para dar un novo estilo de informar xa que o que estaba a observar nese período de tempo que os diarios estaban a facer unha cobertura moi similar ás dúas follas parroquiais como Atlántico Diario e Faro de Vigo, vigoalminuto declinou os meus servizos como fotógrafo e Vigo última hora distanciouse da miña persoa.

Despois disto todo díxenlle a Borja se podía cambiar radicalmente o diario publicando novas seccións, todo isto díxenllo dicindo claramente algo, ese algo é que quería facer de noticiasvigo.es o diario dixital referente da área de Vigo, Borja se me cagó de risa literalmente dicindo que estaba a ser un chalado comprometéndome con iso, tal como iniciei este texto que estou a publicar hoxe día 14 teño 20 anos de experiencia nas redes e sei como alcanzar as metas rápidamente e perpetuar esa meta establecéndoa sobre unha liña.

Podo dicir que o esforzo que estou a facer en noticiasvigo.es levándoo enteiramente eu esta sendo recompensado xa que aos poucos esa referencia coa cal me comprometín despois de dicirlle a Borja o cambio radical do diario esta a piques de ser alcanzada XA que hoxe somos os SEGUNDOS, son un home que sabe o que pode dar, son un home que sabe o que pode alcanzar máis nunca falo por falar ou me comprometo por quedar ben senón máis ben comprométome por valores, eses valores que os meus pais déronme e o que a rúa me deu e eses valores non os traizoo nin abandono xa que son fiel a eles.

Borja grazas por delegar en min esta resposabilidade e esta responsabilidade non vouna a traizoar…

Este ano dareiche cousas novas e verás que esas cousas novas acadaran ese compromiso e poderas ver ese soño cumprido como o meu que o mesmo.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]

Comunicado persoal como mebro de NoticiasVigo.es | Grazas a Veciñanza | #ArdeGaliza

Ana Pastor a do Objetivo laSexta deixa caer que esta cansa por estar máis ou menos 6h informando, nós noticiasvigo.es levamos máis de 6h informando e con moitisimos menos persoal cos que ten a Sexta, concretamente estamos duas persoas informando minuto a minuto, Borja García máis eu.

Nós queremos darlle as grazas públicas a xente que contou con nós para informar tanto colaborando como difundido, tamén dar as grazas a Garda Civil, Conselleria do Medio Rural, A Presidencia da Xunta, Vicepresidencia e C. de Presidencia, Administracións públicas e Xustiza, Bombeiros e o centro 112 de emerxencias.

Persoalmente grazas a todas vos por coller a noticiasvigo.es como medio de referencia no eido de estar informadas sobre a lacra dos lumes ocorridos neste pasado Domingo e madrugada de Luns.

Boas noites a todas.

Rubens Rocha [@IlCanallaRubens]
Seguiremos informando/NoticiasVigo.es desde o 2011 ao servizo da veciñanza e informando a veciñanza.

Replica ás acusacións á miña persoa ao meu labor en NoticiasVigo.es

1 Tema fotografías.

 Non roubo ningunha das fotografias que publico en noticiasvigo.es, numerosas das notas de prensa xa veñen adxuntas fotografías.

 Non roubo ningunha das fotografías que publico en noticiasvigo.es, como fotógrafo e senón dispoño dunha foto para unha noticia pois me poño en contacto con compañeiros e compañeiras as cales lle solicito unha fotografía e como favor e deber poño un pé o autor ou autora.

2 Tema notas de prensa.

 Adoito empregar o método FIFO (primeira en entrar primeira en saír) ou sexa que publico a primeira que me chega e logo o resto por orde cronolóxica en canto teño tempo xa que non estou as 24h do día traballando.

√ Recibimos notas de prensa nas cales nelas van explicado como ten que ser publicado máis nunca acometemos iso de manipular ao trasladar ao noso portal.

√ Noticiasvigo.es é un portal de información ao servizo da veciñanza, un portal pequeno con poucos recursos(como decir que sen eles xa que aportamos todo do noso peto).

√ En canto ás acusacións que somos selectivas ou sexa que seleccionamos que publicar ou non é rotundamente FALSO, se non publicamos algo é porque se algo nunca chega non se pode publicar, e cando non chega é porque non esta nin na bandexa de entrada nin en spam, en ocasións os interesados meten o correo mal ou teñen o seu servidor do correo mal configurado ou cando tentaron mandar pois tivo unha caida na sua conexion e perdeuse tal mail.

Tema censura

 NoticiasVigo.es non censura senón máis ben NoticiasVigo.es é o unico medio local da cidade de Vigo que esta betado por parte do seu concello.

√ NoticiasVigo.es non censura senón máis ben NoticiasVigo.es é o único medio local da cidade de Vigo que non recibe ningunha axuda pola Xunta de Galicia e Concello de Vigo.

Con estes puntos brevemente explicados quero que xa quede ben claro e deixen de estar polo ancho da rede troleando con falsidades xa que as falsidades son como as mentiras que teñen as patitas curtas e se non teñen vida pois merquense unha.

Rubens [@IlCanallaRubens]
Redactor e fotografo precario de NoticiasVigo.es

Grazas por darme a benvida

Despois de catro meses sen facer a rúa e sen ver as compañeiras e compañeiros alegroume un montón velos no día de hoxe.

Catro meses pasaron da miña ultima vez de cubrir a rúa en modo presencial, catro meses que a moitos e moitas lles debo moito polo moito que me facilitaron o meu traballo, grazas as persoas que me deron fotos, grazas as persoas que me deron as notas de prensa, grazas por eses bicos de hoxe, grazas pola apertas tan cheas de sentimento, grazas.. grazas… grazas…

Aínda que non este vos todas estades en min e o estaredes sempre, vos quero.

Rubens [@IlCanallaRubens]
Redactor e fotografo precario de NoticiasVigo.es